Os libros máis lidos nas bibliotecas barcelonesas

Maria Mercé Marçal.

Xesús González Gómez.

Vexamos cales foron os libros máis prestados nos apartados de poesía, novela adultos, novela mozos e novela estranxeira por estas bibliotecas durante o terceiro trimestre deste 2018. Non relacionamos o apartado de non-ficción, porque neste apartado todos son manuais de idiomas ou libros de auto-axuda, agás un, que ocupa o número 4: Bon dia, són les vuit!, do coñecido «comunicador», é dicir, presentador de programas de radio e televisión, Premio Josep Pla 2018 con este libro, Antoni Bassas.

No apartado poesía, os 10 libros máis prestados foron:

  1. Historias de un náufrago hipocondríaco, José A. Gómez Iglesias, Defreds.
  2. Otras maneras de usar la boca, Rupi Kaur.
  3. Direu nosaltres, Roc Casagran Casaus.
  4. Segunda antología de poesía española, Edición, notas y propuesta didáctica de Félix López.
  5. Aquesta és la meva carta al món, Emily Dickinson.
  6. Amor y asco, Srtabebi.
  7. Indomable: diario de una chica en llamas, Srtabebi.
  8. Res: poemes (1988-1992), Mircea Cartarescu.
  9. Poemes Inèdits. Gual permanent, Joan Brossa.
  10. El meu amor sense casa, Maria Mercè Marçal.

 

Cinco títulos en catalán e cinco en castelán. Dúas traducións ao catalán e unha ao castelán.

 

No que respecta a novela para «adultos», a clasificación foi:

  1. Patria, de Fernando Aramburu.
  2. Todo esto te daré, Dolores Redondo.
  3. La força d’un destí, Martí Gironell.
  4. Las hijas del capitán, María Dueñas.
  5. Nosaltres dos, Xavier Bosch.
  6. La fugitiva, Blanca Busquets.
  7. La dona a la finestra, A. J. Finn.
  8. Los pacientes del doctor García, Almudena Grandes.
  9. Los herederos de la tierra, Ildefonso Falcones.
  10. El guardián invisible, Dolores Redondo.

 

Catro títulos en catalán, seis en castelán, e unha única tradución, ao catalán.

Polo que toca a novela estranxeira (é dicir, en idioma orixinal) a lista é a seguinte:

  1. The girl on the train, Paula Hawkins.
  2. 4 3 2 1, Paul Auster.
  3. Origin, Dan Brown.

4 – A manual for cleaning women: selected stories, Lucia Berlin.

  1. Breakfast at Tiffany’s, Truman Capote.
  2. Wonder, R. J. Palacio.
  3. The remains of the day, Kazuo Ishiguro.
  4. Zero K, Don de Lillo.
  5. Frankenstein or the modern Prometeus, Mary Shelley.
  6. Just after sunset: stories, Stephen King.

 

E no apartado «novela xuvenil» o ranking é o seguinte:

  1. Wonder, R. J. Palacio (versión catalá).
  2. La noia de la caravana, Natasha Preston.
  3. Pluto: una historia wonder, R. J. Palacio.
  4. Apple y Rain, Sarah Crossan.
  5. Mentida, Care Santos.
  6. El soterrani, Natasha Preston.
  7. Desconeguts, David Lozano Garbala.
  8. Con amor, Simon Albertelli.
  9. Xènia, tens un whatsapp?, Gemma Pasqual i Escrivà.
  10. A 677 km. de casa, Mark Lowery –non se indica se a versión catalá ou a castelá, aínda que se reproduce a portada da versión catalá.

Aquí o catalán gaña por goleada, e repítese o caso das vendas en librarías: véndense máis exemplares de novela infanto-xuvenil en catalán que en castelán, cando se pasa ao apartado de novela «para adultos», adoita venderse máis os libros en castelán. Dáse o caso curioso de que habendo versión catalá do libro, por exemplo de 4 3 2 1, de Auster, ou L’ordre del dia, de Vuillard, mesmo entre os catalano-lectores se compre a edición en castelán, que ten o mesmo prezo que a catalá. Neste terreo gañáronse algúns puntos. Non hai moitos anos as versións catalás de novelas escritas en castelán: Soldados de Salamina, de Cercas, novelas de Eduardo Mendoza, La catedral del mar, de I. Falcones e outros, eran, cando se traducían ao catalán –e houbo unha verdadeira febre tradutora de novelas escritas en castelán que se desenvolvían en Barcelona ou Cataluña–, líderes de vendas: finalmente decatáronse (os lectores) de que as versións orixinais adoitan, case sempre, ser mellor que as traducións. Ao lector catalán, porén, aínda lle falta subir uns chanzos máis e fiarse dos seus tradutores. Tradutores que empezaron a facer versións moi «literarias» mais que hoxe entraron na normalidade. (nas primeiras traducións catalás de novelas policiais americanas eran moi curiosas: os gangsters tratábanse de vostede ou dirixíanse entre si co pronome de segunda persoa vos, en singular, e outras marabillas: colla o lector as versións de Manuel de Pedrolo de autores como Faulkner, Dos Passos, Steinbeck, Kerouac e outros: soan resesas; ou as de Ramon Folch Camarasa: moi correctas mais insoportábeis… entre outras) En fin, tamén pode pensar o lector que acontece en Cataluña o que pasa en Galicia: os rapaces de trece ou catorce anos, e menos, len en galego, cando medran, esquécense de ler (hai moitas e variadas formas de se divertir sen ter que pasar o tempo lendo), ou «pasan» de ler o escrito (ou traducido) en galego.

Tamén, acho, sería interesante comparar as listas de libros máis vendidos o día de Sant Jordi coas listas de máis lidos que dan estas bibliotecas, tendo en conta que a maioría, por non dicir todos, dos títulos máis vendidos aquela xornada (e dos que saen nas listas dos xornais) adoitan estar un mes despois, ou antes, nestas bibliotecas. Nas bibliotecas da cidade condal, non sei se tamén nas de provincia, adoitan entrar cada mes entre cincuenta e cen títulos en cada biblioteca, a maioría de ficción e, en segundo lugar, títulos que teñen a ver coa especialidade da biblioteca. Por exemplo, a que teño máis perto de casa, Biblioteca Agustí Centelles, está especializada en fotografía; a Joan Oliver, a un km do meu domicilio, en novela policial, a Francesc Boix, del Poble Sec, en campos de concentración e Guerra civil española, a Mercé Rodoreda, do Guinardò, en poesía, etc. Como curiosidade, digamos que se poden levar á casa, durante un mes, renovábeis se non son pedidos, até 30 documentos (libros 15 libros e revistas, 6 DVD e 9 outros documentos (CD, CD-ROM, videoxogos, etc.)

2 comentarios en “Os libros máis lidos nas bibliotecas barcelonesas

  1. A estas alturas da historia universal da leitura, xa todo o mundo sabe que o Xesús é un gran leitor; e que ninguén se sinta agraviad@, que xa sei que por estes recantos anda xente con muito interese polos libros e pola leitura. Todas as librarías de novo e de vello, as bibliotecas de Babel inventadas por tod@s @s Borges, e mesmo os mais agachados furanchos con libros, son obxecto da sua ollada escrutadora e da sua voracidade leitora. Que capacidade leitora a do noso heroi… Cuando se faga a lista dos 10 grandes leitores, e xa non digo da Galiza, de Catalunya ou do Estado espaÑ/NH/NYol, senón do mundo inteiro, eu coido que o Xesús aparecerá nela, non sei se de primeiro ou de décimo, pero aparecerá. Os domingos pola mañá debe ser dos primeiros en presentarse no mercat de Sant Antoni dos libros para furgar exaustivamente en todas as paradas e apañar o mais relevante delas. Como vaiades despois del, e ir antes é case imposíbel, xa vos podedes conformar cos restos, que o mellor levouno el. Apesar de terlle dedicado algúns artigos, se eu fose o Cequelinhos xa lle estaba propondo un libro sobre os seus dominicais mundos librescos erguidos a conta do mercat de Sant Antoni. E mais nada. Teñan un bon día e un bon libro. E se non teñen un bon libro, pídanllo ao Xesús, que el fará realidade os seus desexos leitores.

    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s