Algunhas conferencias de Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro.

Xesús González Gómez.

Aproveitando a publicación de Álvaro Cunqueiro, Artículos periodísticos (1930-1981), Madrid, Biblioteca Castro-Fundación José Antonio Castro, Madrid 2020, en exemplar edición de Miguel González Somovilla, quen argalla a modo de prólogo, unha excelente «Introducción» de noventa (90) páxinas, desenterramos este vello traballiño que durmía, con toda xustiza, o sono dos improbábeis no meu arquivo.

Hai xa tempo, nun artigo-ucrónico publicado n’A Nosa Terra –edición dixital, hoxe non accesible– comentaba uns libros que nunca se publicaran, e que aínda non se publicaron e que, coa velocidade que levamos, talvez nunca se publicarán. Tratábase das obras completas de Álvaro Cunqueiro. Foi un artigo publicado a poucos meses da celebración do ano en que se conmemoraría o seu centenario. Pasou aquel 2012, ano do centenario, e puidemos ver como se publicaban (aínda que eivados, é dicir, con artigos que faltan) diversos volumes, tanto en galego como en castelán, cando hoxe se debe esixir a edición íntegra de Cunqueiro, ou sexa, as obras completas; o máis completas posíbeis. Traballo que, como dixen en diversas ocasións, debe ser obra dun equipo ad hoc.

A obra do mindoniense é inmensa, e inmensamente descoñecida. Centos, por non afirmar miles, dos seus artigos, dos seus escritos, esparexidos en ducias de publicacións de todo o Estado Español, están, aínda, por recoller. Gastáronse os cartos en Congresos –Galiza, desenganémonos, continúa a ser un país de feiras e congresos, para ben de poucos e mal da maioría–, seica moi interesantes, mais poucos, ou case ningún (diñeiro), en recoller a obra de Álvaro Cunqueiro. Quizais, un día, liberados de fantasmas, poidamos ver nos alzadoiros das librarías galegas toda a obra do gran poeta, narrador, xornalista e ensaísta que foi o autor de Escola de menciñeiros.

Narrador, poeta, ensaísta, xornalista… e conferenciante. Eu só asistín na miña vida a unha conferencia de Álvaro Cunqueiro, dada no Colexio de Avogados de Barcelona, e patrocinada pola Fundación Mediterránea. Unha conferencia… lida. Polo que imaxino que a maioría das conferencias ditadas por Álvaro Cunqueiro foron escritas (como, por outra parte, o demostra que deu a mesma conferencia en diversos puntos da xeografía española e alén desta). Por tanto, supomos que existían un folios, uns papeis en que esas conferencias foron escritas: están eses papeis nos fondos de Álvaro Cunqueiro? Non o sabemos: eses fondos, infelizmente, nunca foron catalogados, así que non sabemos se xacen, dormen o sono dos xustos ou desapareceron para sempre. (Engadamos que en febreiro do 2019, o fillo do escritor, César Cunqueiro, doou manuscritos e outros fondos de seu pai á Fundación Penzol. Esperemos que se cataloguen e se hai inéditos, que de seguro hai, se publiquen o máis axiña posíbel). Estas conferencias, estes escritos que, de seren publicados, de seguro, asombrarían os seus lectores e iluminarían sobre aspectos da obra (tamén da vida?) do escritor mindoniense.

No entanto, cómpre afirmarmos que algunhas das súas conferencias foron recollidas (no Boletín Galego de Literatura, en Dorna, en diferentes libros, etc.), mais a maioría permanecen, se é que queda escrito delas, inéditas.

A continuación damos unha pequena mostra (é mais que evidente que non se dan todos os títulos nin todos os lugares en que o mindoniense conferenciou: habería que baleirar a prensa de case todas as provincias españolas) dos títulos e os lugares nos que Cunqueiro ditou unha conferencia. Observará o lector que do tempo da guerra (xullo 1936-abril 1939) non se informa de ningunha conferencia do noso escritor: non atopei, curiosamente, ningunha; debo engadir que tampouco mirei os xornais polo miúdo, senón a grandes trazos. Tamén hai que dicir que dá a impresión de que algunhas conferencias, con títulos algo «disímiles», son en realidade a mesma conferencia, sobre todo cando se trata do mesmo «tema». E que outras conferencias son, clarisimamente, resumos de libros ou traballos seus. E que outras lle serviron para posteriores traballos seus. Uns exemplos: en 1959, co gallo da publicación e da primeira representación de Don Hamlet, imparte algunha conferencia sobre o personaxe, conferencia (ou apuntamentos da conferencia) que lle serviría para escribir o seu grande ensaio As mil caras de Shakespeare (Grial, nº 6, xullo-agosto-setembro 1964; recollido en Álvaro Cunqueiro, Universo Cunqueiro, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións, 2005). Ensaio este sobre o dramaturgo inglés que non dubidamos usou, ou resumiu, a non ser que sempre fose a mesma con diferentes títulos, nas diversas conferencias que cando o cuarto centenario de Shakespeare deu aquel 1964. Ou as conferencias que ditou en diferentes lugares, antes do 18 de xullo de 1936, sobre a pintura de Colmeiro, teñen como «base» o traballo «Colmeiro, pintor» publicado no nº 17, ano V. Tomo I, 1933 (p. 145-149), do Boletín de la Universidad de Santiago. Extraordinario en honor del prof. Rodríguez Cadarso. Engadamos, finalmente, que na prensa non galega é naquela en que se dá máis ampla recensión das conferencias. En fin, unha curiosidade máis; unha curiosidade que, sen dúbida, hai que investigar: esperemos que alguén algún día o faga.

Siglas:

EP: El Progreso, Lugo.

EPG: El Pueblo Gallego, Vigo.

HLC: Hoja oficial del Lunes, A Coruña

LN: La Noche, Santiago de Compostela.

LV: La Vanguardia, Barcelona

 

Antes de 1936

Primeiro Salón Galego de Pintura. «O primitivo Bén e bó», Ateneo Popular Lucense, 25 de agosto de 1933. (EP)

A paisaxe das nazóns naturaes, 10 de maio de 1934. Pazo Galego (Barcelona). (LV)

Nuevo movimiento cultural de Galicia, 11 de maio de 1934. Palestra (Barcelona). (LV)

La poesía, yo mismo y otras noticias, 12 de maio de 1934. Amics de la Poesía (Barcelona). (LV)

Mi segundo salón gallego de arte, 14 de maio de 1934. (Galeries Laietana, co gallo dunha exposición de Manuel Colmeiro). Barcelona. (LV).

Conferencia Exposición Colmeiro, A Coruña, 3 de xuño de 1936. (EPG)

Conferencia en Unión Radio, campaña pro Estatuto, 5 de xuño de 1936 (EP).

Despois de 1939.

Los corceles del Atlántico. (Ida y vuelta del Camino de Santiago), 17 de febreiro de 1940 (Ateneo). Barcelona. (LV).

Mundo y transmundo gallego, conferencia coloquio Álvaro Cunqueiro-José María Castroviejo. Semana Iberoamericana, A Coruña, 28 de agosto de 1952. (HLC)

Situación actual de la pintura (co gallo dunha exposición de Carlos Maside), 30 de maio de 1953. (LN)

Vida y obra de los escritores Charles Péguy y François (sic) Jammes, con José María Castroviejo, Alianza Francesa de Vigo, 15 de maio de 1954. (LN)

Países imaginarios, Casino Ferrolano, 28 de novembro de 1955. (El Correo Gallego)

Las Indias galantes y la imaginación francesa del siglo VIII (sic) [por XVIII?], Alianza Francesa de Vigo, 12 de decembro de 1955. (LN)

Un siglo de retratos imaginarios, Circo de Artesanos, A Coruña, 21 de marzo de 1956. (LN)

De Merlín a Benito Soto pasando por la Santa Compaña, conferencia-diálogo: José Mª Castroviejo-ÁlvaroCunqueiro, Casino Ferrolano, 8 de novembro de 1956 (LN).

El lenguaje de la literatura y de las artes, Asociación Cultural Iberoamericana, A Coruña 13 de marzo de 1957. (LN)

Viajes imaginarios desde el siglo III, Vigo, 3 de decembro de 1957. (LN)

El paisaje gallego, Clausura da exposición de Elena Gago. A Coruña,10 de xuño de 1958. (LN)

Poesía y tierras del Uruguay, (Casa da Cultura). A Coruña, 23 de agosto de 1958. (LN)

El paisaje ideal y los poetas franciscanos, Círculo de las Artes (Lugo) 23 de xaneiro de 1959. (EP)

Los libros de caballerías y los conquistadores de América, Instituto Masculino de Lugo, 14 de marzo de 1959 (EP). (Mesmo título: conferencia pronunciada na Asociación Cultural Iberoamericana da Coruña, 22 de maio de 1959 –LN).

Historia da paisaxe, conferencia ditada en Betanzos, 19 de abril de 1959. (HLC)

Variaciones sobre un mito: Hamlet, Asociación de la Prensa, Vigo, 30 de abril de 1959. (EPG)

Vida y pasión de los mitos. El mito de Hamlet, Asociación Cultural Iberoamericana, A Coruña, 22 de maio de 1959. (LN) Variaciones del mito de Hamlet, 26 de maio de 1959 (Casa da Cultura). A Coruña. (LN)

Biografía de la metáfora, Asociación de Artistas da Coruña, 19 de agosto de 1959. (LN)

Bouzas Sociedad Cultural/ Acción católica. 8 de novembro de 1959: Non se di o título da conferencia. (EPG)

La flora y la fauna gallegas, 14 de febreiro de 1960 (Centro Gallego). Barcelona. (LN)

Movimiento y vida de los mitos, 15 de febreiro de 1960. (Conferencia Club). Barcelona. (LV)

Hamlet y Romeo a nueva luz, 17 de febreiro de 1960 (Museo de Arte Escénico). Barcelona. (LV)

Dará unha conferencia sobre o artista vilagarcián Rivas, 17 de febreiro de 1960 (EPG)

Situación del lenguaje poético, 29 de abril de 1960 (Casa da Cultura). A Coruña. (HLC)

Los habitantes dela Luna, Asociación Peña Firme, Barcelona 16 de decembro de 1960 (LV)

Conferencia na Escola Naval de Marín. Non se di o título da conferencia, 17 de marzo de 1961. (EPG)

Sermón de Pascua florida, Casino de Padrón, 4 de abril de 1961. (LN)

La invención del mundo. Lo vivido y lo pintado. Círculo Mercantil de Vigo, 1 de agosto de 1961. (EPG)

El camino desde Mostar de Croacia a Vilar de Donas, delegación do Ministerio de Información y Turismo. A Coruña 11 de febreiro de 1962. (HLC) (Mesmo título dunha conferencia pronunciada no Instituto de Estudios Coruñeses, 11 de febreiro de 1965, e noutros lugares)

Teoría y fábula del Antroido, Casino de Vigo, 2 de marzo de 1962. (EPG)

La palabra poética, 30 de xullo de 1962 (Casa da Cultura). A Coruña. (LN)

La mitología del agua, 13 de decembro de 1962 (Centro de Estudios y aplicaciones del agua). Barcelona. (rev. Destino, nº 1325, 29 de decembro de 1962).

Conferencia sobre Valle-Inclán. Casa de la Cultura, A Coruña, 30 de agosto de 1962. (LN).

La invención del mundo y la palabra poética, 29 de xaneiro de 1963. (Ateneo). Barcelona. (LV)

Estampa de una orilla y aires de una noticia, 28 de febreiro de 1963 (Concello) Baiona –co gallo do aniversario da chegada de La Pinta ao porto de Baiona. (EPG).

Conferencia no Hostal dos Reis Católicos, J. M. Castroviejo-Álvaro Cunqueiro, Organizada pola Asociación Cultural O Galo (non e dá o título), 30 de marzo de 1963. (HLC)

El gallego en sus magias, Vigo, 21 de abril de 1963 (Congreso de Antropoloxía?)

Vicente Risco y la nueva mitografía, Asociación Cultural Iberoamericana, 26 de abril de 1963. (LN)

Rutas turística-gastronómicas de las Rías Bajas, Centro Gallego de Madrid, 6 de xuño de 1963. (EP)

Imaxinación e creación, Casa de la Cultura, Pontevedra, 23 de xullo de 1963. (EPG)

Exposición do libro italiano no Círculo Mercantil de Vigo. Conferencia de Cunqueiro, non se dá título. 14 de decembro de 1963. (LN)

Los 400 años del joven Shakespeare, Liceo Casino de Vilagarcía, 13 de marzo de 1964. (EPG)

Nueve rostros de Shakespeare y uno más, Auditorio Caja de Ahorros, Vigo, 31 de marzo de 1964. (LN)

Shakespeare vivo:cuatrocientos años después, Asociación Cultural Iberoamericana, A Coruña, 29 de abril de 1964. (LN)

Las dimensiones de Bergantiños y del río Masma, Conferencia en Porto, na Associação do Jornalistas e Homens de Letras, 27 de maio de 1964. (EPG)

Los mitos y el padre Feijóo, Asociación Cultural Iberoamericana (A Coruña), 26 de agosto de 1964. (LN)

Las bases físicas y metafísicas de la cocina gallega, 14 de novembro de 1964 (Hogarotel). Barcelona. (LV)

Fábula y realidad del Camino de Santiago, Casino Leonés (León), 11 de marzo de 1965. (EP)

Los Caminos de Santiago, Círculo Unión, Burgos, 17 de marzo de 1965 (Diario de Burgos).

Carolingios en el alba de España, Alianza Francia da Coruña, 8 de abril de 1965. (LN)

Shakespeare a los 400 años, 29 de abril de 1965 (Casa da Cultura). A Coruña (tamén titulada noutros xornais: Shakespeare vive, 400 años después). (HLC)

Los rostros de Dante en el camino de Santiago, 31 de agosto de 1965. (LN: anunciado anteriormente co título «Los rostros de Dante en la peregrinación»)

Los mariscos, sus tiempos y sus vinos, 17 de novembro de 1965 (Hogarotel). Barcelona. (LV)

Genealogías fantásticas de don Ramón, Escuela de Comercio (Lugo), 30 de maio de 1966. (EP)

Mitología y pintura en Toulouse-Lautrec, Alianza Francesa de Vigo, 9 de xaneiro de 1967. (LN)

Reflexiones sobre la pintura, «Cerre da exposición póstuma de José Ramón Villar Chao», A Coruña, 24 de abril de 1967. (LN)

Los vinos en la carta, 16 de novembro de 1967 (Hogarotel). Barcelona. (LV).

Conferencia no Casino de Madrid, organizada conxuntamente coa Cofradía Española de la Cadena Internacional de Asadores, 17 de abril de 1968 (Hoja del Lunes de Madrid).

El estructuralismo: un nuevo tratamiento de los mitos, Ateneo de Pontevedra, 25 de abril de 1968. (EPG)

Cuando los santos caminos curaban, Círculo Mercantil de Vigo/Amigos de los leprosos, 9 de maio de 1968. (EPG)

Orden y caos en la mitología de Vicente Risco, 25 de agosto de 1968 (Casa da Cultura). A Coruña. (HLC)

Estructuras del mundo mágico, 6 de setembro de 1969 (Casa da Cultura). A Coruña. (HLC)

Países imaginarios del Atlántico, Museo Canario, Las Palmas, 9 de outubro de 1969) (El eco de Canarias)

Estructuras del mundo mágico, Circulo de Labradores de Sevilla, Sevilla, 5 de decembro de 1968 (La Estafeta Literaria, nº 410, 15 de decembro de 1968).

Introducción a un «Diccionario de ángeles», Salón Regio da Diputación de Cádiz, 7 de decembro de 1968 (La Estafeta Literaria, nº 410, 15 de decembro de 1968).

Conferencia no Club Pueblo, de Madrid. Recensión da conferencia, non di nunca o título, M. Díez-Crespo, El eco de Canarias, 31 de xaneiro de 1968.

Más allá de la cultura: mundo imaginario y conocimientos inútiles, Círculo Mercantil de Vigo, 18 de novembro de 1969. EPG).

Conferencia ditada en Bilbao co patrocinio de Luker-Eder, Escuela de Decoración y Dibujo Publicitario (non se dá título) (La Estafeta Literaria, nº 438, 15 de febreiro de 1970.

Algunas variaciones sobre Proust, 6 de agosto de 1970 (Casa da Cultura). A Coruña. (HLC)

Función de la literatura. Curso Universitario de Verano, Vigo, 8 de setembro de 1970. (EPG).

Conferencia en torno a un tema navideño. Alumnos do profesorado Mercantil, Vigo, 18 novembro de, 1970 (EPG)

La evolución de la cultura: historia y técnica, Grupo de Empresas Citroën-Hispania, 5 de marzo de 1971.

El Camino francés y las peregrinaciones, Alianza Francesa de Vigo, 6 de abril de 1971. (EPG)

Otras curaciones, Conferencia no Hostal dos Reis Católicos, convidado pola Cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago, 15 abril 1971 (EPG)

Personajes de Dante en el Camino de Santiago, Castellón de la Plana, 28 de maio de 1971. (Mediterráneo)

A poesía de velle (sic) Irlanda, Centenario da Troia, Ourense, 7 de xuño de 1971. (EPG)

Novalis, su vida y su obra, 8 de agosto de 1971, Casa da Cultura, A Coruña. (HLC)

Desde La Atlántida a la isla de San Barandán, Casa del Mar, 24 de novembro de 1971. (EPG)

Demonología y demonomagia, 19 de decembro de 1971 (Casa da Cultura) A Coruña. (HLC)

Cultura espiritual gallega, curso para estranxeiros, Vigo, 16 de agosto de 1972. (EPG)

Galicia y los tesoros, Curso para estranxeiros, Vigo 17 de agosto de 1972. (EPG)

Tertulia de demonios y escuela de brujerías, Casino de Tenerife, 25 de maio de 1973 (El eco de Canarias)

Las historias de Merlín y familia. Como nacieron. Cursos para estranxeiros, Vigo, 18 de agosto de 1972. (EPG)

Conferencia-Clausura da I Mostra de Arte Galego, Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1973 (LV)

El celtismo gallego, conferencia en Londres no Instituto Español, 22 de marzo de 1974 (Noticia da axencia Pyresa: non se di o lugar, mais si que asistiu o embaixador de España: Manuel Fraga Iribarne). (EPG)

Estampas de una Cataluña imaginaria, 6 de xuño de 1974 (Fundación Mediterránea). Barcelona. (LV)

Curso para extranjeros. Xullo 1974:

Día 8: Las cruces de piedra en los Finisterres.(EPG)

Día 10: La cocina gallega. (EPG)

Conferencia na Academia Médico-Quirúrgica de Santiago: 28 de febreiro de 1975 (non se dá título). (EPG)

San Jorge contra el dragón y otras batallas y milagros, 22 de abril de 1975 (Deputación). Barcelona. (LV)

Varios retratos gallegos, Cursos de lingua galega-Universidade de Santiago,10 de xullo de 1975. (EPG)

Conferencia sobre a súa obra. Cursos para estranxeiros. Escuela de Maestría Industrial, 22 de agosto de 1975. (EPG)

Boccacio, Auditorio Caixa de Aforros de Vigo, 20 febreiro de 1976

Conferencia dentro do programa de La Semana Gastronómica, Auditorio Caixa de Aforros de Vigo, 23 de marzo de 1976. (EPG)

Rosalía de Castro, Auditorio Caixa de Aforros de Vigo, 1 de abril de 1976 (EPG)

Algunas miradas gallegas sobre Castilla, Institución Fernán González, Burgos, 4 de novembro de 1976. (Diario de Burgos)

La gaita gallega a través del tiempo. Auditorio Caixa Aforros de Vigo, 19 de xaneiro de 1978. (EPG)

A invención da paisaxe, Museo de Pontevedra, 18 de xaneiro de 1979. (EPG)

Literatura medieval española, Aula de Cultura de Caixa de Aforros de Galicia, A Coruña, 8 de xaneiro de 1979. (HLC)

Conferencia de Cunqueiro e presentación da súa obra completa en galego por Francisco Fernández del Riego, IX Feira do Libro, A Coruña, 6 de agosto de 1980. (HLC)

Un comentario en “Algunhas conferencias de Álvaro Cunqueiro

Deixa unha resposta a manuel veiga Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s