Evita Perón, “esa puta”

Un tanatopráctico observa o cadáver momificado de Eva Duarte de Perón

Un tanatopráctico observa o cadáver momificado de Eva Duarte de Perón

O 22 de novembro, a Arxentina celebra o balotaje, a segunda volta presidencial que pode significar a fin do novo peronismo que representaba Cristina Fernández. Nos días finais do mandato da presidenta, recordamos a figura de Eva Perón, símbolo desa maneira tan arxentina de facer política.

Manuel Veiga Taboada.

Un amigo da miña nai emigrou a Bos Aires en 1946, case coincidindo co discurso de Eva Perón desde a Casa Rosada. Cando se refería a Evita, nunca dicía o seu nome, senón: “Esa puta”. Fóra da Arxentina, son moi poucas as persoas que a entenderon, igual que aínda non se entende o peronismo, tan polimorfo.

Ao morrer Evita, embalsamaron o seu corpo e din que o tanatopráctico ficou engaiolado. Cabe imaxinalos alí, os dous de fronte, ela deitada na mesa de disección. Durante tres anos, Evita permaneceu na sede da CGT, o sindicato que lle daba apoio e que moitos acusaron de central mafiosa. Esperaban a que se construíse o seu mausoleo, pero ao morrer Perón, o cadáver fixo mutis. Despois sóubose, polo que contan algunhas biografías, que o gardara na súa casa o maior Antonio Arandia, quen durmía cunha pistola debaixo da almofada por medo a que a localización do seu trofeo chegase a ouvidos dos peronistas. Unha noite, o maior sentiu un ruído, disparou e matou a súa propia muller embarazada.

A partir de aí, o cadáver peregrinou por varios lugares, nun caixón co rotulo: “material fotográfico” e acabou sendo enterrado, baixo outro nome, en Milán. Ademais existían, ao parecer, outras dúas copias do cadáver, encargadas no seu día por Perón. Unha delas foi exhibida durante algún tempo nunha sex-shop de Hamburgo. Despois doutras varias vicisitudes, o cadáver, o auténtico, volveu á Arxentina en 1974.

Evita morreu en 1952, de cancro de útero, tiña 33 anos e pesaba 35 quilos. Din que algúns xenerais, opostos ao peronismo, se sentiron moi atraídos por ela e que entraban no panteón de noite e a violaban.

A famosa canción Don’t Cry for Me Argentina, que canta Madonna e que evoca manifestamente a Evita, contén todas as notas e toda a emotividade necesaria para representar un país, aínda que, en realidade, foi composta, moito despois de morrer ela, por un inglés que representa na Cámara dos Lords o partido tory. Era o tema principal do musical Evita, 1976, de sir Andrew Lloyd Webber, tamén creador de Jesus Christ Super Star, Cats e A pantasma da Ópera. O tema foi número un en Francia e no Xapón. Existen ducias de versións diferentes, en case vinte idiomas distintos.

A min a versión en castelán que máis me gusta é a de Paloma San Basilio, máis que a de Nacha Guevara. San Basilio chora, mentres interpreta algunhas das estrofas, igual que fan a maioría dos arxentinos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s