A orixe incerta da Festa do Boi de Allariz

César Lorenzo Gil. Esta fin de semana comeza oficialmente a Festa do Boi de Allariz. Durante nove días, a vila medieval vive o seu momento máis lúdico ao redor dunha tradición da que os oriúndos do Concello, en especial os do centro urbano, senten grande orgullo. E logo por que se chama a Festa do…

‘O cuarto de invitados’, o terco latexo da vida

Helen Garner conta n’O cuarto de invitados, publicado en galego por Rinoceronte, a historia da súa relación (non sabemos se real ou inventada, iso dá igual) coa súa amiga Nicola, doente de cancro que vai vivir canda ela unhas semanas mentres se somete a un tratamento “alternativo” baseado na vitamina C. A novela repasa, dun…

Literatura e audiovisual, camiño de poucas encrucilladas

César Lorenzo Gil. Cal foi a última adaptación dun libro galego ao formato audiovisual? A praia dos afogados, de Domingos Villar, foi levada ao cinema por Gerardo Herrero hai uns meses; un pouco antes, Ignacio Vilar utilizou A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, como materia prima para un filme. Son excepcións. De feito, pódense contar cos dedos…

Preguntas tras as cifras do Sant Jordi’16

Xesús González Gómez. Nunha anterior entrega publicada a poucos días da diada Sant Jordi e, por extensión, á difusión (vendas) da literatura catalá, relacionabamos a lista dos libros máis vendidos durante a xornada do 23 de abril deste ano. Avanzabamos, tamén, a “caixa” aproximada que se fixera durante ese día en todo o Principado –nas…

Libros personalizados, a fascinación da letra impresa

César Lorenzo Gil. A tradición conta que Dante Alighieri compuxo a Divina Comedia como homenaxe ao amor da súa vida, Beatrice, aínda que para os especialistas esta figura feminina seguramente era unha licenza poética do escritor toscano, unha estratexia simbólica para contar o mundo que quería contar. Máis claro, en cambio, está a relación de Lewis…

‘Fontán’, unha biografía novelada sen riscos

Fontán, de Marcos Calveiro, novela editada por Galaxia, publicouse tras conseguir o Premio Repsol de Narrativa Breve 2015. É, en resumo, unha biografía novelada de Domingos Fontán, un dos personaxes principais da historia de Galicia. Unha das mellores descricións da súa figura escribiuna Miguel Anxo Murado en Outra idea de Galicia: “Fontán non era en absoluto…