Informes sobre o futuro do galego no tempo en que morreu Franco

DIARIO DE LECTURAS

Xavier Costa Clavell. XAN CARBALLA

Xesús González Gómez.

Mais o enfrontamento que se deu entre Costa Clavell e Alonso Montero nunca foi «directo» por parte deste último que, de seguro, coñecía o ataque do primeiro nas páxinas do vespertino Tele/Expres. Enfrontamento que tería continuación (pública) meses máis tarde no semanario Destino. No número 1.990, correspondente á semana 20-26 de outubro daquel 1975, aparecía no devandito semanario un informe titulado «Los males de de Galicia» (p. 56-64), asinado por Xavier Costa Clavell. Neste informe falábase da situación actual (1975) de Galicia, no plano económico, social, cultural, etc. O informe dividíase en diversos apartados; ademais da, digamos, introdución xeral. Velaí os títulos dos «apartados»: «La población gallega», «Rasgos psicológicos conflictivos de la población gallega», «Una sociedad historicamente escindida: el idioma», «El estado actual del idioma gallego», «Avance social del idioma», «La emigración». «Una industrialización insuficiente e inadecuada». Ao informar sobre a situación da lingua e das diversas propostas para a súa «conservación» ou «restauración», Costa Clavell nun momento determinado escribía: «Nadie, como no se trate de un iluso, podrá negar que el idioma gallego está amenazado. Es lógico que lo esté siendo Galicia un país gravemente afectado por el subdesarrollo y culturalmente colonizado. Pero tampoco hay que desorbitar el aspecto negativo de un modo sensacionalista. Que es lo que cabalmente ha hecho Xesús Alonso Montero en su discutido libro Informe –dramático– sobre la lengua gallega. Dice, por ejemplo, que “para salvar nuestra lengua de una muerte inmediata, es preciso conseguir ahora mismo (sic):

»a) Educación preescolar y Educación General Básica; b) Presencia de un modo o de otro, de los restantes niveles de enseñanza; c) Radio, Prensa diaria y televisión total o casi totalmente en la lengua del país; d) Teatro en ciudades, villas y aldeas; e) Literatura de quiosco en abundancia: tebeos, fotonovelas, etcétera; y f) Multiplicar por 100 el número de libros y por 10 las tiradas…». Para Costa Clavell, estas proposicións de Alonso, que el (Costa) postulaba para un futuro máis ou menos inmediato, resultaban inxenuas por irrealizábeis e só serían viábeis se había un cambio de estruturas. E acababa: «La formulación de Alonso Montero resulta desorbitada, sensacionalista, incompleta y, por lo tanto, ineficaz con respecto a los fines perseguidos. La argumentación del bullicioso profesor es en esta ocasión tan inconsistente que se cae por sí sola. Es como si pretendiese construir un arco sustentado por una sola columna. Por sólida que esta fuese, el arco no se sostendría».

A mesma semana en que aparecía este informe na revista Destino, morría o ditador Franco e a política española comezaba a se mover. Debido a esta «movida», só é mes e medio máis tarde, no numero 1996, corresponde á semana 1-7 de xaneiro de 1976, que aparece unha carta contestando o «informe» de Costa Clavell. Na carta afírmase que as «pretensiones del informe no se cumplen». E continuaba: «No queremos mencionar aquí los problemas que alcanzan a Galicia como parte integrante administrativamente del Estado español, problemas tanto coyunturales como estructurales –economía dependiente, subcultura de consumo, indecisión política de la clase dominante entre el parlamentarismo y el autoritarismo». Logo viña unha recua de temas que, segundo os asinantes da carta, non trataba o informe: a fonda transformación do campo galego, que se está a converter en «reserva barata de la mano de obra para el resto de los pueblos de España», o mal da vivenda galega, problemas urbanísticos das cidades sometidas a unha peculiar especulación, problema de «habitat» no campo, problemas industriais, deficiencias da asistencia sanitaria, problemas de comunicación (é dicir, comunicacións por estradas e vías férreas), etc. etc. Problemas ou «cuestiones que se nos ocurren como problemas de Galicia desde la perspectiva de Cataluña» e que o xornalista esquece, segundo eles, aínda que coidan que involuntariamente, mais non se esquece «creemos también que involuntariamente, [de] otros problemas, particularmente la actuación del profesor Alonso Montero, cuya trayectoria política no es susceptible del esquematismo caricaturesco a que le somete el informante de Destino, so pena de motivaciones que alimentan el “centrismo” de la revista», e o centrismo do autor, aínda que use dunhas «apetencias ultraesquerdistas semánticas». E antes de acabar, os asinantes desbarran un pouco cando escriben: «Cualquier lector medianamente avispado se preguntará que finalidad tiene este artículo, o quién ha podido dictarlo…» E rematan acusando ao seu autor, é dicir, a Xavier Costa Clavell, que non necesitaba que ninguén lle ditase nada, de caer, ou usar, da polémica personalista…

A carta asinábaa Arturo Lamas Conde («siguen doce firmas»), entre esa doce firmas de seguro estaban as de Ramón Sánchez Tabarés, Ramón Ramos Requejo, Arturo Reguera, Eduardo Butragueño, Alfonso Alfonso Bozzo, e non me atrevo a dicir máis nomes por non estar seguro. Quen eran estes? Na carta 401 da correspondencia entre Basilio Losada e Ramón Piñeiro (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984), Vigo, Editorial Galaxia, 2009, p. 945-946), o primeiro escríbelle ao segundo: «Tamén o Costa Clavell tivo o seu escándalo (sic) cunha carta a Destino firmada pola xente do grupo Ramos (os do PC) escaldados polos ataques de Costa contra Alonso. Contra o meu parecer, Costa respostoulles en Destino, cunha carta que ten gracia, pero que é longa de máis pra o que esta xente merece». Basilio Losada non se equivocaba: a carta fora enviada por un grupo de galegos que daquela militaba, ou estaba moi achegado, ao Partit Socialista Unificat de Catalunya (o PSUC), a delegación autónoma do Partido Comunista de España en Cataluña. Por certo, a carta de Basilio vai datada, erroneamente, o 1 de febreiro de 1975, cando é, con toda evidencia, do 1 de febreiro de 1976.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s