‘A carracha vienesa’ vs ‘Parasitismo ilustrado’

Carracha. RYSZARD/FLICKR.

Nos cuartos de final, Lois Z fronte a Fran Castiñeira. Tema: ‘Carrachas’.

A carracha vienesa

–Picouche algún becho en Madrid?

O meu marido Fredo encolleu os ombreiros. Vestía só o pantalón do pixama, lucindo ximnasio e dieta sa, pero no seu lombo destacaba un eritema que parecía a picada dalgún insecto. Insistín en que fose a ver o meu compañeiro o doutor Sequeiros, un dos mellores en Infecciosas, pero negouse ao seu xeito: «Non te preocupes, Carlos». Típico del, deixarme quedar como un neurótico.

Esta conversa quedaría esquecida se Fredo non se erguese dous días máis tarde con febre. Tentou ir traballar pero tivo que volver axiña. Dixo que se cadra collera a gripe en Madrid, onde estivera a semana anterior por un congreso. Pasaron tres días máis e a febre non baixou, e farteime:

–Abonda. Se mañá segues con febre lévote a Sequeiros.

Cedeu e ao día seguinte foi pola súa conta. Non era a miña especialidade (son anestesista), pero pola miña parte funme informando en libros. Fredo recibiu antibióticos e antipiréticos e colleu unha baixa.

Esa tarde atopeime con Sequeiros no hospital, el mesmo me preguntou como andaba o meu home. Aínda non sei con que intención, pregunteille que qué pensaba da picada do lombo. Puxo unha sincera cara de abraio: Fredo non lle falara da picada. Recomendoume que o convencera para volver á consulta.

Eu sabía que Fredo me mentía en algo, e o que estaba a coñecer coas miñas pescudas sobre a picada enchíame o maxín de historias. Ata que entendín que só había unha historia posible.

–Fredo, dime a verdade.

Estaba deitado na cama por quinto día consecutivo.

–Sei que me enganaches. Gustaríame rifar contigo e torturarte psicoloxicamente mentres estás aí doente. Pero quérote demasiado –el mirou estrañado– e penso que a túa vida corre perigo, só porque es covarde de máis para confesalo, ou para non ferirme, tanto ten.

–Non quería magoarte. Funche infiel en Madrid e agora creo que teño algo de transmisión sexual.

–Non tes nada venéreo, idiota. Picoute unha carracha de campo –miroume abraiado– e pasouche unha doenza. Onde estiveches?

–En Madrid.

–Esas carrachas non pican por aquí nin en Madrid senón…

–Basta. Direicho.

Tragou cuspe.

–De Madrid voei a Viena. Vémonos desde hai medio ano. Chámase Dagmar.

–Quen, a carracha?

–Carlos…

–Non, perdoa, tes razón. Non hai tempo para isto, para liortas e reproches. Podes estar gravemente enfermo.

–Só queres asustarme…

–Escóitame ben, isto é serio. En Centroeuropa as carrachas transmiten unha meningoencefalite moi grave e incurable. Pode matarte ou deixarche secuelas neurolóxicas moi graves e non estás vacinado. Tamén transmiten outras enfermidades, como a borreliose, que si son curables e poida que sexan o que estás pasando. Veremos logo que pasa connosco e co tal Dagmar. Agora levareite a Urxencias, téñente que diagnosticar rápido.

Miroume cheo de dúbidas. Díxenlle:

–Prefiro que te divorcies de min a verte morrer. Imos para Urxencias. Agora.

Asentiu. Mentres se erguía pesadamente pola febre, corrixiume:

–Dagmar é nome de muller.

……………………………….

Parasitismo ilustrado

Tadeo premeu «enviar». Enseguida apareceron as dúas marquiñas verdes ó pé da foto. Engadiu: Agora tócache a ti. Mándame as túas tetas. Na conversa do whatsapp campaba a súa pirola, ergueita e inchada coma o tronco dun baobab. De alí a un cachiño apareceu a devecida imaxe na pantalla. «Lavirgen, vaia ubres». Tadeo tecleou a toda présa unha prole de verbos húmidos e transitivos, era un fetichista dos peitos. Como me gustaría que estiveses aquí. Lucy respondeu entusiasmada. O aparvado do meu home está fóra toda a finde. Pódome achegar nun cacho. Tadeo batía palmas coas orellas. Estaba quente coma un roxón. A rapaza ía conducir de Curtis a Santiago só para foder con el. Presentáraos unha amiga común nas festas da Ascensión. A súa moza estaba de Erasmus e xa faltaba pouco para rematar o curso, había que aproveitar. Cando Tadeo lle abriu a porta do piso recordou por que Lucy fora a súa terceira opción daquela noite. El estaba afeito a deitarse coa que quería. Non pasaran de sobarse un pouco mentres tocaba o Combo. Foron ó cuarto e espíronse. Non se detiveron en preliminares. Ela púxose a catro patas e dixo que só por atrás. Tantas ansias amolárono. O que debeu ser gozo, para Tadeo foi un traballo. Nesa postura nin sequera lle vía as tetas. Culminou por facerlle un favor. Ó rematar quedaron tombados na cama un anaco. El colleu o móbil. Lucy estaba moi laverca e non calaba. Buf, coller o coche agora tan tarde, que pereza, soltou ela. Tadeo sentiu un calafrío pola res arriba. Pasaban os minutos e non marchaba. Tivo que pasar ó ataque. Mira, por que non quedas aquí esta noite? Eu vou durmir ó sofá. Ela protestou, que por que non ían durmir os dous na cama tranquilamente, que era grande abondo. El estaba preparado. É que estou raiado. Dei en pensar na miña ex e prefiro ir para o sofá. Lucy xa non contestou, vestiuse e recolleu as súas cousas. Tampouco che pedía que me abrazases e me acariñases o pelo, eh? Joder. Se ías estar con esa cara mellor marcho. El púxose á defensiva. E logo que cara teño? A ver, veña, se queres durmimos xuntos e así pola mañá de paso chúpasma. Lucy respondeu dando un portazo que a Tadeo lle soubo a vitoria. Que ganas tiña de que marchara. Nin o nome lle gustaba. Lucy. Pobre do seu home. El aspiraba a máis, non se explicaba como puido caer tan baixo. Durante a ducha prometeuse non volver foder por whatsapp. Cambiou as sabas e botouse na cama. Colleu o móbil e abriu a foto das tetas de Lucy. Sen quitarlle ollo empezou a masturbarse. Apareceu unha mensaxe na pantalla. Segue en pé o de chuparcha mañá? Amolouno a interrupción, pero detívose a contestar. Vale, pero esta vez mellor vou eu á túa casa.

 

Advertisements

73 comentarios en “‘A carracha vienesa’ vs ‘Parasitismo ilustrado’

  1. De Parasitismo ilustrado gustoume moito o ritmo do texto, paréceme que as palabras están moi ben escollidas e os pensamentos do prota escollidos e ben postos. Admiro moito ser capaz de escribir un parágrafo así e que encaixe ben.
    A carracha vienesa pareceume un relato moi limpo con diálogos que non se atrancan nunca. No referente ao tema gústame máis como o leva o primeiro, aínda que tamén chama á atención o tratamento que lle fai o segundo.
    O meu voto vai para Parasitismo ilustrado.

  2. Quen propuxo este tema? ¬¬’ En Madrid, os nenos están tan acostumados a convivir coas carrachas que lles chaman “cucas” (e en moitos outros lugares, obvio, pero falo do vivido). Por extensión, eu tamén as chamo cucas. Detesto as cucas. Quero tanto que non existan que non quero nin pensar en que existen.
    É dicir, por se non queda claro: quen propuxo este tema? ¬¬’ Por sorte, polo menos un dos dous relatos non parece que conteña o tema para nada… Hahaha.
    Outra cousa que comentar e parabenizar de ambos os dous relatos deste duelo son o uso das comiñas latinas (beeeeeeen!, grazas!) e dos nomes das personaxes (beeeeeeeeeen!, obrigadísima!).

    «A carracha vienesa»
    Gústame o título porque creo que é un resumo moi bo do texto e gústame moito o nome de Fredo polo que significa, que relaciono coa historia; pero teño aí un problema serio entre o frío de Viena e a necesidade de calor das carrachas. Non me gusta nada que me falen ou ler sobre carrachas.
    Mmm… «poida que sexan»?
    O final non me sorprendeu. Esperábamo. Con todo, creo que a historia vai levando paseniño (se cadra demasiado lento) a onde nos quere conducir, detense sen amolar, fai viaxes e pasa tempo sen cansar… Tendo en conta que todo podería ser resumido a moitísimas menos palabras, o exercicio de fondo de conseguir que non canse o xeito de estar exposto así paréceme brillante. Normalmente, tería aburrido ou distraído. Creo que só me pareceu innecesaria a explicación do parágrafo de «Escóitame ben». Cóntase demasiado, explicando como se fose todo o mundo parvo (Fredo e todos os lectores).

    «Parasitismo ilustrado»
    Creo que a persoa que escribiu este conto confundiu «carracha» con «carraxe»…
    Non me gusta o título. Gústame o verbo «campar», a «prole de verbos húmidos e transitivos» (por sorprendente segundo adxectivo) e a axilidade narrativa.
    O de conducir de Curtis a Santiago só para foder lémbrame a un poema de Lucía Aldao que di «chégoche en taxi (iso é amor) a plantar a miña tenda de campaña no teu pazo, a roubarche corazón e cama». Lembrarme a Lucía Aldao é ben. É moi ben, de feito. O problema é que continúo na miña cabeza a recitar a Lucía Aldao e quedo sen ganas de seguir co relato. Pero hai que seguir para poder dicir que me parece un relato moi encadrado no seu tempo, aí falando da Ascensión e todo. Que propio para as datas! Hahaha.
    Neste caso, tamén me parece moi apropiado o nome que se escolleu: Tadeo. Ben!
    Non me convence para nada a forma de inxerir os diálogos no texto, pero entendo o esforzo de formar a historia nun parágrafo e enchelo, con todo, desa vitalidade «fórnica» (hehe) e fluída. Pero… xa vimos demasiadas propostas de intentar sorprender coa estrutura neste certame e coido que hai que intentar dar máis que sorpresas de construción en si das historias. Quero dicir… Hai que traballar algo máis que a estrutura dos contos.

    O meu voto vai para: «A carracha vienesa».

    • Teño que auto-corrixirme porque non son cucas as carrachas senón as cascudas. Iso pásame por chamarlle cucas ou simplemente bechos… Hahahahaha.
      Aclároo por se ides a Madrid e non vos entenden, pero coido que se berrades e choutades sobre o chan do metro, entenden a falantes de calquera lingua. Quero dicir, todas son cucas. Mais en fin, aclarado queda.

      • Como se pode comprobar, todo foi un xogo carracha-carraxe-cascuda.
        A cousa (intencionadísima) foi meterme co tema caca das cucas ou das non cucas. Agora sáenme cucas por todas partes na imaxinación.
        Xa vos vale a todos.

  3. Non sei en que pensaba a Érica ao propor este tema, se era unha vinganza ou tiña unha idea no maxín por se certaba que lle tocase a ela ;). Porque o caso é que ningún dos dous relatos prendeu en min.
    A carracha vienesa daba para un microconto comprimido. En troques, coido que se bota a perder con descricións de enfermidades que penso que non veñen a conto, un desenrolo longo de máis e unha linguaxe algo infantil.
    Parasitismo ilustrado nin me semella un relato erótico, nin unha troula, nin contén nada que esperte o meu interés. É unha opinión estritamente persoal. Lino varias veces porque tiña que votar, pero non me enganchou.
    O meu voto vai para A carracha vienesa

    • O caso é que non pensaba en nada, Amador, e seguramente iso explica a miña elección hahaha. Veume á cachola e escribino sen pensar. E na miña lista de temas había cousas bastante peores que as carrachas, así que xa podedes estar contentxs.

  4. O meu voto vai para “A carracha vienesa”. E a única razón é porque o tema é “carrachas” e no relato fálase dunha carracha. Ningún dos dous relatos me gustou. Pero para nada. “Para nada de todo de vez”, que diría un amigo meu. Son aburridos (para min), aínda que recoñezo que o tema tampouco é para lucirse.

    “Parasitismo ilustrado”… non vexo por ningures ninguna carracha, nin parásito nin moito menos ilustración. Se algún dos dous personaxes fose un psicópata asasino, o autor xa tería medio guión deses films que bota Antena 3 os sábados pola tardiña.

  5. “A carracha vienesa”
    Creo que o texto precisa revisión (notei un “picoute unha carracha de campo” por “picouche”). A historia é sinxela pero funciona ben, e ese liña final que pecha o relato pareceume que lle daba un xiro interesante a todo o narrado. Chioume un pouco esa liña de diálogo na que o narrador explica os perigos de ser picado por unha carracha, sooume un tanto “enciclopédico”, aínda que entendo a elección, xa que o narrador pertence á profesión médica e leva días lendo obsesivamente sobre o tema.
    “Parasitismo ilustrado”
    O texto é moi fluído e ben escrito, e iso que a min as historias de moito folleteo, en principio, non me atraen. As frases curtas e o uso de expresións e vocabulario cotiá danlle dinamismo a historia. Eu si lle vexo relación co tema: os dous protagonistas aproveitanse o un da outra de aburridos que están da vida, mesmo se podería pensar que parasitan ás respectivas parellas, visto que as enganan sistematicamente.
    O meu voto vai para “Parasitismo ilustrado”.

      • Na miña aldea diríamos “picouche” en ámbolos casos mais, como ti dis, si diferenciamos entre “comeute o lobo” e “comeuche unha man o lobo”. Tedes que perdoar se ás veces meto a zoca, pero cando algo me zoa penso sempre en como se diría tal cousa na miña aldea e, claro, a miña aldea non é o centro do mundo XD

    • Para min si que era o centro do mundo até que me meteron nun tren rumbo a Barcelona. De feito, a miña aldea era sinónimo da Galiza. Lugo era Lugo. Chantada era Chantada. Pero a miña aldea era “Galicia”

  6. Humph…
    Están os dous ben escritos, cada un na súa liña, pero non me conquistou ningún deles.
    A min o ritmo de “A carracha vienesa” non me acabou de gustar, paréceme que ten recheos e frases que sobran. A historia, sen embargo, paréceme que dá xogo, sen máis.
    “Parasitismo ilustrado” paréceme un bo exercicio de estilo: áxil, rápido, informal… Vaise un pouco polos cerros de Úbeda para ser orixinal co tema, pero non lle saíu mal de todo XD Este tipo de historias tampouco me encantan, pero é o que quere ser, gústeme ou non. Chocoume que “Lucy” o seña con cursiva e logo sen ela.
    Non teño claro o voto pero como hai que votar… vou ir polas carrachas humanas de “Parasitismo ilustrado”.

  7. Humph…
    Están os dous ben escritos, cada un na súa liña, pero non me conquistou ningún deles.
    A min o ritmo de “A carracha vienesa” non me acabou de gustar, paréceme que ten recheos e frases que sobran. A historia, sen embargo, paréceme que dá xogo, sen máis.
    “Parasitismo ilustrado” paréceme un bo exercicio de estilo: áxil, rápido, informal… Vaise un pouco polos cerros de Úbeda para ser orixinal co tema, pero non lle saíu mal de todo XD Este tipo de historias tampouco me encantan, pero é o que quere ser, gústeme ou non. Chocoume que “Lucy” o seña con cursiva e logo sen ela.
    Non teño claro o voto pero como hai que votar… vou ir polas carrachas humanas de “Parasitismo ilustrado”.

  8. Ningún me convenceu demasiado. Chámame a atención que os dous teñan que ver con relacións e infidelidades, sendo moi distintos entre eles.
    “A carracha vienesa” é demasiado obvio tanto na linguaxe utilizada como na historia. Non lle atopo nada de interese.
    “Parasitismo ilustrado” paréceme mellor escrito, sen ser unha marabilla, creo que está máis traballado.
    O meu voto é para “Parasitismo ilustrado”.

  9. Pois si. É curioso como ambos autores incrustaron o tema carracha entre a infidelidade dos seus protagonistas. Gustáronme os dous. Creo que hai algo máis de solidez no segundo cos personaxes máis labrados (no espazo que dan as 500 palabras). O tirapuxa crapulilla tamén está logrado. En carracha vienesa quédanme un pouco máis fríos o Fredo e o narrador. E como xa apuntaron máis arriba, a explicación da doenza queda algo forzada. Voto por Parasitismo Ilustrado

  10. Non sei que lle vedes de malo, queridos comentaristas, a este fantástico tema. Unha carracha non só é un becho moi interesante desde o punto de vista biolóxico, senón que representa unha chea de estereotipos e alegorías vitais onde agroma o conflito, escusas perfectas para a narración. Quen me dera a min verme as caras con este tema. Agardo temas parecidos en próximas edicións, Couto.

    Cando vin a noticia do “nini”de trinta anos ao que estado lle negou a pensión do pai pensei que alguén ía usar unha das múltiples saídas de carracha… os camiños seguidos polos autores foron algo irregulares.

    “A carracha vienesa” é un relato ben contado, inda que algo simple. O mellor son os diálogos, inda que por momentos haxa partes algo forzadas. Coñezo a alguén a quen unha picada dese becho lle fodeu a vida, quedou tolo de remate, non é broma. E inda así non dei empatizado co que se conta, fáiseme algo artificial, non sei.

    “Parasitismo ilustrado”, penso que igual outro título lle iría mellor. Este é un relato algo máis traballado, como exercicio de estilo non está mal. Creo que o autor tentou experimentar cun tipo de rexistro ao que non está afeito, a min esa linguaxe coloquial sooume algo impostada. As personaxes están ben perfiladas e meter todo iso nun paragrafo ten moito mérito. A mensaxe é sutil pero píllase, parasitismo dixital e persoal. Dúas carrachas a chucharse. Coido que daba para mais.

    O meu VOTO vaia para “Parasitismo ilustrado” por ser máis arriscado.

  11. Estou con David en que a min o tema tamén me parece moi bo, evocador e con moitas acepcións. Moito co que poder traballar. Agora ben, ningún dos dous relatos resultantes me acabaron de convencer moito.

    A carracha vienesa
    Como varios comentaristas antes, creo que o maior problema deste conto é unha excesiva lonxitude. A historia é pequeniña, poderíase resumir en moitas menos palabras e ter o mesmo interese. Tal como esta, temos a sensación de estar dando voltas a algo que xa se albisca un pouco desde o principio e resulta redundante. Solventa un pouco este problema o feito de que os diálogos non están mal construídos e fan áxil a lectura, pero non acaba de despegar.
    En cuestión de fondo teño un pequeno problema tamén de verosimilitude co tema precisamente da carracha vienesa. É porque como di David, eu tamén sei dalgún que lle quedaron secuelas en Galicia pola picada dunha carracha, non fai falla marchar a centroeuropa. Entendo que é un constructo da ficción do relato, pero non o acabei de comprar e iso me ía sacando fóra.
    O mellor do conto e o que para min o redime en parte é o final, sen dúbida ese detalliño do nome de muller anunciado só nunha frase con puntos suspensivos é o mellor do conto, non se vía vir e dótao de máis profundidade. Esta virtude fortaleceríase aínda máis se o autor conseguise reformar o conto nalgo máis breve creo eu.

    Parasitismo ilustrado
    A diferenza de outros comentaristas, eu tamén vexo claramente o tema neste conto. Dúas persoas que son carrachas, chuchándose entre eles, chuchando das súas parellas. Ata o detalliño final de sacar as sabas tamén me parece facer albiscar carrachas por aí. Porén, non acabei de entrar no relato. A personaxe de Tadeo, a cuxa construcción dedica todo o relato, non deixa pouso, é un capullo pero non hai máis matiz nel. Non é que teña que empatizar con el, pero a sensación de repulsión que xenera o cabrón é un pouco morna, supoño que porque non hai nada nel que o redima nin un chisco, e entón non sinto ningunha conexión con el. O mellor do relato é sen dúbida as ferramentas que se empregan para facelo áxil, a capacidade para integrar mensaxes de móbil e conversas, imaxes do pasado repercutindo no presente. Hai recursos ben empregados. Pero ao final todo me queda como un pequeno exercicio de estilo, onde nada do que acontece se queda comigo.

    Dubidei moito entre os dous relatos, pero creo que vou votar por “A carracha vienesa”.

    • Quería comentar isto e ao final enleámonos noutra silveira. Hai casos de borreliose (enfermidade de Lyme) en Galicia, poucos pero en aumento, e de feito inspireime no caso dun paisán que ten que ir a Alemaña a tratarse porque en Galicia, ao non ser endémica, tivo problemas coa diagnose e o tratamento. Non é o único mal que transmiten estes bechos, seguramente os teus amigos colleron algunha infección.
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/vilalba/2017/06/30/vilalbes-enfermo-lyme-ir-alemania-filtrarse-sangre/0003_201706L30C7995.htm
      Outra cousa é a encefalopatía, eu creo que se hai casos na nosa terra, é por xente que viaxou. En Baviera, onde vivo, hai poucos casos a nivel estatístico, pero préstaselle moita atención por ser endémica da rexión e moi moi grave. Pero supoño que isto non é dabondo para establecer a verosimilitude do relato, que é a conexión da doenza de Fredo con Centroeuropa, e por iso tiven que aburrirvos con explicacións técnicas que aportaron pouco, fixeron pesado o relato e que plantexan interrogantes que superan o meu saber sobre o tema, que é moi básico.
      No fondo: pensei que era unha boa idea, apostei por ela e logo vin que me trabuquei e non houbo tempo para rectificar, só para poñer parches no bote. Disto vai este xogo.

      • Oh vaia, que curioso. Lendo o conto pensei que todo o da encefalopatía era parte da ficción para situar ao pobre Fredo en Viena, non sabía que había unha doenza endémica, que interesante. Si, eu coñecín un caso de borreliose por uns coñecidos dos meus pais, e agora que o penso, non sei se tamén alguén me falou de gando afectado pola enfermidade.
        Visto que é certo, é deses casos onde o coñecemento propio impide ver o alleo. Supoño que é dos máis difíciles de sortear na ficción. Non sei como o tería sorteado eu. De tódolos xeitos, creo que se o resto do relato abrigase mellor a idea, non tería problema con esa ficción (que acabou sendo realidade). Ao final como sempre non é cousa de verdade senón de verosimilitude. Estou contigo en que o momento no que se explica queda un pouco artificial, de explicación ténica.
        De tódolos xeitos, penso que era unha boa idea inicial e que había fío para tirar dela. Eu penso por exemplo que o teu conto funcionaría moito mellor facéndoo moi moi curtiño. Quizais faltouche atopar os mellores mimbres de forma para contar o que querías. Eu facendo os meus para este concurso, penso que iso é o máis difícil en realidade.

        Sobre as outras silveiras. Non vexo tanto debate, a verdade. Eu vin o tema nos dous e votei ao teu. Ao final a percepción do tema sempre é persoal, e creo que todos entendemos que se un relato non ten para nada o tema, que pasou de el, sería unha razón forte para non votalo. Creo que a graza dos comentarios é precisamente esa subxectividade, pero precisamente por iso tamén respeto o teu dereito a comentar que non viches para nada o tema no relato do Lois. Eu prefiriría estarmos un bo tempo falando das enfermidades infecciosas que de esas cousas a verdade hahahaha.
        Marcácheste moi bo concurso, fixeches algúns relatos moi moi bos, Desquite para min entre os mellores do torneo.

      • Conste que eu aí pilleino ben, porque o caso que eu coñezo precisamente é de Lyme e o tipo pillouno en Suíza. Unha enfermidade devastadora.

  12. Teño pouco tempo esta semana. Pídovos desculpas.

    ‘A carracha…’ paréceme unha historia cun argumento potente pero quizais non demasiado ben desenvolvido. Os diálogos non me pareceron naturais e as pezas da trama (e isto seguro que foi por causa das limitacións do espazo) non parecen axustadas de todo.

    ‘Parasitismo…’ ten dúas virtudes principais. A principal, que é imprevisible. Que nunha escena tan pechada e ríxida consiga sorprender é algo encomiable. A segunda é que o autor domina o estilo. Un autor cómodo case sempre deixa o lector cómodo. Chámame a atención a discusión sobre se hai carrachas ou non neste relato. E como xa non é a primeira vez que hai dúbidas, para o próximo torneo, se o houber, haberá que recalcar que o tema é unha faísca, un punto de partida. Na literatura ten que triunfar a imaxinación sen tanta regra. Que isto non é o concurso de redacción da Coca Cola :))

    Voto por ‘Parasitismo…’

  13. Rematado o prazo de votación, quero deixar algo claro. Isto non ten relación coa miña derrota, non enviei un bo texto e o final é merecido. Pero creo que hai regras para facer isto máis interesante, regras que non inventei eu, e que deberiamos seguir. Só hai dúas: a extensión e o tema. Unha cousa é propoñer un relato de 505 palabras e/ou que toca o tema tanxencialmente nunha liña. Outra é mandar un texto de 750 palabras e/ou que non faga referencia ningunha ao tema proposto. Porque para min o texto de Lois está moi ben, pero atínxese CERO ao tema. A xenerosidade de varios de vós pode vencellalo ao “parasitismo”, pero ese non era o tema. Era “carrachas”. Pero se para moitos de vós vale, estupendo.
    O problema é que eu me esforcei por tirar algo con ese tema, tal e como outros compañeiros con temas moito peores que lle tocaron. Ese é o chiste. E non escribir o que me pete ou mandar algo que teño nun caixón.
    Con todo, escribir, comentar convosco e recibir os vosos apuntamentos e críticas foi unha experiencia fantástica. Pensei que o ía facer mellor, sinceramente, atragoeime bastante co formato e faltoume tempo e acougo para traballar os textos. Sobre todo, tendo en conta o nivelazo voso. Baixo as mesmas circunstancias, linvos relatos de grande nivel. Grazas por iso.
    Sorte a todos e parabéns a Lois. Seguiremos a comentar por aquí.

    • Grazas a ti, Fran, por participar, pelexar e deixarnos relatos de gran valía. Orabén, sinto discrepar en que o relato do Lois está vinculado cero co tema. E non che vou dar ningún argumento novo (xa o expliquei no meu comentario e asegúrocho que vai quedar clarificado cento por cento nas bases de calquera futuro torneo). O argumento, digo, vaicho dar o Estraviz coa segunda acepción da palabra carracha: http://estraviz.org/carracha.

      Apertas

      • Síntoo, Fran. Pór a xogar o dicionario da Academia co Estraviz é como pór o Celta fronte ao Cequeliños :). E tamén o sinto porque penses que puido influír en calquera porcentaxe no resultado final do duelo que houbese máis ou menos ácaros no texto. Apertas de novo.

      • A acepción do Estraviz pode ser válida. Pero tampouco se fai referencia a ela. Fíxate que se o autor trocase “laverca” por “carracha” xa non teríamos esta conversa. Non é recoñecible. É como se o tema fose “cabras” e inclúo un personaxe tolán e insensato, pero non menciono as cabras, nin fago símil nin paralelismo ningún. Se collemos un lector alleo ao concurso non vai relacionar nunca o relato co concepto a posteriori.
        Evidentemente, non pido que o relato sexa unha fábula de carrachas que falan. Pódese ser moi sutil. Pero facer ALGO. Porque eu aquí non vexo nada. Só digo que se o chego saber, fágoo doutro xeito ou adico o meu tempo a outra cousa.
        Mágoa, non teño ligazón a diccionarios para isto.

      • Vale. Parece que xa podo escribir.
        Pois dicía no outro comentario que non se enviou que na miña opinión, Lois non mirou o Estraviz. Eu nun relato usei «xémeas» e el destacouno con interrogantes. Como marcando un erro. Se tivese mirado o Estraviz, vería que está admitido. Así que me parecería polo menos gracioso que xusto para a carracha tivese consultado o dicionario que eu adoito usar, que é precisamente ese. Ese que non mirou cando falaba da miña escolla.
        Coido que co argumento que aportas, César, será case imposíbel que Lois non diga que así foi, pero co acontecido anteriormente, penso aínda que non. Mesmo se el di que si que se baseaba no Estraviz, non me vai convencer. Penso sinceramente que el trabucou de verba. E non pasa nada se así foi, porque isto era un exercicio e pode pasar que leamos mal.Recibiu críticas non só polo tema e iso é o que lle vai nutrir e o que vai sacar do exercicio. Todos nos confundimos. Remítovos aos Zanis que moitos dicían Nazis porque lían mal o título. Eu mesma en obradoiros entendo mal os exercicios ás veces. Penso que Lois aquí entendeu mal. Punto. Non creo que sexa cousa do Estraviz para nada, despois do que pasou no meu relato.
        Con todo, el poderá agora sustentarse desa acepción ou das metaforiquísimas carrachas que apuntan outros e que a min, como vexo que a Fran, tampouco me convencen. Para min, como fago cos contos que me auto-monto eu soa, a verdade vai ser que o vitorioso Lois se confundiu de palabra. xD
        E a pesar do asunto do tema, que eu xa comentara no meu voto, penso que o relato das vienesas estaba mellor resolto, mellor narrado, máis axeitado. Por iso votei por el. Obviamente, máis xente non pensou coma min e esa xente gañou en votos. Está ben, obviamente. Por iso son 12 votos e non 1. Porén, coido que este duelo foi moi frouxo e que ambos traballos estiveron bastante mal. Ata parece que algúns votantes dubidaron de cal era menos malo á hora de votar. Que triste, non? Quero dicir, que terían que ter feito os dous mellores traballos, porque demostraron anteriormente que podían. Nesta semana, polo que for, relaxaron ambos. E o resultado foi un duelo de pouca calidade (na miña opinión).
        E pola saúde Fran, aínda que estou máis de acordo con el na exposición do tema (porque realmente penso que Lois non mirou o Estraviz e si confundiu palabras), non debera este anoxarse. El condicionou a súa historia para poder meter o tema e conseguiuno! Que tivera escrito cousas mellores se puidese falar do que quixer? Seguro. Xa demostrou que sabe e pode con restricións que lle eran menos restritivas (hehe). Non me imaxino o que é quen de escribir sen pexas polo camiño. Pero o seu exercicio e esforzo por incluír o tema (que a min non me gustou desde que o vin) nótase aquí. Parabéns por iso, Fran. 🙂 Vaise coa súa non-vitoria (endexamais fracaso) un dos relatistas dos que máis gosteis desde a primeira semana, pola mirada narrativa que intuín nas súas frases. Mirada e verbas que agardo non perder desde xa.

      • Clara: Eu non puxen a definición do Estraviz porque pense que o Lois se cinxiu ao tema logo de seguir o dicionario. Senón para demostrarlle a Fran que carracha en galego é máis ca un becho. E o Lois ben puido escoitar como escoitei eu mil veces que alguén é un carrancho (así é como dicimos en Cequeliños). Os dicionarios corroboran a lingua e non ao revés. De feito, hai unha película que se chama O ano da carracha e coido que non sae ningún ácaro zugasangues 🙂

      • Tiven que prescindir de enviar a ligazón do que recolle o Estraviz porque se non non me deixaba mandar o comentario, mais agardo que fique máis ou menos clara a miña postura. =)

      • Si, claro. Hai moitos usos para todas as palabras… Algúns máis estendidos que outros… Pero na miña opinión nin así estaba moi… adecuado. Sinceramente.
        Mais Lois dirá o que queira. Se quere.
        Admiro o dereito á queixa de Fran post-votos. El ten comentado en votacións cando dubidaba que elexía un relato porque trataba mellor o tema que o outro. E claro que é cousa persoal, como di Botana. Quero dicir, el dálle moita importancia porque intúo que para el a ten, non só á hora de escribir senón de votar. Tería comentado isto mesmo se el non estivese neste duelo, teño a impresión. Por iso digo que pola súa saúde mellor non se senta así, porque parece que nota unha certa frustración de que el escribiu algo moito peor do que podería por querer meterse no corsé do tema. E noto no seu enfado que lle parece como que o outro relato está… mofándose, en certo sentido, o que el traballou e no que se esforzou. Como: eu fago o que queira aínda que e mandedes tema. Non penso que o seu comentario veña por un cabreo de non gañar, senón por unha frustración de non comprender como o outro mandou iso. E eu creo cegamente que o outro mandou iso pensando noutra palabra. Nin con mala fe nin por querer pasar do tema.
        Tamén nestes exercicios aprende un que moitas veces hai que pasar máis das cousas porque os resultados son mellores. Dígocho a ti, Fran, mais dígovolo a todos.

      • Grazas polos azos, Clara. Concordo en que foi un duelo moi frouxo e estou moi insatisfeito coa miña obriña, e penso que es moi benévola coa miña participación ata agora.
        En canto ao demais, parecíame algo para salientar e poñer a debate. Oxalá fose noutro duelo, nun que tivese gañado ou un alleo, así non quedaría como unha perrencha de mal perdedor. Porque non o é.
        Por outra, na miña terra “carrancho” é outra cousa, pero nin concordo nin discrepo, eu nunca o ouvira con esa acepción. Curioso.

      • Clara, non lera o teu último comentario. Non te preocupes que non estou anoxado. Só quería salientar esa anomalía, non me parece ben e tampouco me parecería ben quedar calado. E xa está, feito está. O tema non é tan crave para min como poderiades pensar, é un punto de partida, unha agarradeira para saír voar. Pero sen el, paréceme que non ten moito sentido o exercicio, para iso poñemos “tema libre”. Pero non, non me vai dar unha úlcera e doulle ao tema a importancia que ten, non máis.
        Sobre supoñer que fixo ou que pensou Lois, non quero supoñer nada. Se quere, que o explique, se non quere, ben está. Pode ser un confuso ou pode ser algo que me escapou, pero teño dereito a preguntar (en xeral, non a Lois en concreto) e a opinar.
        Boa noite a todos.

  14. A min a verdade é que, como din as bases, chégame con unha achega moi tanxencial para valorar un texto respecto ao tema. De feito valorei moito un relato teu onde queixo aparece como palabra ao final podendo set calquera outra cousa, válgame deus censuralo por algo tan trivial. Non lle quitaría o voto por iso, vamos. En pirata pois tamén había un cd pirata que tamén podía ser calquera cousa. Que vale máis? Poñer a palabra en si, ou unha achega ao significado do tema. Penso que iso é algo que corresponde valorar aos votantes. Para min manda o relato, o que me faga sentir nas tripas, porque en última instancia este é un torneo de relatos.

    • A ver. Eu ao votar dou por suposto que os dous autores se axustaron ao tema. Logo, para min, e isto é moi persoal, valoro o ben integrado que sexa este, pero tampouco é o que máis valoro. Só discrepo no de deixar na man dos participantes se un relato se axusta ou non ás regras. Calquera pode opinar, pero a responsabilidade corresponde á organización. Se ti pensas que un dos meus relatos que aludes tampouco se axustan ás bases, poderías apuntalo no seu momento. A min non me parece comparábel, unha alusión sutil chégame, pero non a vexo. Como apunta Clara, todo puido ser unha mala interpretación de Lois ou unha confusión.
      Só lamento que na vez de estar falando de literatura esteamos a falar disto. E de que unha experiencia que para min fora bonita estea agora dando couces na lameira, facéndome quedar a min mesmo como un “repunante”. Asúmoo, e se vexo algo inxusto, non esperedes de min que me erga e aplaude.
      Off the record, magnífica traxectoria levas ata agora no concurso. Parabéns.

      • Tampouco te fagas sangue por isto, home. Debatir sempre é bo e este debate que abres é moi interesante. As interpretacións e valoracións sempre son subxectivas. Por iso eu sigo a pensar que é máis beneficioso que o filtro o poñan os votantes. Non só mostra isto como é cada lector ante un texto (eu agora sei que para moitos tratar un tema queda resolto simplemente metendo a palabra) senón que da máis posibilidades aos contendentes á hora de obter votos por diversos medios. Fíxate que se o sistema fose a validación pola organización (César) esta daría o visto bueno e igual ata tiñas menos votos… Eu intento axustarme o máximo posible para poñerme a proba, pero non soamente usando os termos senón as significacións como parte inherente do núcleo do texto. Aí estou satisfeito comigo mesmo. Para votarvos a vos xa me viro menos Zani hehehehe…

        Pd: Unha gran traxectoria a túa tamén. Agardo unha revancha a morte a pirolazo teso no barco pirata na seguinte edición do torneo.

      • David, creo que non me entendes. Non me estou subindo polas paredes nin estou vermello de carraxe (non confundir con carracha) por isto, e sobre todo, non o estou porque acadara máis ou menos votos, sobre todo tendo en conta que estou moi descontento co meu propio texto e asumía que podía perder, pero non así. Penso sinxelamente que non concorremos en igualdade de condicións. Se a decisión foi dos votantes (de algúns deles), pois protesto contra vós, incluído César, pero como votante, non como organizador. Claro que eu non vin quen, cando e como se tomou esa “decisión”.
        Penso que me vou retirar deste debate porque non vou aportar nada novo ao que xa expuxen. Sorte aos catro semifinalistas e aí estarei votando e opinando.

      • Non ohh, cando digo que non te fagas sangue é polo que dixeches de lamentarte de estar falando disto en vez de literatura. Para min a percepción dos temas é algo interesante do que falar e nada do que lamentarte. Tes todo o dereito do mundo a dicir o que pensas sen que iso sexa algo negativo, vamos. Eu non te estou a ver patalexar nin nada parecido.

  15. Non tiven necesidade de consultar ningun diccionario porque xa coñecía a existencia dunha acepción negativa da palabra carracha aplicada a humanos. Non escribín o relato ó chou nin me confundín de palabra nin a malinterpretei. Sempre teño o tema moi en conta á hora de escribir o relato, e tamén sei que arrisco porque o criterio nese sentido o pon o votante. A regra é esa. E se logo alguén non conecta o tema co relato, pois mal para min, xa sabía onde me metía. Unha das cousas que me levou a escoller esta aproximacion ó tema foi que estivese en plural, “carrachas”. Quixen describir 2 personaxes que ilustrasen o termo, cada un cos seus matices. Puideno facer mellor, pero a intencion era esa.
    E non me parece nada elegante, Clara, que estando eu presente aqui neste foro para preguntarme o que sexa, des a tua interpretacion persoal de por que escribin o que escribin, coma se estiveras nun chat privado ou a miña palabra non valera nada (que xa empezabas a desacreditar por adiantado con iso de que agora xa ía dicir que mirara o estraviz). De feito eu non queria intervir aqui, pero claro, unha cousa é que Fran de a súa opinion e diga como se sinte e outra que alguen especule, diante de min coma quen di, tal como fixeches.

    • Lin este comentario gracias ao que comentou Amador en referencia a el, pero non me chegan as túas notificacións. Coido que xa me pasou contigo noutro duelo, Lois. Non entendo. :S Chéganme todas menos as túas.
      Lois, non teño xeito de dicirche isto por chat privado. Non teño o teu chat privado. Se falase contigo en privado sobre os teus contos, diríache máis cousas e exemplos concretos de cousas e eivas que lle vexo, para que as teñas en conta e mellores se queres, pero tampouco ía mudar a opinión con respecto ao que leo sen coñecer. E obviamente, tería que manifestalo no meu voto, porque diso vai o xogo. Poderíasmo contar e dicir eu: «ai, pois si, mira, tes razón que aquí aparece… Ai, pero isto que dis non se ve no texto para nada…». Pero o que eu interpreto e teño que entender cando leo sen saber o que houbo detrás non ía mudar. Con todo, creo que o espazo para poñelo é precisamente este, onde tiven que xustificar un voto sen saber de onde tiraras ti a túa idea. Repito que isto é o xogo: escribir, pero sobre todo comentar. E a miña xustificación foi que ti non trataras o tema e confundiras a palabra. Aínda así, non quedei aí e continuei a análise do teu relato. Podía ser outra a xustificación que lle vese eu ao tema, mais é esa. Votamos ás cegas e, queiras ou non recoñecelo, ti tamén tes que montar unha historia para supor certas cousas que aconteceron na creación dos contos que votas. Só dixen e repetín que a miña historia foi esa e o meu voto non se vai mover, polo que continúa a ser esa. Non sei se será elegante, pero coido que si respectuoso e equitativo. Non tería sentido que non chegasen a ti todos os comentarios e divagacións xeradas polo teu relato. Pola miña banda e pola de todos os participantes. Trátase disto, repito.
      Fíxate que eu só falei da miña percepción e xustificación do tratamento do tema pola túa parte (e pola parte de Fran, así como por outras partes en outros duelos). En ningún momento dixen que ti non coñeceses a palabra (que non sería malo, tamén che digo), senón que pensaba que fora unha confusión. Pensa que polo menos eu lin coa máxima atención o teu relato para poder dicirche cousas que che aportasen algo (queiras ou non aproveitalas, servan ou non de algo). Iso pretendín e ninguén me forzou a facelo, como si te viches ti forzado a re-ler relatos, como lembra Amador. Hai comentarios que segundo como pillen a un, segundo como sexa un e segundo como ti os digas (sobre todo como digas as cousas, non o que digas) poden ferir. Manqueiche eu co meu comentario? Non era a intención e penso que non é o que amoso. Para nadísima. De feito, defendín ante o cabreo de Fran que o teu fora unha confusión sen mala intención e sen pretender pasar do tema porque che dá a gana, porque podes conseguir votos igual e porque queres. Non vexo eu a carencia de elegancia no que dixen desde o principio e continuei afirmando, pero intenta polo menos sacar os puntos técnicos que poidan ser para ti de utilidade e esquece esas cousas sen intención que estás querendo ver no que dixen. Se non ves ningunha axuda nos meus comentarios, mellor que non os teñas en conta para ninguna cousa. Se non son de proveito, sinxelamente desbótaos. Será mellor para ti e para os teus relatos futuros.

      • Non teño ningunha carracha co comentario no que carrachaches o teu voto. O que non me carrachou foi que unha vez rematado o carrachón e aberto de novo o carracherío entre autor e lector, porfiases en que fixen a carracha e mesmo dixeses que como César carrachou a definición do Estraviz eu me ía carrachar diso para darvos carracha por lebre. Iso foi unha carrachada (outra máis) pola túa parte. De verdade é máis doado carrachear que non sabía do que estaba carracheando e que fun acertar de pura carracha cunha acepcion secundaria do termo? Pode que alguén non carrachase a conexion, acéptoo sen ningunha carracha, pero só con carranchar no título vese a intención de facer carrachas co tema (a carracha é un parasito).

        E si, recarrachear algúns dos relatos paréceme unha carrachada. Nin que fosemos o santo carracho, a veces saenos o tiro pola carracha e xa está. Botana e Guillermo (os 2 autores carrachados) escribiron outros relatos carrachísimos, pero eses dous non. No meu top10 están desquite, rataleon, enicar, arcade, 12345, kluber ross, maleta, talvez de ida e volta ou o das sereas, pode que a torta e peza a peza… Queda un top10 tremendo (e case sen repetir autores!), con relatos carrachudos. É así, algúns relatos danme carrachas de imprimilos e enmarcalos e outros de queimar o monitor. Unha carracha non quita a outra.

        Un saúdo e que vos pique unha carracha.

  16. Non entendo, Lois, que che molesten os comentarios da Clara, cando ti mesmo tes dito cousas piores doutra xente (cousas como que te tiñan que castigar para ler de novo dous relatos). Non teñas a pel tan gina. O debate que encetou o Fran seméllame un bo debate. Se hai regras, hai que cumprilas. Xa comentei iso no relato do barco sen dono. Pouca xente conta as palabras dun texto. É a organización a que tería que salientar se un texto excede a lonxitude. E as votantes decidir co seu voto se é relevante ou non a “ilegalidade”. Non digo que neste relato te baseases nesa acepción que eu descoñecía, ou que non te cinguises ao tema (estritamente falando). Si mo pareceu no barco sen dono. Pero tampouco quero persoalizar en ti. Coido que o debate é máis amplo e que as bases terían que ser claras: non é obrigatorio cinguirse ao tema proposto, podes usar o tema para tratar o tema contrario, as votantes decidirán se a autora se cinguiu ao tema, ou calquera outra fórmula que a organización teña a ben pór…

    • Copiado das bases:

      “Os relatos deberán ter entre 150 e 500 palabras, sen incluír o título. A organización resérvase o dereito de aceptar algún relato que non cumpra esta norma por unhas poucas palabras, pero farase público este incumprimento para que os votantes teñan en conta isto, se queren, na súa valoración.

      O relatos deben ser orixinais e inéditos, e deben tratar o tema proposto para o seu duelo, polo menos de forma tanxencial. Serán os votantes e non a organización quen penalicen, cada un segundo o seu criterio persoal, o cumprimento este apartado.”

      Eu, non sei vos, vexoas bastante claras. O debate interesante non é o cumprimento ou non das regras, porque para min iso está máis que claro. Cada votante, un xuíz. Senón a percepción do que é válido ou non para a abordaxe dun tema desde a perspectiva de cada un. Un debate que estivo facendo, por outro lado, desde os comentarios. A min gústame bastante ver o distintos que sodes todos, a verdade. E penso que iso enriquece bastante a labor deste torneo.

      Queredes que César (que está a llevar isto el só, creo) se encargue tamén de facer de xuíz de temas? Aparte do que fai xa: correxir grallas gramaticais polas présas (grazas de novo meu), contar palabras, facer publicidade disto, organizar, conteo de votos, edición, maquetación, buscar fotos, escribir o seu relato e votar…amén de outras cousas que fará para comer, imaxino.
      Sendo así igual tiñamos que facer comúns ou algo e ir rotando esos deberes de cara o seguinte torneo, que igual non é mala, vamos.

    • Está moi ben meterse no corsé do tempo, do tema e da extensión. Pero non vos esquezades de que isto é un formato-axuda. O premio é para 1, non para os 16 que comezamos. E o premio é simbólico, non son setenta mil euros. O premio que levamos todos, o máis grande e útil, son os comentarios. Que outros ollos lean o que escribimos e que sexamos quen de ver como outros ven o que nós escribimos pensando posibelmente diferente. Insisto: isto é un exercicio. Canto máis presiones en ti, máis saberás canto dás de ti para amoldarte ao exercicio. Podes facer mellor exercicio e ter un peor resultado (máis pexas, peor relato), pero seguro seguro que se fas un mellor exercicio, elaborarás no futuro mellores relatos.
      Non vos esquezades de que isto está plantexado desde o inicio como un xogo. Ide coas verbas por diante e non coas mans!

    • As bases danlles potestade aos votantes para decidiren se o tema se trata ou non. En bases futuras cambiaremos iso para que se perciba que o tema é, como xa dixen, unha faísca, e non o realmente relevante. O relevante é a literatura!

      E por alusións, a extensión cumpriuse en todos os relatos, sempre con esa flexibilidade tamén expresada nas bases.

      • Non sei se é necesario cambiar a base. Non sei o que é necesario. Se a decisión de que este relato si cumpre co tema foi tomada polos votantes (ou parte deles), protesto contra esa decisión, non contra a base. Valoro moito o teu esforzo, César, por levar adiante todo isto. Se cadra é un “marrón” deixarche esas decisións á organización (ti!), pero poderías ter un “voto de calidade” con estas polémicas. En todo caso, xa deixaches clara a túa opinión.
        Por certo, houbo votación para ver cal era o mellor relato, pero non sobre se un relato se axusta ás normas. Só opinións particulares, e non de todos os que votaron, por non falar dos que non votaron. Xa me recomendaredes ti, David e outros unha boa óptica para que eu compre unhas lentes e vexa eu o que vós vedes, porque a min se me escapa.
        Que non luxe isto unha grande proposta como é este certame. Agradézoche sinceramente os esforzos para levalo adiante.

      • Non considero necesarias lentes de ningún tipo, Fran. O bonito do asunto para min é o teu mirar distinto ao meu. No que eu podo aprender cousas que non vexo. Ti di o que ves e eu farei o propio, malo será que entre dous choscos non se dea visto algo. Hehehehehe…

        Pd: tamén pasa que estas cousas fálanse cunha caña diante e xa está. Pero ao escribir todo colle unha dimensión algo esaxerada.

  17. Xa é a segunda vez que “o ideólogo” do certame obriga a recontrarredactar as bases. Non sei se será boa cousa esa, aínda que desta volta resulte moito máis inofensivo abrir a man na temática proposta que xustificar conductas pretéritas creando un pequeno obradoiro de plaxio.
    Así e todo, eu só vexo dúas saídas posibles para evitar futuros mal entendidos: ou prescindir da temática ou facela máis restritiva aínda.

    Dito isto: Lois, un relato espectacular. Concordo con César no tema do estilo. Parabéns.

    • Pequeno obradoiro de plaxio! 😂😂😂
      Eres mundial, Pablo. (Xa teño tema favorito para o seguinte torneo). Entón…se se restrinxe máis o tema fará falta un xuíz de temas? Quen será a voz da razón? Quen quererá pasar o traballiño de aguantar aos autores? Igual é mellor liberalo e escribir cada un do que lle saia da nabiza, total. Cando entrecomillas ideólogo en que plan o fas? Porque que eu sepa sí que é o ideólogo entón o entrecomillado pode ser irónico? Pexorativo? Molabame máis verte a comentar nos relatos que verte aquí tralo cheiro do sangue. Moito tardan as feridas en fechar… A min con estas historias a verdade é que me dan sobre todo ganas de escribir na casiña e que me coman as vacas os relatos. Total para o que gaño pouco máis ten.

      • Hostia, David, non! Como pexorativo? Era polo palabro, ho!

        A ver, na miña opinión as queixas verquidas por Fran están lexitimadas, e dicho alguén que pasou esta mesma fase na edición anterior porque houbo participantes que acusaron ao seu rival de non cinguirse ao tema (e iso que eu sempre pensei que, acertadamente ou non, si se cinguira).
        Tamén penso que o relato de Lois dálle sopas con tiracoios ao de Fran, e a diferencia do que expresaron varios participantes, considéroo no top 3 da presente edición.

        O que procuro manifestar (e xa o procurei na edición pasada) é que se todos deberiamos facer por respectar o formato e aos compañeiros, o ‘ideólogo’ (palabro) e colaborador habitual da paxina, máis aínda. Retocar (outra vez) as normas por unha polémica protagonizada por el non creo que sexa a solución. Aínda que xa digo, desta volta, a solución para lexitimar o comportamento, non semella ir caer no esperpento da última vez, cando, molesto un participante porque se lle plaxiase, a solución consistiu en obrigar nas bases a plaxiar a mantenta.

        Resumindo: que a muller do César blablabla…

        P.S.: A miña opción sería liberalizar o tema.

      • Ahhh… Pois a min a nova regra ben que me gustou. Liches o relatazo “plaxiador” de Marcos? E as múltiples referencias ao Enicar de Guillermo? (Tamén saíron uns cantos churros de coidao, pero como experimento molou a mil).
        Eu penso que a cousa así está ben. Non entendo demasiado ben o problema cando é cada autor o que censura ou non o relato co voto. Democracia directa, vamos. A min foderiame de verdade perder os temas, quedar sen a oportunidade de meter un Anal Intruder en cuartos de final…

  18. Subscribo palabra por palabra o que deixou escrito Francisco Castiñeira. Entre outras cousas porque non é a primeira (nin a segunda) que Lois Z o fai. Eu voto para que se aclare a norma porque iso de “forma tanxencial” queda moi subxectivo. Para min “tema” significa que o relato ten que xirar sobre a palabra proposta. Se o tema é “X”, o relato versará sobre “X” e non sobre “o que eu penso ou me suxire a palabra X”. Dito isto, noraboa ao campeón do duelo. E que as semis teñan polo menos o nivelazo dos cuartos.

  19. A min préstame que xs autorxs teñamos tema obrigatorio, dalle tensión ao duelo. E, a nivel máis persoal, a min axúdame a arrancar coa historia. Tamén estou a favor de que se aclaren as normas para evitarmos disputas ou enfrontamentos (que tamén son cousa boa, ollo).

  20. Eu non ía entrar ao trapo… pero mira, teño o día libre XD
    As bases (que limos e aceptamos ao nos apuntar ao xogo) estipulan que xulgar se o tema está tratado como debe estalo recae nos votantes. Hai algo máis xusto ca iso? De verdade hai que cambiar as bases porque un de nós crea convinten que todos pensen coma el? Non lle quito a razón a ninguén precisamente porque a cuestión é subxectiva. Eu, persoalmente, teño recordo de casos máis sangrantes de non tocar o tema (ai, pero incluían a mesma palabra, e iso si o é? Mesmo se só é de refilón e recheo?) e o que se fai é baixar santos na casa e votar polo outro, que é o poder que temos. Esta é a miña opinión persoal, como son persoais as vosas opinións, pero si que me flipa un pouco que se líe esta leria cando noutros duelos pouco vos queixastes de relatos que directamente non cumprían unha norma clara do torneo (conter algo de relatos previos) ou que todo o que tocaban o tema era incluír a mesma palabra nalgún punto. Con diola! :*

    • “Con diola” é de bon rollo, que xa sei que estes exabruptos do meu grupo de amigas ás veces caen polo lado que non é 😀 Ah, e como di Eva, a min préstame o do tema. Dá que pensar, amosa formas distintas de pensar e entender e facilita a creación.

      • Sabela: De cambiárense as bases vai ser unicamente para superar a ambigüidade do adxectivo “tanxencial” e reforzar a creatividade e imaxinación ao tempo que se garante que sexan os xuíces (votantes) quen decidan se é ou non coherente cada relato co tema.

        Sobre o da inspiración noutros universos, ao final non houbo sanción porque foi culpa miña que moita xente non se decatase. Nas bases había posibilidade de equívoco. No futuro crearemos unha rolda de inspiración allea e ademais xa anuncio que se vai limitar a catalogación de universos. Só se vai poder aludir a un ou como máximo dúas poéticas dos compañeiros. Grazas

      • Fran, falo do conxunto dos comentarios, mesmo se comezaron polo teu, non sinalo. Persoalmente penso que sería unha mágoa que non queiras volver participar, os teus textos foron marabillosos; este foi o que menos me chistou, pero escribiches cousas exemplares. Apertas!

      • Non, Sabela, dixen que non entraba no do cambio das bases. Non pensei para nada se participo na vindeira edición ou non, non ía por aí. Alédome que che gustaran os meus textiños. Unha aperta.

  21. Ai, jesús, perdoa, Érica!
    Ok, só quería opinar. Así imos perfeccionando este torneo. Parabéns polo traballazo! 🙂 Apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s