Escritores que aman os animais

Costas Mavrudis, autor de ‘A inmortalidade dos cans’.

Manuel Veiga Taboada.

A crítica ao maltrato dos animais creceu nos últimos anos, ao ritmo no que medra tamén o número e o coidado dos animais domésticos. No ámbito da literatura, o Nobel surafricano, J. M. Coetzee converteuse nun dos principais valedores do animalismo. Esa sensibilidade aparece en varias das súas novelas e, con máis claridade, nalgúns artigos nos que lembra que nas nosas cidades, ao lado de lugares polos que pasamos, existen matadoiros, onde centos de animais son sacrificados cada día. Animais que, como Coetzee explica, dispoñen de sensibilidade e sentimentos, quizais non tan diferentes dos humanos.

Cabería facer unha relectura crítica da nosa historia literaria desde esta cada vez máis aguda percepción? Pode que si e quizais encontrariamos de todo. Pero aquí imos mencionar só uns poucos textos nos que se percibe esa curiosidade e atención coas chamadas bestas inferiores.

Por exemplo, W. H. Hudson, autor inglés, criado na Arxentina, describe na súa autobiografía, Alá lonxe e tempo atrás, como se mataban as vacas e os touros, a mediados do século XIX, no país sudamericano: “Un dos tres xinetes botáballe un lazo por riba dos cornos e galopaba até tensar a corda; o outro desmontaba, corría detrás do animal, sacaba o seu enorme coitelo e, rápido como un raio, facíalle dous cortes nos tendóns das patas. Nese mesmo intre a pobre besta caía sentada sobre os remos traseiros. Unha enxurrada de sangue manaba da desgrazada que, erguida aínda sobre as patas dianteiras, non deixaba de muiñar mentres duraba a súa agonía. Os brados ían converténdose nun son terríbel e profundo parecido a un salouco afogado. Para eles, sacrificar unha vaca era toda unha diversión, e canto máis forte e perigoso fose o animal, canto máis prolongada a loita, mellor o pasaban”.

En Memorias da casa morta, Dostoievski describe a súa estadía de oito anos nun penal de Siberia. O incipiente escritor, acusado de crimes contra a seguridade do Estado, chega a dedicarlles un capítulo enteiro aos animais do presidio. Non só describe a súa vida ao lado de Shárik, un can desprezado como el polos outros presos, e o único ser vivo co que se relaciona amigabelmente durante semanas, senón que tamén lle dedica varias páxinas a Vaska, un macho cabrío convertido en mascota dos reclusos e que acaba, por orde dun funcionario, “degolado ao bordo dun vertedoiro”. Tamén fala dun cabalo ou de Karagush, unha aguia ferida, que pasou tres meses nun recuncho do cárcere.

Nesta obra autobiográfica podemos comprobar como a forte penetración psicolóxica de Dostoievski sobre os diferentes tipos humanos vólvese fina e sensíbel cando se refire aos animais, cuxa presenza considera un alivio da súa pena.

Sen saír do século XIX, encontrámonos coas Cartas de Inglaterra, de Blanco White. Na terceira, datada en 1820, menciona a súa visita a unha rica casa de campo. Despois dunha cazaría, a curiosidade que atrae os hospedes é veren a despensa. Hai alí máis de setecentas pezas xuntas, a maioría faisáns, coas súas plumaxes. Ao final, o autor anota: “A necesidade de darlle morte aos animais que a natureza fixo inferiores a nós é inevitábel; pero xa hai moito tempo que non podo converter esta necesidade en diversión”.

Como contrapunto, cabe citar un texto recente do escritor norteamericano John Jeremiah Sullivan, titulado Pulphead, e no que inclúe un relato-reportaxe no que especula cunha rebelión do que queda da fauna salvaxe contra os humanos. Son trinta páxinas que operan como inversión (xustiza poética?) da vitoria histórica dos humanos sobre as feras.

Deixo para o final deste brevísimo repaso, unhas páxinas da novela do israelí Amos Oz, Non digas Noite. É a historia dunha familia que cría un chimpancé: “Pasados uns anos, o chimpancé fíxose adulto; medroulle unha densa melena branca na cara e no peito” e namorouse da muller. “Pegouse a ela. Non a deixaba un momento. Cortexábaa con galanteos refinados e conmovedores. Peiteábaa, sopraba o seu café para arrefrialo, leváballe as medias, pero o seu comportamento era tan abertamente sexual que se fixo cada vez máis comprometedor. Acostumaba a palpar a súa saia, furgar, achegarse ás súas costas cando estaba deitada, e cousas así. Cousas que non detallarei. Polas noites, cando cerrabamos o dormitorio con chave, dábanlle ataques de ciúmes salvaxes e ficaba detrás da fiestra laiándose, coma se estivese ferido”.

Ao final, con gran tristeza de todos, o mono debe ser abandonado na selva, na que, por certo, nunca vivira. O home lévao nun jeep, a máis de cen quilómetros de casa. “Por fin cheguei a un pequeno claro. Apaguei o motor, había moita quietude. Gabeou até o meu colo e apoiou a meixela no meu ombreiro. Pedinlle que baixase a coller uns guizos. Entendeu pero dubidou. Seguía tremendo e non se moveu do asento. Quizais non confiaba plenamente en min. Cravoume unha mirada muda que até hoxe non consigo definir con palabras. Tiven que rifarlle para que baixase. Mentres lle berraba tiña a esperanza de que non me fixese caso. Cando se afastou, acendín o motor, pisei o acelerador e fuxín. Correu detrás de min durante centos de metros. Nunca, na miña vida, escoitara un pranto como aquel. Non puiden deixar de oílo durante días e mesmo semanas”.

(As citas deste artigo foron abreviadas).

Advertisements

8 comentarios en “Escritores que aman os animais

  1. Gustoume o artigo. Chíbame a miña parella dous nomes que poderían coarse na lista: MIlan Kundera en “A insoportable levidade so ser” e Luis Sepúlveda en case calquera das súas novelas.

    • Do de Kundera non se me quedou gravado nada de ningún animal. A memoria é arbitraria.
      De Sepulveda lin a Historia dun can chamado Leal. Gustoume, pero paréceme un libro máis xuvenil. Tamén me gustan moiti os contos de Bichos de Torga. Pero preferín escritores que non pretendían falar de animais. Que mostran esa sensibilidade case sen querer.
      Grazas polos comentarios. Moi enriquecedores.

  2. Non son moi eu de animais e menos na literatura, pero un exemplo que me gusta é o extenso poema (4000 versos) de Christopher Smart, Iubilate agno. Smart era un señor inglés do século XVIII ao que o seu sogro pechou nun manicomio, e alí escribiu ese poema, que é unha especie de louvanza a Deus en todas as súas criaturas, pero con ben de experimentación, ben de xogo linguístico e ben de esbardallamento tamén (ata o punto que te preguntas se non faría ben seu sogro en metelo alí). Ten unha parte onde fala dos animais para explicar como se ve en eles a grandeza da creación; deixo abaixo un par de fragmentos, en inglés porque me parece apropiado para comprender o traballo linguístico, aínda que me gustaría facer nalgún momento unha versión do poema enteiro ao galego:

    For I will consider my Cat Jeoffry. (…)
    For by stroking of him I have found out electricity.
    For I perceived God’s light about him both wax and fire.
    For the Electrical fire is the spiritual substance, which God sends from heaven to sustain the bodies both of man and beast.
    For God has blessed him in the variety of his movements.
    For, tho he cannot fly, he is an excellent clamberer.
    For his motions upon the face of the earth are more than any other quadruped.
    For he can tread to all the measures upon the music.
    For he can swim for life.
    For he can creep.

    For the Mouse is a creature
    Of great personal valour.
    For this is a true case–
    Cat takes female mouse,
    Male mouse will not depart,
    but stands threat’ning and daring.
    If you will let her go,
    I will engage you,
    As prodigious a creature as you are.

  3. Unha aportación máis ao asunto é un fragmento da entrega do que Alfredo Zitarrosa chamaba “Contracancións”, é o fragmento dun matadoiro de gando no Uruguai. É verdade que xunto á compasión da letra esta o símbolo contra a ditadura uruguaia (se se escoita completa a peza), pero resulta impresionante o fragmento que empeza no minuto %. https://www.youtube.com/watch?v=4bgyqoHcM7k

  4. Non esquezamos a morte do “can” K., ou se queredes K.an, nas liñas finais de O PROCESO de Kafka. Teño por aquí a versión ao portugués:

    Mas as mãos de um dos homens estavam já colocadas na garganta de K., enquanto o outro enterrava a faca bem fundo no seu coração e a fazia rodar duas vezes. Com a vista a falhar, K. ainda pôde ver os dois homens, mesmo à frente dele, face contra face, contemplando o acto final. <>, disse ele; era como se esta vergonha devesse sobreviver-lhe.

    Saúdos.

  5. Vaia, tragou o que puxen entre <>, que era onde saía o CÃO.

    … contemplando o acto final. “TAL COMO UM CÃO”, disse ele; era como se esta vergonha…

  6. Manuel, falando de cans, onte pasei pola biblioteca Sant Antoni e estiven folleando e lendo a contraportada de GOS BLANC (CAN BRANCO), de Romain Gary/Émile Ajar, escritor hoxe esquecido, e que fora compañeiro da Jean Seberg e que tanta polémica levantara daquela. Como estou feito un NAZI/TALIBÁN/TOTALITARIO/SUPREMACISTA… catalán, poreivos un enlace en catalán, onde podedes ler sobre o GOS e o DONO, e sobre aqueles tempos, que tamén son estes tempos: ‘GOS BLANC’: 1968, LA REVOLUCIÓ, EL RACISME I LA SOLIDARITAT (https://www.elnacional.cat/ca/cultura-idees-arts/gos-blanc-racisme-romain-gary_216870_102.html).

    “Angle Editorial ha publicat en català un vell llibre de l’escriptor francès Romain Gary, en una nova traducció catalana de Jordi Martín Lloret, Gos blanc. Es tracta d’una obra de caràcter autobiogràfic, basat en un episodi de la vida de Gary: quan era als Estats Units va trobar-se un gos abandonat que ell, molt amant dels animals domèstics, va adoptar. Al cap d’algun temps Gary se’n va adonar que aquell gos, que tan manyac era amb ell, reaccionava de forma terriblement agressiva amb qualsevol negre. Alguns amics del Sud dels Estats Units van explicar-li que hi havia gent que entrenava especialment a alguns gossos per atacar els negres; eren els anomenats “gossos blancs”. Van recomanar a Gary que el sacrifiqués, doncs ja era un gos gran i impossible de reeducar. Però Gary s’hi va resistir, no només perquè no creia just matar a un animal per l’educació que havia rebut, sinó també perquè creia que tothom, fins i tot un gos, pot canviar. Al llarg d’aquest llibre es relata la lluita de Romain Gary per reeducar el seu gos i curar-lo del racisme.
    … … …

    Tot i que aquesta novel·la de Gary es mou entre els Estats Units del moviment negre i el París del moviment estudiantil, en diferents punts es refereix al moment de revolta globalitzada, a nivell mundial, que es vivia el 1968 (aquest llibre va ser escrit immediatament després dels fets). Va ser un temps en què les revoltes es van succeir pel món: per Mèxic, amb la matança d’estudiants de Tlatelolco, per Txecoslovàquia amb la invasió dels tancs russos, per l’Amèrica Llatina amb l’enduriment del terrorisme i el contraterrorisme … No és casualitat que el mite del Che es difongués en aquest moment, ni que Els condemnats de la terra, de Franz Fanon, es convertís en una lectura molt popular. I Gary capta perfectament que la revolta negra dels Estats Units és molt més que un moviment de negres i que es correspon a un moment d’inconformisme a nivell planetari, que li produeix alhora fascinació, escepticisme i rebuig.
    … … …
    Etc, etc. Botaille unha ollada. Saúdos.

  7. Recoméndolleao autor unha novela en lingua galega. “Manso” de Manuel Lueiro Rey. Cousas dun cabalo na guerra do 36. Ben distraida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s