Noticias do bloqueo (do escritor)

Bloqueo do escritor. DREW COFFMAN/FLICKR

Bloqueo do escritor. DREW COFFMAN/FLICKR

O autor repara na figura do bloqueo creativo, un fenómeno propio da escrita que, segundo el, apenas se dá no caso das letras galegas. Por que a literatura nosa non ten dúbidas nin bloqueos?

Xesús González Gómez.

Notícias do Bloqueio

Aproveito a tua neutralidade,

o teu rosto oval, a tua beleza clara,

para enviar notícias do bloqueio

aos que no continente esperam ansiosos.

Tu lhes dirás do coração o que sofremos

nos dias que embranquecem os cabelos…

tu lhes dirás a comoção e as palavras

que prendemos – contrabando – aos teus cabelos.

Tu lhes dirás o nosso ódio construído,

sustentando a defesa à nossa volta

– único acolchoado para a noite

florescida de fome e de tristezas.

Tua neutralidade passará

por sobre a barreira alfandegária

e a tua mala levará fotografias,

um mapa, duas cartas, uma lágrima…

Dirás como trabalhamos em silêncio,

como comemos silêncio, bebemos

silêncio, nadamos e morremos

feridos de silêncio duro e violento.

Vai pois e noticia com um archote

aos que encontrares de fora das muralhas

o mundo em que nos vemos, poesia

massacrada e medos à ilharga.

Vai pois e conta nos jornais diários

ou escreve com ácido nas paredes

o que viste, o que sabes, o que eu disse

entre dois bombardeamentos já esperados.

Mas diz-lhes que se mantém indevassável

o segredo das torres que nos erguem,

e suspensa delas uma flor em lume

grita o seu nome incandescente e puro.

Diz-lhes que se resiste na cidade

desfigurada por feridas de granadas

e enquanto a água e os víveres escasseiam

aumenta a raiva

e a esperança reproduz-se

(1952)

Egito Gonçalves
O Pêndulo Afectivo – Antologia Poética, 1950-1990
Porto, Afrontamento, 1991.

En 1997, a editorial Península publicou un interesante libro de Victoria Nelson titulado Sobre el bloqueo del escritor (existe tamén edición catalá, Sobre el bloqueig de l’Escriptor, Ed. Empúries, 1997). O libro viña ser un manual de autoaxuda para autores que, de repente, un bo día, se atopaban bloqueados e eran incapaces de escribiren unha raia. O libro, dáme a impresión, pasou completamente desapercibido en todo o Estado e, penso, tamén en Galicia. Digo que me dá a impresión de que pasou desapercibido porque no seu día (cando comprei o libro) non lembro máis que unha recensión nun xornal barcelonés (e daquela, debido ao meu emprego, vía todos os días todos os xornais de Barcelona, Madrid, Lleida, Tarragona e Girona e, xa fóra do emprego, algún galego) e logo, ao cabo duns poucos meses, podían encontrarse a mancheas exemplares do libro en librarías de lance e a un prezo máis que irrisorio. E un pensaba, mira por onde, que como os libros de autoaxuda noutros terreos este debería ser un éxito de vendas, o que non foi, evidentemente.

Así, en frío, e anos despois da súa publicación, un pode tirar, en vista do que acontece, unha conclusión doada do fracaso, en vendas, deste libro de Victoria Nelson: España, Cataluña, Galicia, etc., son países tan extraordinarios que os escritores españois, cataláns, galegos, etcétera, non se bloquean. Aquel medo pánico á folla en branco, a non saber que dicir ou como dicilo, que paraliza a tantos escritores en todos os lugares do mundo, aquí (Estado Español e colonias) non existe. E non existe, xa metidos en Galicia, porque desde hai máis de trinta anos, desde, digamos, o primeiro goberno autonómico e a entrada do galego nos planos de estudo, a literatura galega converteuse nunha burbulla de autosatisfacción e bonanza na que os pesimistas non teñen cabida (idades de ouro por todas as partes, obras mestres cada semana, xenios en cada revolta do camiño, promesas a brotar como cogomelos no outono ou facultades de xornalismo…), a arañeira cultural que se teceu coa axuda duns e outros (editoriais, asociacións de escritores, críticos, algún que outro xornal e algunha que outra revista, algunhas veces o poder autonómico, outras o poder central en menor medida, Concellos, deputacións, etc.), máis dedicada á cantidade –había que dar a impresión de normalidade, que non existía, e de europeidade e modernidade que, en verdade, non facía falta–, á amplitude que á densidade, garantiu durante moitos anos, até a chegada da «crise», un teito a escritores e editores, e sobreprotexeunos de mala maneira. A esta rémora que, curiosamente, permite que os nosos escritores non se bloqueen nunca, cabería engadir a dos premios literarios. Non sei, nestes momentos, cantos se conceden ao ano no noso país, entre premios de narrativa de toda caste, poesía, xornalismo, ensaio, e outros galardóns, maiores e menores, etc. Poñamos, sen esaxerarmos moito, uns 100, o que dá un premio cada tres días e medio. Con tantas posibilidades de probar sorte, é normal que non haxa escritores que se bloqueen –un día ou outro todas as vaidades literarias quedan satisfeitas– e que medre o número de aprendices optimistas que, á súa vez, nunca ficarán «bloqueados».

Ao meu entender, as dimensións deste show virtual, que agora caeu polo seu propio peso, no que nos afixemos a vivir marcan as intervencións viciadas dos nosos escritores: deixo os editores para outro día que vaia menos calor.

E non existe, xa metidos en Galicia, porque desde hai máis de trinta anos, desde, digamos, o primeiro goberno autonómico e a entrada do galego nos planos de estudo, a literatura galega converteuse nunha burbulla de autosatisfacción e bonanza na que os pesimistas non teñen cabida.

Nos últimos meses, e nestas mesmas páxinas, temos vistos chamados á razón, ao sentidiño: Marcos Calveiro e algún outro, mais contra o que podería semellar, a maioría das intervencións, das declaracións, dos escritores adoitan ser abondo «peregrinas»: Dicirlles ás editoriais o que teñen que publicar e ao que se teñen que dedicar (e se se van ao carallo, pagarás ti os gastos? Os empresarios, meu ben, saben, adoitan saber, o que fan, a pesar de que nos semelle o contrario; ou a pesar de que a súa actuación vaia contra os nosos intereses: as actuacións dos empresarios van, deben ir, se non queren que se lles afunda a empresa, no propio interese: manter a empresa e que esta renda os máximos beneficios co mínimos gastos. Sobre tal tema, como gañar máis con menos, quen pode dar leccións?). Ou declarar que a Xunta debería facer unha colección de narrativa para promover novos valores. Home, e quen decidirá quen son os novos valores? A Xunta, como moito, o que pode facer é convocar un concurso para dotar unha colección na que se publiquen «novos valores» e a editorial que presente o mellor proxecto con menos gastos ser declarada gañadora do concurso. Claro que tamén debería a Xunta, no momento da convocatoria, avisar que habería un grupo de lectores (catro ou cinco, e alleos á editorial) que decidiría quen eran os «novos» valores a publicaren.  Mellor, como aquel que foi a Lourdes, quedemos como estabamos.

Outros escritores chegaron a dicir que debería haber un «tope» de publicacións. É dicir, publicar X novelas (entre elas as súas) non a «desorbitada» cantidade que se publica hoxe para que así se puidesen vender as de todos os publicados e estes (os publicados) fosen máis visíbeis; para outros talvez non «hai espazo para todos» (hóuboo algunha vez?), etcétera. Hainos, semella, que non queren ver que a literatura o acepta todo, e os editores, en procura de negocio (cando oio un editor que di que está a facer patria, non boto man da pistola, non teño, nin da navalla, non uso: simplemente, non compro os seus libros) editan todo aquilo que supoñen lles vai ser rendíbel, aínda que as veces non o sexa. E rendíbel en literatura non é o suposto best-seller, porque hai que empezar a aclarar que se entende por best-seller ou literatura best-seller (é literatura best-seller Que me queres, Amor? ou, noutros países, Los girasoles ciegos?: Ambos best-sellers de vendas). É rendíbel aquel libro de «fondo» do que cada ano se venden, sen necesidade de recomendacións de profesores, un certo número de exemplares, ao mellor non moitos, mais sempre de venda segura. Ás veces, moitas, as grandes vendas non teñen nada a ver co que, supostamente, se entende por best-seller. Nunha palabra, as editoras saben o que publican e por que o publican, e a súa primeira obriga é manter a editorial e os postos de traballo, o demais son ganas de dar consellos sen arriscar un can. (Como acontece cando se demandan medios de comunicación en galego. Cando aparecen eses medios non os compra ninguén, nin mesmo os que os demandaban. Por que –e esquezamos de momento a súa “calidade” intrínseca? Porque resulta que ben ou non o chamaron para colaborar ou os medios de marras non apoian o seu pensamento e/ou ideoloxía (outra cousa é que ese medio sexa fanaticamente partidista, de partido) e así eses medios de comunicación en galego morren ou malviven –ou están escritos en galego colonizado ou están escritos en lusista, e por aí, din, “non entro”).

Ás veces, moitas, as grandes vendas non teñen nada a ver co que, supostamente, se entende por best-seller.

A literatura galega necesita, simplemente, lectores. Por que non se conseguen? Velaí o problema. Botarlle a culpa a outros é moi doado, e, ademais, non custa nada. Facer e facerse unha análise seria e fonda da situación pode ser perigoso: o suicidio, digan o que digan, continúa a ser unha solución. E mentres, todos continuamos a divertirnos. Con premios literarios que xa non chaman a atención a ninguén. Con premios concedidos a obras xa publicadas que non teñen ningunha «incidencia» na poboación lectora e menos na non lectora. E, por se faltaba pouco, aínda se inventan premios e galardóns como o escritor na súa terra, o escritor do mes, o escritor na súa casa, o escritor na súa cociña, o escritor na súa bañeira (engada, evidentemente, o lector o xénero feminino á palabra escritor e á palabra lector), os bos e xenerosos, os malos e cutres, o escritor galego universal, o escritor galego local, premios da crítica (varios: española e galega), premios da AELG, premios do PEN, premios de non sei quen nin non sei onde nin sei por que. En fin, á parte de dar impresión de que hai moito innecesario, tamén debemos sinalar que quen non se divirte e porque non quere e, mentres, a literatura, ai!, tan lonxe e tan fóra de nós e tan preto da morte por inacción.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s