Decálogo definitivo para vender tantos libros coma Paulo Coelho

Eva Moreda.

(Para ler ao acubillo disto, isto, isto, isto e isto)

1: Deben ter mensaxe as novelas? Abofé. O que diga o contrario é un posmoderno. Ademais, de algo terás que falar na presentación do libro e nas entrevistas.

2: Ti estás para gañar lectores para as nosas letras. Isto chántallo a calquera crítico que poña en dúbida as túas obras. De seguro que é por envexa.

3: Os teus personaxes positivos non poden ter ningún defecto. Por algo son positivos. Se non tes máis remedio que apoñerlles algunha eiva, fainos demasiado perfeccionistas, demasiado honestos ou demasiado guapos.

4: Non te comas a cabeza caracterizando os personaxes negativos. Ponos a traballar nun banco, que vaian á misa ou que coloquen os pronomes ao chou. Xa todo o mundo sabe que estas son cousas que só fan os malos.

5: Nos diálogos, os personaxes deben sempre presentar un discurso impecablemente trabado e teoricamente ben informado. Non importa que estean nunha situación en que tal coherencia resulte inverosímil, como cando acaban de recibir un diagnóstico fatal ou de sufrir unha ruptura amorosa. A verosimilitude está sobrevalorada.

6: Se estás facendo novela histórica, os diálogos son tamén o sitio ideal para que non se perda a documentación que de seguro xuntaches con grandes esforzos polas nosas bibliotecas e arquivos parroquiais. Le e tenta imitar o seguinte exemplo:

“Paseando e paseando, Maruxa e Manolo chegaron á Praza do Obradoiro.

-Oh! – dixo Maruxa -. Esa fermosa fachada hoxe neoclásica sufriu numerosas reformas durante o século XVI.

-Si- retrucou Manolo-. E sabías que o que temos á nosa dereita é o Hostal dos Reis Catolicos, que adoitaba albergar pelegrinos enfermos?”

7: Para que usar só un adxectivo podendo usar dous ou tres? Todo vale con tal de facer vulto. Xa todos sabemos que os lectores de verdade mercan os libros ao peso.

8: Coa sintaxe, non te compliques demasiado. Suxeito, verbo, obxecto, se tal complementos, e a tirar millas. Usa moitas conxuncións conxuntivas: que ninguén se perda polas túas argumentacións (porque, ante todo, ti estás argumentando, non o esquezas).

9: As frases feitas son as túas amigas (e si, isto é unha frase feita!).

10: Mira por enriba do ombro a Paulo Coelho e os seus epígonos e lectores. Para que os puntos do 1 ao 9 funcionen, é crucial que esquezas canto antes que ti e as túas obras estades só un chanzo por enriba deles.

Advertisements

4 comentarios en “Decálogo definitivo para vender tantos libros coma Paulo Coelho

  1. Hahahahahaha…
    Es mala, Muriel.

    Unha dúbida: no dialecto que falan alá no norte, “vender tantos libros coma Paulo Coelho” significa “editar en Galicia”? Porque daquela entendería unha morea de cousas.

    Moito vou ter que reescribir, Eva, moito.

  2. E seguro que quedaron ben balas na recámara para outro coma este. Terán os autores aludidos o seu propio decálogo sobre os críticos?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s