Costa Clavell fronte a Alonso Montero a conta de Castelao

DIARIO DE LECTURAS

Xesús Alonso Montero.

Xesús González Gómez.

Nunha anterior entrega deste informal (e informe –ou deforme) Diario de lecturas, na entrega correspondente aos días 7/8 de agosto, diciamos que reproduciríamos unha recensión do folletiño Castelao, de Xesús Alonso Montero; recensión que se publicara nun xornal barcelonés, no vespertino Tele/Expres. Velaí o que dicía tal recensión (dámola en versión orixinal):

 

LIBROS GALLEGOS

 

CASTELAO Y LOS REFRITOS DE ALONSO MONTERO

Hay hombres, personajes, a quienes la posteridad trata en ocasiones con exagerado respeto y, otras, con muy poco. Unas veces aparece desfigurado su auténtico perfil histórico —e incluso estrictamente humano— por efecto del ditirambo y otras por el de la gratitud o el de la manipulación. La vida y la obra de estos hombres son tergiversadas  con frecuencia. Todo el mundo entra a saco en la una y en la otra, sin método alguno y con muy escasa fidelidad a la verdad histórica. Es lo que viene ocurriendo hace años con la popular, noble y transcendental figura de Castelao. Mientras unos se empeñan puerilmente en minimizarla —incluso todo un alcalde de Santiago de Compostela se ha permitido hace poco decir que Castelao “no merecía ni siquiera una conferencia”— o en reducirla astutamente a unos límites concretos e inocuos —de humorista estricto, por ejemplo—, despojándolo deshonestamente de su importante dimensión político-social, algunos, como Alonso Montero, se atreven a enmendarle irresponsablemente la plana a su verdadero pensamiento, endosándole gratuitamente la etiqueta de marxista, contra lo cuál, por supuesto, si fuese cierto, si fuese adecuada, no habría, en absoluto, nada que oponer.

El profesor Alonso Montero acaba de publicar un librito titulado “Castelao” —Akal Editor, Madrid 1975— en el que recoge media docena de artículos suyos sobre el autor de “Sempre en Galiza”. “Castelao —dice Alonso Montero en el “limiar”— está agardando un libro grande i este non o é, nin xiquera no corpo”. Desde luego. El suyo no es, en rigor, ni siquiera un libro, sino una simple reproducción de artículos ya publicados anteriormente en diversos periódicos, es decir, en más claro romance, un conjunto de refritos, mal empaquetados, que no aportan absolutamente nada al conocimiento de Castelao y de su obra. Todo lo que dice Alonso Montero en este magro, remendado y desangelado “Castelao” suyo lo han dicho antes, y bastante mejor, otros muchos escritores gallegos. Para este viaje no precisaba ciertamente alforja alguna el profesor Alonso Montero. Cualquiera con su propio bagaje hubiera podido hacer tal viaje. Porque, ¿qué escritor gallego no ha publicado en su vida diez o doce artículos sobre Castelao?

Pero, en todo caso, su liviana aportación no es lo más reprochable en estos refritos, sino el que, ni corto ni perezoso, saltándose a la torera la verdad histórica y el propio contenido de la obra del líder galleguista, Alonso Montero se permite afirmar que “Castelao diseña situaciós e peripecias nas que subxaz un planteamento rigurosamente marxista”. Todavía están afortunadamente vivos muchos amigos de Castelao y a todos aquellos con quien hablé de este asunto les he oído —y no se trata de antimarxistas precisamente— rechazar, con mayor o menor indignación, la especie alegremente propalada por el profesor Alonso. Y es que Castelao no precisa en modo alguno que nadie le recomponga con afeites la fisonomía política.

La desafortunada manipulación de Alonso Montero ha sido denunciada recientemente —abril, 1975— por Méndez Ferrín, al afirmar, en “Cuadernos para el diálogo” que “resulta inmoral maquillar, deformar o manipular el ideario nacionalista, imperialista, democrático y popular de Castelao, quien, al igual que José Martí y Sun Yan Sen en sus patrias respectivas, nunca fue marxista, pero si fundamentó la primera etapa de la marcha popular hacia el socialismo y aún más lejos”.

Ya anteriormente había cometido Alonso Montero otro pequeño desaguisado con Castelao. Me refiero al libro que recoge el álbum “Nós” —Ediciones Júcar, Madrid, 1974—, prologado por el estridente e impulsivo profesor y es de suponer que publicado bajo su poca conveniente supervisión, en el que no sólo queda casi totalmente destruida la calidad artística de las estampas debido a lo deplorable de las reproducciones, sino que incluso faltan dos, sin que al lector se ofrezcan razones válidas acerca de su exclusión.

Convendría que Alonso Montero dejase a Castelao en paz por algún tiempo o que se ajustase a una línea hermenéutica con menos dudosa y sensacionalista inventiva y con más rigor de fondo y forma. La demagogia hace siglos que ha devenido un peligroso bumerán.

Xavier COSTA CLAVELL

Tele/Expres, 25 de xuño de 1975.

A recensión, como comprobará o lector, era «dura», durísima. O comentarista, porén, non inventaba nada, limitábase a bordar sobre o que escribiu no seu día Alonso Montero. Era curioso, elementos que se movían dentro dos círculos concéntricos do Partido comunista de España/Partido comunista de Galicia, era o caso de Alonso Montero neses anos, negábanlle a condición de marxista á maioría dos marxistas que non comungaban coa súa organización, e en troques erixían en marxistas a xentes como Castelao ou personaxes de novelas como o Balbino de Memorias dun neno labrego. Non faltaba máis, eran marxistas «inconscientemente». Marxista inconscientemente, ou marxista que non aprendeu o marxismo «nas biblias e xurdido nunha paisaxe terceiro-mundista e nunha sociedade sen concentracións obreiras». Frases que desacreditarían a quen queira que a escribise: pensar que Lenin se esgorxaba afirmando que todo aquel que non entendera a Lóxica de Hegel –que non é precisamente un catecismo– era incapaz de entender a Marx… e alguén incapaz de entender a Marx pode ser marxista? (Cando lería Castelao a Hegel?) Por outra parte, nos anos 1930, e antes, xa había concentracións obreiras en Galicia: Ferrol, Coruña, Vigo… O peor que pode facer un meteorólogo é romper o termómetro para afirmar que os seus cálculos foron ou son correctos cando se evidenciaron falsos: algo así adoita facer de costume o estudoso galego de que tratamos. Véxase, por exemplo, en axuda á nosa hipótese, a recensión do seu libro (sic) Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega, publicada no número 24 da revista Grial e asinada por Ramón Piñeiro.

A recensión de Xavier Costa Clavell era dura, como dixemos, e máis dura se consideramos que que había oito anos, no traballo «L’assagisme gallec als darrers vint anys», publicado na revista catalá Serra d’or (2º época, Ano, IX, nº 7, 15 de xullo de 1967, p. 48) escribía o chantadino:

«Entre els assagistes de preocupació social dominant, la figura més interessant, d’idees més clares i modernes, és Xesús Alonso Montero. Almenys, que jo sapiga, és l’únic que les explicita metòdicament. No és pas un assagista que tingui pèls a la llengua. És la dreta –escrivia al seu assaig Nove cavilaciós sobre a responsabilidade social do escritor– la que posa el crit al cel quan llegeix poesia social, novel·les d’emigrants o narracions obreristes. Allò que exaspera la dreta és… l’esquerra. La literatura –diu– ha d’ésser apolítica, asocial, a-tot. Almenys mentre la dreta tingui el poder polític, el poder social, tot el poder. Certamente que si la dreta no és al poder, el seus escriptors defensen la militància, és a dir, el dret a predicar amb la novel·la, amb l’article o amb el vers, la seva concepció del món. // Alonso Montero és catedràtic de Literatura a Lugo. Expert en lingüística com és, ha dirigit cursos pràctics de divulgació del gallec. Entre els seus assaigs cal destacar Ensaio de bilingüística. Galego e castelán frente a frente; Literatura relixiosa en galego e A lingua galega desde Curros, Trinta anos de literatura galega (1936-1966) e catro ensaios máis, acabat fa poc temps, duu inclós el ja esmentat Nove cavilaciós… i Curros Enríquez ou a poesía como loita

[Entre os ensaístas nos que predomina a preocupación social, a figura máis interesante, de ideas máis claras e modernas, é Xesús Alonso Montero. Cando menos, que eu saiba, é o único que as explicita metodicamente. Non é un ensaísta que teña pelos na lingua. “É a dereita –escribía no seu ensaio Nove cavilaciós sobre a responsabilidade social do escritor– quen pon o berro no ceo cando lee poesía social, novelas de emigrantes ou relatos obreiristas. O que alporiza á dereita é… a esquerda. A literatura –di– debe ser apolítica, asocial, atodo, polo menos mentras a dereita teña o poder político, o poder social, o poder todo. Certo é que se a dereita non está no poder, os seus escritores defenden a militancia, é decir, o dereito a predicar coa novela, co artigo ou co verso, a súa conceición do mundo”. // Alonso Montero é catedrático de Literatura en Lugo. Experto en lingüística, dirixiu cursos prácticos de divulgación do galego. Entre os seus ensaios cómpre salientarmos Ensaio de bilingüística. Galego e castelán frente a frente; Literatura relixiosa en galego e A lingua galega desde Curros, Trinta anos de literatura galega (1936-1966)e catro ensaios máis, rematado hai pouco tempo, que inclúe o xa mencionado Nove cavilaciós… e Curros Enríquez ou a poesía como loita.»]

Neses oito anos que van de 1967 a 1975, o pensamento de Xavier Costa Clavell a respecto dos traballos de Alonso Montero, ou da ideoloxía deste, cambiara? Ou talvez cambiara Alonso Montero e as súas ideas non eran xa tan claras e modernas? Puideran ser calquera das dúas opcións, cos anos todos cambiamos, en certa maneira: sufrimos una progresión ou una regresión, mais non somos os mesmos. Pero, talvez, a verdade do por que desta dura recensión está… noutra parte, aínda que moi achegada a Alonso Montero, a Castelao e a Costa Clavell.

Talvez a verdade desta recensión estea nun dos artigos que compoñen o folletiño comentado (?) por Xavier Costa Clavell nas páxinas de Tele/Expres. Trátase do artigo Castelao ou “o arte que calumnia” (páx. 53-58 do folleto), que antes vira lume nas páxinas do xornal coruñés El Ideal Gallego, o 5 de xaneiro daquel ano 1975 (en certo modo, para os que cumprimos naquela afastada data 25 anos, o ano das marabillas). Este artiguiño de Alonso Montero, un artigo abondo lambido, aínda que dende unha afectación que poderiamos denominar de «esquerdas» pero que no fondo non é máis que dogmática e stalianiana, era simplemente o comentario a un artigo, que Alonso reproduce na súa integridade, «Castelao y sus dibujos», aparecido o 10 de xuño de 1923 en El Regionalista, de Chantada, e asinado polo seu director, José Costa Figueiras… pai de Xavier Costa Clavell. O artigo de José Costa Figueiras é un comentario dos debuxos de Castelao que conformarían o álbum Nós, mais non é un comentario, digámolo así, de crítica artística, senón simplemente un comentario político, escrito por alguén que non comungaba con Castelao, senón máis ben coa «situación». O artigo (de Costa Figueiras), no que afirma, entre outras cousas, que a Galicia de Castelao é tan falsa como a de Valle Inclán; ou que o atraso de Galicia é unha lenda ilóxica («Hay a la vista en el solar gallego rotundas pruebas de su avance por la vía de la prosperidad»), e polo tanto non hai porque admirar a Castelao e a Valle e si en cambio a Sotomayor, Castro Gil, Lloréns ou Juan Luis Sobrino… («Ante sus obras –na Exposición Nacional de Belas Artes–, inclinábase el espíritu reverentemente. Son ellos, a poder de genio, los que nos dan la impresión de la Galicia grande. También nos inculcan la creencia de que no es loable la intención de quererse hacer una fama a costa de la fama del país nativo. Arte que calumnia, no es Arte»), o que, en arte, é unha opción como outra calquera, como o sería non optar nin polos uns nin polos outros. Noutras palabras, e é onde queriamos chegar, o comentario de Costa Clavell sobre o folletiño de Alonso Montero puido deberse, e de seguro que así foi en primeira instancia, a unha disidencia ideolóxica, literaria e mesmo artística, mais en «segundo grao» está presente o que poderiamos denominar «política familiar», ou de «defensa da familia» (propia, non como institución).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s