Por suposto que existe a inspiración pero canto dura?

Manuel Veiga Taboada.

Fortemente emparentada co romantismo, aínda que de raíces antigas, a inspiración ten hoxe mala prensa. Frases tan citadas como a de que “se a inspiración existe que me colla traballando” ou a de que “a creatividade está composta nun 10% de inspiración e nun 90% de transpiración”, son unha mostra clara do escepticismo que caeu sobre ela. Hai cen anos, o surrealismo tratou de recuperala, pero ao seu modo, é dicir, baixo a forma de escritura automática. Foi unha modalidade que deu os seus resultados, pero que hoxe se encontra aínda máis desacreditada que a propia inspiración romántica.

Muller escribe. PASCAL MARAMIS/FLICKR

Muller escribe. PASCAL MARAMIS/FLICKR

No fondo, estamos esquecendo que ao único que alude a inspiración e ao noso inconsciente e está probado non só que o inconsciente existe, senón tamén que a maior parte das nosas accións se guían por el. Pero o inconsciente non só decide esa parte dos nosos actos que chamamos automatismos senón que tamén guía a nosa creatividade.

Atreveríame a afirmar que o abuso desas frases estereotipadas contra a inspiración e o seu desprestixio en xeral están destruíndo a arte, converténdoa en obxecto de planificación e de método. É dicir, a arte como froito da nosa parte consciente máis calculadora. A inspiración substituída pola produción é o que converte a arte en simple produto de consumo.

Unha das anécdotas máis coñecidas sobre Jackson Pollock data de 1943. Encargáronlle un cadro que debía estar rematado para a súa primeira exposición individual. O lenzo tería 2,5 x 6 metros. Pollock pasou meses contemplando o cadro en branco. A medida que se achegaba a data da inauguración, Pollock ía caendo nunha fonda depresión e empezou a beber sen control. Os autores do encargo estaban moi preocupados e chamaban a Pollock constantemente. A noite anterior á data de entrega, Pollock aínda non pintara nada. Á mañá seguinte, non obstante, o cadro estaba acabado. A inspiración tardara en chegar, pero fixérao, coma sempre de golpe.

A inspiración é de tiradas curtas

A inspiración asóciase máis coa poesía e co relato curto que coa novela, simplemente porque a capacidade inconsciente do noso cerebro é limitada. Podemos traballar durante horas e días e incluso semanas, case sen parar, pero a inspiración non actúa así. Aparece e desaparece, segue gustos arbitrarios e nace dunha imaxe, dun recordo, de calquera suceso, case sempre nimio. Esta parece ser a razón de que moitas novelas que comezan dun modo orixinal e xenuíno nos parezan esgotadas unha vez lidas 50 ou 60 páxinas. Acostumamos a explicalo dicindo que a idea non daba máis de si, pero isto é, en moitos casos, só unha forma de dicir que a inspiración do autor quedou seca.

Mark Twain poñíalle remedio a este problema escribindo cada novela en varias fases. Cando esgotaba o fío inicial, abandonábaa e pasaba a outra, máis tarde volvía á primeira. Ás veces tardaba anos en retomala.

A obra máis famosa de Céline, Viaxe á fin da noite, é de apreciábel calidade toda ela, pero a primeira parte, na que relata a súa experiencia na I Guerra Mundial, resulta moi superior ao resto. Por algún motivo, probabelmente persoal, as seguintes partes non ofrecen a orixinalidade desas cen páxinas iniciais e iso non ten demasiado que ver coa importancia ou atractivo dos acontecementos relatados. A autobiografía A miña vida, do crítico alemán Marcel Reich-Ranicki, é interesante no seu conxunto, pero a primeira parte (sempre a primeira parte), a que lle dedica ao gueto de Varsovia, é sen dúbida a mellor. E digo a mellor, e non só a máis interesante, porque creo que, outra vez, a razón principal non está no que se conta senón na maneira de contalo.

Mark Twain poñíalle remedio a este problema escribindo cada novela en varias fases. Cando esgotaba o fío inicial, abandonábaa e pasaba a outra, máis tarde volvía á primeira. Ás veces tardaba anos en retomala.

Algo aperta, en todos estes casos, a conciencia do escritor até conseguir del o máis orixinal, un punto de vista inesperado. Só a inspiración é capaz de sacar iso de nós, a partir, en boa medida, de sensacións apenas percibidas, de datos que tiñamos case esquecidos, de manías que non críamos posuír e que ás veces até nos poden avergoñar. As partes escritas baixo o poder da musa grega, ou do duende do que falan os artistas flamencos, distinguímolas porque son as que acostuman permanecer na nosa memoria, sobre todo grazas á orixinalidade das súas imaxes.

Un dos casos máis extraordinarios que coñezo é o de Lolita de Nabokov. Como se sabe, o libro comeza dunha forma, ademais de sentida, imprevisíbel. Ningunha mente que planificase o comezo sería capaz de conseguir tal arranque poético. Lolita contén ademais unha das tiradas máis longas de inspiración que coñezo, pero que tamén morre antes de que acabe o libro. Lembro que ao chegar a unha páxina bastante avanzada, creo que a duascentas oitenta e algo, a novela que até aquel momento lía apaixonadamente se me comezou a caer das mans. Máis tarde, souben que os editores americanos puxéronlle algunhas pexas á publicación. Segundo Nabokov, as súas razóns estaban relacionadas coa censura. Non embargante, fixeime en que aqueles editores pedíanlle que retirase todo o que viña despois das páxinas na que eu precisamente notara que a novela decaía notabelmente. O de Lolita non é un caso grave, posto que a inspiración alcanzoulle neste caso ao autor para escribir as dúas terceiras partes dun libro de por si bastante longo. Algo moi semellante foi o que lle ocorreu a Francisco Umbral cando se puxo a escribir Mortal e rosa, a novela dedicada ao fillo que lle acababa de morrer. Neste caso, como en Lolita, a parte inspirada, máis ou menos o primeiro terzo do libro, é case un poema.

Non deberiamos criticar nunca a un escritor por isto. Toda maxia é limitada.

Advertisements

9 comentarios en “Por suposto que existe a inspiración pero canto dura?

  1. Manuel, por se acaso non o liches, aquí tes o Bartleby do Vila-Matas. Na páxina 5 tes o do tío Celerino e o conto do Monterroso (“El zorro más sabio”) sobre Juan Rulfo. Se xa o coñeces e xa o liches, pois daslle un novo repaso, que tampouco pasa nada e non por iso te vai abandonar a inspiración. Saúdos desde o planeta do votoconbotas.

    http://inabima.gob.do/descargas/bibliotecaFAIL/Autores%20Extranjeros/V/Vila-Matas,%20Enrique%20(1945-)/Vila-Matas,%20Enrique%20(1945-)/Vila-Matas,%20Enrique%20-%20Bartleby%20y%20compania.pdf

  2. Manuel, “El zorro más sabio” é un dos contos ou microcontos do libro LA OVEJA NEGRA Y DEMÁS FÁBULAS, o ultimo deles en concreto. Aquí o tes, é un libro que non chega ás 100 páxinas, pero que libro mais grande en sabedoría. Eu recoméndoche que, se tes uns euros que che sobren, o compres, Non teño nen a mais mínima dúvida que rápidamente o porás entre os de cabeceira. Ademais é un libro que sempre se pode levar no peto do pantalón ou da parka, e esas cousas como compaña, como santa compaña, non teñen prezo. Saúdos.

    https://carmelourso.files.wordpress.com/2014/03/oveja-negra.pdf

  3. Manuel, para que te rías un pouco, déixoche isto:

    http://elvotoconbotas.infolibre.es/?p=20176#comments

    detective crepuscular en 14 noviembre, 2014 en 0:15 dijo:
    http://elpais.com/elpais/2014/11/11/opinion/1415735871_561646.html

    Se de todos os artigos que teño lido até agora sobre o proceso de Catalunya tivese que escoller un dos mais divertidos, ou polo menos un dos que a min mais me ten feito rir, un dos mais firmes candidatos sen lugar a dúvidas é o do Andres Trapiello de hoxe no País. E dígoo sen ironía. Non sei por que, ou si, pero fíxome rir. Nótase que o Trapiello é mui cervantino e nalgún momento do artigo pensei no Quixote/Trapiello de aventura en aventura, a cada cual pior, e todo nunha páxina de xornal. Supoño que os hai mais divertidos, pero como eu non leo El Mundo, nen La Razón, nen o ABC, aparta de min eses cálices de veneno, pois non me queda outra que optar por este. Cada un ten os seus gostos, Ese ton lastimeiro ou choromiqueiro entre a realidade e a ficción fixo que o drama persoal que nos conta o vira como un relato escrito para producir un efeito cómico. Seguro que o Trapiello escrebeu as suas “desventuras” con sinceridade, pero o efeito no leitor, ou polo menos neste leitor, a medida que vai choutando polas liñas, é de non o acabar de crer de todo, e que no fondo o que pretende o autor é que nos riamos, ou que saibamos desdramatizalo, porque afinal tampouco paga tanto a pena. Estas palabras parecen confirmar o que digo: “La víspera del 9-N acudí como protagonista al primero y último acto político público al que he asistido y asistiré probablemente en mi vida.” O primeiro e probábelmente o último? Tan virxinal era o noso home nestas lides, que foi probar e cair abatido polo raio da perversa divinidade política? Que rápidamente se nos decepcionou o noso Quixote de palla.

    “… :la lectura en la plaza mayor de Cáceres de un manifiesto a favor de la libertad e igualdad de todos los españoles frente a quienes al día siguiente iban a atentar contra una y otra en Cataluña. Pues sabíamos todos o teníamos indicios de que ese atentado se perpetraría al margen de la ley y de los dictámenes del Tribunal Constitucional. Lo que ni sabía ni podía sospechar nadie era que el atentado se llevaría a cabo no sólo con impunidad sino con jactancia: “Aquí estoy yo para lo que quiera la Fiscalía”, retó provocador Mas el mismo 9-N. Su famoso órdago le estaba saliendo gratis, es un decir, porque probablemente nunca se sabrá cuánto le ha costado a los catalanes ese guateque al que finalmente no acudieron dos tercios.” (Trapiello)

    Ao 9-N ténselle chamado de todo, pero “guateque” é a primeira vez que o leo. Pois eu teño que dicer na miña defensa que non lle pedín baile a ninguén, nen ninguén mo pediu a min. E tampouco vou porme serio con iso de “al que finalmente no acudieron 2/3″, porque entón que teríamos que dicerlle a el que só congregou ou “congregacionou” a 13: “Contando a los reporteros, que tuvieron a bien hacernos la caridad de quedarse, fuimos trece.” Non, non nos poñamos serios, que a cousa é para rirse, sobretodo polo ton empregado polo autor.

    “En fin. Lo que empezó para uno la víspera de manera tan desangelada, terminó igual el 9-N: el presidente del Gobierno, se nos dijo en la tele, seguía desde Moncloa atentamente el transcurso de la jornada en Cataluña. Era fácil imaginársele la tarde de ese domingo viendo los telediarios con un transistor pegado a la oreja, oyendo Carrusel deportivo. Se sintió uno uno de aquellos viejunos apátridas de Baroja, que van sin afeitar y con su lema a rastras, repitiéndose sarcásticos “nunca pasa nada, y cuando pasa, no importa”: de todos los españoles, Rajoy era tal vez el único que ese día estaba más pendiente de la quiniela que de los resultados inanes del ensayo general de referéndum.” (Trapiello)

    P. D. En fin, digo eu tamén. Entre estes dous fragmentos tendes o resto da historia chea de desventuras do noso cervantino escritor. A min fíxome rir, dito sen ironía. “El manifiesto que iba a leer era breve y claro, sin énfasis, sin retórica. Creo sinceramente que ningún demócrata hubiera dejado de suscribirlo. Lo había redactado un hombre, Fernando Savater, a quien debe tanto en su lucha decidida contra el terror, los liberticidas y toda forma de matonismo un Estado de Derecho que puede permitirse el lujo de tirarlo también a un cesto de mimbre, por viejuno.” Pobre Savater, que cousas lle suceden, que desprezo para un home que tanto ten feito. “A un cesto de mimbre”? Solamente 13 fieles? No puede ser. Ai, a política. señor Trapiello, que desagradecida que é. Non é así? Todo son moiños de vento.

  4. Manuel, se queres mais, aquí tes. Non sei se deste gostarás tanto. Ao Barreiro Rivas non hai que deixarlle pasar nen a primeira. Uns bons vareazos ou vimbiazos (dialécticos, non pensedes mal) é o que merece o energúmeno (jeje). En serio, que elemento.

    http://elvotoconbotas.infolibre.es/?p=20161

    detective crepuscular en 13 noviembre, 2014 en 12:55 dijo:
    Lembro mui ben aqueles tempos en que mesmo xente vencellada ao Bloque comentaba cousas como estas: “O Barreiro Rivas é do pouco que se pode ler de La Voz de Galicia”. Coa conseguinte discusión, claro. Eu sempre discrepei deste comentario. Todos podemos equivocarnos (eu, o que mais), pero con este home coido que o tempo me vai dando a razón (a miña razón, claro está). A min sempre me pareceu o do artigo de hoxe e por iso nunca entendín aquela cousa de home pouco menos que apto para dirixir os destinos do nacionalismo de esquerdas (ai, o noso nacionalismo de esquerdas…). Mesmo, tempo despois, no 2008, aquel libro de conversas co Anxo Quintana, VONTADE DE NACIÓN, onde o noso Barreiro semellaba ou obraba un pouco como se fose o conselleiro político do entrevistado. O de “irracional” que di no artigo ten delito. Pero é que este home non viu as “colas” de votantes festivos/pacíficos/democráticos (hai que insistir muito nisto) que o domingo exerceron o seu direito ao voto? Que ten a ver iso coa “irracionalidade”? E o de “el mejor político en activo de toda España”, pois que queredes que vos diga. Non sei, ao mellor este home é un adiantado e a partir deste artigo se pon de moda dicer como unha “irreverencia tipo Mario Vaquerizo” que o Rajoy é o mellor político que pariu “madre España”. Tiven que mirar en Google como “novio de Alaska” porque xa non me lembraba do nome nen do apelido. O dito, “irreverencias tipo Mario Vaquerizo”, tipo Barreiro Rivas. O povo quere terra, a terra quere povo, o Rajoy é o mellor, e os cataláns do domingo uns irracionais. Aí, Xosé Luis, aí.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/11/13/tener-razon-falta-hablar/0003_201411G13P18993.htm

    “Que el hecho de hablar, por más y más que se prolongue, no puede convertir en racional lo que es irracional. Y que la mayor virtud del diálogo -que no es el acierto, sino el consenso- no siempre se resuelve en acuerdos positivos, ya que gran parte de las catástrofes sufridas por la humanidad se iniciaron por consenso y por olvidar la sagrada partícula del no. De lo que deduzco que Mariano puede ser -¡porque no es tan difícil!- el mejor político en activo de toda España.”
    (XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS, final do artigo)

  5. Veña, Manuel, desperta, mandrión, que os comentarios están á espera de moderación. Un pouco de política de nós, aínda que o nós sexa desde Catalunya. Literatura e política, política e literatura, esa é a cuestión. Para ti e para os leitores bisbosbárdicos. E todos contra o PP, e pensar que Podemos, que Podemos non é o inimigo, como se comenta nalgúns círculos de nós.

    detective crepuscular en 14 noviembre, 2014 en 9:59 dijo:
    http://blogs.publico.es/luis-garcia-montero/1355/catalunya-en-el-corazon-de-espana/

    Vaia, vaia, semella que as análises políticas sobre Catalunya por parte da “progresía” española van incorporando novos matices e entrando nun proceso de reconstrución discursivo, que hai uns meses, antes do 9-N, parecía impensábel, porque todo era “nazismo” e “totalitarismo”. A García Montero lémbrolle algúns artigos de hai meses, que nada tiñan a ver con este de hoxe, CATALUNYA EN EL CORAZÓN DE ESPAÑA (mesmo escrebe Catalunya coa “ny”, detalle non menor se nos pomos respeitosos coa diversidade, aínda que haxa quen vexa nisto doutrinarias inmersións lingüísticas ou aires de cruzada soberanista; non, nen muito menos, pura normalidade, que xa vai sendo hora que certa concepción política central/centralista/centralizadora fuxa da mente de quen se ten por persoa de esquerdas e polo tanto contraria ás leis fundamentais do Estado franquista aínda non extinto). Oxalá artigos como estes non sexan flor dun día e a nosa “progresía” española se lance sen medo ao “asalto ao poder” do PP, sen que Catalunya signifique un atranco de orde conceitual ou algo parecido. Si, oxalá a “progresía” española abandone a respeito disto as coincidencias ou cumplicidades co PP e non vexa Catalunya como cousa aparte, como se aqueles do mediterráneo foran á sua e a sua guerra non é a nosa guerra. García Montero semella que despertou do soño da España única e do PP e comeza a ver as cousas doutra maneira. Difícil facer unha selección do texto do García Montero, pero a distribución en pequenos fragmentos facilita a leitura e, como non, a comprensión.

    “Para todo lo demás el silencio de Rajoy es la nada, el pasmo, alguien que no va más allá de fumarse un puro y de leer la prensa deportiva.

    Claro que pueden hacerse muchas interpretaciones del independentismo catalán, de las tácticas y las coyunturas, de las mentiras y las verdades. Pero la situación al final es la siguiente: 1) Resulta muy difícil para una convivencia democrática negarle a la gente su derecho a decidir en las urnas. 2) Desde hace años, desde el recurso ante el Tribunal Constitucional contra el Estatut, la situación política y social corre a favor de los independentistas.

    Los ciudadanos catalanes tendrán que valorar las decisiones de Artur Mas. Los ciudadanos españoles tendremos que valorar las decisiones de Mariano Rajoy. Y me parece que sus silencios, su falta de diálogo, su decir no y no, además de favorecer una confusión que alienta el independentismo, se deben a su inutilidad en este momento como figura política. Está callado, porque no puede decir nada.

    El diálogo con Catalunya necesitaría una voz que representase el respeto a Catalunya, el respeto clarificador a todas sus sensibilidades. Mariano Rajoy es uno de los máximos responsables de una política basada en ofender en bloque a Catalunya para ganar votos en Madrid, Sevilla o Albacete.” (LUIS GARCÍA MONTERO)

    E contra o final, tamén se mostra mui explícito:

    “El diálogo con Catalunya necesitaría un Gobierno con prestigio político, alejado de las sombras de la corrupción. Mariano Rajoy es, con sus mensajes al tesorero Bárcenas, con su caja B, sus sobresueldos y sus pagos en dinero negro, con sus mentiras ante el Parlamento, la cabeza visible de la corrupción española. Representa a un país sin prestigio nacional e internacional.

    Mariano Rajoy está quieto, porque no puede hacer ni decir nada. Las elecciones anticipadas son un requisito imprescindible para abordar cualquier problema en España. Y, sin embargo, Mariano Rajoy no puede convocar elecciones. Es el fantasma de su propio vacío.” (LUIS GARCÍA MONTERO)

    P. D. Só unha pega, que xa teño expresado mais veces, e sei que a algúns lle pode resultar extravagante ou disparatada. Bueno, un mira para atrás, para o pasado político deste país e para o conglomerado de experiencias teóricas e práticas do seu propio pensamento, e ten direito a expresar o que pensa. E o que pensa, extravagancias aparte, é que se, como di o Montero, Mariano Rajoy non pode convocar eleicións porque é un fantasma do seu propio vacío e o PP está preso da sua propia corrupción, quen as vai convocar e en que condicións, con quen e para que? Para que a casta político-financieira se perpetúe? Difícil, difícil solución, para a que non me valen explicacións de manual anticuado. Se o crédito político do partido governante (vou chamarlle por un momento partido ao que para min non é un partido e vou deixar fóra ao PSOE, aínda que sei que non debera) está por terra e por terra está a España da sua maioría absoluta, que Podemos esperar dunhas eleicións convocadas por este mesmo partido como salvador da patria ameazada por todos os extremismos? Que eleicións pode convocar o partido de Bárcenas, Rato, Blesa e tutti quanti? En fin, adiante “progresistas” das Españas

  6. Sígote puntualmente no “Botas”.
    De todos modos, Trapiello é un dos autores españois que mellor escriben, aínda que non sei se dá encontrado o xénero apropiado a el.
    É probábel que no artigo que citas haxa un humor intencionado, unha especie de autoflaxelo ou de deriva escética que sempre favorece o estilo dun escritor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s