As caveiras do Samaín

Nati Rey. A tradición en Galicia de facer caveiras de melóns ou nabos con unha candea acendida no seu interior procede da ancestral celebración celta do Samaín, unha festividade ligada ao mundo dos heroes. Na fin do verán regresaban ás casas os guerreiros que na primavera partiran a combater. Celebrábase a súa chegada cun gran…

Cunqueiro e o misterio Mc Calvert

Xesús González Gómez. O 5 de novembro de 1959, no vespertino compostelán La Noche, Álvaro Cunqueiro publicou un artigo titulado «Santos sin lágrimas» –o artigo está recollido en “Los días” en La Noche (Santiago de Compostela, 1959-1962), Santiago de Compostela, Librería-Editorial Follas Novas, 2012, p. 81-82, edición de Luis Alonso Girgado e Lorena Domínguez Mallo,…

‘Bonus track’, relatos sobre música que desafinan

Eva Moreda. Bonus track (Galaxia, 2018), primeiro libro de narrativa de Rosalía Fernández Rial, é un conxunto de vinte e dous relatos que a autora, talvez, confiou que daría sostido con éxito sobre o seu coñecemento (indubidable) de varios xéneros e estilos da música popular, e non tanto sobre calidades de tipo máis literario. Ideas…

O antifascismo temperán de Otero Pedrayo

Xesús González Gómez. Non é descubrir ningún mediterráneo afirmar que Ramón Otero Pedrayo era un home fondamente relixioso, conservador, etc. Mais, como en todo, nas ideoloxías tamén existen graos. Moitos conservadores, como demasiados liberais, por non afirmarmos que case a totalidade, entregáronse atados de pés e mans aos diversos fascismos que pulularon por Europa nos…

Peter Handke e García Márquez

Manuel Veiga Taboada. Para entender a literatura dos últimos cincuenta anos pódese empezar por collela por dous dos seus extremos, Peter Handke e Gabriel García Márquez. Hai, por suposto, outras visións, pero estas son dúas das máis características. Cada estilo paréceme a min moi relacionado co clima dos seus respectivos países. E non creo que…

As fichaxes do Planeta

César Lorenzo Gil. Os premios Planeta 2019 recaeron este ano nos escritores Javier Cercas (Ibahernando (Extremadura), 1962), gañador, cun galardón valorado en 601.000 euros e Manuel Vilas (Barbastro (Aragón), 1962), finalista, cun recoñecemento de 150.250 euros. A pesar de que non hai suspense cando do Planeta se trata e de que ambos autores teñen unha…