Dos pequenos relatos e do gran relato. Contar a historia da literatura quebequesa

Vista de Quebec City. STEVE LECLERC/FLICKR

Vista de Quebec City. STEVE LECLERC/FLICKR

Micheline Cambron.

Non é moi fácil falar de historia literaria, no Quebec ou noutra parte, sen entrarmos no relato do proceso da súa constitución. Ora, paréceme, se a cuestión da historia literaria se impón hoxe con tanta forza, a culpa non é tanto dos obxectos novos –obras «encontradas», xéneros revalorizados, circunstancias editoriais tidas en conta– ou aos novos achegamentos –xenética dos textos, poética dos xéneros, sociocrítica– como do malestar crecente que experimentamos a respecto do relato, brutalmente posto na porta durante o intermedio estruturalista, logo colado pola fiestra baixo o duplo impulso dos traballos de Paul Ricoeur e os grandes proxectos historiográficos recentes. Para dicilo doutra maneira, o que nos incomoda é o demasiado macizo do relato, a multiplicidade de narracións paralelas, mesmo con competidoras, xurdidas dos nosos traballos e mal concordadas á necesidade en que coidamos estar de compor unha intriga ben tramada sobre cuxo fondo cada unha das nosas análises particulares podería tomar un sentido. Facer o relato do que se considera, nunha perspectiva neopositivista, como as experiencias da historia literaria recente non é evidentemente imposíbel, mais isto vén borrar as dúbidas, as resistencias, baixo o liso doutro relato, metahistórico este, que, sen ser falso, elide as perplexidades actuais.

A literatura quebequesa foi durante os últimos vinte anos unha vasta obra consagrada á elaboración dunha «verdadeira» historia literaria nacional. As tensións e as contradicións que a habitan semellan exemplares. É delas que partiremos para reflexionarmos sobre a natureza dos procesos de reelaboración da historia literaria, salientado de paso os parentescos e as diverxencias con outros procesos de constitución dunha literatura nacional.

Da catalogne á colcha: Epistemoloxía da historia literaria

Non hai moito tempo a idea de contar a historia da literatura quebequesa nalgunhas horas –ou nalgunha páxinas– non asustaba a ninguén. Dispúñase entón dunha vulgata cómoda que permitía apreixar con claridade a maneira con que os pequenos relatos de obras singulares –á vez a súa narración de superficie e os relatos que os acompañaban (biografías, anécdotas editoriais, historias de recepción) – podían ser enxertados, como as perlas dun colar, para constituíren un gran relato. Certamente, a natureza do telos deste gran relato variara co paso do tempo. Inicialmente marcado polo discurso programado do abade Casgrain (1886)[1], tendera á magnificación do xenio francés católico e a realización dunha misión nacional, completamente espiritual na vaga mercantil e materialista da América anglófona. Logo, veu a  Revolución tranquila, que desprazara os fins do relato do horizonte divino ao  horizonte humano. O movemento da literatura convertérase á vez na pegada e o símbolo dun advento, o dun pobo a conquistar o seu lugar no concerto das nacións, a afirmar a súa identidade. Nos dous casos, o relato implicaba elipses, esquecementos, contrapuntos (obras «perdidas» ou menores, excepcións xenéricas, formais ou ideolóxicas), cousas que deixaban lugar ao traballo ulterior dos historiadores, preocupados de taparen as brechas, e confortábanos en canto á veracidade do tecido narrativo: este era propio para acoller mesmo as obras que fuxían ao fío dereito do gran texto nacional, porque inseridas na trama estas últimas contribuían a faceren a cadea máis visíbel. Entre as dúas versións do gran relato non había, xa que logo, diferenza de estrutura, sobre todo porque ambas punteaban cara a  unha mesma orixe: o duplo nacemento da historiografía e da literatura, cara a mediados do século XIX, prefigurado polos discursos –os dos viaxeiros e os dos misioneiros– que levaban xa en xerme o carácter propio da literatura quebequesa, mesiánica ou conquistadora.

Nesta perspectiva, o progreso da historia literaria consistía en engadir saberes, en ampliar o relato por adicións de obras novas ou a recuperación de obras esquecidas. A imaxe da catalogne, ese tecido constituído de retallos que se anoan uns a outros sen se preocuparen polo motivo e que, a causa disto, pode ampliarse até o infinito, dá moi ben conta da concepción da historiografía que delimita semellante proxecto[2]. A coacción teleolóxica determina os paradigmas permitindo a integración de pequenos relatos no gran relato; a estabilidade paradigmática impón unha continuidade sintagmática apenas turbada polas rupturas estéticas que inducen na súa sucesión os movementos literarios e as escolas: como se non houbese aquí máis que un cambio de colorido sen efecto sobre a feitura do tecido[3].

A historia da literatura suíza francesa [suisse romande] coñeceu un percorrido abondo semellante, no que os carácteres nacionais, inducidos a partir das propias obras, determinaban o movemento da literatura. Rapidamente fixada nun relato claro, esta historia literaria progresaba tamén mediante engadidos persoais[4], integrándose os novos elementos na continuidade temporal como tantos retallos incorporados segundo un tipo de figura, a repetición. En Bélxica francófona, o proceso ofrécese máis ben como a recondución dun constante non-relato, seguindo a expresión de Michel Biron, repetindo os historiadores, uns despois doutros, a imposibilidade de configurar unha intriga que efectuaría unha síntese directamente sobre a heteroxeneidade dos obxectos e das prácticas[5]. Entre a liña clara dos relatos que as características nacionais levaban xa en xerme e a discontinuidade que suxire a idea de non-relato, a oposición máis aparente que real: estruturalmente, nos dous caos, o futuro reconduce o pasado. A ausencia de relato da historia literaria belga francófona porta un telos negativo, disxuntivo, poderíase dicir, selado desde as orixes, e as modalidades de lectura do sentido do non-relato impoñen unha circularidade hermenéutica similar na forma do modelo epistemolóxico que domina até a aparición do malestar a respecto do narrativo.

Semellante historia literaria podía certamente dar lugar á dimensión formal das obras mais, polo esencial, acompañaba á historiografía nacional, pedíndolle prestado, a miúdo por camiños bastantes desviados, definición espacial, periodización e proxecto (ou non-proxecto) heurístico. Acharase, xa que logo, profundamente conmocionada polas transformacións desta historiografía, como polo cuestionamento dos métodos que permitiron ou xustificaron a camaradería. Así, a historiografía quebequesa ao recusar os grandes relatos, o mesiánico como o identitario, para se repregar, no terreo da nova historia, nunha serie de relatos sectoriais –económico, político, social, cultural – animados de movementos variados e recortando o espazo e o tempo segundo modos heteroxéneos, os críticos ían comprometerse nunha multitude de proxectos, tamén sectoriais (edicións críticas, estudo dos xornais, estudo dos medios literarios, estudo da actividade editorial, estudo das propias obras finalmente), coa convición de contribuíren mediante isto á adquisición de coñecementos que, unidos uns a outros, ían ultimamente permitir descubrir o motivo xeral e, polo tanto, o sentido da historia, pasados da catalogne á colcha (patchwork), sen dubidar de que o cadro xeral que resultaría ía revelarnos, sen comprender completamente que sería necesario entón, para reconfigurar un relato, renunciar a todas as evidencias que fundaron os primeiros grandes relatos da nosa historia literaria en canto á construción do espazo, á concepción do tempo, á definición do tema[6].

Retallos I: A fundación

Deteñámonos un instante na nosa colcha a fin de examinarmos algúns anacos dos que máis fortemente empurraron os nosos antigos esquemas. Tomemos por exemplo a data de fundación da nosa literatura, tan evidente hai pouco, que aparecía como réplica á palabra de Lord Durham: «Un pobo sen historia e sen literatura» –o que vinculaba por moito tempo literatura e historiografía[7]. Os traballos aos que se entregan desde hai unha ducia de anos algúns investigadores preocupados por constituíren, segundo as palabras de Bernard Andrès, unha «arqueoloxía do literario»[8], permitiron mostrar as condicións de emerxencia dunha literatura no Baixo-Canadá durante o período que segue inmediatamente á Conquista: existencia dunha postura literaria, mesmo dun fantasma de creación dunha República das letras autóctona, na Gazette de Montréal[9]; redacción, polos letrados da época, de obras manuscritas lidas nos círculos familiares, transmitidas por vía oral e cuxa materia será reinvestida en obras máis tardías[10]; elaboración de manuais de retórica cuxos modelos oratorios modificarán a forma dos discursos relixioso e político futuros[11]; elección de figuras heroicas[12]. Certamente, tomados un a un estes diversos feitos, cuxa maioría fora considerada pola crónica mais quedara na sombra, semellan constituír outros tantos elementos que fixeron posíbel a emerxencia do literario no período subsecuente, xa identificado como o da invención da literatura e da historiografía. Mais xuntos no entanto ofrecen máis ben o retrato dun espazo público en vías de formación, grazas aos xornais e á circulación, nos espazos híbridos, situados entre o privado e o público (salóns, círculos familiares ampliados, encontros de francmasóns ou opoñentes ao Réxime británico), de obras cuxo carácter literario é difícil de recusar[13]. Máis se acumulan as pezas, máis difícil é soster a tese «arqueolóxica», sobre todo cando se analizan as propias obras, próximas pola súa forma e os seus temas dos seus contemporáneos franceses ou británicos.  Pero hai máis. Se unha literatura existe no momento en que se instaura unha tradición de lectura propia, favorábel á constitución dunha intelixibilidade das obras, non é que se pon en marcha no momento mesmo en que nacen os xornais, que crean pola súa feitura e o seu discurso un tempo e un espazo comúns a partir do cal recibir e interpretar as informacións brutas e os relatos postos en circulación? Queda claro, o postulado dun duplo  nacemento da literatura e da historiografía no Baixo-Canadá na época das Rebelións merece ser revisado.

Se a delicuescencia das postulacións vinculadas á determinación da orixe da literatura quebequesa –estaría vinculada ás primeiras obras publicadas de maneira autónoma pertencendo a xéneros cuxa dimensión estética é recoñecida[14]–está estreitamente vinculada ao descubrimento de novos obxectos e á reavaliación de certas prácticas, contén tamén, por suposto, o reaxuste da definición do literario que se efectúa grazas ao desenvolvemento da historia cultural e da poética dos xéneros. A importancia concedida ás correspondencias, aos diarios íntimos ou de viaxe, á literatura de salón, dá un relevo completamente novo a prácticas que se situaban aínda moi recentemente fóra da literatura. o «persoal literario» sofre igualmente as consecuencias desta nova ecoloxía dos xéneros literarios. As mulleres, a miúdo confinadas aos xéneros máis próximos do espazo privado, gañan deste modo un estatuto literario que permite consideralas nunha perspectiva que non sexa decorativa –Ah, a linda marquesa de Deffand! Ah, a linda Amélie Panet! Isto ten consecuencias matemáticas: os medios letrados, que semellaban tan «pequenos» son ampliados; as obras, sen seren abundantes, son máis numerosas. Que se poida concluír que existe unha xeración literaria da Conquista non semella incongruente.

Esta nova abundancia deconstrúe as balizas habituais da periodizacións mesmo mais avanzadas. As dúas ou tres primeiras novelas que substituíron a única dos nosos manuais fan máis que inaugurar a división do título de primeira novela, indican desprazamentos: apertura á produción literaria xornalística e fin da preeminencia das publicacións autónomas, acentuación da existencia dunha vida literaria que tende a invalidar unha lectura da historia literaria quebequesa como encadeamento de hapax que conducen á elaboración de grandes obras.

Retallos 2: Buscas do tesouro

Volvemos á nosa colcha. Comporta igualmente pezas novas, pegadas de elos que faltan, de manuscritos perdidos. Certamente toda historia literaria implica esquecementos, perdas –pensamos no mítico segundo libro da Poética de Aristóteles– que son tantos fíos evadidos. Algúns testemuñan, mellor que outros, a nosa dificultade en penetrarmos a vida cultural dunha época, en determinarmos o estatuto dun texto. Mais é necesario para isto primeiro encontralos. A construción moi apertada da historia da literatura quebequesa fai particularmente destacada a función central destas novas pezas no seu reaxuste. Durante moito tempo reinou entre nós, implicitamente, o método «evolutivo» cuxos efectos son determinantes sobre a selección dos feitos brutos: «desclasifica, aparta, expulsa como automaticamente as mediocridades», afirmaba con satisfacción Ferdinand Brunetière[15]. As obras esquecidas érano xustamente e algunhas excepcións confirman a regra: a obra de Stendhal, incomprendida polos seus contemporáneos, fora repescada na bolsa dos valores literarios, o tempo dáballe, polo tanto, sempre razón ás grandes obras. Talvez isto é verdade en sociedades nas que a literatura é obxecto de comentarios críticos enriquecidos e nas que a preocupación polo arquivo acompaña o poder nas súas manifestacións máis responsábeis. Pero Quebec, privado até hoxe dunha verdadeira política arquivística e pobre en tradición crítica, os esquecidos da historia son numerosos. Despois de poder tomaren a medida, grazas a importantes traballos de acumulación de repertorios, algúns lectores atentos tenden a veren nestas obras reunidas unha especie de inverso mundi da historia literaria canónica.

Algúns traballos recentes puxeron en evidencia, por exemplo, a existencia, a finais do século XIX, de grupúsculos que testemuñan certas actitudes asociadas á vangarda literaria. Ora, a nosa literatura –«casta e pura como o manto virxinal dos nosos longos invernos», profetizara o abade Casgrain[16]– non era coñecida por alimentar semellantes serpes no seu seo. Apenas conservárase a lembranza de Arthur Buies tronando contra os Jeunes Barbares namorados do decadentismo e esquecérase completamente a multitude de pequenas revistas publicadas entre 1888 e 1900 que provocaran a súa ira porque difundían os decadentes e os simbolistas belgas e franceses[17]. Este esquecemento convertérase, na nosa vulgata, nunha ausencia que significaba á vez a nosa falta de apertura a Europa e o noso retraso estético, decididamente incorrixíbel. Os efectos sobre a historia literaria foron numerosos: ignorancia das primeiras experimentacións formais (caligramas, poemas en prosa); alteración das biografías (Édouard Zotique Massicotte, que escribiu poemas en prosa, foi un ardente propagador da obra de Verlaine e máis amplamente do simbolismo e do decadentismo, aínda que a imaxe unívoca que ofrece a historia literaria é a dun arquivista maníaco e conservador, namorado do folclore), descoñecemento das relacións entre os diversos actores da vida literaria; mais sobre todo confirmación da liña da vulgata. Que esta confirmación a posteriori radicara sobre unha selección a priori non cambia nada nos efectos perlocutorios do silencio. A historia literaria quebequesa dérase por misión testemuñar a existencia dunha literatura que reflectía valores concibidos como nacionais, que até os anos 60 eran esencialmente conservadores. Efectuara, xa que logo, unha selección consecuente: as obras que se desviaban dos valores elixidos non reflectían a «alma canadense», non podían polo tanto pertencer á literatura nacional; e non podían ser consideradas pola posteridade, perdían ao mesmo tempo o seu estatuto literario. O número destas non-obras é abondo alarmante. Ademais dos textos aparecidos nas pequenas revistas, habería que falar das novelas populares difundidas polos xornais satíricos, cuxa maior parte é descoñecida[18] e dunha actividade teatral que implica sen dúbida creacións dramatúrxicas das que perdemos a pegada. A partir de investigacións pacientes en arquivos a miúdo ignorados, algúns investigadores preocúpanse de exhumaren estas non-obras, que formarían un reverso liberal e aberto ás experimentacións do lenificante relato oficial.

A tentación de constituírmos, a partir dun encadeamento destes textos, un contra-relato da historia literaria canónica é entón moi grande, como testemuña a fascinación dos críticos polos signos da modernidade que portarían estas obras. A modernidade, concibida como signo dunha apertura ao mundo, é en adiante acosada e, nun movemento regresivo, búscase menos no presente a orixe da literatura quebequesa que a orixe da súa modernidade. Sen que isto poida ser confesado, tal busca remite implicitamente a unha imaxe moi forte no imaxinario crítico das literatura periféricas, como as chaman Pierre Bourdieu e Jacques Dubois. Que existe unha cousa semellante á normalidade literaria. Aínda que a cuestión se formula de maneira un pouco diferente para Suíza e Bélxica, este inconfesábel da historiografía semella aparecer aquí tamén moi cedo. Así, desde as guerras napoleónicas os críticos suízos fan de necesidade virtude, porque a vitalidade dunha literatura testemuñaría a existencia da nación. Os afloramentos deste postulado toman unha forma asombrosa en Bélxica, onde a historiografía literaria, ao fracasar en dar forma á idea de literatura nacional tende a substituír esta polo paradigma da modernidade, de maneira que unha obra que non sexa moderna non é belga, o que despraza apenas os desafíos, porque o período en que se sitúa a substitución corresponde á aparición da historiografía literaria francesa dunha fetichización da modernidade da que a sucesión das vangardas dá a medida[19]. Esta preocupación, esta obsesión de presentar da literatura nacional unha versión normalizada –sexa polo rodeo dunha sincronización co ethos formal da literatura central, neste caso a francesa, sexa polo rodeo dunha representación que desprega na longa duración as diferentes idades dunha literatura a fin de explicar os «retrasos» ou as desincronizacións[20]– non traduce soamente o peso que a historiografía francesa da literatura fai pesar sobre o cadro heurístico destas historias literarias. Permite medir a pregnancia de  certos modelos historiográficos de inspiración vagamente utópica (como a sucesión das idades) e confirma a sobredeterminación da idea de «movemento da literatura», presente nos textos programáticos destas tres literaturas, na definición do literario e a avaliación dos propios textos. Nesta perspectiva, a adición de obras esquecidas ou, polas literaturas belgas e suízas, a repatriación das obras publicadas noutros lugares, testemuña menos a riqueza descoñecida dun corpus que a mala comprensión do seu movemento xeral polos devanceiros, de maneira que a integración dunha pequena peza despraza o conxunto e mina a credibilidade das sínteses anteriores. Os traballos actuais en historia da literatura están obrigados así a daren conta da necesidade de repensaren o cadro heurístico xeral. O problema atinxe ao que, falto de síntese de novas, son aínda as antigas que circulan, como confirma o feito de que no Quebec, onde a literatura quebequesa é obxecto dun ensino á parte no CGEP (equivalente ao instituto), a trama narrativa dos manuais abraza a segunda variante do gran relato, apenas reorganizada para integrar algunhas cancións populares e as obras recentes dos que se chama os escritores migrantes, reagrupados nunha sección separada[21].

Retallos III: Fondo de motivos e efectos ópticos

Examinemos finalmente todas as pequenas pezas do tecido, numerosas e aparentemente axeitadas para vincularen entre elas as grandes pezas. Este tecido conxuntivo é o produto de numerosos traballos: edicións críticas, biografías, investigacións sobre as redes literarias e sobre a sociabilidade literaria. Consideradas á parte, compoñen un vasto fresco, o da vida literaria no Quebec. Certamente, cada un destes fragmentos esta destinado a iluminar mellor unha ou obras particulares, a súa xénese, a súa recepción, as súas circunstancias editoriais. Mais a causa do seu número, a causa dos vínculos que as unen a outros corpos de saber (filosofía, socioloxía, ciencias políticas ou económicas, historia) poden ser lidas fóra das obras, é dicir, suspendida calquera dimensión estética. Isto non significa que non permitan percibir mellor e comprender mellor as eleccións estéticas dos escritores. Mais, repitámolo, estas informacións teñen a particularidade de poder seren agregadas para constituíren relatos que deixan as obras mesmas á marxe: son igualmente os materiais dunha historia cultural  máis ampla.

No Quebec, tendo en conta a natureza das dúas versións do gran relato, mesiánico ou identitario, a cuestión das relacións entre literatura e sociedade é sen dúbida ningunha a que domina os discursos. Non é polo tanto asombroso que as reflexións de Pierre Bourdieu sobre a noción de campo literario e as de Jacques Dubois sobre a de institución literaria fosen acollidas de maneira favorábel: sen proporen respostas dadas, o seu cadro heurístico permitía pensar doutra maneira, nunha perspectiva que non era a socioloxía do reflexo, relacións que se pensaba –a fórmula de Gilles Marcotte, «Institutions et courants d’air», o expresa con claridade e ironía[22] –que ficaran hipertrofiadas co paso do tempo. A vantaxe da socioloxía da literatura é dupla: pór entre parénteses a noción de gran relato reducíndoo ao rango de fenómeno ofrecido á interpretación; desprazar as interrogacións de maneira que informacións xulgadas anecdóticas, mesmo impertinentes, achan unha lexitimidade nova. O interese no Quebec polas biografías de escritores (convertidos en traxectorias), polas circunstancias editoriais (agora concibidas como signos de estratexias individuais ou globais ou cono infraestruturas que interactúan cos modos de creación), e polos medios e as redes literarias só se explica pola lexitimidade nova que adquiriron así estes obxectos. Por outra parte, reducido el mesmo ao rango de fenómeno, o gran relato cesa de ser unha resposta ás aporías da historia literaria. Numerosos traballos dedicáronse, desde hai unha ducia de anos, a analizaren o discurso crítico quebequés, dando nacemento a un novo discurso, metacrítico este[23], que apreixa os textos concibidos como obras a parte enteira, a fin de descubrir os postulados, a arquitectura epistemolóxica e os relatos[24]. A pesar da súa dimensión estruturalista ou deconstrucionista, estes traballos apóianse sobre os mesmos postulados que as análises que manifestan socioloxía da literatura: pódese comprender a literatura quebequesa e reordenar a súa historiografía vinculándose ao conxunto de epifenómenos que a caracterizan, mediante traballos que iluminan o contexto que lle dá forma e sentido.

A maior obra neste sentido é sen dúbida La vie littéraire au Québec, cuxo primeiro tomo foi publicado en 1991 e cuxo tomo quinto está en imprenta. Atarefada en dar conta  «do conxunto das orixes que salientan na produción, no discurso e na recepción da literatura»[25], está síntese quere á vez dar conta das «condicións chamadas externas da literatura, as que manifestan a produción e a recepción) [e as] que se chama, por analoxía, internas, pois remiten ao texto e á concepción literaria que presidiu a súa xénese»[26]. A secuencia condicións de produción/discurso/recepción conduce á elaboración dun case relato no que as condicións de emerxencia dan nacemento a discursos literarios e metaliterarios que serán recibidos e eventualmente integrados nunha memoria literaria propia para modificaren as conducións de produción das obras ulteriores. Este é o relato que se acha situado no centro da obra.  Ninguén dubida que para unha obra particular este proceso sexa efectivo. Pero no nivel máis global dunha literatura nacional, o modelo impón, para conservar a súa pertinencia, a convocatoria de postulados suplementarios, o de sobre as «formacións discursivas» de Michel Foucalt e o do sobre o «discurso social», tal como foi readaptado a partir Robert Fosasert por Marc Angenot, postulados que confortan a idea de que unha cousa semellante á literatura quebequesa pode existir fóra do relato que dela se fixo.

Que a elección de tales postulados conduza a un descentramento do literario, parece evidente, a literatura, obxecto privilexiado, é iluminado por unha multitude doutros feitos de discursos, doutras prácticas, das que se converte na orde heurística, en accesoria. Mais este «estrañamento» do literario permite liberar as obras das coaccións dos antigos relatos. E, con efecto, é sorprendente ver que moitos traballos actuais partes das condicións externas para problematizaren doutra maneira a dimensión estética dos textos. Así, as investigacións realizadas sobre os medios literarios conducen a repensaren os intertextos convocados nas obras e a reavaliar certas eleccións estéticas[27]. As análises que se apoian na noción de discurso social e de relato común transformaron en profundidade o estudo dos xornais permitindo, entre outras cousas, identificar un xénero literario propio ao Québec, a «Étrenne du Petit Gazettier» e conduciu a rectificar a redacción de certos textos desta serie xenérica[28]. O estudo dos diversos textos que falan da lingua revelan o papel argumentativo xogado polos innumerábeis enunciados que poñen en intersección lingua e nación na estruturación da institución e do discurso crítico, lingua e literatura formando no cambio de século último unha parella indivisíbel[29]. Finalmente, sen a atención dedicada aos elementos denominados externos, non cabe dúbida ningunha de que os traballos sobre o teatro ficarían encerrados nas descricións sumarias que o consideraban un xénero menor, pouco desenvolvido. O coñecemento das condicións de produción invita a retomar a análise das propias obras e a repensar as súas aspiracións estéticas. Así, a importancia que concedemos á vida de salón cambia a nosa perspectiva sobre o teatro que se interpretaba nel[30]; a presenza de músicos na escena, revelada polos textos críticos, conduce a considerarmos certas obras como herdeiras da tradicións vodevilesca; a consideración das anécdotas familiares ou parroquiais suxiren que as intrigas deben máis a acontecementos contemporáneos que a préstamos tomados da tradición cómica francesa[31]; a dimensión das salas en que foron dadas certas representacións conduce a pensarmos doutra maneira a acollida dada a certas obras. Dúas representacións é pouco, máis dúas representacións en salas de dúas mil persoas nun Montreal que supera a  penas o centenar de miles de habitantes, é enorme![32] Finalmente, e isto é sen dúbida máis importante, a inscrición nas formas teatrais de certas contradicións que atravesan a opinión pública autoriza unha inversión das perspectivas porque é o coñecemento do discurso social o que permite medir a innovación formal e xulgar o papel matricial de certas obras[33].

Por outra parte, isto non impide que este tecido conxuntivo se configure en relatos autónomos, historia dos salóns, historia da imaxe da lingua, historia do impreso, relatos todos que son perfectamente lexítimos e que non teñen necesidade do centro flexíbel e desenfocado da literatura para existir. Deste xeito, as informacións, inicialmente saídas de traballos literarios máis modestos, transmigran nun cadro xeral que lles ofrece un lugar no seo dun cadro xeral das condicións de produción ou de recepción das obras, logo son agregadas en diversas intrigas que fan a economía do discurso literario. Ás máis das veces, as propias obras son excluídas destas operacións. La Vie littéraire au Québec testemuña elcuentemente porque ao mesmo tempo que os capítulos que tratan sobre as condicións de produción e a recepción rebordan de informacións novas, situadas no centro, que son consagradas ás obras que propoñen análises que, ás máis das veces, reconducen os tópicos críticos anteriores máis que propor novas lecturas susceptíbeis de permitiren a emerxencia dun novo relato que sería o das obras apreixadas no seu carácter estético. Esta lagoa débese ao mesmo que contén forza da empresa, a adopción dunha actitude decididamente metracrítica que impide xulgar as interpretacións, enfrontarse entre elas e, con máis razón, ofrecer novas. Aínda que a empresa leva en xerme numerosos relatos volvidos ilexíbeis pola diversidade das focalizacións –interese pola vida asociativa, as particularidades do sistema editorial, a formación de escritores, a circulación de ideas, non propón ningún que apareza como unha síntese do heteroxéneo, segundo a expresión de Ricoeur. Ao facer isto, consagra a cohabitación pacífica dos relatos que testemuñan, cada un á súa maneira, a existencia dunha vida cultural que se acha así á vez magnificada e normalizada., as grandes operacións  historiográficas son formuladas como tan lexítimas en Quebec como en Francia porque, a pesar da diferenza de escala, a complexidade do sistema narrativo é da mesma natureza. O interese actual, en Suíza e en Bélxica, polas grandes obras da historia cultural paréceme que manifestan unha lóxica homóloga. Ao proporen da literatura unha visión excéntrica, estes grandes traballos permiten volver significantes unha multitude de feitos dados de lado. Non é xa cuestión de perseguir a través disto unha identidade nacional que sería á vez revelada e modelada pola arte, senón, máis modestamente, comprender a forma e a natureza do ou dos campos estudados e tirar deste estudo cadros xerais nos que os diversos relatos posíbeis, historia das artes, das institucións culturais, da vida musical se achan acomodados uns a outros.

O conflito dos relatos: Que historia para que literatura?

Esta visión chea de pequenos relatos é no entanto estrañamente estatística, a secuencia macroscópica áchase reducida a unha sucesión de cadros apreixados nunha sincronía ampliada. O conflito entre os diferentes relatos é así reprimido e a periodización considerada constitúe o único verdadeiro indicio da articulación narrativa que dá a cada un dos seus tomos a súa coherencia propia. Ora, semellante coherencia só podería ser substractiva, porque supón que son apartados certos relatos posíbeis, que sexan esquecidos certos feitos, que se efectúe despois de todo unha perlaboración narrativa da que sairá un gran relato xeral. Mesmo se tres dos setes tomos faltan aínda por saír, aparece de agora en adiante que as inflexións deste relato teñen máis a veren coa constitución das transformacións do espazo público que coas grandes rupturas estéticas ligadas ás propias obras. Por apaixonante que sexa este relato, por moi rico de ensinos que poida ser para abordar as obras na súa dimensión estética, non pode confundirse cunha historia das propias obras. Os traballos realizados recentemente en Bélxica e en Suíza parecen ir no mesmo sentido, en canto se supera a monografía sobre un autor, a tendencia é aos grandes cadros, dos que permiten apreixar un momento particular do relato sen se comprometer nas eleccións que atinxirían a súa configuración xeral: vida cultural no cambio do século, invención da literatura, velaí compendios que ganan a adhesión polo seu rigor e pola súa coherencia, mais permanecen por debaixo da constitución dun novo gran relato. Poderase argumentar que a suma destes cadros permitirá un día facer emerxer un relato, mais cando se viu a síntese do heteroxéneo efectuarse espontaneamente? Paréceme que esta ausencia de gran relato sobre fondo de pequenos relatos se debe máis ben á imposibilidade na que estamos de asignarmos un fin ás nosas historias.

É tentador saír do punto morto desexando unha historia que sería a das propias obras, do encadeamento das súas formas. No Quebec, un equipo constituído por Michel Biron, François Dumont e Élisabeth Nardout-Lafargue formouse arredor de semellante proxecto. Sen rexeitar ter en conta as condicións de produción e as circunstancias de recepción, o equipo quere construír unha historia que consideraría exclusivamente os textos que, grazas ás súas calidades estéticas, deixaron pegada no imaxinario colectivo. É posíbel semellante historia? O exemplo extremo sería os ambiciosos e estimulantes frescos históricos bosquexados por Northrop Frye, que descansan sobre unha perspectiva antihistórica rexeitando o único corte un pouco firme sobre o que se apoian as empresas actuais, o corte nacional[34]. Tirando nas grandes obras occidentais arquetipos que apoian a xénese das obras ulteriores, as proposición do crítico canadense suxiren unha intertextualidade moi ampla que dá lugar a unha historia das formas. Os críticos que practican a historia dos xéneros non fan outra cousa e subliñarase que parece menos difícil facer o relato dos avatares dunha forma xenérica que dunha literatura nacional. Con efecto, a definición paradigmática do xénero conduce a relatar a historia de maneira á que a forma tende cara á súa terminación, que pode coincidir ás veces coa súa desaparición. A cuestión teleolóxica non se formula polo tanto coa mesma acuidade. Non sería por outra parte asombroso que a historia dos xéneros tome o relevo dos grandes frescos actuais. Mais convirase que entón só haberá xa relatos e non historia da literatura centrada sobre as propias obras.

Para irmos máis lonxe, é o cadro mesmo da historia literaria que sería necesario interrogarmos. Porque o desexo de facer unha historia da literatura que sexa a das obras –e equipos conságranse a iso actualmente en Bélxica e en Quebec– está obrigado pola mesma necesidade, a de escoller un fin para relato, a de clausurar o tempo a fin de dar a súa lectura. Esta necesidade é simétrica á da determinación das fronteiras asignadas ao espazo nacional. E a necesidade de conxugar as dúas eleccións paradigmáticas está sen dúbida na orixe da nosa dificultade de dar unha forma narrativa explícita á historia literaria, cando menos en Quebec, en Bélxica francófona e na Suíza francesa. Efectivamente, como se podería escoller un fin á historia da literatura sen que esta clausura non restaure na nación unha dimensión teleolóxica? Aquí é a historiografía literaria francesa que nos é necesario interrogan en contranpunto. Visto desde os campos periféricos, esta historiografía impón unha norma, non unicamente porque representa un modelo de coherencia da que máis ou menos interiorizamos os paradigmas, senón máis ben porque semella evidente. Certamente, implicou esquecementos e arrepentimentos, e os recentes traballos sobre o campo literario francés propuxeron unha visión menos etérea, marcada polas grandes fracturas económicas e sociais. Mais esencialmente, a pertinencia deste relato non é dubidosa: existe unha historia da literatura francesa como existe unha literatura francesa. Semellante postulación non sofre discusión, esta inscrita nos ritos da sociedade republicana. En Francia, a literatura está por todas as partes: na toponimia urbana[35], nas memorias locais e rexionais, na maneira de organizar os grandes debates sociais arredor de ideas herdadas da tradición e marcadas por tropos cuxas orixes literarias son innegábeis. Calquera que sexa o apego ou o desprezo que se lle testemuñe, a literatura é, por un tempo aínda, propiedade colectiva indivisa como o é, pola constitución, o territorio francés. Ao longo do tempo apareceron algúns fins subordinados, universalistas como no tempo da Ilustración, ou mesmo patrioteira como durante o maëlstrom Dreyfus. Mais a longa duración, a historia da literatura ofrécese como unha tradición de lectura portadora da permanencia da literatura nacional.

As literaturas periféricas non conseguiron nada de todo isto. En Bélxica, un eslogan da Comunidade francófona de Bélxica dos anos 80, «De cada dous escritores franceses un é belga», testemúñao elocuentemente –e ironicamente. En Suíza, a idea dunha literatura nacional fica fráxil. Daniel Magetti remarca que «a lóxica da distinción incita a producir singularidade, é dicir, non-semellanza» e cita a Claire Jacquier: «Fagamos como se os escritores romandos [franceses de Suíza] fosen escritores normais». Non se pode testemuñar mellor a dificultade que existe de manter a parella conceptual creada pola expresión literatura romanda![36]

No Quebec era de bo ton hai algúns anos dicir que verdadeiramente non tiñamos literatura, senón unicamente algunhas obras. E, viuse, un dos traumatismos fundamentais da historiografía é a frase lapidaria de Durhamm, condenando os canadenses[37] á asimilación co pretexto de que non tiñan nin historia nin literatura e non constituían un pobo verdadeiro. En semellante perspectiva, posuír unha literatura é existir como comunidade ou como pobo, relatar a historia desta literatura, é testemuñar esta existencia. Así a historiografía literaria nacional está sempre inextricabelmente ligada aos retos identitarios, de maneira que mesmo as obras que desexan formularse no exterior destes retos non escapan a eles. O que está mal asegurado é a convicción mesma da pertinencia de contar o relato desta historia, cada unha das súas obras contribuíndo a afirmala sen que nunca semelle acabado o proceso de pertinencia. De onde a necesidade de configurarmos un relato que confirme á vez a nosa existencia no tempo e a nosa permanencia no espazo, relato imposíbel porque está privado de fin, na orde teleolóxica como na morde narrativa. O único verdadeiro relato da historia literaria que é actualmente posíbel en Quebec –e talvez tamén en Bélxica e Suíza– é precisamente este, inquieto da súa orixe e da súa existencia mesma, angustiado pola idea do fin do relato, a apoiarse nunha tradición de lectura cuxa lexitimidade debe ser reconstruída sen cesar.

Algúns desexarían que un novo relato, optimista este, emerxa, que permita abordar a literatura quebequesa fóra de calquera interrogación identitaria. É coñecer mal a historia da literatura, feita de aluvións de lecturas sucesivas. Aquí o exemplo francés tamén é elocuente. Un manual recente propón unha lectura da historia literaria francesa que integre os intertexos estranxeiros (Goethe, Walpole, etc.)[38]. Semellante maneira de facer, completamente congruente coa viraxe europoea actual, enriquece a comprensión que se pode ter das tradicións de lectura. Mais non desfai de maneira ningunha a coherencia da historiografía mesma, cando máis fornece algunhas mediacións que fai máis claras os cambios de ethos. Semellante tentativa sería percibida en Quebec como a proba da inexistencia da literatura nacional, privada de orixinalidade, moito mais que o signo dunha tradición de lectura aberta ao mundo. Poría, polo tanto, en perigo non só este relato senón todos os outros posíbeis.

O noso malestar a respecto do relato non está sen dúbida disposto a se borrar. E as aporías que isto entraña en canto á constitución da historiografía das literaturas periféricas –xa que logo, a quebequesa– tampouco. Mesmo se a historiografía francesa semella superar máis facilmente estas aporías, non é menos conmocionada nos seus alicerces como testemuña, tamén aquí, a proliferación de pequenos relatos. Aínda que poida parecer difícil, a salvación áchase quizais nunha reapropiación, pola historiografía, das funcións máis radicais da literatura. Ferdinand Dumont afirma:

“No canto de subordinar a linguaxe a expresar os fins disparatados da acción, o escritor quere dicir a orixe; interroga a linguaxe como o sentido e a posibilidade dun mundo en que a acción sería non unha manipulación senón un rito. Un mundo que, no canto de soster os libros como o pensa espontaneamente o sentido común educado pola lóxica e as necesidades da acción, descansaría sobre eles”.

Semellante convicción, propiamente literaria, ofrece á historiografía da literatura a súa máis forte pertinencia. Será necesario aínda que saibamos nomeala.

 

 

Este texto publicouse orixinalmente na revista Littérature, nº 124, 2001.

A tradución é de Xesús González Gómez.

[1] «Le mouvement littéraire en Canada», Le Foyer canadien. Recueil littéraire et historique, t. IV, Quebec, Bureaux du Foyer Canadien, 1866, p. [1]-31. É salientábel que o texto programático de Henri-Frédréric Amiel, equivalente para a literatura suíza francesa, leva case o mesmo título: Du mouvement littéraire dans la Suisse romane, et de son avenir, Genève, Carey, 1849.

[2] Para unha reflexión sobre esta cuestión epistemolóxica,ver Micheline Cambrion, «Pierre-Joseph-Olivier Chaveau lecteur de Garneau», François-Xavier Garneau, une figure natinale, Gilles Gallichan, Kennet Landry et Denis Saint-Jacques (Dir.), Quebec, Éd. Nota Bene, 1998 p. 333-[347].

[3] Non é imposibel que a integración destes engadidos persoais leven a estrutura inicial ao seu punto de ruptura. Así, L’Histoire de la littérature quebecquoise, de Laurent Mailhot, P.U.F., col, «Que sais-je?», 1974, 126 p., sería a última gran síntese a aparecer antes de que naza a sospeita a respecto do relato. Unha nova versión ampliada, aparecida en 1977, renuncia a propor un estreitamento narrativo equivalente, como testemuñando o número de páxinas e a elección do subtítulo: La littérature québecquoise depuis ses origines. Essai. (Montreal, Typo, 451 p.).

[4] Ver a este propósito a análise de Daniel Magetti en L’invention de la littérature romande 1830-1910, Lausanne, Éd. Payot-Lausanne, 1995, particularmente «La mise en ordre du passé littéraire», p. 175-197.

[5] La modernité littéraire belge. Littérature et société, Montréal, Éditions Labor/Presses de l’Université de Montréal, 1994, p. 22-44.

[6] A concepción sistémica proposta por Clément Moisan vai completamente neste sentido, a pesar dalgunhas reservas, que testemuñan a consciencia que tiña o autor da natureza atemporal e, xa que logo, non-narrativa do seu modelo heurístico. Unha cousa é pensar o relato como un sistema, outra inducir que todo sistema pode ser redespregado paradigmaticamente de maneira a configurar un relato (Qu’est ce que l’histoire littéraire?, Paris, P.U.F., 1987, p. 265.

[7] Encargado a Lord Durham polo parlamento de Londres logo das Rebelións de 1837, o Informe Durham propuña estratexias que aspiraban a permitiren a asimilacións dos canadenses á comunidade británica. A argumentación consiste esencialmente nunha comparación entre a comunidade francesa de Lousianne, cuxas clases elevadas se integraban rapidamente na sociedade americana e a comunidade canadense francófona, condenada pola súa lingua e os carácteres da súa raza a unha eterna subordinación ao elemento británico a menos que non se lle obrigue a se asimilar aos vencedores. A lenda quere que foi a reacción a esta frase que deu pé a redacción de L’Histoire du Canada, de François-Xavier Garneau.

[8] Voix et images. Archéologie du littéraire au Québec, nº 59, inverno 1995. Ver tamén, Bernard Andrès, Écrire le Québec: de la contraite à la continuité. Essai sur la constitution des lettres, Montreal, XYZ, 1990, p. 16-21

[9] Bernard Andrès, «Fantasme du champ littéraire dans la Gazette de Montréal (1778-1779)», Études françaises. Presse et littérature: la circulation du discours dans l’espace public, vol. 36, nº 3, p. [9]-26.

[10] Ver por exemplo, Pierre Lespérance, «La fortune littéraire du Journal de Voyage de Saint-Luc de la Corne», Voix et images. Archéologie du littéraire au Québec, nº, 59, inverno 1995,  p. 329-346.

[11] Marc-André Bernier, «Patriotes et orateurs: de la clase de réthorique à l’invention d’une parole rebelle», Voix et images. Généalogies de la figure du Patriote 1837-1838, nº 78, primavera 2001.

[12] É o caso da figura de Saint-Luc de la Corne, héroe e narrador do relato Naufrage de l’Auguste (ver Lespérance, op. cit.). A lectura do xornal Le Canadien de 1806-1807 permite que os que combateron os americanos son igualmente elevados ao rango de heroes.

[13] Pensemos en «Étrenne du petit gazettier» ou nos textos de sátira política que esmaltan un xornal como Le Canadien. Ver a este propósito Micheline Cambron, «Figure de la nation. De l’un et du multiple». Canada 2000. Identité et transformation/Identity and Transformation. Central European Perspectives on Canada/Le Canada vu à partir de l’Europe Central, Francfurt, Peter Lang, p. [123]-139.

[14] Isto corresponde á definición canónica que dá Désiré Nisard, que opón nacemento da historia literaria dunha nación (esta «comeza por así dicilo coa nación mesma, coa lingua»), p. 89-90 e inicio da historia dunha literatura «existe unha literatura o día en que existe unha arte»). Histoire de la littératura française, Didot, 1844, t. I, cap. 1, p. 1-11, reproducido en Le Portatif d’histoire littéraire, Robert Melançon et Élisabeth Nardout-Lafargue et Stéphane Vachon, Montréal, coll. Paragraphes, Département d’Études françaises, Université de Montréal, 1998, p. 89-93.

[15] «La doctrine évolutive et l’histoire de la littérature», Études critiques sur l’histoire de la littérature française, Hachette, 1922, 2ª edición revisada, t. IV, p. 34 [1988-1907]. Reproducido en Le Portatif d’histoire littéraire, op. cit., p. 139.

[16] Op. cit., p. 26.

[17] Ver Roberto Bernardi e Michel Pierssens, «L’Écho des jeunes, une avant-garde inachevée», Études Françaises. Québec, Une autre fin de siècle, vol. 32, nº 3, p. [7]-50.

[18] Hector Berthelot, redactor-propietario de xornais humorísticos (Le Canard, Le Vrai Canard) publicou diversos folletíns dos que un foi reeditado só postumamente. Ao lermos os seus saborosos Mystères de Montréal, lamentamos que Les trois Moustiquaires e Les Amours d’un conducteurs de petits chars non tivesen a honra dunha republicación.

[19] Ver Daniel Magetti e Michel Biron, op. cit.

[20] Estas representacións das idades da literatura son numerosas despois de Herder. Amiel e o abade Casgrain apoian sobre tales postulados a súa argumentación, propondo relatos da sucesión das idades adaptados ás circunstancias locais.

[21] Concesión máis ou menos confesada á policial correctness, estas seccións deixan o gran relato indemne e crean unha especie de gueto para os escritores, gueto completamente contemporáneo porque non se salienta a presenza, no seo da institución literaria, de numerosos escritores «inmigrados» durante os dous séculos precedentes.

[22] Gilles Marcotte, «Institutions et courants d’ar», Liberté, vol. 23, nº 2, 1981, p. 5-14 (reproducido en Littérature et circonstances, Montreal, Éditions de l’Hexagone, 1989).

[23] E, xa que logo, metaliterario.

[24] Algún destes traballos: Nicole Fortin, Une littérature inventée. Littérature quebecqoise et critique universitaire (1965-1975), Presses de l’Université de Laval, 1994; Annette Hayward et Agnès Whithfiled (dr.), Critique et litérature québecoise. Critique de la littérature/ Literatture de la critique, Montreal, Tryptique, 1992; un número da revista La Critique littéraire. Etudes littéraires, vol. 30, nº 3, verán de 1998.

[25] La vie littéraire au Québec, t. IV, dirixido por Maurice Lemire e Denis Saint-Jacques, Sainte-Foy,Les Pressus de l’Université de Laval, 1999, p. X. os tres primeiros tomos foron publicados en 1991, 1992 e 1996 respectivamente.

[26] Op. cit., p. X.

[27] Para ter unha estimación: Marie-Andrée Beaudet e Denis Saint-Jacques: «Lecteurs et critiques de la littérature contemporaine au Québec à la fin du XIXe. siècle», Études Françaises. Québec, Un autre fin de siécle, vol. 32. nº 3, p. .[7]-20, e Micheline Cambrom, «Présentation», Les Soirées du Château de Ramezay de l’école littéraire de Montréal, edición íntegra, edición presentada por Micheline Cambron e François Hébert, Montral, Fides, p. 7-27.

[28] Ver entre outros os traballos sobre os xornais: Bernard Andrès, op. cit., Pierre Hébert e Jacques Cotnam: «La Gazette littéraire /1778-1779): notre première revue de fiction?». Voix et images. Archéologie du littéraire au Québec, nº 59, inverno 1995, p. [295]-328, e Micheline Cambron (dir.), Le journal «Le Canadien». Littérature, espace public et utopie (1836-1845), Montreal, Fides, 1999, existen diversas teses en curso sobre Le Fantasque (Lucie Villeneuve) e Le Télégraphe (Daniel Perron). Sobre as «Estreas» do Petit gazettier»: Micheline Cambron, «Pauvrete et utopie: l’accomodament poétique selon le journal Le Canadien». Écrire la pauvrete, Actes du VIe. colloque international de sociocritique, Université de Montreal, setembro 1993. Textos reunidos e presentados por Michel Biron e Pierre Popovic, Toronto, éd. Du Gref, 1996, p. 301-317.

[29] É nesta perspectiva que se situa Marie-Andrée Beaudet, Langue et littérature au Québec 1895-1914. L’impact de la situation lingüistique sur la formation du champ littéraire, Montreal, L’Hexagone, 1991.

[30] Ver a tese de Julie Roy sobre a literatura das mulleres en Quebec (XVII, XVII  e primeira métade do XIX), Universidade de Quebec en Montreal, 2001; John Hare, «Aperçus de la correspondance de Joseph Quesnel» e Lucie Robert, «Monsieur Quesnel ou le bourgeois anglomane». Voix et images. Archéologie du littéraire au Québec, nº, 59, inverno 1995, p. [348]-361 e [362]-387.

[31] Estes dous trazos son revelados polo traballo preparatorio á edición crítica dunha peza de Pierre Petitclair, Une partie de champagne. Mais os traballos en curso para o estabelecemento de varias edicións críticas semellan levar a pistas semellantes.

[32] Ver os traballos de Jean-Marc Larrue, Le théâtre à Montréal à la fin du dix-nevième siècle, Montreal, Fides, 1981; L’activité teatral à Montréal, Tese, Montreal, Université de Montreal, 1987; e en colaboración con André G. Bourassa, Les nuits de la «Main». Cent ans de spectacles sur le boulevard Saint-Laurent (1881-1991), Montreal, Vl. Éditeur, 1993. Unha salientábel sínterse dos desafíos vinculados aos lugares teatrais será publicada no tomo IV de La vie littéraire au Québec (en prensa).

[33] Obtense así unha verdadeira inversión dos postulados da socioloxía do reflexo. Non son xa as obras que revelan as articulacións do social, son as articulación do social, tales como o discurso social as dá a ler, que permiten a xusta avaliación das obras.

[34] Anatomie de la critique, París, Gallimard, 1867 [1957]. Northrop Fye interésase igualmente na literatura canadense, apreixada como unha totalidade apenas marcada polas diferenzas lingüísticas, os arquetipos remiten menos á historia concreta que aos grandes mitos en circulación e ao poder das paisaxes.

[35] Aínda que isto poida ser imperceptíbel para os propios franceses. Mais o meu asombro foi grande cando puiden, pasando unha tempada en Tours, traballar nunha obra sobre na utopía na esquina das rúas Auguste Comte e Michelet!

[36] Op. cit., p. 503.

[37] Os canadenses, na época, eran os que falaban francés, os outros autodesignábanse «englishmen» –Imperio británico obriga– moito máis alá da confederación que creou oficialmente un pobo canadense.

[38] Michelle Béguin, Christian Biet, Gérard Gengembre, Jean Golzink,Hédi Kaddour, Anthologie. Textes et parcours en France et en Europe, París, Belin, 2000.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s