Dolores Ruíz, incapaz de enfrontarse ao fantástico

1291850DIARIO DUN CRÍTICO RESUCITADO.

“A chuvia batía nos cristais da fiestra e a luz do exterior atravesaba, murcha, a súa cortina de pingadas. Achábase nun cuarto que parecía atiborrado (sic) con dous únicos mobles que contiña: a cama en que remataba de espertar e, aos seus pés, unha banqueta case oculta baixo unha pezas de roupa encartadas con tenacidade milimetrada. Dende unha das catro esquinas do teito ían caendo, unha a unha, pingadas de chuvia nunha almofía. As pingas, ás veces, salpicaban as paredes ao caer e debuxaban bágoas sobre o pulcro encalado das paredes”. Así comeza a novela, premio Blanco Amor 2004, Dentro da illa, de Dolores Ruíz, publicada por Galaxia. Non hai dúbida de que desde hai bastantes anos a maioría das novelas galegas están ben redactadas, hai outras que están case escritas e algunha ben escrita. Os narradores galegos saben redactar, abofé! [E agora non vou esbardallar sobre as diferenzas entre redactar e escribir.] No plano da estrutura narrativa, as cousas xa non son nin están tan claras: a maioría das estratexias despregadas polos nosos narradores fallan case que pola base.

Polo que respecta á trama, é dicir, o tema que tratan as novelas, pódese afirmar que case a maioría dos narradores galegos (esquecíame, narradores/as) escriben ou redactan sobre cousas máis ou menos “alucinantes”. Hoxe xa non existe, ou non aparecen, nas novelas galegas as vacas, os soportais composteláns, a fina choiva –aínda que…–, o lacón, os grelos, as gaitas ao amencer, etc. O que aparece é algo facilmente identificábel até para un lapón (habitante do norte de extremo de Europa), como se no canto de camiñar do particular ao universal tomasen –os nosos narradores– o camiño inverso: o universal abstracto como modelo para, a partir deste, descender até o particular concreto. É dicir, dá a impresión de que os modelos para os personaxes están tirados de series televisivas (calidades á parte) norteamericanas, sobre todo. Noutras palabras, falando claro e en galego (tradución case literal da frase feita: «parlar clar i català»): a maioría das historias, e dos personaxes, que pululan polas novelas galegas son, simplemente, delirantes, e así o resultado final, que sería, falando cernudianamente, a fusión da visión e da expresión, dá como produto uns ersatzs igualmente delirantes, que, como os defuntos, só adoitan interesarlles aos seus familiares: autor, editor, membros do xurado que premian o produto, os familiares do autor –sobre todo se non están moi versados en literatura–, os destinatarios da dedicatoria do produto/novela, case todos os críticos/comentaristas e, por último, unha cantidade ínfima de lectores. Un exemplo sería esta novela de Dolores Ruíz, exemplo case que paradigmático dunha literatura fantasmática na que aparecen até os mortos e nas que os autores son incapaces de enfrontarse ao fantástico, ao imaxinario, ao terror e, dunha vez por todas, producir, a base destes elementos narrativos, unha literatura perturbadora. Aquí, o único que fica perturbado é a boa marcha lectora.

Xesús González Gómez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s