‘O espello no serán’ e a imposible gran novela de Compostela

NOVA REIVINDICACIÓN DE OTERO PEDRAYO (2). Xesús González Gómez. Se se pode afirmar, sen medo a se equivocar, que Fra Vernero é un gran poema narrativo, a primeira definición que lle acae a O espello no serán (reeditado por Galaxia, 1996, 2000) é que un gran poema dividido en 99 poemas ou «estrofas»: cada «capítulo»…

Unha visión galega da Guerra do 36 (I)

Publicamos a primeira das dúas partes desta análise sobre as peculiaridades da Guerra do 36 en territorio galego. Por que triunfou tan rápido o golpe de Estado de xullo? Que papel xogou a aprobación do Estatuto na propia confabulación feixista? Manuel Veiga Taboada. Galiza sumouse, desde hai algún tempo, e sobre todo no período do…

‘A utilidade do inútil’, por que si debes ir por Letras digan o que digan teus pais

César Lorenzo Gil. Kalandraka e a súa filial Faktoría K de Libros están a converter o seu recente catálogo de ensaio nunha especie de mostraria de xoiaría: poucos títulos pero moi sinalados, imprescindibles obras para mellor entender o noso mundo. Logo de A cidade dos nenos, de Francesco Tonucci, e Cuestionando a economía, conversas de David Barsamian…

Nova reivindicación de Otero Pedrayo: ‘Fra Vernero’

O autor inicia unha serie na que actualiza a recomendación da lectura das obras de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976). Un bo xeito de ir facendo boca aos actos de recordo do seu 40º cabodano e introducir o debate sobre a vixencia dunha das figuras chave do galeguismo do século XX. Xesús González Gómez. Nunha…

‘Cuarto minguante’, unha comedia da emigración

Bautista Álvarez recrea en Cuarto minguante, publicado por Xerais, a aldea da súa infancia, Loucía, no concello de San Amaro. A través do fío (nunca mellor dito falando dun xastre) de Ismael vai configurando un ramallete de historias populares que tanto suceden na comarca do Carballiño coma en Ourense e sobre todo nalgúns espazos clásicos da…

Perfecto Ramos: “En Crecente viviuse o primeiro levantamento popular republicano do século XX”

César Lorenzo Gil. Perfecto Ramos Rodríguez (Sendelle (Crecente), 1954) rescatou do esquecemento da historia un personaxe insólito na Galicia do primeiro terzo do século XX. O seu libro Marcelino Gómez Arias. Unha vida dedicada á loita pola República e o Agrarismo (Redelibros) é un documentado percorrido biográfico pola figura deste asturiano, fillo de campesiños que…