Día de Sant Jordi 18: os libros máis vendidos e algunha curiosidade

Martí Gironell.

Xesús González Gómez.

Hogano, o día de Sant Jordi caeu en luns, o que foi en beneficio do día de festa… e de reivindicación. E, tamén, das vendas. Na edición do 2017 o día caera en domingo e antes de iniciarse as perspectivas eran «pesimistas», logo resultou que non foi así: véxanse os artigos publicados nesta mesma web a tal respecto hai un ano aquí e aquí. Este ano, debido ao procés, a aplicación do artigo 155 da constitución e outros factores, as perspectivas, curiosamente, non eran tan pesimistas. Mesmo algún editor chegou a dicir unha semana antes que este 2018 medrarían as vendas en catalán. Todo por lo cual, o día presentábase, en certo xeito, ventureiro.

A verdade é que desde primeiras hora da mañá, as grandes arterias libreiras de Barcelona (é dicir, as rúas onde se colocan máis postos de libros): Passeig de Gracia, Rambla de Catalunya e La Rambla, xa eran intransitábeis: ás 11 horas non se podía case camiñar por esas rúas e avenidas. Pasou o día entre libros, rosas (as máis vendidas: as marelas) e reivindicacións diversas e xa á última hora o Gremio de Llibreters facía o seu  balance provisorio. Balance que publicarían todos os xornais o día seguinte, 24 de abril, e que quedaba así:

Catalán

Ficción:

1.- La força d’un destí, Martí Gironell.

2.- Jo sóc aquel que va matar Franco, Joan-Lluís Lluís.

3.- La dona a la finestra, A. J. Finn.

4.- Quan érem peripatètics, Héctor Lozano.

5.- La novel·la de Sant Jordi, Màrius Serra.

No ficción:

1.- Operació urnes, Xavier Tedó Gratacós e Laia Vicens

2.- Bon dia, són les vuit!, Antoni Bassas.

3.- Dies que duraran anys, Jordi Borràs i Abelló.

4.- Per la llibertat, cartes als presos polítics.

5.- La invasió dels robots i altres relats d’Economia en colors, Xavier Sala Martin.

Castelán

Ficción:

1.- Las hijas del Capitán, Maria Dueñas.

2.- Patria, Fernando Aramburu

3.- La mujer en la ventana, A. J. Finn.

4.- Fuimos canciones, Elísabet Benavent.

5.- La tierra maldita, Juan Francisco Ferrándiz.

No ficción:

1.- Las almas de Brandon, César Brandon Ndjocu.

2.- Piel de letra, Laura Escanes.

3.- España quedó atrás, Ramón Cotarelo.

4.- Nada es tan terrible, Rafael Santandreu.

5.- Sin censura, Miguel Ángel Revilla.

Este foi o primeiro balance: catro días despois, festividade da Virxe de Montserrat, patroa de Cataluña, o mesmo Gremi deu a coñecer as cifras aproximativas de vendas e a lista dos dez libros máis vendidos tanto en catalán como en castelán en ficción, non ficción e libro infantil e xuvenil. Vaiamos primeiramente polas listaxes dos máis vendidos en ficción (non reproduciremos as listas de libros infantil e xuvenil):

1.- La força dun destí, Martí Gironell (Columna) Grupo Planeta.

2.- Jo sóc aquell que va matar Franco, Joan-Lluís Lluís (Proa) Grupo Planeta.

3.- La dona a la finestra, A. J.Finn (La rosa dels vents) Grupo Penguin Random House.

4.- Quan érem peripatètics, Héctor Lozano (Columna) Grupo Planeta.

5.- Les vuit muntanyes, Paolo Conetti (Navona).

6.- Origen, Dan Brown (Columna) Grupo Planeta.

7..- La dona que no sabia plorar, Gaspar Hernández (Columna) Grupo Planeta.

8.- La novel·la de Sant Jordi, Màrius Serra (Amsterdam Llibres).

9.- Permagel, Eva Baltasar (Club editor).

10.- Mare de llet i de mel, Najat el Hachmi (Ed. 62) Grupo Planeta.

 

Comparada coa do ano anterior, digamos que ningún/ha escritor/a recunca este ano, o máis achegado que estivo foi Màrius Serra –que na listaxe inicial e provisional aparecía no posto número 5; na definitiva, no número 8 –, que o ano anterior ocupou o número 7, pero no apartado de libros de non ficción, con D’on trec el temps. E hai dous anos, 2017, ocupara o número 4 da lista dos máis vendidos no apartado ficción con Res no és perfecte a Hawaii, polo que se pode doadamente deducir que Serra goza dun considerábel número de lectores-compradores adeptos. Outra diferenza con respecto á lista de dez máis vendidos do pasado ano, é que naquela figuraban tres nomes de muller: Pilar Rahola –que, como veremos, este ano figura no apartado de non ficción–, Sílvia Soler e Gemma Ruíz, cuxa novela, Arguelagues converteuse nun «long-seller» (novela, por outra banda, que non é ningunha marabilla, ao meu parecer), contra dúas este ano: Eva Baltasar e a escritora, catalá e en catalá, de orixe marroquí Najat El Hachmi. Outra das variantes é a seguinte: na listaxe do 2017 dos dez libros máis vendidos, só figuraba unha tradución: Els hereus de la terra, de I. Falcones, versión dunha novela escrita en español; este ano o número de traducións sobe a tres (3): La dona a la finestra, Vuit muntanyes e Origen . E última variante: no 2017 sete das dez novelas máis vendidas foran publicadas polo Grupo Planeta e tres polo Grupo Penguin Random House. Este ano Planeta baixa un posto: seis; Random House dous: unha novela publicada, e os tres novos editores que ocupa os postos deixados polos libros destes dous cárteles libreiros, son todos editores independentes (sic), é dicir, que non pertencen a ningún grupo ou cártel editorial: Club Editor, Amsterdam Llibres e Navona, talvez a máis «independente» de todas.

Ora, tamén hai que dicir que a respecto da calidade literarias dos libros máis vendidos en catalán neste apartado de ficción, a deste ano é igual que a do pasado: calidade media, aínda que, talvez, a oferta en ficción (orixinais ou traducidos) era superior este ano ao anterior. A oferta incluía títulos como: La primavera pendent, de Ada Castells; El amor i la lectura, de Sílvia Tarragó; Les possessions, de Llucia Ramis; La llibreria, de Penelope Fitzgerald; El conte de la serventa, de Margaret Atwood, La dona Pèl-roja, de Orhan Pamuk, La mà que prenia la meva, de Maggie O’Farrell; Quans surt la reclusa, de Fred Vargas; Por, de Stefan Zweig; La investigació, de Philippe Claudel; Istanbul, Istanbul, de Burhan Sönmez; La fugida d’Urània, de Susanna Rafart; L’ordre del dia, Eric Vuillard; Moriria per tu i altres contes, de F. Scott Fitzgerald; Gilead, de Marilynne Robinson; Els venerables, de Julià de Jòdar; Venjarè la teva mort, Carme Riera; El mateix riu d’Heràclit, de Pep Coll; Les Closes, de Mª Àngels Anglada; así como a reedición/recuperación de diversas novelas de Francesc Trabal, Manuel de Pedrolo, Josep María Espinàs, Terenci Moix e Maria Aurèlia Capmany, da que se celebra o centenario este ano, e todos os contos de Victor Català (Caterina Albert). Hai moitos máis títulos: eu teño enumerados máis de 75 novelas e libros de contos aparecidos en catalán (orixinais e traducións) desde xaneiro a mediados de abril do 2018. Engadamos, polo curioso título, o libro de Maite F. Soldado: La felicitat d’un pollastre a l’ast (A felicidade dun polo asado). E digamos que unha serie de autores/as: Llucia Ramis, Ana Queraltó, Lluís Llach, Carme Riera, etc., van depois do 10, mais semella que a pouca distancia entre si no que a vendas se refire.

Polo que respecta aos libros de non-ficción en catalá a listaxe dos dez máis vendidos quedou así

1.- Operació urnes, Laia Vicens i Xavi Tedó (Columna) Grupo Planeta.

2.- Dies que duraran anys, Jordi Borràs (Ara)

3.- Bon dia, són les vuit!,  Antoni Basas (Destino) Grup Planeta.

4.- Per la llibertat, cartes als presos polítics (Ara).

5.- La invasió dels robots i altres relats d’Economia en colors, Xavier Sala Martin (La rosa dels vents) Grup Penguin Random House.

6.- Brutal. Les receptes de Marc Ribas (Cossètania).

7.- On eres l’1-0?, Quico Sallès (la rosa dels vents) Grup Random House.

8.- No hi ha res tan terrible, Rafael Santandreu (La rosa dels vents) Grup Penguin Random House.

9.- Transforma la teva salut, Xavi Verdaguer (La rosa dels vents) Grup Penguin Random House.

10.- SOS cristians, Pilar Rahola (Columna) Grup Planeta.

Como comprobará o lector, o único cambio nos cinco primeiros postos é que o libro de Antoni Bassas (popular presentador de radio no seu día) pasa do segundo ao terceiro posto, e o que ocupaba o terceiro lugar na lista primeira pasa ao segundo. Os libros sobre o procès e as súas votacións e vicisitudes, copan catro postos: o 1, 2, 4 e o 7. O libro de Bassas é un «dietario» sobre o tempo en que foi condutor das mañás de Catalunya Ràdio. No hi ha res tan terrible e Transforma la teva salut, como puido imaxinar o lector, libros de auto-axuda. Os títulos dos tres restantes, falan por si sós. Pilar Rahola entrega un volume dedicado a defender os cristiáns das persecucións que sofren actualmente nos países árabes, maiormente. Da cegueira, parcialidade, dogmatismo e outras lindezas desta señora (moi adicta ao que hoxe se denomina «posverdade») mellor non falar: talvez sería concederlle unha importancia que non ten.

Observemos que nesta lista o Grupo Penguin Random House lle gaña ao Grupo Planeta por un xusto 4 a 3. Os tres restantes postos son ocupados por Ara Editorial (independente, mais que forma grupo con Amsterdam Llibres e Now Books) e o restante para Cossetània, unha editorial radicada na vila tarraconense de Valls, creada en 1996 e que publica uns 100 títulos anuais. (O seu catálogo actual consta duns 1200 títulos.)

A oferta no apartado non-ficción tamén era abondo rica. Vexamos algúns títulos: La nova ilustració radical e Ciutat Princesa, de Marina Garcés (o segundo libro, número12 na lista de máis vendidos ese día), Jacques Rancière: L’assaig de la igualtat; Claude Lefort: La inquietud de la política; James Salter: L’Art de la ficció; Mary Beard: La veu i el poder de les dones; Judit Figuerola: Andreu Nin, militant de la cultura; Josep Cots: Autoretrat de Josep Garcés; Núria Miret: El català i el set pecats capitals; Joan de Déu Prats i Maria Padilla: El llibre dels indrets màgics de Catalunya; Josep Maria Esquirol: La penúltima bondat; Josep Massot: Joan Miró, el nen que parlava als arbres; Ignasi de Loiola: Exercicis espirituals; Agnès Marqués (que o lector galego lembrará como articulista d’A Nosa Terra durante algúns anos): Els guapos són els raros («reflexións e testemuños de xente excepcionalmente normal»), etc.. etc. obviamos toda unha serie de títulos referidos ao «procès». Digamos que este ano a oferta baixou en historia, poesía e clásicos.

No que respecta á lista de libros máis vendidos en castelán, as listas definitivas entregadas polo Gremi de llibreters ficaban así:

Ficción:

1.- Las hijas del Capitán, María Dueñas (Planeta)

2.- Patria, Fernando Aramburu (Tusquets), Grupo Planeta.

3.- La mujer en la ventana, A. J. Finn (Grijalbo) Grupo Penguin Random House

4.- Fuimos canciones, Elísabet Benavent (Suma de letras) Grupo Penguin Random House.

5.- La torre maldita, Juan Francisco Ferrándiz (Grijalbo) Grupo Penguin Random House

6.- Origen, Dan Brown (Planeta).

7.- El día que se perdió la cordura, Javier Castillo (Suma de letras) Grupo Penguin Random House.

8.- Los perros duros no bailan, Arturo Pérez Reverte (Alfaguara) Grupo Penguin Random House.

9.- La Bruja, Camilla Läckberg (Maeva).

10.- El fuego invisible, Javier Sierra (Planeta).

Anotemos diversas cousas. Fernando Aramburu repite con Patria, aínda que o pasado ano quedara en primeiro lugar. O mesmo acontece con Pérez-Reverte, aínda que o pasado 2017 quedara, con Falcó, en décimo lugar. Nas mellores vendas do ano pasado, en catalán e castelán entraban e repetíanse dous títulos, un de Albert Espinosa (El que et dirè quan et torni a veure/Lo que te diré cuando te vuelva a ver), sexto lugar tanto nun como outro idioma; I. Falcones (Los herederos de la tierra/Els hereus de la terra) sétimo lugar en castelán e décimo en catalán. Hogano só se repite nas dúas listaxes un título: La dona a la finestra/La mujer en la ventana, de A. J. Finn: curiosamente, en ambas listas ocupa o terceiro lugar. En ficción castelá, Penguin Random House 5, Planeta 4 e Maeva, selo independente (?) 1.

No que respecta a non-ficción, o ranking foi o seguinte:

1.- Las almas de Brandon, César Brandon Ndjocu (Espasa) Grupo Planeta.

2.- Piel de letra, Laura Escanes (Aguilar) Grupo Penguin Random House.

3.- España quedó atrás, Ramón Cotarelo (Now Books).

4.- Nada es tan terrible, Rafael Santandreu (Grijalbo) Grupo Penguin Random House.

5.- Los inspiradores de Amela, Victor Amela (Libros de La Vanguardia).

6.- Sin censura, Miguel Ángel Revilla (Espasa) Grupo Planeta.

7.- Morder la manzana, Leticia Dolera. Planeta

8.- Escape Book, Iván Tapia (Lunwerg Edit.) Grupo Planeta.

9.- Transforma tu salud, Xevi Verdaguer (Grijalbo) Grupo Penguin Random House.

10.- Mi dieta ya no cojea, Aitor Sánchez (Paidós Ibérica) Grupo Planeta.

María Dueñas.

Con respecto ao ano anterior, o único autor que se mantén é Ivan Tapia, co mesmo título, Escape book, se ben no 2017 ocupou o terceiro posto. Se ese ano non se repetiu ningún título nas dúas listas, esta ano repítese un: Transforma la teva salut/Transforma tu salud, de Xevi Verdaguer, número 9 en ambas listaxes. Planeta mantén o mesmo número de libros no ranking: 5; Penguin Random House gaña un posto e de dous que colocou o ano pasado pasa a tres, e os dous restantes son para editoriais como Libros de La Vanguardia (selo do xornal do mesmo nome) e Now Books, selo catalán/castelán vencellado a Ara e Amsterdam llibres. Digamos que os títulos en castelán sobre o «procès», agás do de Cotarelo, non gozaron de venda masiva: nin os que están a favor –que, no entanto, gañan– nin os que están en contra. Como mostra, digamos que Viva Tabarniam, de Albert Boadella quedou o número trinta e seis dos cincuenta libros máis vendidos no que a non-ficción en castelán se refire.

Pasando a outros temas, segundo o Gremi de Llibreters, o día de Sant Jordi deste ano (contabilizando sábado e domingo) vendéronse uns 53.000 libros, un 1,72% máis que o pasado ano, por un monto total de 22,02 millóns de euros, o que representa un aumento dun 2% con respecto a 2017 e o que significa que medrou o prezo dos libros, aumentando a venda do libro en catalán nun 2,80%, o que representa un 58,89% do total de vendas. En canto a «xéneros» a porcentaxe foi a seguinte: libro infantil e xuvenil 33,81% , cando a porcentaxe do ano pasado fora de 35,31. A porcentaxe de ficción alcanzou a cifra do 34,54, sendo a do 2017 de 34,25; e a non-ficción pasou dun 30,44% do 2017 ao 31,65% deste ano.

En canto ao número de puntos de vendas sobre os que se tiran estes números, é duns 178, que representa un 60% do mercado, aproximadamente; e o peso porcentual dos libros máis vendidos foi dun 5,82, o que significa que de cada 17 libros vendidos, 1 forma parte da lista de máis destacados. No entanto, como xa dixemos outros anos, faltan as cifras das grandes superficies libreiras (FNAC; Corte Inglés, supermercados que venden libros) e tamén pequenas librarías que non están asociadas a LibriData e a LibroRed, organizacións que agrupan a un importante número de librarías e que son as que proporcionan os datos que se reproduciron máis enriba, polo que até que as editoriais non falen (cousa que non fan) nunca se saberá con exactitude as vendas do día do libro… nin doutros días.

En fin, un bo día do libro, agora só cabe esperar que as vendas continúen a manterse durante o que queda de ano.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s