Correspondencia mínima co president da Generalitat, Quim Torra

Quim Torra. GRISELDA OLIVER.

Xesús González Gómez.

No verán do 2015, na revista electrónica palavracomum, publiquei unha serie de dez artigos titulada Cas obert (una polèmica literària sota en franquisme) escrita directamente en catalán, tal como indica o título. O tema dos artigos era (é) o seguinte: en 1970, o premio novela Sant Jordi, daquela o máis prestixioso en lingua catalá, foi gañado por un escritor novel e descoñecido: Josep Maria Sonntag, cunha novela titulada Nifades. O premio concedeuse la Nit de Santa Llùcia, o 13 de decembro do devandito ano. A novela, teoricamente, debía aparecer para a festividade de Sant Jordi de 1971 (23 de abril), o día do libro, xa que os premios Sant Jordi adoitaban aparecer nas listas de máis vendidos. Curiosamente, o libro apareceu a finais de maio de 1971. Falouse de problemas coa censura… En fin, que o libro apareceu a finais de maio e cousa foi rolando sen problemas até que a principios de setembro, o día 8,exactamente, o dramaturgo Xavier Romeu envía unha carta ao vespertino Tele/Expres (o xornal «progresista» e «in» da Barcelona de finais dos 1960 e case toda a década seguinte) denunciando que a novela de Sonntag era plaxio dunha novela clásica, e erótica –pornográfica, afirmaba Romeu–, chinesa: Loto Dorado, da que desde hai anos existe edición española (Tusquets editores): daquela había que recorrer á versión mexicana (Baal editores) que se vendía baixo man en diversas librarías barcelonesas. O escándalo foi maiúsculo, durou varios meses, houbo intervencións para todos os gustos e desgustos e, clarisimamente, unha manipulación por parte do grupo liderado por Maria Aurèlia Capmany/Jaume Vidal Alcover, este último fora finalista do premio gañado por Sonntag), que lla tiñan xurada ao dueto Josep Maria Castellet/Joaquim Molas (Castellet era o director literario da editorial que publicaría Nifades). Había outros «temas» e outras lideiras en xogo: non me vou espraiar: quen queira saber máis, pode entrar en palavracomum. Digamos que o escándalo se mantivo silenciado na literatura catalá durante moitos anos e o nome de Sonntag non aparecía (cando menos até hai tres anos) nas enciclopedias catalás.

Esta serie de artigos tivo respostas por parte de varias persoas, todas elas catalás. Unha delas foi Quim Torra, hoxe flamante presidente da Generalitat de Catalunya. Tivemos un curto intercambio de e-mails. Como non se di neles nada fóra de lugar, hoxe reproducímolos como pura curiosidade.

…………………………………

De Quim Torra para XGG

25 de febreiro do 2016 ás 22h44

Benvolgut,

He pogut llegir a la revista Palavra Comun, la interessantíssima sèrie sobre Sonntag. Enhorabona, un treball formidable.

Precisament, feia uns dies que buscava informació sobre Sonntag, per intentar entendre què va passar.

De fet, sóc editor (i expresident d’Òmnium) i m’agradaria rescatar aquest personatge -i aquesta història.

No sé si li semblaria que en podríem parlar?

Reitero, la meva felicitació.

Salutacions,

Quim Torra

……………………….

De XGG para Quim Torra

29 de febreiro do 2016

Benvolgut

Fa uns diez vaig rebre un email seu qual vaig respondre tot enviant-li un arxiu en Zip, arxiu que contè un treball sobre el cas Nifades molt bo, fet por una professora francesa de català i publicat a una revista de l’Universitat de Montpeller. Com quil li vaig contestar per mitjà del correu yahoo, pot-ser no n’ha obert, ja que no sè per quin dellonses el “remitent” es una serie estirada de lletres que molts no s’atreveixen a obrir per por de que sigui un “virus”.

Li torno a enviar l’arxiu, i m’agradaria saber si l’ha rebut.

Salutacions

Xesús González Gómez

Xesús González Gómez

……………………………….

De Quim Torra para XGG

29 de febreiro do 2016

Xesús,

Sí!, rebut, moltíssimes gràcies.

És una història fascinant, el felicito de debò.

M’agradaria veure si es pogués reeditar o què podríem fer amb el Sonntag.

Naturalment, m’agradaria molt comptar amb vostè en tota aquesta “operació”.

Si li sembla, estem en contacte.

Molt agraït,

Quim Torra

Quim Torra

……………………

De XGG para Quim Torrra

14 de marzo do 2016

Benvolgut,

avui, per fer un article, he mirat el llibre del que vostè es co-autor, “Les millors obres de la literatura catalana comentades pel censor”. i he recordat que jo l’havia fet una recensió del llibre a la revista gallega Tempos novos, al seu suplement de cultura, Protexta, nº 16. He buscat el suplement, que teòricament havia de tenir i no l’he trobat, aixó que l’envio l’adreça electrónica temposdixital.com/td/protexta/protexta16.pdf

a la qual està penjat aquest suplement, tot i que es difícil de que s’obri, a vegades si ho fa, a la página vint-i.cinc està la meva recensió; en tot cas intentarè a veure se aconsegueixo un exemplar en paper per enviar-li.

una abraçada,

Xesús

……………………….

De Quim Torra para XGG

15 de marzo do 2016.

Benvolgut,

Moltes gràcies, de nou.

És fascinant la història de Sonntag.

Jo tinc una petita editorial, www.acontravent.cat, i em plantejo reeditar  el seu llibre, explicant el cas.

També he descobert que va deixar algun inèdit, com Passeig, passió, mort i ressurrecció de Mannsohn l’home, que valdria la pena llegir.

Molt agraït,

………………………..

De XGG para Quim Torra

3 de abril do 2016

Benvolgut,

fa unes setmanes vaig trovar aquest opuscle dintre dun llibre que vaig comprar al Mercat de Sant Antoni. El texte era benconegut, però penso que la traducció al català d’aquest opuscle no la deu conèixer molta gent.

una abraçada

Xesús

………………..

Dúas notas. O opúsculo que enviei a Quim Torra era: Declaració solemne del Ministeri d’Afers Estrangers de la U.R.S.S. sobre el Pacte Nord-Atlàntic. É dicir, a versión catalá do manifesto da URSS contra a creación da OTAN. O opúsculo fora traducido polo Partit Socialista Unificat de Catalunya e publicado en Francia polo Partido Comunista Francés: (o seu prezo era de dez francos: ao cambio do tempo, unha peseta máis ou menos) un documento case que inencontrábel, en Cataluña, debido a que naqueles anos se alguén era collido en posesión de tal opúsculo, xa sabía o que lle esperaba: torturas e cárcere. Eu atopeino dentro dun libro que comprara para regalar: El reñidero español, de Franz Borkenau, a edición de Península, non a publicada no seu día pola mítica editorial Ruedo Ibérica, o que non deixa de ser curioso, xa que Bokernau pasouse do comunismo a un anticomunismo feroz e foi un dos fundadores do Congreso para a Liberdade da Cultura.

Como curiosidade, reproducimos a recensión que do libro mencionado nos e-mails, Les millors obres de la literatura catalana (comentades pel censor), de Quim Torra e Jaume Clotet publicou no seu día Protexta (corríxense algúns pequenos erros sen importancia)

Destruír o lector

Escolma dos informes da censura sobre a literatura catalá

Os escritores españois, durante o franquismo, sufriron unha dura censura: é cousa de non negar. Mais para aqueles que escribían nos idiomas non oficiais, a censura era dupla. Ou, mellor dito, a censura tiña como fin “a destrución do lector” nesas linguas: o lector debía esquecer que eran instrumentos de cultura e de cotidianeidade. Tratábase de reducir estas linguas (galego, catalán, éuscaro) a “linguas familiares” ou “caseiras”.

Esta é a primeira conclusión que se pode tirar lendo Les millors obres de la literatura catalana (comentades pel censor), en que se reproducen máis de cento vinte informes dos censores franquistas sobre diversas obras catalás, reunidos, prologados e anotados por Jaume Clotet e Quim Torra.

Segunda: as obras máis “castigadas” adoitaban de ser de tipo histórico ou de ensaio e as memorias; e os autores máis “castrados” Manuel de Pedrolo, Terenci Moix, Baltasar Porcel, Pi de Cabanyes, a cuxas novelas o lapis vermello non lles daba respiro.

Terceira: hoxe lense obras “clásicas” da literatura catalá que non se publicaron tal e como foron concibidas polos seus autores.

Os informes están divididos en tres partes: 1ª. 1939-1945: a destrución total; 2ª. 1946-abril 1966 (data en que entra en vigor a “Lei Fraga”): a teimuda resistencia; 3ª. Maio-1966-1980: o franquismo que nunca se acaba (si, só en 1980 desaparece a censura).

No prólogo, os recompiladores intentan un “retrato” do censor e reproducen os criterios fundamentais aos que se deben cinxir os informes: “¿Ataca el dogma?, ¿A sus ministros?, ¿A la moral?, ¿Al Régimen y sus instituciones?, ¿A las personas que colaboran o que han colaborado con el Régimen?” Se estes son os criterios fundamentais, cando se trata de libros en catalán existen outros. Por exemplo, se en 1941 se publican as Obras Completas de Verdaguer, son autorizadas coa ortografía da época (é dicir, non a oficial do catalán despois da reforma de Pompeu Fabra), e como algúns editores pedían permiso para publicar, as denegacións seguían chegando coa engádega: “Se recuerda que estas obras son suspendidas de acuerdo con el criterio que prohíbe las obras regionales”. En 1946, preséntase á censura o libro L’art de ben menjar (un receitario de cociña), e o Delegado de Propaganda de Barcelona, José Pardo (galego de nación, fundador do Centro Galego de Barcelona e, posteriormente dirixente da Editorial Noguer), nunha carta enviada aos seus superiores en Madrid, escribe: “…me permito indicar (…) que por tratarse de una obra de cocina nada justifica la versión en lengua catalana de su contenido y dado que su autorización podría constituir un precedente para otras publicaciones de carácter técnico o no exclusivamente literario, el criterio de esta Delegación es el de no considerar autorizable este tipo de obras en lengua catalana”.

Outra das “teimas” era evitar a aparición das palabras patria, patriótico, nación, referidas a Cataluña (“palabras… que los catalanes usan siempre en el mismo lenguaje ordinario y corriente, sin que ello tenga remedio, cuando hablan de Cataluña”) e, sobre todo, “que no asome la oreja”, como afirma o censor dunha magna Història de la Premsa catalana (que, por outra parte, o  mesmo censor considera unha obra importante).

Que entrega a lectura dos informes? Arrogancia, desprezo, insultos, tedio, descoñecemento, etc., aínda que, de vez en cando, se lograra “marcarlles un gol”, gol que intentan amañar se se produce unha segunda edición do libro. Así acontece con Nosaltres, els valencians, de Joan Fuster. Descoñecemento da linguaxe figurada e da alegoría: La pell de brau e Primera història d’Esther, de Espriu, ou Elegies de Bierville, de Carles Riba, pasan sen problema.

Mais o maior “gol” foi marcado por Joan Sales, cuxa novela, Incerta glòria (unha das mellores novelas sobre a guerra civil), non pasou un dos varios informes: o problema era moral (relixioso), non político. Ao final publicouse, Sales (católico tridentino) conseguiu o Nihil obstat e o Imprimatur do arcebispado de Barcelona: a censura quedou desarmada. Outras obras nunca puideron pasar e o lector, mesmo, pide enviar o informe ao fiscal.

En canto ao que din os censores sobre literatura moderna, hai que dicir que non entenden nada e tratan as obras (e os seus autores) con desprezo: “Extraña novela en fondo y forma” (L’udol del grisó al caire de les clavegueres, de Quim Monzó), “Libro extraño con estilo y forma, con ligero parecido a una novela” (Oferiu flors als rebels que fracassaren, de Pi de Cabanyes); “Novela construída con una técnica muy extraña, con constantes retrocesos, y sin una línea argumental” (Ramona, adéu, de Montserrat Roig); “Esta obrita de Juan Oliver [La Fam] escrita para escenificarla estoy seguro que no conseguirá una semana en cartel, si es que alguien se atreve a representarla”, etc. O que non quere dicir que ás veces non “acerten”, como nos casos de Josep Carner, Joan Perucho, Pla e algún outro; e cómpre subliñarmos a total incomprensión por parte dos diversos censores das obras de Mercé Rodoreda, que pasaron sen problemas.

Os compiladores tamén reproducen cartas de editores e escritores aos responsábeis da censura: o rebaixamento duns e doutros non debe producir sarabullos: cada libro era un acto de resistencia, e como escribía un filósofo hegeliano de 24 anos de idade en 1842, “o escritor non considera de ningunha maneira o seu traballo como un medio. É un fin en si; até tal punto non é un medio para el nin para os demais que o escritor dá en sacrificio a ofrenda do traballo e cando fai falta a súa propia existencia persoal”.

Jaume Clotet, Quim Torras (eds.), Les millors obres de la literatura catalana (comentades pel censor), Barcelona, A contravent, 2010, 230 páx., 20 euros.

Protexta16, outono 2010.

Advertisements

2 comentarios en “Correspondencia mínima co president da Generalitat, Quim Torra

  1. Xesús, non sabía nada desta historia, ou “historieta”, como ti mesmo lle chamas. Nada, pero nada. Nen do autor, nen da novela. A partir de agora, xa cheirarei por Sant Antoni ou por calquer libraría de vello Re-Read, a ver se dou coa “pornográfica” Nifades. E que foi do artistiña da dobre n no apelido? Ti escrebes que:

    “Aquest mateix 2009, arran d’un article a La Vanguardia, de Barcelona, de Marius Serra («El escándalo del Sant Jordi», 14-XII-2009) sobre Josep Mª Sonntag, va ser publicada la carta d’un lector a la que es deia que, des dels anys 80, Sonntag passava l’estiu a una masia que havia comprat i restaurat a La Granadella, i que havia mort feia sis o set anys, no ho sabia ben cert. La qual cosa vol dir que el mateix any que formava part de les llistes d’Esquerra Republicana de Catalunya, a les eleccions municipals del 2003, va morir. Mort de la qual no va informar, que nosaltres sapiguem, cal mitjà informatiu de Catalunya.” (XGG)

    Seguro que morreu no 2003? Eu non o daría por feito. E se tamén plaxiou a morte dun clásico chino? Quen o sabe? Este, dígocho eu, calquer día danos unha surpresa.

    E xa sabes, como algún día che dea por aspirar á presidencia da Generalitat por un partido independentista (nunca se sabe, a vida dá muitas voltas, e a vida política tamén), vélate, mira ben o que fas e vai preparando a defensa, porque o primeiro que vas ter que facer é render contas ante a ultracaverna por este tuteo/’tuiteo’ epistolar co Quim Torra, home xa maldito para sempre a ollos da EspaÑa (con Ñ, non con nh nen con ny) Eterna, quer dicer, para toda a eternidade. E que o Losantos nos colla confesados cuando nos bombardeen. Pénsao ben.

    E cuando nos vexamos, xa me contarás mais intimidades da relación “pornográfica” Sonntag-Nifades.

    Saúdos.

    • Caro amigo, Sonntag morreu no 2003, non o digo eu, senón xente que,supoño sabe delmáis ca min:

      1. Autors. “L’exposició obre portes i ensenya que el patrimoni literari de la ciutat no es queda només amb els noms més importants”, explica Cavallé. S’hi mencionen escriptores destacades en la literatura popular, com Antònia Opisso, poetes com Joan Antònio i Guàrdias (1890-1967) i Ramon Comas i Maduell (1935-1978), i traductors com Josep Maria Güell (1928-2011). També es fa referència, entre d’altres, al novel·lista Josep Maria Sonntag (1944-2003), madrileny que es va instal·lar a Tarragona, i al qual se li va retirar el premi Sant Jordi, que havia guanyat l’any 1970, per una acusació de plagi. “És l’exemple de la marginació”, conclou Cavallé. Pel que fa als autors contemporanis, una de les vitrines de l’exposició està dedicada a l’escriptora Olga Xirinacs (1936).
      http://www.fetatarragona.cat/2015/06/02/patrimoni-literatura-i-tarragona/

      e, digan o que digan os defensores de Sonntag, só fai falta ,ler mpáxinas enteiras de Loto dorado, e de “Nifades”, para comprobar que son reprodución literal… en catalán, claro. Por outra parte, o libro aínda parece, tantono mercado de San Antoni como en librarías Rea o uoutras (as solidarias.org), e o prezo non vai máis alá de tres euros, como moito.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s