Ramón Caride: “A poesía galega non vive ningunha Idade de Ouro”

  César Lorenzo Gil. No 2006 Ramón Caride Ogando (Cea, 1957) publicou unha antoloxía da súa poesía: As Máscaras de Cronos, editada por Xerais. Máis coñecido pola súa obra dedicada a lectores novos, o autor ten unha ampla traxectoria lírica e as súas opinións seguen a obrigar a unha reflexión anos despois de que esta entrevista vise…

Dez libros a proba de area de praia

César Lorenzo Gil. Na praia encontramos un repouso para a lectura incomparable con outros escenarios. O barullo da xente, combinado co balanzo das ondas e a brisa que nos trae o son das gaivotas compón unha melodía illante, que nos permite mergullarnos nos libros dun xeito especial, sen présas, sen o medo habitual que nos…

Apocalipse Z: Mata zombis nas Cíes (ou perto)

Urco é unha editorial diferente no panorama galego. Comete erros (algúns de vulto) na escolla dos seus títulos porque arrisca, porque rompe tabús que as nosas letras erixiron hai unha chea de tempo en base a dogmas case nunca demostrados. Un deses tabús é a tradución á nosa lingua de autores galegos de fala castelá.…

O fútbol, eixo de coordenadas da vida

O fútbol como atmosfera literaria xa hai tempo que pasou da marxinalidade e se asentou en diferentes sistemas. Non é o caso galego, no que só unha presada de títulos (case todos destinados ao público xuvenil: Todo ben, de Manuel Rivas, Lume de biqueira, de Xosé Vázquez Pintor, O penalti de Fuco, de Afonso Eiré…) logrou crebar o tópico…

Escritores: de gurús a guionistas

Manuel Veiga Taboada. Comecemos, sequera brevemente, por lembrar o que era e o que significaba un escritor na sociedade de hai apenas cen anos. O escritor era case un gurú, alguén que comprendía e expresaba a alma da sociedade, alguén que podía inspirar a comunidade no seu conxunto, alguén que podía describir e apuntar os…

Xosé Ballesteros: “Os libros para nenos están tan ideoloxizados coma calquera outro produto cultural”

César Lorenzo Gil. Xosé Ballesteros (Pontevedra, 1956) dirixe a nave nodriza Kalandraka (da que naceu Faktoría K), exemplo de editorial galega exitosa que conseguiu ese equilibrio tan complexo entre respecto polo produto e polo idioma galego ao tempo que está presente no mercado ibérico e tamén latinoamericano con grande aceptación entre o público. Nesta entrevista analizamos…

Dez Premios Xerais que paga a pena ler

César Lorenzo Gil. O sábado, 7 de xuño, saberemos que novela gaña o Premio Xerais de Novela 2014. A publicación da obra gañadora aínda demorará uns mesiños. Para ir facendo boca, velaquí unha lista de dez novelas que gañaron o premio outros anos e que paga a pena ler. Algúns títulos xa apareceron nesta serie…