Laura Sáez: “Editar libros provoca adicción”

César Lorenzo Gil. A editorial Patas de Peixe chega aos 20 títulos. Estas semanas chegan á libraría as súas dúas últimas novidades, A meniña de libros, de Oliver Jeffers e Sam Winston, e Primeira semana na escola de vacas, de Andy Cutbill e Russell Ayto. Falamos deste proxecto especializado en libro ilustrado, que xa ten…

‘Cara ao leste’, exercicios de quecemento

Cara ao leste é a segunda novela de Antía Nara, que debutou na literatura galega no 2007 con Aquel Lugar, que aparecera na hoxe desaparecida colección ‘Abismos’. Nesta nova obra, a escritora proponnos un relato máis ou menos colectivo sobre unha aldea galega na actualidade, poñendo o foco escénico nun velorio nocturno que serve como espazo de…

Definindo a intelectual nacional-popular

Otero Pedrayo ensaísta (V) Xesús González Gómez. Otero Pedrayo, nos seus ensaios sobre a aldea, nos seus ensaios históricos “predica” a favor da aldea, da conservación da aldea, que para el é a conservación, e o rexurdimento, de Galicia. Mais conservación e rexurdimento non significa para o de Trasalba un estancamento no pasado senón a…

O capitalismo e a fin da aldea galega

Otero Pedrayo ensaísta (IV) Xesús González Gómez. Carlos Baliñas, a partir do anuncio do I tomo de Ensaios de Otero Pedrayo que debía publicar a editorial Nós en tempo republicano, argalla a división do volume que entregou en 1983, que queda da seguinte maneira. I. Historia, no que se recollen “Ensaio encol do tempo de…

O Samaín 2016, a festa da Escarlatina

Ledicia Costas pasou a festa dos Defuntos no Barco de Valdeorras. Era a principal convidada dunha xornada que explica moi ben que sucedeu este ano coa festa do Samaín/Halloween en Galicia. A biblioteca municipal da vila organizou un día dedicado ao Universo Escarlatina, que incluíu obradoiros de maquillaxe, unha noite terrorífica durmindo na propia instalación…