Julio Cortázar fai 100 anos tamén en galego

Julio-Cortazar-001

O relato A autoestrada do Sur é un dos que integraron no seu momento o libro Todos los fuegos el fuego, que Julio Cortázar publicou orixinalmente en castelán no 1966. Agora chega ás librarías a versión en galego, vertida ao noso idioma polo escritor Francisco X. Fernández Naval e editada por Trifolium. Con esta publicación, a editora quere comemorar a un tempo o centenario do nacemento e 30º aniversario da morte do escritor arxentino.

Neste conto resúmese o universo cortazariano. Un domingo pola tarde, sen motivo aparente, a autoestrada que une Fontainebleu e París queda colapsada por un enorme atasco. Nese inferno de ferro, fedor a goma e xente malhumorada xorde a verdadeira natureza dunha sociedade que vivía nesa segunda metade da década do 1960 unha inquedante tensión entre o abafo do consumismo inspirado pola American Way of Life e os desexos de emancipación de vellas normas.

Na metáfora da caravana perpetua, o xenio de Cortázar vai deseñando unha fábula sobre o conflito entre individuo e sociedade, entre os instintos de supervivencia, que ás veces van máis alá das normas de convivencia cos demais, e o instinto de colaboración que poida garantir un futuro en unión e paz.

O relato que agora publica Trifolium nunha edición de 68 páxinas inspirou outras obras literarias e conseguiu traspasar os libros. Nel baseouse o francés Jean-Luc Godard para o seu filme Week-end, do 1967, un duro retrato da burguesía cuxos principios básicos quedarían en cuestión un ano despois durante o Maio do 68.

Referencia máis próxima é esa estrada chea de coches detidos para sempre que se viu na serie de TV The Walking Dead. Que escribiría Cortázar dos atascos de calquera capital de hoxe en día, nas que o parque de automóbiles medrou exponencialmente desde a década do 1960?

Trifolium é unha desas editoriais pensadas para perfumar os andeis das nosas casas. O seu catálogo de traducións está cheo de pequenas doses de xenialidade. Entre os seus autores destacan Bertrand Russell, Paul Lafargue, Noam Chomsky, Antonio Gamoneda ou Marcel Proust, entre outros clásicos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s