‘O Miño’, un río contador de historias

César Lorenzo Gil. A relación entre as identidades nacionais e os seus ríos principais está estudada en diferentes contornos. O Rhin, o Volga, o Danubio son algo máis ca elementos xeográficos, revístense dunha potencia simbólica. Ao estaren posuídos pola comunidade desde sempre, ao participaren dun xeito activo na evolución histórica, os ríos principais acaban por…

Otero Pedrayo: Recreación da idea e da materia de Galicia

NOVA REIVINDICACIÓN DE OTERO PEDRAYO (e 4). Xesús González Gómez. Despois do escrito nas anteriores entregas desta nova reivindicación de Otero Pedrayo, pódese afirmar que a ollada sobre Compostela que bota en O espello no serán o de Trasalba é unha ollada pasaísta ou arcaica? Evidentemente, acho que fica demostrado que non é unha ollada…

Alberte Momán: novísima narrativa sen domesticar

Alberte Momán (Ferrol, 1976) publica nun só volume Triloxía Vattene! e O legado extraterrestre. Unha micronovela psichobillyI (Círculo Rojo). O primeiro texto componse de tres partes: Vattene!, Polo tempo que me queda e Escaleira de baixada. Nas obras narrativas de Momán falar de argumentos é perder o tempo. Non son historias clásicas, non son (seguindo a moda substantiva actual) convencionais. Hoxe o…

Eliseo Fernández: “Hai cen anos, en Ferrol fíxose un congreso obreiro para deter a I Guerra Mundial”

César Lorenzo Gil. Recuperamos unha entrevista do 2005 co historiador Eliseo Fernández (Ferrol, 1967) ao redor do Congreso da Paz de Ferrol (1915), un intento utópico de parar a Gran Guerra coa forza dos obreiros. O historiador lembra este e outros episodios da loita sindical no libro Obreirismo ferrolán (Edicións A Nosa Terra, 2005), un volume…

Unha visión galega da Guerra do 36 (e II)

Segunda e derradeira parte do estudo histórico sobre os condicionantes específicos de Galicia nos tempos do golpe de Estado contra a II República. Nesta entrega, o autor analiza a debilidade da confrontación entre dereitas e esquerdas, o que supuxo o sistema electoral maioritario como elemento de disensión, tamén entre os galeguistas, e contextualiza o fenómeno…

‘O faro escuro’, un capítulo desa serie policíaca que repiten e repiten na TDT

O faro escuro (non confundir con Un faro na escuridade, de Fernando Cimadevila) é a última novela de María López Sández (Lugo, 1973), publicada por Galaxia. Unha obra de narrativa breve (132 páxinas con letra grande) encaixada no xénero negro/policial. O argumento é simple: unha xornalista de televisión chamada Catalina Moscoso desaparece tras viaxar á Costa…

Cesáreo Sánchez Iglesias: “A poesía galega actual é un exitoso laboratorio de ideas e linguaxes”

César Lorenzo Gil. Hai un mes, a Asociación de Escritoras e Escritores Galegos (AELG) celebrou en Pontevedra o seu VI Congreso. Nesta entrevista, o seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín (O Irixo), 1951), repasa as principais conclusións deste encontro. Iglesias leva na presidencia ao redor de nove anos. Neste tempo, a asociación pasou de contar…