A revolución das flores do ben

Florecendo. DANIEL HORACIO AGOSTINI/FLICKR.

Ana Lorenzo Blanco.

Ó meu xardín córtanlle as flores,

que son boíñas, non ao “Baudelaire”.

Unhas foxen e outras choran,

e eu miro e como Safo son, infeliz.

 

Un douto da vida dixérame tempo atrás,

que despois da tormenta chega a calma.

Pero despois do medo chega a rabia,

e as plantiñas marchan a súa propia guerra como Lisístrata.

 

Por cada folla tocada, unha árbore fala e

para todas un cuarto propio, como Virxinia.

Mais no xardín de odio ás iguais e amor ao superior,

amo as miñas irmáns loitando contra o xardineiro.

Advertisements

Un comentario en “A revolución das flores do ben

  1. Comentar poesía non é o meu forte, pero xa que Ana compartiu o seu traballo, direi algo sobre el.

    Gústame moito o concepto esbozado ó final (o poema móvese cara aí) das flores contra o xardineiro cmo metáfora da loita contra a violencia machista. Vexo o poema ben estruturado, Ana tiña claro o que quería dicir e a maneira de facelo. Ademais a idea de fondo do poema é valiosa.

    Problemas? As referencias comaprativas son como as gasolineiras, basta unha cada 30 kilómetros. Aquí vexo demasiadas. Pero non é a cantidade só o que sinalo. Explícome:
    A referencia a Baudelaire, inda que superficial (creo que non se refire á ideoloxía da súa obra), ten sentido no contexto do poema. As mulleres que sofren violencia (eu entendino así) son cortadas do xardín, e eran inocentes (boas). Pero logo temos a Safo, que ten forza como símbolo feminista pero que non pinta nada en especial aí. A poeta está triste como Safo, pero podería estar triste como Carpanta. Falta revestir a Safo dalgunha conexion mais (que a hai, claro que si, pero está moi fora do texto). Entendo por que puxo a Safo e así e todo queda colgando.
    O segundo parágrafo é o mais froxo. Os 2 primeiros versos son unha frase feita que non ven moi a conto e os 2 seguintes volven ser unha comparacion forzada. Se dis que van á guerra como Lisistrata é que van facer a guerra como esa personaxe, e non creo que te refiras a iso. Por esa razón Lisistrata podería ser Leia e non notariamos a diferencia. Antes de meter a referencia tes que facerlle o niño. Eliminando esta estrofa o poema melloraria e transmitiría o mesmo.

    Ves? Na última si que llo fixeches Virxinia, porque xusto antes de nomeala citaches unha das suas obras. Aqui só cabe o seu nome e ningún mais, igual que no caso de Baudelaire.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s