Hora de pasalo pipa co centenario de Roald Dahl

Roald Dahl e os seus cadelos.

Roald Dahl e os seus cadelos.

César Lorenzo Gil.

O 2016 é o Ano Roald Dahl, é dicir, comemórase o centenario do nacemento do escritor galés, un dos máis famosos no mundo enteiro singularmente pola súa produción pensada para crianzas. Os seus textos, afastados do proteccionismo da maior parte da literatura infantil, permanecen frescos a pesar do tempo e seguen a cativar xeracións e xeracións de lectores grazas a personaxes vivas, situacións imaxinativas e un pacto tácito entre creador e lector: aos seus libros chégase para pasalo pipa.

A biblioteca Dahl en galego é ampla aínda que non engloba toda a produción do galés. A parte que aínda segue sen tradución é, fundamentalmente, a súa narrativa para adultos. De feito, en galego só se publicou Muá, Muá, traducido por Isabel Fortes. É un conxunto de relatos curtos publicado orixinalmente no 1959 e publicado por Ir Indo no 1990.

No medio do camiño entre a literatura para a rapazada e o público máis adulto, Sushi Books publicou as dúas partes da súa biografía novelada: Boy (Relatos de infancia)Voando só, ambos traducidos por Xosé Palacio. O estilo é áxil, humorístico, realista sen pasarse, máis interesado no valor literario e narrativo do relato ca no pouso biográfico do texto. Pode que sexan estes os libros que máis desapercibidos pasen incluso para un bo lector de Dahl, xa que non teñen a sona dos seus contos infantís. A nova publicación de Sushi é unha oportunidade ideal para profundar un chanzo máis no universo do inventor de Matilda.

Matilda, personaxe de Roald Dahl ilustrado por Quentin Blake.

Matilda, personaxe de Roald Dahl ilustrado por Quentin Blake.

Matilda ou Charlie?

Para quen xa leu a Roald Dahl é posible que lle naza unha pregunta íntima: quen me presta máis, a Matilda ou o Charlie? Estes dous personaxes son os máis importantes, quizabes, da produción infantil do británico. Charlie e a fábrica de chocolateCharlie e o ascensor de cristal están traducidos ao galego por Xerais, que na súa colección Dahl tamén publicou A marabillosa medicina de George, As bruxas Danny, o campión do mundo.

Charlie é un personaxe carismático porque é capaz de enfrontarse á dureza da vida cun sorriso. É un cativo soñador que sempre pensa que algo marabilloso pode pasar. Contaxia ese optimismo e esa imaxinación cunha naturalidade asombrosa. Os especialistas na obra de Dahl consideran que o pequeno neno pobre ten moito a ver co propio escritor cando era pequeno.

Matilda é, para os especialistas, o libro máis perfecto de Dahl. Unha historia infantil con moitos niveis de lectura, personaxes de moita profundidade, unha atmosfera crítica chea de humor e as outras marcas da casa: imaxinación, cativos capaces de encontraren o seu propio camiño a pesar da burramia dos adultos… En galego pode lerse na edición de Obradoiro, traducida por Miguel Barros Taboada.

Noutras linguas

Aínda quedan por traducir moitos libros infantís de Dahl ao galego e é posible que este centenario encirre a algunha editorial a publicar algún outro clásico ao noso idioma. No caso da narrativa para adultos, parece máis complicado dado que os títulos máis famosos están ben editados, en coleccións económicas, ademais, en castelán. En Anagrama poden encontrarse varios dos seus títulos máis populares, como Mi tío Oswald ou El gran cambiazo.

Advertisements

Un comentario en “Hora de pasalo pipa co centenario de Roald Dahl

  1. Reblogged this on Club de Lectura and commented:
    Neste 2016 celébrase o centenario do aniversario de Roald Dahl, o autor dalgúns clásicos infantís como “Matilda” ou “Charlie e a fábrica de chocolate”.
    Eu, igual que César Lorenzo Gil, autor do artigo que paso a publicar, tamén desexo que coa excusa do centenario algunha editorial se preste a traducir ao galego máis obras del e de paso dar a coñecer na nosa lingua o amplio repertorio do autor.

    Se queredes coñecer máis sobre o autor vide á EOI da Coruña o 20 de decembro ás 18h!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s