Rinoceronte, Galaxia e Small Stations reciben a meirande parte da axuda da Xunta para traducións

Serie-Galician-Wave-Small-Stations-PressA Consellaría de Cultura fixo públicas as cifras e proxectos beneficiarios das axudas públicas á tradución (tanto de cara ao galego como do galego cara a linguas foráneas) do ano 2014. Os proxectos editoriais escollidos foron presentados, na súa gran maioría, polas editoriais Rinoceronte, Galaxia e Small Stations Press, esta última dedícase a publicar en inglés títulos de autores galegos.

O montante total das subvencións de Cultura este ano á tradución atinxen os 98.370,01 euros, repartidos entre 42 proxectos. Dos cales, 24 pertencen a Rinoceronte, nove a Galaxia e seis a Small Stations. Tamén reciben axudas proxectos presentados por Laiovento, Zalozba Malinc Ales Ciggale e Edizer SCP.

Rinoceronte consegue subvencións para publicar moitos libros que de seguro aparecerán no seu selo Sushi Books, pensado para públicos infantís e xuvenís; tamén para a editorial Pulp Books, que traduce ao castelán libros de autores galegos. Entre os títulos máis destacados están as traducións ao castelán de Trinta e dous dentes, de Xabier López López; Coma en Alxeria, de Xosé Ramón Pena ou O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños, de Fernando Cimadevila, obra que tamén se publicará en catalán e éuscaro.

Como gran novidade desta convocatoria, a gran presenza de Galaxia en proxectos de tradución de libros galegos ao castelán e ao portugués brasileiro, a través do seu novo selo internacional Mar Maior. Publicarase nestas dúas linguas unha Historia de Galicia. Só ao castelán, O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Davila; Hora zulú, de Santiago Lopo; O imposible de desatar, de Iván García Campos A forma das nubes, de María López Sández. Ao brasileiro traduciranse Circe ou Pracer azul, de Begoña Caamaño; Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro e Brasil no centro, de Xavier Rodríguez Baixeras.

Small Stations é a editora que consegue máis diñeiro para un proxecto, concretamente para dous, que a Xunta subvenciona con máis de 5.000 euros, as traducións ao inglés das novelas xuvenís Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros, e Dragal II. A metamorfose do dragón, de Helena Gallego Abad. Ademais, este selo publicará en inglés Un millón de vacas, de Manuel Rivas; Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e Polaroid, de Suso de Toro. Ademais, publicará en búlgaro unha escolma poética de autores galegos. Esta editora comezou hai pouco a publicar títulos galegos en inglés, especialmente literatura xuvenil.

O proxecto máis exótico é o de Zalozba Malinc Ales Ciggale: a tradución ao esloveno de O meu nome é Skywalker, de Agustín Fernández Paz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s