‘Unha cervexa Chang’, no medio do nada

César Lorenzo Gil. Un turista santiagués no seu último día en Tailandia repara nunha muller de trazos centroeuropeos que entra na auga e a continuación desaparece. Decide denuncialo á policía e acaba preso, sospeitoso de asasinato. Mais aclarado, supostamente, o malentendido, o turista, que é un anticuario a piques da ruína, decide investigar pola súa…

A Converxencia. Capítulo 8

Pablo Pesado. Un día algo insólito aconteceu. Coloquémonos nunha boa perspectiva: o último evento verdadeiramente insólito fora a desaparición dunha porción xenerosa da nosa ontoloxía; evento que, embora extraordinario, estaba afastado da aldea de Franza do ano 657 por exactamente 657 anos. A memoria da fin da civilización perdérase para quen non morase na biblioteca,…

Despois de arder. Capítulo 8

Rosa Sánchez. Liñaxes Despois da visita ás oficinas do Complexo Atlantis, Mariluz e Frolinda regresaron ao Tempio dell’anima di quercio en compañía de Alexander, ao que sentían máis arrechegado, despois das intimidades compartidas nas últimas horas. Tiñan programadas unhas sesións individuais antes de xantar e dedicarían a tarde a unha terapia grupal. A mesa coas…

Se dubidas, non veñas. Capítulo 8

Mercedes Martínez Modroño. Laura Non me podo crer a mala sorte que teño, agora que estamos a punto de conectar co Dragón, tócame ficar fóra. Quizais é un sinal, e realmente teño que adelgazar. Todo o que non conseguiu a presión social, xa ves. Será esta a lección que o Dragón ten para min? Nada…

Os corpos fráxiles: Capítulo VIII

Sofía Fernández. Cada día da miña vida anoto todo o que sinto/ ou penso que sinto nun diario. Así desde que tiña vinte, xa hai unha década. Nas últimas semanas, a miña letra, trémula, debullou palabras, espalladas por un papel amarelento LUNS — de —- Fuxín. Marchei. Comín sushi no bar do lado da casa.…