‘O soño da febre’. Ese nonseiqué de Miguel Anxo Murado

DIARIO DUN CRÍTICO RESUCITADO.

o-sono-da-febre

Son daqueles que, recoñecendo a calidade dos textos (literarios, narrativos) de Miguel Anxo Murado nunca se sentiu plenamente satisfeito coas súas obras. Murado é un dos nosos escritores mellor dotados para crear unha narrativa de calidade e que goce á vez de popularidade (popular dentro dos límites que marca a nosa literatura).

Até agora, á parte de dous libros de poemas e o dedicado a Palestina, lera dous libros narrativa do autor: Ruídos e Material de derribo. Agora leo O soño da febre, editado por Galaxia, composto por unha serie de narracións, relatos, nos que o delirio febrístico percorre cada un dos contos, así como, digamos, os “peritextos” que introducen as narracións. Hai, en todos os textos calidade de visión, de expresión; algúns son, pola “trama”, máis interesantes que outros, mais case ningún deles acada o clímax necesario a este tipo de narración, onde o sobrenatural, o fantasmático, fai acto de presenza.

Murado é dono dun estilo, ten capacidade e vontade narrativas, mais algo falla, para min, en todos os seus libros narrativos. Talvez un esforzo final, non sei, debería (eu) revisalos todos. Un esforzo final, digo, estilístico, lingüístico, que levase a escrita aos seus límites –sobre todo nun libro como o presente, onde delirio, febre e realidade se confunden ou se funden, onde tan realidade é a “real” como a realidade producida pola febre–; talvez é iso o que falla en última instancia na narrativa de Murado, porque aquí, capacidades existen, hai elaboración, hai talento. Que falla daquela?

Quizais que, en última análise, Murado non soubo enfrontarse co mundo fantasmal do imaxinario. (Mais talvez fallo eu, claro. Ou talvez, cando leo a Murado “actúan” os meus prexuízos, nacidos na hora que lin, escrito por un poeta, narrador, filólogo e tradutor, ao que teño en moita estima literaria… e persoal que os contos de Murado eran mellores que os de Hemingway.)

Xesús González Gómez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s