Premio Realia para incentivar a tradución ao galego

Gato e libro. MARY/FLICKR

Gato e libro. MARY/FLICKR

A editorial Hugin e Munin, especializada en textos universais traducidos ao galego, convoca, co apoio do Concello de Santiago de Compostela, o I Premio Realia de Tradución, que se outorgará na primavera do 2017 ao traballo inédito de tradución ao galego dunha obra narrativa de, como mínimo, 100.000 caracteres e estar libre de dereitos de autor. O certame ofrece un premio de 1.200 euros e a publicación do texto nalgunha das coleccións de Hugin e Munin.

O premio, segundo os seus promotores, busca visibilizar a figura do tradutor na industria editorial galega. Formalizar un premio destas características pode incentivar a tradución e crear unha boa base de datos para futuras publicacións de textos até agora inéditos na nosa lingua. A preocupación por contar na biblioteca galega co máis interesante da biblioteca universal é unha angueira na que moitos axentes levan implicándose nas últimas décadas mais que, por desgraza, non conseguiu unha normalidade editorial que si se dá noutros espazos lingüísticos. A competencia co castelán, os custos derivados do labor de tradución e a dificultade de crear interese entre o lectorado galego por obras non escritas por autores de Galicia explican en parte este roteiro cheo de atrancos.

Co Realia, Hugin e Munin intenta implicar o colectivo de tradutores na tarefa de actualizar e ampliar o marco de obras traducidas e comprométese, ademais de a publicar a obra gañadora, a cedela despois para que poida publicarse libremente na BIVIR (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego), un auténtico tesouro literario no que conseguir lecturas de alta calidade de balde na rede.

Amais de valorar a calidade da tradución, a corrección da lingua e da gramática así como a orixinalidade das solucións no traslado de expresións ou situacións concretas da lingua orixinal á lingua galega, o premio tamén valorará a importancia da obra e do autor para a cultura galega, polo que os aspirantes a gañar terán especial interese en centrar os seus esforzos en obras ou autores capitais na historia da literatura galega.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s