‘Biblioteca íntima’, nova sección de entrevistas ao redor da lectura

Fotograma de ‘O nome da rosa’, de Jean-Jacques Annaud.

Este 23 de abril será un Día do Libro distinto. Non haberá festa de Sant Jordi nas rúas de Barcelona nin posibilidade de ir gañar o desconto ás librarías. Mais, afortunadamente, seguirá habendo libros e literatura. Nas casas. Tamén en Biosbardia. Coincidindo coa destacada data iniciaremos unha nova sección titulada ‘Biblioteca íntima’, que busca pór escritoras e escritores en diálogo coas súas lecturas. A través dun cuestionario fixo, inspirado polo Cuestionario Proust, que cultiva desde hai anos Ramón Nicolás no seu Caderno da Críticae por outras moitas baterías de preguntas que se publican acotío en revistas culturais de todo o mundo, creadores e creadoras compartirán xenerosamente co público da nosa revista dixital as súas filias mais tamén as súas fobias, dun xeito desenfadado e confesional.

En Biosbardia sempre consideramos que a lectura é unha parte consubstancial ao oficio de escribir. Aos e ás escritoras que len nótaselle na escrita. Unha persoa creadora sempre dialoga coas súas lecturas, no plano xeográfico, cos seus contemporáneos, no plano histórico, coa tradición literaria na que se insiren. Compartir e descubrir lecturas é sempre un deleite. Din que emprestar libros significa, case sempre, perder o libro emprestado ou a amizade coa persoa á que llos emprestas mais recomendar libros non ten danos colaterais, alén de que non che preste o libro recomendado e lle perdas lei a quen cho recomenda.

‘Biblioteca íntima’ tamén servirá para percorrer a variedade de perfís que se dedican á literatura na Galicia actual. Non hai unha listaxe correcta, senón un amplo abano de camiños e traxectorias atractivas. Con estas entrevistas teremos ocasión de imitar a Guillerme de Baskerville na marabillosa biblioteca inventada por Umberto Eco para O nome da rosa e ir descubrindo, aínda que só sexa dun xeito virtual, as galerías secretas da educación literaria dos e das autoras que lemos acotío.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s