Arnoia, o xigante da distribución é galego

César Lorenzo Gil. Unha das tres grandes empresas distribuidoras de libros no Estado español é galega. Leva 30 anos de actividade e conseguiu colocarse no mercado peninsular dun xeito tan estable que lle permite, desde hai anos, conseguir librarías clientes en Asia, América, Europa e incluso África. A distribuidora Arnoia naceu hai 30 anos na…

‘Transición’, o pecado da vehemencia

O protagonista de Transición semella un home cargado de remorsos na busca de acougo para a súa conciencia. Porén, non confesa por principios, faino como vinganza cando os seus xefes deixan de pagarlle o prezo polo que vendeu o seu silencio. Así de crúa se me presentou a primeira novela de Pablo Fernández Barba, servíndome…

‘Best-seller’: Un espectro percorre a literatura

Xesús González Gómez. Desde hai anos, diversos críticos da cultura, máis apocalípticos que integrados, por tomarmos a expresión de Umberto Eco, hoxe case obsoleta –ao cabo, o italiano acabou como integrado (refírome ás súas novelas)–, alertan sobre a desaparición da literatura de calidade fronte aos best-seller e as mellores vendas, etc. Mais, se botamos unha…

‘Transmigrantes’, debate sobre o noso presente

Pregunta María Alonso contra o final de Transmigrantes (Axóuxere, 2017) que pensará do seu ensaio unha persoa que viva nunha situación de privilexio. Vou intentar a aquí unha resposta (non a resposta, pois, como Alonso admite, na cuestión que nos ocupa non caben respostas simples). Eu son, como Alonso, parte da nova diáspora galega. Tamén…

‘Sapos e sereas’, compracencia naïf

Sapos e sereas, editada por Galaxia, é a primeira obra que publica  Ana Cabaleiro (Saídres, Silleda, 1974), unha colección de catro relatos e un epílogo. O fío que une todas as narracións hai que buscalo en dous elementos que non se cumpren cento por cento no quinteto, senón máis ben nun ziguezague coma o dos amallós…

Por que escribe vostede (e II)

Xesús González Gómez. O “hors-série” de Libération iniciábase coa resposta do único supervivente dos tres directores de Littérature, Philippe Soupault, que contaba daquela coa provecta idade de 88 anos (morrería cinco anos máis tarde, en 1990). A resposta de Soupault era concisa: “Escribo para me divertir”, e viñan logo as 399 respostas seguintes, moitas das…

Por que escribe vostede? (I)

Xesús González Gómez. No número 9, correspondente a novembro de 1919, a revista Littérature, dirixida por Louis Aragon, André Breton e Philippe Soupault, á parte das colaboracións pertinentes: André Breton & Philippe Soupault, Les champs magnétiques; Guillaume Apollinaire, que había un ano que morrera, Quelconqueries; Louis Aragon, Sommeil de plomb; Max Jacob, Poèmes en prose;…