Un paso adiante e outro atrás, López Valcárcel narrador

XulioValcarcel1DIARIO DUN CRÍTICO RESUCITADO.

Xulio López Valcárcel é un excelente poeta. Como narrador, hai anos deu ao prelo un conxunto de relatos eróticos marcados polo humor (a narrativa erótica, pornográfica, sen humor é case que insoportábel): Anel de mel. Hai anos publicou outro libro narrativo, Campo de Marte, editado por Espiral Maior, que lin naqueles días de vacacións. O libro componse dunha multitude de textos de diferente extensión, algúns deles, máis que microrrelatos, semellan aforismos sen moita graza. En conxunto, tense a impresión de que Valcárcel baixou a “garda” e amoreou aquí todo canto texto narrativo escribira durante un tempo. Este amoreamento dá, como resultado real, ás veces, unha especie d’O gaiteiro de Lugo, con chistes sen graza, retranca que non é tal e ironía inexistente, por non falar dun humor que abala entre o humor de taberna e o de casino: é dicir, entre o “chabacanismo” e un provincianismo máis ou menos horteril. Non obstante, ás veces, cómpre non esquecermos que Valcárcel é poeta, aparecen momentos líricos, que é onde mellor se sente o autor, mais, tamén, estes momentos fican ás veces estragados por un sentimentalismo de manual. Outras veces intenta o relato “inmoralista”, mais mediante a estratexia lingüística despregada polo autor, o lector percibe que está a ler un relato “moralista”. Como curiosidade, diremos que falla até nos relatos máis ou menos eróticos En resumo, un retroceso brutal con respecto ao primeiro libro narrativo do autor. En lembranza daquel Anel de mel rogariámoslle a Valcárcel que insistise na narrativa.

Xesús González Gómez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s