A literatura como construtora da identidade. O caso dos franco-ontarianos do Canadá

Publicamos este texto do 2000 da profesora canadense Lucie Hotte traducido ao galego por Xesús González Gómez. ¿Pode a literatura vertebrar a identidade dun pobo con graves eivas institucionais como os canadenses da rexión de Ontario que falan francés? A través da experiencia dos activistas da CANO (década do 1970), Hotte debuxa unha paisaxe na…

Gonzalo Navaza: “En Galicia hai máis topónimos ca habitantes”

César Lorenzo Gil. Poeta, narrador, profesor universitario e un dos máis prestixiosos investigadores en Onomástica en todo o mundo, Gonzalo Navaza (Lalín, 1957) explica nesta entrevista (publicada orixinalmente en A Nosa Terra o 27 de setembro do 2007) o labor do Proxecto de Toponimia, destinado a salvagardar o patrimonio inmaterial dos nomes de lugar galegos.…

Viva João Ubaldo Ribeiro

César Lorenzo Gil. A illa de Itaparica é coma unha porción desprendida do continente brasileiro sobre a Bahia de Todos os Santos, case unha península apegada á Terra Firme pola estreita canle da desembocadura do río Jaguaripe. A maior parte das visitas que hoxe recibe proveñen da cidade de Salvador, no outro lado da baía; turistas embarcados na…

Filgueira sentado nun sillón azul

Manuel Veiga Taboada. A política ten sempre a obriga imperiosa de conseguir unha síntese. Os que gobernan deben construír unha locomotora que tire do país en dirección a algunha parte. Cada segmento da sociedade non debería ser máis que un vagón co destino marcado pola máquina. Cando isto non se consegue, e os debates se…

Escusas non pedidas

Begoña Díez Sanz publica Camarada: Eu só quería facer algo bonito, libro de poesía que publica a colección “Os libros do loureiro”, de Edicións Follas Novas. O título está tomado do poema “Lume deste día”, de Xavier Campos. É unha excelente escolla pero que garda en si mesma un pedido de clemencia, non sabemos se destinado ao lector,…

Premios literarios e mercado: a situación en Francia

Publicamos a tradución ao galego, da man de Xesús González Gómez, dun valioso texto do xornalista e investigador sobre Literatura alemán Lothar Baier (1942-2004). O autor reflexiona sobre como funciona a relación entre mercado editorial e premios literarios en Francia. Aínda que este ensaio curto foi publicado orixinalmente no 1996, na revista marsellesa Agone (nº…

Xosé Miranda: “A literatura fantástica non nos evade, descóbrenos partes ocultas do mundo”

César Lorenzo Gil. Xosé Miranda (Lugo, 1955) é un dos grandes nomes da literatura contemporánea. Desafortunadamente afastado dos andeis de novidades desde hai varios anos, recuperamos esta entrevista, publicada orixinalmente no semanario A Nosa Terra o 29 de marzo do 2007, para recordar as reflexións sobre literatura dun dos autores máis recoñecíbeis, con long-sellers da…

O cómic acada altos prezos no mercado da arte

Hai dous meses, a prensa francesa dedicoulle amplo espazo ás cotizacións da arte gráfica procedente da banda deseñada. A denominada novena arte, case sempre vinculada á sociedade de masas, popular e, sobre todo, seriada, baseada na copia, é agora obxecto de fascinación polos coleccionistas de arte, que pagan grandes cantidades por obras orixinais. É que…