O mirante Patinir

A aquel Robert Redford de once anos que padeceu un ramo de polio en Santa Mónica e en 1947, o que non lle impediu darlle sebo ás canelas no filme O Golpe que tanto me sorprendeu nun cinema zuriqués alá nas fronteiras dun verao setentista. Bieito Iglesias. Despois dun verao caloroso e moitas ensaladas de…

Non é contracultura quen non quere

Xesús González Gómez. Regálanme un libro: Gestió del caos. Escenes de la contracultura a Catalunya 1973-1992, de Aleix Salvans, publicado por Angle Editorial en setembro do 2018. Segundo a lapela, Salvans é licenciado en comunicación audiovisual e neste momento é redactor do diario El món e, ademais, escribe sobre ciencia e medio ambiente en Món…

A vergoña do galego

  A Pitusa e Sanfiz A Reboiras, que finou no Ano do Suplicio de 1975 (así en Ostia como en Ferrol), e aos demais filiados desa célula fría, ferriniana, na que militan os mortos do noso partido. Bieito Iglesias. A Vítor Figueiredo aconteceulle a historia mesmo antes de nacer (A historia sucede, pero non nos…

‘Fálame do silencio’, un debut mediano

Xesús González Gómez. Recibo a novela de Pablo L.Orosa, Fálame do silencio (Xerais, 2018). A primeira novela do seu autor, xornalista, que coa idade de trinta e tres anos se decide dar o salto á literatura da ficción. Como se verá, ou como intentaremos demostrar, o autor «paga o pato» da inexperiencia. Noutras palabras, debido…

É sisuda a literatura galega?

Eva Moreda. A proposición de que a literatura galega é ou foi sisuda e de que isto está mal e debe superarse é un run-run que vemos rexurdir cada certo tempo, e o conto é que nunca se acaba de explicar moi ben o que se quere dicir, que sería un bo punto de partida…

Sete graos de granada

A Italia, que non á patria delle mezze calzzette “Encanto haxa un mendigo, haberá mito”.                                                                                                                                                                                                                   Libro das pasaxes. W. Benjamin Bieito Iglesias. Brillaba o sol no xardín que rodea a Galería Borghese, por fortuna deixara de chover aí polas dez, cando apañei un taxi en Termini disposto a pasar unhas horas…

Así se escollen os premios da Gala do Libro

César Lorenzo Gil. A Gala do Libro Galego celebrouse en Compostela, como de costume, no mes de maio, o mes das letras. Desta volta a festa caeu o 11 de maio, o sábado anterior ao 17. Estes premios están convocados en conxunto pola Federación de Librarías Galegas, a Asociación de Escritoras en Lingua Galega e…

Auga durmida

A Véra, siempre a la verita tuya hasta el día en que me muera. “A pasaxe como templo de Esculapio, sala termal. Paseo terapéutico (as pasaxes como salas termais en desfiladeiros, como en Schuls-Tarasp). Libro das pasaxes. W. Benjamin “Apesar do frío, das nubes, da chuvia e o vento, e mesmo dalgunhas folipadas, Nabokov fruíu…