Chus Pato, favorita para ocupar na Academia a vaga de Fernández Ferreiro

Chus Pato. EDITORIAL GALAXIA.

Chus Pato. EDITORIAL GALAXIA.

César Lorenzo Gil.

A Real Academia Galega (RAG) valora a candidatura de Chus Pato (Ourense, 1955) para ocupar a cadeira que deixou vacante a morte de Xosé Fernández Ferreiro. De confirmarse esta incorporación, a chegada da poeta asenta a tendencia a feminizar a institución, tras a escolla de Fina Casalderrei, no 2013, e o vindeiro ingreso, xa anunciado oficialmente, de Marilar Aleixandre, en substitución do finado Xosé Neira Vilas.

Segundo puido saber Biosbardia, a candidatura de Chus Pato conta con amplo apoio entre o plenario da RAG. Pato xa fora oficialmente candidata no 2012 para ocupar a vaga de Xaime Illa Couto que finalmente conseguiu Casalderrei.

Chus Pato é unha das poetas galegas contemporáneas máis recoñecidas pola crítica e a investigación académica. A súa obra foi traducida ao inglés e tamén se incluíu en diversas antoloxías en versións gaélica, francesa, castelá ou italiana.

A poesía de Pato está considerada polos especialistas como unha das máis modernas e persoais da literatura actual. Caracterizouse sempre por fuxir de coordenadas xeracionais ou lazos compartidos con outros escritores galegos. A obra da ourensá consolidou desde a década do 1980 unha linguaxe propia, unhas referencias temáticas e estilísticas inconfundibles e un compromiso político da palabra que vai máis alá da obviedade dos versos. Poesía complexa, nutrida de moitas imaxes, escenarios e pegadas intelectuais, o seu posible ingreso na Academia vén ser un aplauso social e institucional a un modelo literario afastado de convencionalismos e implicado na busca constante de novos camiños para a expresión artística. Tamén para a ambición de innovar e loitar por lograr para a cultura galega un posto autónomo na literatura mundial.

As súas obras poéticas publicadas son Urania, Heloísa, Fascinio, A ponte das poldras, Nínive, m-Talá, Charenton, Hordas de escritura, Secesión Carne de Leviatán. Forman parte de coleccións das editoras Xerais, Galaxia, Espiral Maior e Toxosoutos e engloban publicacións entre o 1991 e o 2013 aínda que Chus Pato empezou a publicar, en revistas de poesía, a partir do 1984.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s