‘Un dente sen cadáver’, pouca carne e moito óso

Frank Soutelo viaxa a Galicia para arranxar un problema persoal cunha herdanza. Durante a súa curta estancia alí, a Asociación de Hostaleiros de Lalín contacta con el para que investigue a aparición dun dente humano nun chourizo. O caso require ser levado con discreción porque pronto se celebrará a Festa do Cocido. Logo ha resultar…

A música das primeiras páxinas

Oberturas literarias (e 2) Xesús González Gómez. Curiosamente, poucas novelas galegas teñen unha obertura máis ou menos operística. Unha delas, na que o inicio operístico é máis patente, e O enxoval da noiva, de Vítor Freixanes (Galaxia): “¡Tempo de Entroido! ¿Xa en Roma se anuncia o carnaval! Unha máscara trouleira, toda vestida de colorado, axóuxeres…

Fausta Cardoso Pereira: “No plano cultural, Galicia está atenta a Portugal mais non ocorre ao revés”

César Lorenzo Gil. O Premio de Literatura Fantástica Antón Risco é unha experiencia pioneira nas letras galegas actuais: permite que concursen obras escritas en portugués. Esta posibilidade aproveitouna a autora gañadora da edición do 2017, Fausta Cardoso Pereira (Lisboa, 1977), quen gañou o certame con Dormir com Lisboa (Urco), unha obra que comeza así: “Lisboa…

‘Aníbal e a pintora’, a descuberta de Gentileschi

Unha das tentacións contra as que debe loitar quen escribe novela histórica é a de deitar no relato os froitos todos do proceso de pescuda e documentación. Ben poucos resisten con dignidade, xa sexa por reticencias a deixar que nada do esforzo se perda, xa sexa por gana de ofrecerlles aos lectores un dous-por-un editorial…

Oberturas literarias (1). As primeiras frases dun libro

Xesús González Gómez. Entre os diversos libros que lin a Semana Santa pasada, hai dous que considero extraordinarios: Los diarios de Emilio Renzi (2). Los años felices 1968-1975, de Ricardo Piglia (Anagrama, 2016) e Breviario de saberes inútiles. Ensayos sobre sabiduría en China y literatura occidental, de Simon Leys (Acantilado, 2016). Non falarei do libro…

‘Segredos da Bretaña’, misterio coas costuras á vista

Un escritor goza duns días de lecer en Bretaña, trasunto dunha vila mariñeira galega. Alí, a súa caseira encírrao sutilmente para que esclareza uns borrosos feitos ocorridos na vila durante a posguerra. O escritor acepta o reto disposto a converter ese misterio no argumento da súa próxima novela. Esta é a atractiva proposta coa que…

Que le a xente de proveito?

Xesús González Gómez. O domingo día 23 de abril, día de Sant Jordi, o xornal La Vanguardia publicou unha enquisa especial: Cal é o seu libro? Na cabeceira de case todas as páxinas, nas distintas seccións do xornal, aparecía unha foto de quen, teoricamente, respondía, así como o título e a portada do libro, en…

Breve mapa da narrativa de Carlos Casares

César Lorenzo Gil. A obra narrativa de Carlos Casares non foi prolífica pero si imprescindible para entender a literatura galega actual. Tras as moitas máscaras dunha personalidade que chegou a ser a primeira autoridade institucional da cultura galega (director de Galaxia, presidente do Consello da Cultura, académico da RAG, o máis famoso columnista de La Voz…