Xa temos cuartofinalistas no I Torneo de Relatos

 

Acabou a primeira fase do I Torneo de Duelistas Biosbardia. Logo de tres xornadas de intensa competición, oito contadores de historias pasan á seguinte fase, xa eliminatoria, recta final cara ao duelo definitivo polo posto de gañador.

Publicamos todos os resultados e a clasificación final da fase de grupos.

Xornada 1

Grupo A:
‘A rapaza da tafona’, de Ana Vigo
‘A fornarina de Rafael’, de Lois Pérez 

‘A covardía do silencio’, de Xosé Duncan
‘A lingua de Deus’, de Lois Z 

Grupo B:

‘Ser non será pero parecer parece’, de Raúl ‘Raz’ Santos 
‘A forza da razón’, de Lomeron

‘A caixa de cartón’, de David Botana 
‘Hai moitas cousas…’, de Susi Ons

Grupo C:

‘A sedición do Entruido’, de César Lorenzo Gil 
‘A Terra da Alegoría’, de Sabela González

‘Dentro da nada’, de Marcos López Concepción 
‘Saímos cear…’, de Eva Moreda

Grupo D:
‘Cum tempore’, de Erica Couto
‘Merda de tempo’, de Pablo Fernández Barba 

Xornada 2

Grupo A:

‘Chegou o demo’, de Ana Vigo 
‘Remixio e Madalena’, de Lois Z 

‘Un segundo infinito’, de Xosé Duncan 
‘Sicarios do mediodía’, de Lois Pérez

Grupo B:

‘O leite morto’, de David Botana 
‘O conto de Román e Ramón’, de Lomeron

‘Co sol nos ollos’, de Raúl ‘Raz’ Santos 
‘O gran pelello’, de Susi Ons

Grupo C:

‘Puxo pelo’, de César Lorenzo Gil
‘Conservación’, de Marcos López Concepción 

‘Volkswagen Golf. Negro. 2002’, de Sabela González
‘A pequena Sophie’, de Eva Moreda 

Logo de verificar que Eva Moreda non comentou durante a xornada os demais duelos da xornada, a organización retíralle a vitoria, polo que o punto é para Sabela González.

Grupo D:

‘O límite Lundqvist’, de Pablo Fernández Barba 
(Tomás González Ahola non se presentou).

Xornada 3

Grupo A: 
‘Romance e salvación’, de Lois Pérez
‘Pena máxima’, de Lois Z 
‘Espiñas que se cravan’, de Ana Vigo
‘Un novo horizonte’, de Xosé Duncan
 
Grupo B:
‘Nalgún recuncho do planeta Arret’, de Lómeron
‘Noite de espectáculo’, de Susi Ons
‘O Barba Azul’, de David Botana
‘O Presidente e mais Su Madre’, de Raúl ‘Raz’ Santos
 
Grupo C:
‘Esas flores vermellas’, de Marcos López Concepción
‘Bucle’, de Sabela González
‘Limoeiro’, de César Lorenzo Gil
(sen rival)
 
Grupo D:
‘O lume dentro’, de Erica Couto
(sen rival)

CLASIFICACIÓN FINAL

Grupo A:

Lois Z        3 vitorias

Duncan     2 vitorias

Lois Pérez 1

Ana Vigo 0

 

Grupo B:

David Botana        3

Raúl ‘Raz’ Santos 2

Susi Ons               1

Lómeron                0

 

Grupo C:

Marcos López Concepción 3

César Lorenzo Gil               2

Sabela González                 1

Eva Moreda                         0

 

Grupo D:

Pablo Fernández 2

Erica Couto          1

Tomás González  0

 

FASE FINAL

Calendario:

O prazo para entregar o relato de cuartos de final remata o martes 21 de novembro ás 23h59. Até o martes 28 de novembro ás 23h59 leranse, comentaranse e votaranse eses relatos. Prégase que voten todos os duelistas, incluídos os que quedaron eliminados.
Para entregar os relatos das semifinais o prazo remata o martes 5 de decembro ás 23h59.
Para votar nas semifinais, o prazo remata o martes 12 de decembro ás 23h59.
Para entregar os relato da final, o prazo remata o martes 19 de decembro ás 23h59.
Para votar a final e decidir o gañador do torneo o prazo remata o xoves 21 de decembro ás 23h59.

 

Cruzamentos:

Na fase final, os cruzamentos quedan como seguen:

Lois Z – Erica Couto (tema: ‘Curro’).

David Botana-César Lorenzo Gil (tema: ‘Obxecto’).

Pablo Fernández Barba-Xosé Duncan (tema: ‘Fonte de zorza’).

Marcos López Concepción-Raúl ‘Raz’ Santos (tema: ‘Veganismo’).

Premios:

A persoa gañadora do torneo recibirá un lote de libros galegos como premio e recoñecemento.

A organización do torneo agradece profundamente o compromiso e a xenerosidade de todos os duelistas e recoñece o valor dos relatos das persoas que participaron na fase de grupos.

Seguimos batallando!

Advertisements

5 comentarios en “Xa temos cuartofinalistas no I Torneo de Relatos

  1. Antes de todo: parabéns aos cuartofinalistas. A escritora e os sete escritores clasificados chegaron aí por méritos propios, creo que é un feito incontestable. Só engadir que gañe o mellor e que estou seguro de que os mellores relatos (e mira que xa vimos relatos bos) aínda están por vir.

    Os meus relatos favoritos nesta fase de grupo non é un segredo que foron (non necesariamente por esa orde) «A sedición do Entruido», «Remixio e Madalena» e «Limoeiro». Pero houbo moitos outros moi interesantes.

    En canto á miña intervención como escritor non podo facer outra cousa que pedir desculpas. En sete anos competindo con relatos curtos esta foi a miña participación máis lamentable. Podería dicir que teño a cabeza noutro lugar (e non mentiría) pero algo que ten que influír que esta é unha nova comunidade (non logrei suficiente motivación) e que ata agora case sempre escribira en castelán. Non podo negar que, visto o desastre, voou pola miña cabeza a idea de non volver a escribir en galego nunca máis (vaia paradoxo). Por sorte (ou desgraza, vai ti saber) son moi cabezón e raro será que non o volva a intentar.

    Agora quero intervir para falar de cómo está resultando a dinámica do concurso. Tiña pensado falar disto á finalización do Torneo, pero ben pensado ese momento debe pertencer aos finalistas e en particular ao gañador. Ademais, creo que hai algún aspecto a mellorar que se podería corrixir na fase eliminatoria.

    Facendo balance, estou moi satisfeito co nivel medio dos relatos (excelente o labor de recrutamento) e coa publicación dos relatos (inxente cantidade de traballo para César, descoñezo se ten axuda de alguén). En canto aos abandonos, creo que entran dentro do esperable. De feito é todo un logro que chegáramos á terceira xornada trece en pé dos quince.

    Mais non todo foi bo. Ben sei que o Torneo é moi esixente pero creo que este torneo vai de algo máis que de escribir un relato mellor có do rival. Refírome aos comentarios, ao «feedback» que, en xeral, son moi mellorables. Neste concurso a motivación é un elemento importantísimo e incluso cando metemos a pata (se cadra, máis ca nunca neses momentos) os autores necesitan —necesitamos— algo máis que un «non vai cos meus gustos» ou «a idea está moi vista». No caso contrario, cando os relatos nos gustan, destaquemos as mellores frases, falemos dos adxectivos, do abuso dos adverbios, dos paralelismos que atopemos coas nosas lecturas dos clásicos. Isto é a salsa do Torneo, e sen estes elementos (de acordo, son un esforzo engadido) queda algo descafeinado.

    Pensádeo. ¿Imaxinades que cada relato teu ten 13 opinións maduras, con relecturas, con debates sobre o significado desta ou aquela frase, diferentes interpretacións do final, proposicións de mellora? Pois iso se consigue dando exemplo e comentando os dos outros e reclamando se fai falta esa reciprocidade.

    Finalmente, botei en falta (moito, moito) máis interacción entre os participantes. Eu non sei cantos de vós vos coñecedes (eu só coñezo a Lois Z de hai anos e a David de hai un pouquiño) pero quizais o soporte (esta magnífica Biosbardia) debería estar nalgún lugar en común (máis dinámico) fóra da páxina. Creo que aí estivo parte do meu problema de motivación.

    Mentín. O último parágrafo non era o derradeiro. Agora si, por favor, unha mensaxe para os que quedamos eliminados: continuade comentando e votando ata a final. A deusa vos pagará con futuras grandes obras.

  2. Tes razón en moitas cousas, Lome. Os teus relatos neste torneo non representan para nada o que realmente podes dar (e que eu xa vin de sobra no pasado). Que ata agora sempre escribiras en castelán pode influir, si. Creo que a Botana lle pasou un pouco ó revés cando participou no seu 1º torneo con nós a primeiros de ano. Polo demáis, sei que non vas deixar isto, porque non podes nin cho imos permitir.

    Tamén é certo que wordpress non está pensado para funcionar coma un foro de discusión. Eu falo coa xente polo FB e teño cuberto ese espacio, pero entendo que a ti che falte ese elemento.

  3. De acordo con Lómeron en todo o que di, e de acordo tamén con Lois en que wordpress non é o medio máis axeitado para facelo…
    Volvendo ó primeiro, dicirlle que non deixe de escribir en galego, que isto non é significativo de nada, e que si, que nos seus relatos se nota que o autor non soe escribir neste idioma… como se nos notou a todos os que empezamos escribindo noutra lingua e despois cambiamos.
    Cos meus primeiros escritos en galego non se pode nin limpar o cu. E non estou dicindo que agora o faga moito mellor, pero é que aqueles… jasús dios mío!
    Iso, que non o deixes.

  4. Lome, eu son de Madrí. A primeira vez que escribín en galego… ben, os dicionarios e os tratados de gramática aínda sangran hoxe. A segunda, xa mellor. E a terceira, a terceira fixéronme un oco no walhalla heteropatriarcal. E aquí seguimos. De feito, agora o que me custa é escribir en ejpañol.
    Ao que vou, que nin se che pase pola cabeza deixalo.

    Sobre o de facer crítica profunda, confeso que eu non valo. Podo dicir, moi telegraficamente, que foi o que me prestou e que foi o que non. Se o autor me pide concreción, doulla, pero se non, recollo velas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s