‘A esmorga’, de Blanco Amor, traducida ao catalán

portada-i6n9920037A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, é unha das obras cume da literatura galega. A medida que pasa o tempo, esta historia de medo, desexo e morte gaña en profundidade, en matices, en literatura. Proba de que é unha obra viva e moi influente sobre as letras actuais é que segue a estar de actualidade. Ademais do filme de próxima estrea, que Ignacio Vilar dirixe en base ao libro do autor ourensán, tamén está de estrea a versión catalá do texto.

La gresca foi traducida ao catalán por Jaume Silvestre Llinares e editada polo selo El Gall, das Balears, unha compañía que atende non só os nomes máis interesantes das letras levantinas senón que ten no seu catálogo obras de Thomas Bernhard, Eugénio de Andrade e António Lobo Antunes, entre outros. A editorial balear amosa un interese especial polas letras lusófonas, que quizais se amplíe á literatura galega a través da porta que agora abre Eduardo Blanco Amor.

Llinares foi o gran valedor d’A esmorga entre a cultura catalá. “É unha novela trepidante, sutil e basta, tenra e cruel, todo xunto”, explicaba hai poucas datas nunha entrevista. “Unha cidade galega envolta na chuvia e no frío na que uns personaxes marxinais fai un percorrido peripatético, un paseo traxicómico de vinte e catro horas. Temas como a homosexualidade, a prostitución, o alcol e as relacións humanas por interese están sempre presentes. E todo baixo o pano de fondo da represión policial, que evoca a crueza do franquismo”.

Advertisements

2 comentarios en “‘A esmorga’, de Blanco Amor, traducida ao catalán

    • Si, senhor, que diria Fole. Eu xa o vin. Pero non comento nada que don Fermin esta moi estricto. E igual me desvio da linha. Saudos e unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s