‘Tráiler’, de Fran Alonso

CVXG113901Lin Tráiler, de Fran Alonso, poucos meses despois de que o publicara Xerais, é dicir, no 1992. Foi unha das novelas que marcou a miña adolescencia.

Daquela eu descubrira na biblioteca do Instituto do Calvario (Vigo) a colección rosa de Xerais e papaba cada título que a consellaría tiña a ben comprar (que tempos aqueles!). Recordo como me cambiou a maneira de ver a literatura descubrir as técnicas de Suso de Toro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Miranda, Manuel Rivas… Tamén lin naqueles anos libros de Manuel Lourenzo González, Xosé Ramón Pena, Miguel Suárez Abel…

Tráiler foi desas novelas de descuberta, de ruptura cunha tradición lectora onde abondara a narrativa tradicional entremesturada co que naquel tempo se chamaba lectura para mozos (Verne, Tolkien, Stevenson…). Nunca fun de ler moitos libros do que se chama hoxe en día LIX, tamén porque cheguei algo tarde á súa xeneralización en Galicia. O primeiro Premio Merlín foi do 1986, cando eu xa tiña nove anos e a colección ‘Fóra de xogo’ creouna Xerais cando eu tiña 17 anos. Curiosamente, fun lector de mecanoscritos dos primeiros seis ou sete títulos da colección, por xentileza da editorial. Pero recoñezo que non me gustaban aqueles libros, parecíanme puerís e compracentes. Pero ese é outro debate.

No libro de Fran Alonso que agora fai 20 anos eu encontraba a pegada do real. Eu viaxaba nos cameóns, escoitaba as palabras dos personaxes, esculcaba o que pensaban, percibía nas liñas do libro a propia esencia a vida cotiá dos meus parentes adultos, dos meus veciños, da xente que me encontraba polas rúas e praias de Vigo.

Ese sabor a realidade é do mellor do libro. Sei que o autor viaxou en cameón e quixo explicar sen adubíos literarios a vida tal e como el a percibiu, con ollos máis de xornalista que de escritor. E non por ese interese de xunguir a súa obra coa do novo periodismo perde forza o título malia os anos pasados.

Forma parte dos meus Libros de Inverno porque é testemuña de moitas cousas importantes para min: no tempo no que lin Tráilerescribín os meus primeiros relatos «adultos»; naquel tempo afinei a miña vocación por ser xornalista; empecei a querer e admirar a todos aqueles que traballan a prol do noso idioma na cultura, desde o local de Dr. Marañón de Xerais ou desde a redacción de A Nosa Terra,publicación que lía de cabo a rabo todos os venres tamén na biblioteca.

Tempo despois coñecín a Fran pero sempre me quedou a pena de non poder entrevistalo. Circunstancias da vida impediron que agora que estaba en sazón esa conversa eu non lla poida facer. Tempos virán que me permitan cumprir a vella arela.

César Lorenzo Gil

Este texto publicouse orixinalmente en cequelinhos.blogaliza.org no 2011, pouco despois de quedar desempregado. Agora espero poder entrevistar a Fran Alonso para BiosBardia.

Advertisements

Un comentario en “‘Tráiler’, de Fran Alonso

  1. Pingback: Fran Alonso: “Hoxe hai espazo para unha nova editorial de narrativa galega” | BiosBardia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s