Boas e malas lecturas, bos e malos novelistas

Xesús González Gómez. No anterior artigo reproduciamos o que sobre diversos escritores nacidos en Galicia comentaba o xesuíta Pablo Ladrón de Guevara no seu libro Novelistas buenos y malos. Avanzabamos que tanto institucións como cregos da Igrexa católica publicaran unha serie de guías de boas e malas lecturas para «información» do lector en xeral, e…

As ánimas na véspera de Defuntos

“Ó fin –di a xente– morrer hai que morrer“. Vicente Risco   Nati Rey. Coa chegada do cristianismo a Europa de cultura céltica -de bo ou mal grado- as elites acabaron por aceptar e asimilar unha gran parte do calendario sagrado precristián, caso da celebración do Samaín, que se celebraba a noite do 31 de…

A exótica historia da flor de Santiago

César Lorenzo Gil. Non é habitual que se publiquen en galego libros-obxecto. O reducido mercado e o paulatino pero absoluto abandono do apoio institucional (incluídas fundacións relacionadas coas principais empresas) fan practicamente imposible a aposta por edicións custosas. A pesar de que os prezos de impresión e maquetación se reduciron tras a crise e a…

Autores e libros non recomendábeis

Xesús González Gómez. Á parte do famoso Índice, durante anos, diversos cregos e institucións católicas publicaron guías de «boas e malas lecturas», ou de «bos e malos novelistas». Evidentemente, a literatura, maiormente, nada tiña que ver con estas listas, só unha certa moral, rancia e reaccionaria. Desta serie de guías, en español, a máis coñecida…

‘As neuronas irmás’, dor, beleza, ciencia

César Lorenzo Gil. Estíbaliz Espinosa gañou o Premio Afundación de poesía 2017 con As neuronas irmás, un poderoso libro que en moitos aspectos continúa, en canto a temas e motivacións, o traballo que a autora empezara en Curiosidade. Ler ambos textos pode ser unha magnífica forma de achegarse a unha das poéticas máis orixinais e modernas da…

O misterio da bandeira galega

César Lorenzo Gil. O deseñador Pepe Barro presenta estas semanas o seu libro Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (Xerais). Con tal motivo María Obelleiro entrevístao para o semanario Sermos. Durante a conversa, Barro di que “hoxe sabemos que a bandeira da banda azul sobre fondo branco é un invento de Manuel Murguía e da…

Correa Calderón e o surrealismo

Xesús González Gómez. Agosto 29-30-31.– Cando no seu día (1982) a Editorial Taurus publicou, na colección Persiles, serie «El escritor y la crítica», o volume El surrealismo, en edición de Victor G. de la Concha, sei que lle botei unha ollada nas librarías e, en vista do seu contido, decidín non compralo. Hai uns días…

A coidada documentación

Eva Moreda. É este un sintagma, o da coidada documentación (coas súas variantes: exhaustiva, esforzada, etc.), que atopamos adoito en ditames de xurados; tamén, con menos frecuencia se cadra, en críticas de novelas. En principio, poderiamos pensar, todo ben, e máis tendo en conta que se dá no noso sistema unha certa sobrerrepresentación da novela…