A oferta catalá e o Día de Sant Jordi 2017

Xesús González Gómez.

Non hai moito entregamos a lista de libros máis vendidos en Cataluña o día de Sant Jordi, tanto en catalán como en castelán. O xoves 27 de abril, día da patroa de Cataluña, a Virxe de Montserrat, o Gremi de Llibreters dá as súas cifras de venda e mais novamente o ránking dos 25 máis vendidos, xa que o entregado anteriormente era “provisional”.

Nesta nova lista, feita, suponse, máis polo miúdo, os cinco libros máis vendidos en ficción catalá fican na seguinte orde:

1.- Nosaltres dos, Xavier Bosch (Columna).

2.- Rosa de Cendra, Pilar Rahola (Planeta).

3.- Quan arriba la penombra, Jaume Cabré (Proa).

4.- Un home cau, Jordi Basté/Marc Artigau (Rosa dels vents).

5.- La senyora Stendhal, Rafael Nadal (Columna).

É dicir, a respecto da lista provisional, sobe un posto o libro de relatos de Jaume Cabré e baixa Un home cau, novela policial. Curiosamente, só un dos libros que alcanza mellores vendas é un premio literario, o Ramon Llull. Trátase da novela de Pilar Rahola, Rosa de Cendra, que se desenvolve durante a Semana Tráxica. Non coñezo a novela da Rahola, ora, como non sexa moitísimo mellor que a súa anterior, e primeira novela, El carrer de l’embut, Deus, ou o Demo, colla confesados os seus lectores.

E para libro de non-ficción (amálgama onde cabe de todo), a clasificación das mellores vendas queda do seguinte xeito:

1.- La vida que aprénc, Carles Capdevila Plandiura (Arcadia).carles ca

2.- Taula i Barra, Quim Monzó (La Vanguardia),

3.- La gran teraninya, Roger Vinton (Edicions del Periscopi).

4.- El cavaller Floïd, Genis Sinca (Proa).

5.- Només serán quatre gotes, Monica Usart (Bridge)

En suma, La gran teraninya (A grande arañeira) sobe dous postos que son os que baixa Només serán quatre gotes, un libro de ciencia (divulgativa) que explica a astronomía e a meteoroloxía; mentres que o primeiro é un estudo sobre os grandes lobbys de poder e económicos que dominan a vida social, económica e, xa que logo, política de Cataluña. Por outra parte, a editorial que publicou o libro é unha editorial independente que conta nas súas coleccións con autores como David Egger, David Foster Wallace, Gonçalo M. Tavares, Mia Couto, Matthew Quick ou Wajdi Mouaward, por só citar escritores non cataláns. Dos outros libros de non ficción: dous son recollas de artigos publicados en xornais: La vida que aprénc (i escric) e Taula i barra; unha biografía dun prohome catalán.

Polo que respecta ás vendas, o Gremi tira as cifras de 172 puntos, as librarías asociadas a LibriData; como nos anos anteriores non entran El Corte Inglés, Casa del Libro (Grupo Planeta), FNAC, etc., polo que o instrumento é claramente insuficiente. Mais continuemos coas cifras.

Segundo o Gremi, vendéronse 1,6 M de libros o que dá o resultado de 28,1 millóns de euros para as editoriais. En canto a títulos, vendéronse 52.467 títulos diferentes, un 15,9% máis que o ano anterior: quen tira das vendas, sempre segundo o Gremi, é a literatura infanto/xuvenil, que representou un 35% das vendas dese días (en realidade, dous días, sábado e domingo), seguida pola ficción, un 34,5, e a non-ficción, que alcanzou un 30%.

Esas dúas xornadas vendéronse máis libros en catalán, o 56% (subiu un 1,76% con respecto ano pasado: o tirón foi debido aos libros para nenos). Os dez libros máis vendidos sumán un 6,34% do total (non o especifican, pero suponse que nas diferentes categorías e linguas): uns cen mil exemplares, cuxo reparto, como o Gremi d’Editors usa o silencio como resposta, é imposíbel saber. Porque, lembrémolo, hai libros que teñen versión catalá e castelá, como é o caso de El que et diré quan et toni a veure/Lo que te diré cuando te vuelva a ver, de Albert Espinosa: sexto lugar en catalán, décimo cuarto en castelán, ou Los herederos de la tierra/Els hereus de la terra, de Idelfonso Falcones, décimo en catalán, sétimo en castelán.

Polo que respecta ás listas de máis vendidos, a cousa, finalmente, fica así (só reproducimos até o posto numero 10)

Ficción catalán

1.- Nosaltres dos, Xavier Bosch (Columna).

2.- Rosa de Cendra, Pilar Rahola (Planeta).

3.- Quan arriba la penombra, Jaume Cabré (Proa).

4.- Un home cau, Jordi Basté/Marc Artigau (Rosa dels vents).

5.- La senyora Stendhal, Rafael Nadal (Columna).

6.- El que et diré quant et torni a veure, Albert Espinosa (Rosa dels vents)

7.- Els vells amics, Sílvia Soler (Columna)

8.- El setè àngel, David Cirici (Proa)

9.- Arguelagues, Gemma Ruíz (Proa).

10.- Els hereus de la terra, I. Falcones (Rosa dels vents).

O resultado editorial: Grupo Planeta 7-Grupo Random House 3.

Ficción castelán:

1.- Patria, Fernando Aramburu (Tusquets).

2.- Tierra de campos, David Trueba (Anagrama)

3.- El monarca de las sombras, Javier Cercas (Random House)

4.- El laberinto de los espíritus, Carlos Ruíz Zafón (Planeta)

5.- Todo esto te daré, Dolores Redondo (Destino).

6.- Lo que te diré cuando te vuelva a ver, Albert Espinosa (Grijalbo)

7.- Los herederos de la tierra, I. Falcones (Grijalbo).

8.- La magia de Sofía, Elisabet Benavent (Suma de letras).

9.- La Chica del tren, Paula Hawkins (Planeta).

10.- Falcó, A. Pérez-Reverte (Alfaguara).

Grupo Random House 5 (Grijalbo/RandomHouse/Alfaguara/Suma de letras); Grupo Planeta, 4. Independentes (Anagrama) 1. Observemos que La chica del tren, o libro de máis venda o ano anterior, aínda se vende e que No soy un monstruo, de Carmen Chaparro (Espasa), que na lista entregada o luns 24 aparecía no quinto posto de mellores vendas en ficción castelá, non aparece na lista. E como na lista catalá, entre as dez primeiras, tres mulleres.

Non ficción catalán:

1.- La vida que aprénc, Carles Capdevila Plandiura (Arcadia).

2.- Taula i Barra, Quim Monzó (La Vanguardia),

3.- La gran teraninya, Roger Vinton (Edicions del Periscopi).

4.- El cavaller Floïd, Genis Sinca (Proa).

5.- Només serán quatre gotes, Monica Usart (Bridge)

6.- Sàpiens, Yuval Noah Baratu (Edicions 62)

7.- D’on trec el temps, Màrius Serra (Empùries).

8.- La màgia de l’orde, Marie Kondo (Ara)

9.- Les putes receptes de la iaia 2, Jofre Martell (Bridge)

10.- La república possible, Antonio Baños (Ara)

En non ficción, a cousa está máis repartida: Grupo Planeta 3; Grup Gran Enciclopédia Catalana, 2; Ara (independente 2). Anotemos que Màrius Serra, que entra en non ficción cun libro no que reflicte sobra a propia escrita, sobre como consome o tempo (articulista de La Vanguardia, xornal no que entrega cada día,desde xa hai moito tempo, uns “mots encreueats” (verbas encrucilladas); colaborador de TV3, novelista, ensaísta, etc., etc., o ano anterior entrara na lista de máis vendidos en ficción con Res no és perfecte a Hawaii: posto número 4

A lista de libros de non ficción máis vendidos en castelán, coa actualización, queda así:

1.- La magia del Orden, Marie Kondo (Aguilar).

2.- 50 Palos, Pau Donés (Planeta).

3.- Escape Book, Iván Tapia (Lunwerg).

4.- El siglo de la revolución, Josep Fontana (Crítica).

5.- Hijos del Nilo, Iñaki Aldecoa (Península).

6.- El libro de Gloria Fuertes, Gloria Fuertes (Blackie Books).

7.- Tapas con rock’n’roll, Jordi Cruz (Grijalbo/Lumen)

8.- El universo en tu mano, Christopher Galfard (Blackie Books)

9.- Destroza este diario, Keri Smith (Paidós).

10.- Instrumental, James Rodhes (Blackie Books)

Grupo Planeta 5; Grupo Randon House 2; Independentes (Blackie Books, creada por Jan Martí hai un cinco anos e que se está a consolidar a cada mes que pasa) 3. Anotemos, como curiosidade (?), que La magia del orden tamén fora o máis vendido no apartado de non ficción en castelán o pasado ano, e que en catalán, se ben este ano chegou ao posto número 8, o anterior o posto número 3: un libro de grande alcance (?)

Se estes foron os máis vendidos nunha e outra lingua (pasamos por alto a literatura infato/xuvenil), a oferta en castelán era amplísima e en catalá era abondo ampla para poder escoller. Vexamos algúns dos títulos que apareceron, como moito, dous meses antes do día do libro e que o comprador podía mercar, se lle viña de gusto –nestas listas nunca colocamos ningún dos dez libros declarados como maiores vendas nos diferentes apartados:

Ficción en catalán de autores/as cataláns:

Tros, de Rafael Vallboa; a fada negra, de Xavier Theros, Sabadell Grand Central, Nova York Rambla, de Manuel Foraster, novela póstuma deste escritor de, momento, para minorías, até que se descubra (como curiosidade, sinalemos que durante un tempo foi o responsábel cultural da revista El món (1981-1987), nos anos finais: baixo a súa batuta publicouse un dossier sobre literatura galega e durante varias semanas recensións de libros galegos (realizadas por quen isto asina); Amics per sempre, de Luís-Anton Baulenas; Vida familiar, de Jenn Diaz, Días de ratafía, de Sergi Pons Codina, El bar de l’AVE, de Valentí Puig (talvez a mellor novela do seu autor, até hoxe); Els estranys, de Raül Garrigasait; La memòria de l’arbre, de Tina Vallès (unha excelente novela dunha autora que se supera a cada libro publicado –algo máis que unha promesa); El navegant, de Joan-Lluís Lluís, natural da Cataluña francesa e unha voz diferente dentro do panorama da narrativa catalá: xenuína tradición francesa expresada en catalán; e L’amic de la finca roja, de Mercé Ibarz, unha desas narradoras que non goza do favor do gran público máis si dunha serie de incondicionais, que se vai ampliando libro a libro. A oferta era moito máis ampla, mais cinxímonos a autores cuxo só nome xa é unha garantía.

No que respecta a ficción traducida ao catalán, da que ningún título entrou na lista dos cinco máis vendidos, a oferta era máis que “boa e xenerosa”:

Kruso, de Lutz Seiler; Aquest deu ser el lloc, de M. O’Farrell; L’home del mar, Catherine Poulain; Esperant Mister Bojangles, Olivier Bourdeant; Nosaltres en la nit, Kent Haruf; La closca de la nou, Ian McEwam; Els dies d’escola de Jesús, J. M. Coetze; Una dolça cançó, Lelia Slimani; La biblioteca dels llibres rebutjats, de David Foenkinos, La sang de les promesses, de Wadji Mouaward; Enviada especial, de Jean Echenoz; Frank Adams, de Carson McCullers ou L’elipsi, que é o título que se lle puxo á versión catalá, de Adrià Pujol, de La disparition, de Georges Perec. No orixinal, unha novela na que nunca aparece a letra e, a máis común en francés, na edición catalá desaparece a letra a, como na española. Lembremos, porén, que a versión española se debe a un equipo de tradutores, entre os que se conta Rexina Vega.

No que respecta á poesía, a oferta de traducións non era boa, non obstante sinalemos a aparición, a finais do ano pasado, mais distribuído no 2017, en versión bilingüe galego/catalá de Celebració, de Gonzalo Hermo, publicado por Edicions Godall e traducido por Adrià Targa. Outra tradución a sinalar é Clínica de l’abandó, de Alda Merini, traducido por Meritxell Cucarella-Jorba (Jardins de Scarmanda), que gañou o premio de tradución Jordi Domènech, poeta catalán tradutor, entre outros, de Cunqueiro e moi ligado a Galicia; e L’ignorant, do suízo de expresión francesa Philippe Jaccotet. Polo que respecta á produción autóctona, salientan os títulos seguintes:

Amor, de Jordi Virallonga; Infinitius, de Ester Xargay; Talismà, de Martí Salas; El guant de plàstic rosa, de Dolors Miquel; Concert d’esferes. Antologia, de Josep María Sala Valldaura; ou Cosmonauta. Poesía completa, de Francesc Garriga Barata. A poesía de Garriga Barata, morto no 2015, só comezou a ser recoñecida nos últimos anos da vida do poeta, e agora é reivindicado por toda unha serie de poetas novos.

Polo que respecta á novela policial, lembremos que unha novela policial está entre os cinco libros máis vendidos este Sant Jordi, a oferta era variada e, polo que respecta ás traducións, boa. Á parte de L’home que cau, velaí algúns dos títulos ofertados (van mesturados orixinais cataláns e traducións):

No em toquis, de Andrea Camilleri; La set, de Jo Nesbo; L’imperi dels lleons, Sebastià Benassar; Offshore, de Petros Márkaris; Farishta, Marc Pastor; El llibre dels miralls, de E. O. Chirovici; Sol de maig, de Antonio Manzini; Morts prencisdibles, de Hjort & Rosenfeld; Restes mortals, de Donna Leon; Recursos inhumans, de Pierre Lemaitre, Fins i tots els morts, de Benjamin Black (ou sexa, John Banville); La parella del costat ou L’objectiu del crim, de Xulio Ricardo Trigo, que esqueceu as súas veleidades como poeta e crítico para dedicarse á literatura de gran venda: infanto/xuvenil, policial, fantasy, etc.

Non hai dúbida de que o lector amante do xénero policial tiña onde elixir, entre as novidades.

Outro xénero que goza, hoxe, de gran popularidade é o das biografías… e as autobiografías. Lembremos que entre os libros de non ficción máis vendidos hai unha biografía: El cavaller Floïd. Este ano, por sorte, non nos mallaron con biografías escritas a toda présa sobre o último político aparecido en escena, e que pasada a súa interpretación, como actor principal, como secundario ou como simple “extra”, del só se recordarán, cando vexan as fotos do álbum familiar, se é que se deciden (estes políticos ou os seus familiares máis achegados) imprimir as fotos que están na “máquina” e argallar o tal artefacto, os seus netos, e iso con moita sorte. Así, xa que logo, a oferta de “biografías” foi máis variada que o ano anterior. Aí van algúns títulos:

Ara comença tot, de Lluís Homar (actor denominado o Marlon Brando catalán); Un cardenal es confesa, de Lluís Martinez-Sistach (arcebispo emérito de Barcelona); El retorn dels Bassat, de Vicenç Villatoro (sobre a saga familiar do publicista Lluís Bassat, e como deberon agachar a súa orixe xudía durante a posguerra); Una vida, de Lluïsa Julià (biografía, e van…, da poeta María Mercé Marçal); Dalí e Barcelona, de Ramon Mas. Amalia i els esperits, de Patricia Gabancho (biografía de Amalia Domingo, novelista e espiritista, feminista e anticlerical, nacida en Sevilla e que desenvolveu as súas actividades en Barcelona, onde morreu en 1909), Xirinachs. El profetisme radical i no violent, de Lluís Busquets i Grabulosa; Raimon. Paraula i cant, de Antoni Batista (lembremos que acaba de se reeditar o libro Conversaciones con Raimon, de Eduardo Galeano, esgotado hai anos) e, para acabarmos, Maria del Mar, intensament, de Jordi Blanciotto, (sobre a cantante Maria del Mar Bonet) e, mesmo, Il·lustres execrables, de Malcom Otero e Santi Giménez, e cuxo subtítulo especifica máis: La part fosca dels personatges més idolatrats de l’humanitat, onde aparecen, entre outros: Elvis Presley, Franz Kafka, James Joyuce, Cela, Toltsoi, Jacint Verdaguer, Paulino Ezcudum, Chaplin, Frida Kahlo, Gandhi, a Madre Teresa, etc. etc. Sen esquecermos Cròniques I, de Bob Dylan.

E no apartado que poderiamos denominar especificamente de “ensaio”, aparecen títulos, orixinais cataláns e traducións, como:

De què parlo quan parlo d’escriure, H. Murakami; L’exili de Déu, de Lluís Duch (Duch é un pensador e antropólogo cristián, influído por Mircea Eliade); Llibertat y Sentit, de Lluís Solà (en realidade, aforismos deste poeta do que se publicou hai pouco a súa poesía completa en dous volumes); Barcelona. Llibre dels passatges, de Jordi Carrión (que cando escribe en español asina Jorge Carrión: un libro excelente e que descubre aspectos descoñecidos de Barcelona); Feminismo de butxaca, de Bel Olid; Retrotapia, de Zygmunt Baumant; Just abans del salt endavant, de Fèlix Riera (sobre l’actualitat política de Cataluña. Riera é, tamén editor e crítico co independentismo); Utopia per a realistes, Rutger Bregman; El gen. Una història interna, Siddartha Mukherjee; Proust a Catalunya, Varios Autores; El dolor de la bellesa, de Roger Mas; La dona que mira els home que miren les dones, de Siri Hustvetd; e dous libros que abalan entre a historia e o ensaio histórico: La voluntat i la quimera, de Jordi Casassas (sobre o modernismo catalán) e Nacionalisme espanyol i catalanitat, de Joan-Luís Marfany, o que bota abaixo –novamente, como xa fixera en La cultura del catalanisme o La llengua maltractada– os mitos históricos, culturais e lingüísticos do nacionalismo catalán: desta vez vai sobre á famosa Renaixença: Marfany demostra, con datos e documentos, que os “renaixentistes” eran nacionalistas… españois. Digamos que Marfany, con Josep Maria Fradera, son os historiadores máis aborrecidos polo nacionalismo catalán: e é que ao nacionalismo lle sentan mal as análises marxistas.

E no apartado de clásicos, é o único en que a oferta non é moi variada: Versions a peu d’obra, de William Shakespeare (tradución de dez pezas do dramaturgo inglés realizada por Joan Sellent), unha edición de Amic i Amat, de Ramon Llull, así como unha nova de Flors del Calvari, de Jacint Verdaguer, ao coidado de M. Àngels Verdaguer. Tamén neste apartado poderiamos incluír a versión de Clarissa, de Stefan Zweig, ao non ser que o lector prefira colocala no apartado de ficción estranxeira. Oferta pouco variada, á espera da nova edición, en peto, segundo din dunha escolma da Biblioteca Bernat Metge de clàssics grecs i llatins, que leva traducidos máis de mil libros. Segundo os promotores da nova edición, en informacións publicadas a finais do 2016, querían lanzar os primeiros números o día do libro: non foi posíbel, e de momento non se teñen novas noticias desta anunciada colección.

En fin, como poderá comprobar o lector, a oferta que tiña diante de si o lector/comprador catalán, en catalán, era máis que boa e variada. Deixamos de lado, para nos alongarmos máis, as ofertas en literatura infanto/xuvenil, en libros de arte e gran tamaño, e a forte oferta en banda deseñada, que cada día é máis ampla no mercado catalán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s