‘Historia sobre os sentidos’ vs ‘Continuará’

Duelo final do III Torneo Biosbardia de Relatos. Natalia Otero fronte a David Botana.

Continuará

David Botana.

O cómic cae ao chan. Hoxe toca unha de vaqueiros. Celso pensa que as rechamantes cores lle gustarán a Alma. A porta do cuarto ábrese cun rechiar. Xa case é a hora, a cativa furrula coma un reloxo. Sempre o vai visitar ao espertar da sesta, silandeira. É a única que segue entrando nese cuarto, selado no esquecemento dende que morreu. Todas as súas cousas están alí: o bastón, as fotos, a roupa, o seu olor. El fica atado a elas. Sobre todo á súa colección. Unha morea de historias de a peso que o acompañaron durante máis de media vida de vixilante nocturno. Vaqueiros, espías, mulleres louras, o café e o tabaco que lle ía cravando a tapa ao cadaleito.

Alma entra decidida. Pasa as mans pola mesiña, toca o bastón con suavidade. Atopa a historieta e bota unha risa; o cuarto enteiro semella acompañala. Vai pasando as páxinas amodiño, cun coidado sobrenatural, deténdose nos animais que coñece. «Avalo», «can», «asariño». Celso xunta todo o seu débil ser para tentar acariñala. Os peliños prateados da súa cabeza ondean perante unha lene brisa. «Beeeelo», responde ela con agarimo.

Logo dun par de voltas a nena abúrrese e deixa o cómic enriba da cama. «Chau», di ao tempo que se despide coa man. O sentimento que alí habita transfórmase nun nubeiro de medo e bate a porta para evitar que marche. «Beeelo!», protesta Alma indignada. Nun intre, a treboada medorenta dilúese nun orballo de vergoña, a porta ábrese paseniño. A nena sae, con ela vanse toda luz e calor. Os mobles renxen de tristura. Celso deixa de existir un pouco máis.

O cómic fica aberto na cama. O seu dono tócao, está nel, en todo o que leu ou pensou na súa vida. Ceo azul, nubes brancas, terra rosa, resulta máis fácil deixarse ir na lectura que existir. Chegará un día no que a cativa non acuda á cita. Pode ulir os cabalos, só ten que dar o salto, sen retornos. Nunca máis a risa de Alma. O chío dunha aguia imperial, a calor do sol. A nena non precisa pantasmas, decide.

É cor, tinta sobre lapis; papel barato e palabras apresuradas. Ten que crearse con esa argamasa. Formiga, nube, falcón, coiote. Decídese polo heroe, sempre quixo ser un vaqueiro. Non existe o tempo, só viñetas en branco. «Quizais me lea algún día». Monta a cabalo, enfronte ten unha muller loura que o mira desafiante.

El míraa tamén, adaptándose ao seu novo pensar. Resolve, por esta vez, adiantar o final.

—Pero, saberá bicar?

A muller crúzalle a cara cando está a medio palmo. Logo cólleo polo chaleco e superpón as súas tramas ás del, bisbando.

—Teremos que comprobalo algún día, Sherif.

Debúxase o final. Horizonte, sol, dúas figuras a cabalo. Ao fondo da páxina aparece un continuará.

……………………………………………………………………………

Historia sobre os sentidos

Natalia Otero.

Contaba un sabio, en tempos de incerto temporal, unha vella historia de cando os sentidos eran libres e non estaban baixo a tutela carnal da humanidade.

Os ouvidos adicábanse a escoitar melodías, cantos de aves, o repicar da choiva e o bater das ondas do mar nos cantís. O olfacto voaba a través do recendo das flores, as especias e a terra mollada. O tacto reptaba pola miscelánea de texturas e intensidades, e reaccionaba con dilixencia á quentura do Sol e á friaxe do nacemento dos mananciais. A boca, pola súa parte, deleitábase no doce das melazas e na acidez das froitas. Por último, os ollos recreábanse en cada unha das formas e cores do Universo infinito que lles foran concedidos por dereito divino. 

Un día presentouse no mundo dos sentidos un estraño sedutor que, con aparente inseguridade, foi invadindo o espazo e pasando a ser o centro de atención de todos eles. Tratábase do Amor, que é por todos sabido, moito máis antigo que a conciencia humana. 

Os ouvidos deixábanse regalar pola súas palabras. Os ollos enchéronse del ata brillar como nunca o fixeran. O tacto fíxose adicto. Case tanto coma a boca, que adoecía por saborealo unha e outra vez. O olfacto tamén desfrutaba da súa presenza, porén, algo lle cheirou a chamusco dende o primeiro momento. 

Un bo día, sen explicación, o Amor desapareceu. Case de inmediato, os sentidos comezaron a sufrir as desharmonías da súa ausencia. Os ouvidos buscaban desesperados o que querían escoitar. O tacto experimentou por primeira vez a dor. O olfacto desenvolveu memoria. A boca descubriu o sabor amargo. E o peor, os ollos cegaron.

Malia que o caos se apoderara de todos eles, os máis prexudicados foron os ollos e a boca. Os primeiros acabaron perdendo toda perspectiva, mentres que a segunda, torpe e desamarrada, adquiriu a capacidade de emitir verbas que só empeoraban todo.

Aterrados, o resto dos sentidos correron ó auxilio. O olfacto axudoulle á boca a afinar o gusto e compartiu a memoria cos ollos. O tacto, con moito de si, ensinoulles a detectar aquilo que fose demasiado duro ou puidese acabar queimando.  Finalmente, os ouvidos axudáronlles ós ollos a adiantárense ós perigos e tentou ensinar á boca a escoitar antes de falar.

Inda con todo, non foron quen nin de calar a boca, nin de abriren os ollos. Así que o resto dos sentidos, vendo perigar a súa existencia, recorreron a un vello guía chamado Corazón, para que os levase polo camiño que lles permitira saír daquela entropía de emocións. 

O Corazón, ataviado de cicatrices e espido de mentiras, mais consciente da súa facilidade para fenderse, pediu a cambio que, ante todo aquilo difícil de comprender ou soportar, os sentidos deberían estar alerta e garantir que a boca e os ollos colaborasen entre eles. 

Contaba o sabio pechando o libro, que é por iso que, dende aquela, a boca se encarga das palabras e os ollos, dos silencios. 

49 comentarios en “‘Historia sobre os sentidos’ vs ‘Continuará’

  1. Continuará

    A historia comeza con forza. O autor xa nos di no 1º parágrafo que está pasando. Celso está morto e segue comunicandose á sua maneira coa sua neta a través das suas cousas. Xa vos estou vendo á moitos de vós pensando que esa informacion había que desvelala na última frase do relato. E por iso non estades na final, claro.
    O momento no que se pecha a porta do cuarto impresiona. É moi bo para os relatos meterlle varias velocidades emocionais. A nena quérelle ó avó pero tamen se aburre e marcha, e o avó vive con ela dun momento a outro o mellor e o peor da sua nova existencia pantasmal.
    É moi interesante o de meter a pantasma no comic como fuxida do mundo espectral. Converteríase entón nun comic encantado? Curioso. E ademais Celso revive á súa maneira o que sucede nel, é como metaliteratura do máis alá. O que non sei ben é en que momento tería que “ler” o debuxo no que a muller (a morte?) lle dispara, ou se é só un adorno do relato.
    O final é o que querería calquera morto, un “continuará”, que ademais é editable.
    Pareceume un gran relato.

    Historia sobre os sentidos

    “en tempos de incerto temporal”
    non sei se é un xogo de palabras ou simplemente quedou raro. A/O autor/a empregou demasiadas palabras na execución do relato.

    Un exemplo:

    “Os ouvidos adicábanse a escoitar melodías, cantos de aves, o repicar da choiva e o bater das ondas do mar nos cantís. O olfacto voaba a través do recendo das flores, as especias e a terra mollada. O tacto reptaba pola miscelánea de texturas e intensidades, e reaccionaba con dilixencia á quentura do Sol e á friaxe do nacemento dos mananciais. A boca, pola súa parte, deleitábase no doce das melazas e na acidez das froitas. Por último, os ollos recreábanse en cada unha das formas e cores do Universo infinito que lles foran concedidos por dereito divino.”

    “Os ouvidos escoitaban o canto das aves, o repicar da choiva e o bater das ondas nos cantís. O olfacto voaba co recendo das flores, das especias e da terra mollada. O tacto reptaba polas texturas e intensidades e reaccionaba á quentura do Sol e á friaxedos mananciais. A boca deleitábase no doce das melazas e na acidez das froitas e os ollos recreábanse nas formas e cores do Universo”.

    Duas liñas menos e din o mesmo. Cunha poda deste estilo aplicada a todo o relato faríalle fronte ó seu rival. Excepto polo final deste, que é un pouco chof coa conclusion de que dende aquela a boca fala e os ollos calan. Creo qeu para que funcionase ben o Corazón tiña que ter dito algo máis heavy. Non sei, pedir un sacrificio ou un pago deses que te atan para sempre. É que o de colaborar, estar alerta e garantir quedou moi de rolda de prensa de Pedro Sanchez Corazón.

    O libro que se pecha ó final do relato se é importante era mellor telo mencionado tamén ó principio.

    En resumen eu creo que neste relato faltaron betalectores, porque materia prima había.

    E agora vou poñer o meu top5 do torneo. Hoxe colócoos así, ó mellor mañá estarían xusto en orde inverso. Os poña como os poña son os 5 relatos que mais me gustaron.

    1. Pataca
    2. Oso Bilardo
    3. Alvada
    4. Continuará
    5. Paratha

    • O top 5.
      Non creo moito nestas listas de “os mellores de…” porque quedan moi boas melodías fóra pero estas foron as historias que máis me impactaron, gustaron ou aquelas que pasadas unhas semanas e meses aínda fican comigo. Anímovos a facer o mesmo e combater a tiranía loisiana ; )
      1. Morrer non debe ser tan triste
      2. Sobremesas
      3. Ensaio sobre a soidade’
      4. Cuestión de profesionalidade
      5. A primeira pedra.

    • Top 5:

      Oso Bilardo.
      Morrer non debe ser tan triste.
      Alvada.
      Néboa.
      Paratha. (Xa sei que no votei no seu día, pero xa expliquei o porqué)

      Non poño números porque todos poderían ir diante. Non fixen un top 10 porque aí poderían estar a maioría dos relatos do torneo.

    • Voume animar tamén cos meus favoritos. O nivel do certame foi alto, poderíase destacar cando menos un relato de cada participante. Este é o meu top 5, por orde de publicación:

      O oso Bilardo (Daniel Ugarte, primeira xornada)
      Retallos (David Botana, terceira xornada)
      Espazo para a pataca (Marcos López Concepción, desempate)
      A primeira pedra (Fran Fernández Davila, cuartos de final)
      Elvira (Natalia Otero, cuartos de final)

      Quixen repartir un pouco, probablemente de Botana entraría algún outro (por algo é o gañador). Tamén quedaron preto de entrar «Morrer non debe ser tan triste», «Alvada» e «Bieito, o Zapateiro».

    • Gracias a ti descubrín o que era un “betalector” (tuven que preghuntar…)

      Gracias tamén pola túa (sempre) xenerosa e sincera análise. Tomo nota inda que xa sabes que ó final, pois todo depende do que unha queira sacar, polo que hai cousas que me serven e outras que francamente non, pero agradecida igualmente. Ó fío disto, non me parece moi ben que “reescribas” un relato. Ti escribiríalo dunha maneira e eu á miña. Acollo a suxerencia, pero non creo que sexa moi respetuoso. Desculpa que cho diga así.

      O máis importante de isto é aclarar que o corazón non entende de pedir sacrificios. O corazón só entende de facelos, inda que só cando o temos rachado nos acordamos 😉

      Nada. Gracias pola túa análise e por darlle tanta vidilla a esto, que a verdad é que ser bo escritor e ademáis saber alborotar o ghaliñeiro de tal maneira, só está á altura duns cantos (non quero nombralos 😂).

      O dito. Encantada Risto Reverte!!!

      • Tiven moitas dúbidas co de se reescribir os relatos ou non. Fíxeno moito menos do que… bueno, do que sería capaz, haha! Algúns dábanme ganas de reescribilos enteiros, porque eran bos relatos escondidos entre unha maraña palabras innecesarias. Sei que alguén pode consideralo pouco ou nada respetuoso. Esa é a parte negativa. Espero que algún outro vise a positiva.

  2. Primeiro que nada, quero deixar constancia de que voto única e exclusivamente por respecto a Natalia e David, que rolda a rolda ofrecéronnos bos relatos e palabras amables. Grazas polo voso esforzo. Lois z, nunha brillante, brillantísima mostra de arrogancia quitoume ata o último gramo de motivación para volver a esta páxina. Eu vin aquí para practicar e pasalo ben, non para ver como un individuo tacha de erro (ou directamente insulta) todo aquilo que non lle gusta, coma se as súas opinións fosen verdades universais. Así non se pode. Se precisas comportarte coma un cretino para parecer intelixente, é probable que só sexas un cretino con ínfulas.

    Agora, o importante:

    ‘Continuará’
    A min paréceme válido o de gardarse a sorpresa final. Desfruto das historias que xogan con equívocos e dobres sentidos e van dando pistas a contagotas. Non obstante, que isto funcione depende enteiramente da historia. Así como a película ‘Los otros’ non funcionaría se nos desvelasen no minuto un quen son as pantasmas, en ‘Continuará’ si que lle acae ben, pois este relato non está baseado en abraiar ao lector cun xiro, senón nos sentimentos de Celso e Alma (quen me pareceu moi real). Porén, non sei se o de que a pantasma se meta a vivir nun tebeo me convence. É orixinal, mais todo o suxestivo que tiña o texto pérdese para min coa interacción coa muller.

    ‘Historia sobre os sentidos’
    A frase final gústame moito, pero o modo de chegar a esa conclusión non tanto. Fálase de que os outros sentidos axudan a que a boca e os ollos colaboren, pero eu non vexo que haxa conflito entre eles; ambos tolean, pero non é que un sentido prexudique ao outro. Se un deles enredase nos asuntos do outro, se os ollos remexeran as palabras por exemplo, cobraría sentido que “dende aquela” cada un se ocupase do seu. O relato ten as pezas para facer unha fábula bonita, pero hai que afinar máis o concepto que quere expresar.

    Voto por ‘Continuará’.

    • Para saber encaixar as críticas tamén cómpre práctica, Leticia. A experiencia non estaría completa sen enzoufarse ben nesa esa materia.

      • O problema nunca foi a crítica, nin teño 5 anos nin o meu ego é tan fráxil. O problema é que isto non foi unha crítica, foi unha burla sin sentido nin razón. Nin utilidade. Non son a primeira que che di que vixíes o ton. A túa actitude neste torneo tenme mosqueada fai tempo, pero isto xa non ten nome. Coñecía malos gañadores, pero nunca vira malos non-participantes. A que ven este recochineo, neno? Non tes dous gramos de saber estar nos miolos? De verdade non ves o absolutamente innecesario que é ese “E por iso non estades na final, claro”? Podías ter dito mil cousas. Podías dar unha clase maxistral sobre distintos tipos de relatos e cómo adaptar a dosificación da información en cada un (porque, e isto é algo que tendes a ignorar, os recursos non son bos ou malos, senón que dependen do uso) e así facías algo útil para que melloremos os que quedamos polo camiño. Ou podías limitarte a alabar o moito que che gusta ‘Continuará’, como se amolda ao teu padal literario. Pero non, había que facer sangue dos outros competidores para os que seguramente a derrota neste torneo sexa o de menos.

        Penses o que penses, eu estou orgullosa do que acadei. Dame igual que o meu gato pantasma e a maxia che resultasen innecesarios, porque resulta que non estou a escribir para ti. Escribín o que me gustaba e non preciso nin permiso nin aprobación.

    • ah, foi por esa frase. A min paréceme que quedou divertida e provocadora. O recursos non son bos ou malos, certo, pero normalmente usadelos mal, ou regular, como os finais sorpresa, entón, para cortar polo san, aconsello que non os usedes (polo momento). A mellor clase maxistral de literatura é ler boa literatura, seguro que sabes onde atopala.
      É un pouco contradictorio dicir que non che importan a derrotas é á vez reaccionar así polo que dixen. Efectivamente ti escribiches o que quixeches sen pedir permiso nin buscar aprobación e eu dinche a miña opinión tamén sen pedirche permiso nin precisar da túa aprobación. Iso é bo. Asi que non te piques por non ter chegado á final. E menos conmigo, que nin sequera votaba.

      • A min esa frase lembroume primeiro a Kevin Spacey na película sobre Salinger e despois a Risto, co cal non sei se é me atrae ou me aterra.
        Non estamos na final porque non estamos, e aí hai unha casuística que non se reduce a dicir todo no primeiro parágrafo.

      • Encántame esa resposta: “A mellor clase maxistral de literatura é ler boa literatura, seguro que sabes onde atopala”. Equivale a que eu lle diga a alguén con depresión “mira a toda esa xente sorrindo” (a segunda parte do enunciado aforraríama porque non querería que me odiase e tal).

        Se o que sacaches do meu comentario é que estou picada por non chegar á final, ou non entendiches ou non me expliquei. O que me tocou a moral é que o que estás a dicir sóame perigosamente a “se difieres coa miña opinión, é que es un mal escritor e non merecías chegar á final”. E teño que discrepar. Ocórrenseme maneiras de deixar para a metade, ou incluso o final, o de que Celso está morto e que quede ben. Se a ti non, pois vale, pero ese xa é outro tema chamado “gustos persoais”. A ti non che gustou o gato pantasma, nin o lirismo de “Desamor en tempos do coronavirus”, mais houbo xente á que si lle pareceu que estaban ben. Ti tes todo o dereito do mundo, e eu sempre o respectarei, de dicir o que non che gusta dun relato, pero non a clasificalo categóricamente como erro, especialmente se non vas a ofrecer solucións, maneiras de coller ese elemento e facer que quede ben. E é que o básico para facer unha crítica útil é comprender o que quere facer o autor e axudalo a acadalo da mellor maneira. Naquel “Este relato non precisaba ser fantástico, ergo non debería selo” (unha falacia, por certo) que me soltaches, basicamente estás a obviar que eu quería escribir fantasía. Pódese discutir se tiña que introducir a fantasía antes ou depois; a ti non che gustan as sorpresas, a min o que máis me gustou foi xogar cos dous conceptos de ‘pantasma’; pero a fantasía tiña que estar. Porque son eu e se un relato pode ser fantástico, prefiro que o sexa.

        Mención aparte merece a última liña que lle dedicaches ao relato ‘Asasinas’: “Paréceme un relato bastante mal feito e creo que é mellor dicirlle iso á autora que agradecerlle dar a coñecer o caso das O´Halloran.” Aí xa non é só dicirlle ao autor o que está mal, agora ves dicirnos aos demais o que debemos opinar e como. Sabemos que supón un esforzo comentar cada relato de cada duelo, e máis cando ti non tes por qué facelo, pero non te mosquees se non coincidimos contigo. Ou se somos menos drásticos, porque criticar criticamos o relato.

        Por último, sobre o de “cortar polo san”. Primeiro, non estás a falar dunha infección que vai arruinar a literatura para sempre se deixas que se estenda. Segundo, deixar de usar un recurso porque (todavía) non o dominas non é boa táctica se pretendes medrar como escritor. Eu non penso menos dos compañeiros cuxos relatos me gustaron menos, ou se se lles colou un gazapo ou non acabaron de redondear a idea que tiñan. Non creo que ningún teña nada do que sentir vergoña e considero que un torneo tan interactivo como este é precisamente o lugar de atreverse a probar cousas novas para ter un feedback diverso. A poder ser ‘cruelty free’.

        Se chegas a ler isto e a única conclusión que sacas volve a ser “bah, esta está amolada por non chegar á final” pois bueno, xa non é asunto meu. You do you.

      • non ten nada que ver sufrir unha depresion e tentar sair dela con querer mellorar como escritor. Se querendo mellorar como escritor rexeitas ler bos relatos porque eso te pon triste ou te fai sentir frustrada, entón antes de pensar en mellorar a práctica da escritura tes que pensar en amañar outros problemas maiores que te están frenando de cara á escritura e de cara moitas outras cousas. Eu aprendín o que sei lendo a Wilde, Poe, Cortazar, Borges, Hesse e moitos mais. E despois seguin aprendendo ó analizar o que outros dician dos meus relatos. A veces parecíanme críticas acertadas e a veces non, pero todas me fixeron avanzar.

        Non podo ofrecer solucións a (case) 16 relatos semanais, alguns de feito non teñen solución e é mellor que o autor os borre da sua memoria. Obviamente se digo que algo me parece un erro é porque a min, para o meu gusto ou como queiras dicilo, me parece un erro. Eu son completamente subxectivo nas miñas críticas (de todas formas non creo na obxectividade da arte, que para min está tanto ou máis no ollo de quen a xulga como na man de quen a creou) e se uso expresión categoricas e absolutas é para enfatizar ou por economia de tecleo.

        Que ti queiras escribir fantasía éme irrelevante, non podo introducir esa variable na miña opinión. De feito as intencións do autor para min contan 0, nada, niente. O que conta é o que eu saco da obra. Non por ser eu: vouno dicir doutra forma: o que conta é o que o lector saca en limpo, non o que o escritor quixo dicir. Por suposto lectores mais avezados ou entrenados ou mellor formados poderán sacar mais e mellores cousas do que len, pero sempre será o seu criterio (pobre ou rico) o que xulgue o que leron. Eu dígoche o que penso, tal como o penso e en forma de 2 parágrafos nun blog nos que nin sequera se supón que sexa un diálogo directo co autor (nunca espero resposta ó que digo). E cando vexo relatos malísimos dos que algún tenta desesperadamente sacar algo bo por non quedar mal co autor/a ou a saber por que razón, pois que queres que che diga, dame mais pena que risa.

        Pois eu creo que se ves a alguen facendo algo mal o mellor é dicirlle que pare, que baixe un chanzo as suas expectativas e que comece por algo mais basico. A veces é mellor deixar de escribir unha tempada e só ler antes que perder o tempo e as ganas (sobre todo se non tes a ninguén que che abra os ollos).

        O de que estabas picada por non chegar á final era, precisamente, para picarte. Porque tiña ganas de picarte, igual te sorprende pero é así.

        Se queres escríbeme a z666sin@gmail.com seguimos falando.

      • “Porque tiña ganas de picarte, igual te sorprende pero é así.”
        Ben, coido que con isto aforráchesme explicar por que vou declinar a oferta do email.
        Tiña unha parrafada xa escrita para responderte. Invertín bastante tempo nela. Xusto antes de enviala pensei que eu xa expliquei dabondo, que xa non é a primeira vez que alguén te chama a atención e que non podía importarche menos. Así que borreina enteira. Por que ía ser importante a opinión dalguén que non coñeces? Se lles ofendes, que se curtan, ou algo así. Non é o xogo que busco, especialmente nun torneo literario. Espero que ninguén se creera o de que é mal escritor por non concordar coa túa opinión, porque entón estaríaslle a facer un fraco favor aos autores e á literatura.

        Boa sorte a Biosbardia.

  3. Antes de máis parabéns a ambos autores por esta gran final. Mostraron excelencia e regularidade durante todo o torneo e son os merecidos protagonistas deste duelo.

    Continuará
    Para min é un gran relato. A historia en si non me marabilla, mais a execución é perfecta. O ritmo e o ton cos que se desenvolve a narración son os adecuados. Fixéronme desfrutar. Concordo con que é unha decisión correcta que se diga desde o inicio que Celso xa está morto.

    Historia sobre os sentidos
    Paréceme un plantexamento moi atractivo. Adoitan gustarme esas historias ás que se lle dá un aire de lenda, ese “contaba un sabio…” Tamén me pareceu unha boa decisión buscar un aire moi lírico no relato. É o que lle corresponde. Porén, penso que aí o autor/a non conseguiu expremer todo o potencial que tiña o tema sensorial. Ao meu entender, a algunhas das descricións fáltalle unha chisca de algo que as faga máis especiais. Teño a impresiñon de que quedan algo na tona dos sentimentos (a dor, a memoria) e é por iso que non me enganchou tanto como a historia do seu rivel.

    En todo caso é un relato correcto.

    Porén, o meu voto vai para Continuará.

    PS. Un pracer ter partillado este torneo con todos vós. Espero que volvamos atoparnos nestas as nosas “ínfulas literarias”.

  4. Antes de nada parabéns aos autores, aínda que teño que decir que agardaba algo de humor, non sei porque. Aínda así dous bos relatos.
    Continuará …que podo dicir. Gustoume moito o xeito de usar a foto, do impredicible ao predicible, cunha sintaxe contida, case esquemática. Perfecto. Conta moito en moi pouco espazo. Tece moi ben espazos comúns da narrativa.
    Historia sobre os sentidos. Con ese título xeroume moitas expectativas pero por máis que o leo non acabo de entrar nel. Coido que é de entrada un prantexamento ambicioso para a extensión permitida.
    O meu voto pois para Continuará

  5. Antes de nada dicir que foi una sorte poder estar no torneo e que o pasei moi ben lendo e comentando. Grazas pola experiencia¡
    A historia de Continuará gustoume, a pesar de non reinventar o lume e enxeñosa e articulase moi ben. Paréceme ben presentada e o ritmo e digno dunha final. Gustoume tamén moito o final. En xeneral, un relato que disputaría calquera final.
    De Historia sobre os sentidos aprecio moito o ton de lenda que xa se citou antes. O resto penso que cunha revisión, e quizais un formato que lle permita expandirse mais pódese conseguir algo moi bo.
    O meu voto vai para Continuará.
    Parabéns pola viaxe¡

  6. Parabéns a ámbolos autores pola súa traxectoria. Sen dúbida, foron merecedores de teren chegado ata a final.

    Historia sobre os sentidos coido que está fermosamente escrito e ten un ritmo que me agradou especialmente. Malia iso a historia non conseguiu atraparme como si o fixo a de Continuará (sobre todo na súa excelente parte inicial).

    O meu voto vai para Continuará

  7. Son dous moi bos relatos, pero tanto Natalia coma David teñen escrito, pra min, relatos mellores neste torneo. Así e todo, parabéns aos dous porque escribir media ducia seguida de textos de moita calidade non é nada doado.

    Non sei por que houbo que agardar dúas semanas á final, fíxose moi longa a espera e só axudaron a que se desconectara do torneo. E esa foto… (really?) Foi elixida ó azar ou a propósito? Pero non ía tratar sobre o coronavirus?

    “Continuará”. A que ven a ligazón do final? Como dixera comentando “Non todos saben como comer as uvas”, as ligazóns nos textos serán o futuro… sempre que complementen o escrito e aquí coido que non o fai. A temática, o personaxe de Celso e a execución moi boas; encántanme. Pero o que me chirría é a relación entre o avó e a neta, iso de apelar ás emocións como se fose un telefilm de A3 á hora da sesta non o vexo.

    “Historia sobre os sentidos”. Unha foto dun comic inspirouche unha alegoría sobre os sentidos?? A primeira lectura descolocoume pero foi mellorando nas seguintes e xa puiden aprezar a musicalidade do texto. Eu penso que está moi ben contado o conflicto entre os protagonistas pero o/a autor/a elixiu ser valente e xa sabemos o que lles pasa ós que arriscan neste torneo.

    Os dous relatos teñen cousas que me gustan moito e outras que me gustan menos. Así que, como xa fixen noutros duelos, un pequeno detalle (unha palabra, unha frase) será o que faga decantarme por un ou outro.

    Ergo, o meu VOTO vai para “HISTORIA SOBRE OS SENTIDOS”.

    Pra ir rematando: grazas a tod@s os deulistas polos grandes momentos que me fixestes pasar lendo os vosos relatos e comentarios. Noraboa a Biosbardia pola iniciativa e agardo de corazón que o torneo de duelistas teña un gran porvir. Agora ben, fraco favor lle fan a Biosbardia as tonterías que escribe por aquí Lois Z, e fraco favor lle fai Biosbardia a Lois ríndolle as tonterías.

    Noraboa a quen gane porque será merecido campión.

    • César: graciñas pola túa participación e perseveranza como duelista veterano. Tamén polo teu apoio e auspicios sobre o futuro do torneo. A falta de resolver a final penso que esta edición axudou a que todos teñamos máis ganas de torneo. Sobre a foto, loxicamente foi escollida ao azar e entra na categoría solicitada: fotos feitas durante a corentena. O prazo é de dúas semanas como sempre nas elminatorias. Entendo que como espectadores estamos desexosos de novos relatos pero para quen os tivo que escribir coido que o prazo se agradeceu. Xa Natalia e David nos dirán algo cando todo se resolva. Sobre o teu comentario final, é bo argumentar as críticas. O Lois Z é un luxo para un torneo coma este porque dedicou moito tempo a analizar os relatos participantes. Quen non queira aproveitar ese esforzo que non o faga, non é obrigatorio facerlle caso, nin sequera estar de acordo con el. Eu non lle río nada, agradézolle profundamente o seu labor, como autor de relatos do torneo e como editor de Biosbardia. Apertas.

      • Ter a Lois Z non é ningún luxo, máis ben todo o contrario. Lois Z é un tipo que non controla o que escribe, que fai críticas de “todo a 100” e que deixa as súas frutracións plasmadas nos seus comentarios. Un luxo é que participen no torneo escritores cunha calidade literaria contrastada, con libros publicados e ganadores de certámenes. Un luxo é que participe xente nova con moito talento que fan críticas constructivas e comentarios moi cabais. E un luxo que non se pode permitir Biosbardia é que a xente pase de visitar esta páxina por culpa de Lois Z.

      • Claro que todos e cada un dos participantes do torneo son un luxo para Biosbardia. Unha cousa non quita outra. Hasme dar esas estatísticas do boicot a Lois Z porque a min non me aparece tal cousa por ningún sitio. Apertas.

      • Non se trata de “boicot a Lois”, trátase de xente que non volve por aquí pra non atoparse con el. Agora mesmo venme á cabeza o ganador do I Torneo, que non marchou moi contento; un dos duelistas do II Torneo que o deixou á metade da primeira fase; podes ler o primeiro comentario de Leticia un pouco máis arriba ; e tamen neste III Torneo houbo outro duelista que lle dixo ó “Pequeno Emperador” que se estaba a pasar de arrogante. Detrás de cada lea do torneo está Lois. Unha aperta.

    • Sabes como coñecín eu Biosbardia, Ariza? Foi a través do grupo de FB de autores Contos Estraños. Seguro que recordas como se falaba alí desta web, xa moito antes de entrar eu aqui como colaborador. Si, seguro que recordas as mencións a César “lobezno” Gil aka o inimigo da literatura galega, membro da casta editorial que pretende ningunear a Contos Estraños e a Urco. Seguro que o recordas, digo, porque estas ultimas son palabras túas.

      E mira ti as voltas que da a vida que estás agora aquí, en BB (participando nunha actividade ideada por min, por certo, espero que iso non che de pesadelos) e preocupado por se a web perde visitas e popularidade.

      • Madre mía. Estás peor do que pensaba. Pero se a metade dos duelistas somos de Contos Estraños! Se eu dixen algo en contra de Biosbardia ou de César Lorenzo, búscao e comparte. Ou xa postos, comparte todo o mal que se falou de Biosbardia e de César en Contos Estraños. Agardo aquí.

      • Esa é a única frase coherente que escribiches en todo o torneo. Parabéns. E repito: eu nunca lle faltei o respecto nin a Biosbardia nin a ningún colaborador de Biosbardia nin a ninguén de Contos Estraños (excepto a ti, Lois, e nos dous sitios). Pra finalizar, quero pedir desculpas a Natalia e David e ó resto dos duelistas por esta conversa tan deporable; tíñamos que estar comentando sobre esta gran final e non doutros temas. Saúde.

    • Hola!! Contesto á pregunta.
      Custoume moito a verdade xerar unha idea para facer un relato. Pareceume a imaxe máis difícil á que me enfrontei en todo o Torneo (por algo era a da final). O primeiro que me inspirou, foi alguén contando unha historia en alto, por iso quixen experimentar cunha fábula. Despois vin que había unha parella no cómic, entón pensei en sacar unha especie de contacontos sobre o amor. Os sentidos viñeron ó ver tantas cores no cómic, paxaros, etc…
      Foi un pouco a miña secuencia de pensamentos. Supoño que unha imaxe é algo tan amplo que a cada un espértanos a inspiración ás veces por derroteiros ben curiosos.
      Un saúdo, e grazas!!!!!

  8. Pingback: Quen monta un rebumbio coas Letras Galegas?

  9. Parabéns os finalistas que están na final porque fixeron os dous un excelente torneo. Contento tamén por colarme neste último duelo cunha imaxe que mostra como pasei eu parte desta pandemia que aínda lle queda bastante por diante: lendo vellos tbeos do Shériff King de Bruguera (guionizados polo gran Víctor Mora). Cando pense, no futuro, sobre estes malos tempos, aí nun recuncho da miña memoria estarán entre outras moitas cousas, o Biosbardia, o Shériff King e as moitas pelis de Woody Allen que estou a ver en Filmin (xa descubrín Cequelinhos a túa puntuación de Broadway Danny Rose como a obra mestra que é).

    Indo ao tema: Cando pasei esta foto era coas expectativas postas en que algún duelista se atrevese cun relato homenaxe do tbo, tamén pensei que podería dar xogo para unha reinvención dos diálogos das viñetas. “Continuará” achegouse máis a ese preconcepto. Á marxe diso creo que esa primeira parte do relato (relación avó-Alma) está moi ben e engancha. Quedoulle máis apertada a idea da entrada do avó nun buraco negro comiqueiro. O final moi orixinal: que non me digan que iso non é un final sorpresa, ese continuará interactivo é moi imaxinativo.

    Historia sobre os sentidos é un relato máis pousón e cheo de partes fermosas. Non creo que acadara de todo ese ton de lenda que precisa precisamente pola lectura lenta que hai que darlle. “Contaba un sabio en tempos…” para o meu gusto é un inicio brusco. Logo un texto así que xogue coa fábula ten que impactar, entendo, cunha ensinanza que se aproxime a algunha inquedanza persoal, e nesa aproximación íntima, creo que se achegou máis a min o texto de Continuará. Voto pois por Continuará.

  10. Parabéns a Natalia e a David. Chegar a esta final coido que foi moi difícil. Houbo moita igualdade nas votacións e un compromiso impagable de todos os participantes por daren o máximo en cada duelo. Polo camiño foron quedando, dígovolo con franqueza, todos os meus favoritos. Impuxéstesvos con xustiza e merecedes todos os aplausos.

    Continuará

    Paréceme unha historia orixinal que, ademais, aproveita os recursos da publicación dixital. Esa porta de entrada aos lectores que queiran inmiscirse no relato paréceme unha grande idea que vai máis alá do final sorpresa (coido que este final si é sorpresivo porque creba as expectativas do lector, aínda que non sexa mediante o xiro argumental senón a través dunha proposta literaria de altura que pon derriba da mesa varias cuestións relevantes para o traballo literario en xeral: que papel ten o autor nun contexto de sobreprodución de textos cuxo factor central é a repetición de esquemas, cal debe ser a función da narrativa (tomada esta como disciplina obrigatoriamente transmedia) ou como involucrar o lector na construción final da mensaxe literaria. Todas estas frases poden soar solemnes e incluso fóra de lugar nun torneo coma este pero coido que é en exercicios colectivos coma este onde hai que ir reformulando conceptos, paseniño pero con ambición. E penso que este relato o consegue.

    Historia sobre os sentidos

    Curiosamente, estou lendo agora mesmo dous libros de Pierre Michon e de Pascal Quignard nos que, cada un ao seu xeito, reconstrúen certas lendas e mitos cunha ollada sumamente contemporánea. Neste relato coido que ese ton cosmogónico quedou sen ferver. Hai unha idea pero non está acabada de realizar conforme coido que o pretendía o autor/autora. Nótanse demasiado as costuras, hai palabras de máis e argumentos potentes con frases que sobran. Penso que un relato destas características ten que buscar dous obxectivos: a beleza poética e certa imaxinaría orixinal. Evocar e impactar. Levarnos ao tempo onde se inventan as palabras pero sendo conscientes de que estamos no ano 2020.

    Voto por ‘Continuará’.

  11. Vaites! Lois volveu para facer amigos ou?

    Pois vai cumprir deixar, outra vez, o amigable e recorrente lembrete de todas as edicións: a muller do César, ademais de ser decente, ten que o parecer.

  12. Boa tarde a todas. En primeiro lugar quero pedir perdón pola falta de respecto que supón non entrar a votar en moitos dos duelos anteriores. Teño as miñas razóns, pero soaría a escusa e non vos vou contar aquí a miña vida. Perdón, perdón, perdón.

    Continuará
    Malia o comezo cambaleante (botáronme para atrás as dúas primerias frases; ou é UN de vaqueiros, ou unha HISTORIA de vaqueiros; pero é tontería miña) o relato entra moi ben até o final. Botei de menos unha linguaxe máis de cómic, pero non demasiado. Gustoume o detalle metaliterario do final, con pintada de neerd incluída.

    Historia dos sentidos
    Ao contrario de Continuará, custoume máis entrar nesta historia. Pero como me encantou a frase final, volvina coller. É certo que lle sobran palabras, ou que as que hai habería que modificalas, no sentido de que penso que unha historia dos sentidos tería que ter máis deles, e menos descricións. Cousa de lle dar dúas voltas.

    Por iso, e por levarlle a contraria á corrente maioritaria, o meu voto vai para eses ollos que se encargan dos silencios.

    E xa off the record, quería darlles os meus sinceros parabéns a todas as escritorazas que por aquí pasaron: collede o que vos preste e rexeitade o que vos dea mal rollo. A cousa é pasalo ben. Tamén quero dicir unha cousa que calei todo o torneo: penso que o Lois (ou calquera persoa non concursante que desexe opinar fóra de concurso, tería que agardar a que estean todos (ou a maioría) dos votos emitidos para publicar as súas sentenzas. É a miña opinión.

    Por outro lado, parabéns tamén para o César por rematar con éxito unha edición máis do Torneo.
    Apertas para todas.

    • Na primeira xornada fíxeno asi, comentei todo nun doc e despois peguei os coments todos á vez o ultimo día. Como moitos autores non me coñecían pensei que sería mellor. Pero unha vez introducido non lle vin sentido a agardar de novo a ser o ultimo nas seguintes xornadas. Por que ía ser (máis) negativa (ou menos lícita) a (suposta) influencia do comentario dun non-participante fronte á dun participante?

  13. Ola Compañeiras e Compañeiros,

    mandei unha mensaxe que non son quen de ler neste blog, e cando trato de volvela a pór dime que está duplicada. Por se acaso repito:

    Felicidades Natalia e David polo estupendo torneo que rendestes. Estades aí máis que merecidamente e, gañe quen gañe, esa persoa debe invitar a unha copa, a un relato final, a unha especie de bis eurovisivo para deleite dos BioFans. Xa tedes un en min.

    Felicidades ás outras catorce tolas e tolos que quedamos na cuneta. Parabéns, de verdade, por atrevervos a tal grao de exposición sen crema nin gafas de ningún tipo. Eu tamén levo algunhas queimaduras, pero son marcas que luzo con orgullo porque me lembran a vós. Xurdiron estupendisísimos relatos cos que disfrutei moito. Eu estou orgulloso de que os nosos textos queden xuntos aquí para sempre, ou mentres as nubes resistan.

    Felicidades por último a todos eses seres humildes e anónimos que se atreven a coller un lápiz, un boli, unha pluma, un teclado, un móbil ou unha espiña con curare e tentan crear. Felicidades a todos os que tentan construír e tamén os que fan críticas construtivas. Parabéns para todos nós mentres o pasemos ben.

    Eu non vou facer un ranking porque non me dá a cabeza. Só direi que que quedarei para sempre co gato pantasma de Leticia, co oso Bilardo de Daniel, coas rosas aéreas de César, coa alvada do outro César, co fume de Elba, coa poética liberación de Marisol, cos zapatos que compartiron Amador e Mónica, co Pastiche de Miguel, co morrer de Marcos, coas asasinas de Álex, co despacho do pai de Diego, co morto traballador de Carlos, co tallador de exvotos de David e, por suposto, co coito interxeracional que Natalia esculpiu para botarme da estrada estilo Mad Max. Merecíao. Viva Dolores O’Riordan.

    Por certo, o meu voto vai para CONTINUARÁ. Gustáronme os dous relatos, aínda que creo que o primeiro se achega máis á imaxe proposta por Marcos.

    Veña, só me falta dicir que os e as que veñades por Panxón tedes un café pago. Grazas a todas e a todos por estas semanas tan divertidas. Síntome honrado de compartilas con vós.

  14. Boas tardes, entre uns relatos e outros pasounos a corentena voando.

    O meu relato favorita desta final foi ‘Contianuará’, para el vai o meu voto. Aínda que ao prencipio tardei en centrarme na historia, cando as pezas encaixaron na miña cabeza gustoume o anaquiño do universo que descubrín, sobre todo porque non imaxinaba que a partir da imaxe puidese surxir unha historia así, sorprendeume.

    Noraboa ao outro ou á outra duelista por ter chegado ata aquí, e grazas a todos por compartirvos estas semnanas nos vosos relatos.

  15. Puto nivelón. De todolos xeitos eu xá sei quen é cal e a verdade e que os dous son bos de carallo. O puto “Continuará” é entrañas e sangue. “Historia sobre os sentidos”, labia e xenialidade literaria.

    Desta volta votarei por ·Historia dos sentidos” .

  16. Gustoume a final, tivo todo o que se lle podía pedir: xiros finais, escritos «sentidos», pantasmas, vencellos e incluso navalladas entre o público. Dous relatos moi dignos dun desenlace após unha morea de semanas de competencia esixente. Quédame a impresión de que isto comezou hai anos.

    «Continuará»
    Non teño problema ningún cos xiros finais nin co contrario. Non hai nada malo en descubrir ao remate que estaba morto dende o principio, que todo foi un soño ou que era broma, sempre que sexa o que demanda a narración. Neste caso non tiña ningún sentido deixar para o final que o avó era unha pantasma, ese sería un conto diferente, mais o de que a nena acabara meténdose a garda civil por culpa dos cómics de pistoliñas do vello si que non o vin vir.

    De calquera forma, o relato funciona. Aplicóuselle a tesoira precisa, aí xa tomou vantaxe na final. Está máis traballado, semella que houbo máis ollos detrás. Volve recorrer a eleccións que xa amosaron efectividade ao longo do torneo: o sentimentalismo, a tenrura (apréciase un inspirado en feitos reais?) e outra vez a rebaixa do ton ao final, cun chisco de humor e algúns fogos artificiais en forma de ligazón ao continuará infinito e colaborativo. Acertou unha vez máis. Non é a proposta máis orixinal do torneo, soa decote a algo xa coñecido, pero a execución volveu ser impecábel. Poderiamos irnos aos tópicos deportivos: «as finais non se xogan, gáñanse», «a literatura é coma o xadrez, mais sen dados»…

    «Historia sobre os sentidos»
    Aquí a estratexia é diferente: «se acabo perdendo, polo menos que non sexa por saír a empatar». Pareceume unha aposta arriscada; nunha final ten moito mérito. Non conta co puído de «Continuará» nin tampouco con esa claridade na súa proposta e na relación coa imaxe, iso fai que comece a competir cando a contenda xa levaba un anaco. Con todo, o relato está ben estruturado, o hálito de lenda encaixa e a literatura funciona para un borrador. Cun pouco de edición todo quedaría no seu sitio e a final resolveríase na derradeira posesión.

    Gran participación de Natalia e David, finalistas con toda xustiza, e tamén do resto de duelistas, foi un torneo moi interesante, tanto polos textos como polos comentarios (coido que é o gran valor engadido que ten o torneo). A idea de basear os relatos nunha imaxe foi un grande acerto que debería quedar como norma para o futuro, ofreceunos miradas moi diferentes respecto a edicións anteriores.

    Moitas grazas, xente. Foi un pracer participar e compartir comentarios convosco.

    Ah, si, que aquí víñase a votar: quedo con «Continuará» e coa esperanza de que isto continúe.

  17. Noraboa os FINALISTAS!!!!!!!!
    Pola sua luz, a sua aposta visual misturado con sentimentos, pensó que o meu voto esta final e para Continuará!!!!!!!
    Moi interesantes as duas apostas, ainda que non penso que estes sexan os mellores relatos desde torneo. Ainda así, ambolos dous contrincantes merecen estar na final!!!!
    Bikos para todos os dualistas , fixestesme disfrutar nestes tempos insolitamnete extraños.
    Espero cruzarme con vos noutros retos literarios!
    Coidadevos moito!

  18. Moitas grazas por vir votar e, sobre todo, comentar. Non vos imaxinades a ilusión que me fixo lervos a todos na final. Graciñas tamén por darme a victoria deste terceiro torneo de duelistas, pois eu son o autor de Continuará.

    Falo do meu relato. Vaia ollo ten o Fervenza… Pode parecer que o formato que escollín ten risco e tal, foto, enlace… pero realmente fun máis papista que o papa. Nos anteriores torneos os perdedores foron os que arriscaron, pese a facer relatos estupendos e innovadores (un ata tivo que facer dous), así que aquí asegureime de ter unha boa táboa á que amarrarme en caso de que o experimento do hiper(espazo)vínculo naufragase. Creo que fixen ben porque esa primeira parte foi a que máis gustou. Vaia ollo ten o Fervenza… Meu avó era garda xurado, lía Marciales la Fuente Estefanías a toneladas, a súa habitación poñia os pelos de punta cos recordos que traía. Sempre pensei que unha pantasma non é máis que unha lembranza sensorial. O único que fixen aquí foi darme o pracer de que miña cativa se pasease por esa habitación e coñecese ao avó. Ter un neno na casa axuda moito a escribir o seu comportamente de maneira realista. Onde non quedei moi agusto é no transo ao mundo-cómic, penso que iso precisa outra volta, ou máis espazo se cadra. Pese a non gastar as cincocentas palabras decidín, falto de ideas mellores, non rechear futilmente. O final hipervínculado é unha sorte de final aberto definitivo onde vos deixo a vós, folla en branco mediante, a responsabilidade de seguir (ou non) coa historia de Celso (quedou como estraño libro de firmas). Penso que é unha homenaxe inversa ao concepto do pequeno obradoiro de plaxio, e a ese relato do primeiro torneo que descansa no limbo dos relatos sacrificados. Vaia ollo ten o Fervenza… Pois si, todos os meus relatos deste torneo foron previa e desapiadadamente comentados por tres bos amigos. Cada un coa súa visión, dicindo cousas distintas. O proceso de comentado é tan enriquecedor, se o abordas libre de complexos e de maneira crítica, que un vai medrando moito na escrita (lede os relatos do meu primeiro torneo para comprobalo). A eles vai esta victoria, sen eles non sería posible.

    Falo do relato de Natalia. Moito máis de medio metro de relato, iso está claro. Non hai rebotes, estás aquí na final porque o mereces, non hai máis. Gañaches a todos os que te atopaches dentro do torneo máis xusto e equitativo que podo imaxinar. Parabéns. Perdiches realmente porque arriscaches, ese relato precisa tempo para atoparse a si mesmo, tempo do que non dispoñías. Como xa che dixen lembroume a esas partes fantásticas do Sandman onde Gaiman se pon a fabular. Tes que seguir mantendo ese sabor no padal e limpar un pouco as sentenzas. Penso que, ao ser unha fábula, tamén precisa algo máis de gasolina no final. Sempre fracasei nos meus intentos de crear ese tipo de lendas, precisamente polo ton, ti conseguiches aproximarte moito nada máis e nada menos que nunha final, non é pouco. Bravo de novo. Agardo volverte a ver nesta sanguinolenta cúpula dos lóstregos.

    Falo do torneo. Foi a hostia. Duro, igualado, esixente, agobiante, adictivo, polémico. Non atopades canle estos días onde programen tantas cousas. Oxalá continue, oxalá pelexar con todos vós de novo.

    Falo da “polémica”. Non hai tal. Teño que confesar que ao principio me fodía un pouco ver máis comentarios de gresca ca de recensións votadas. Mais, a literatura pode ser bronca e falar e debatir nunca debería ser algo malo. As enganchadas sempre invitan a que Michael Jackson quente flocos de millo, non? Respecto aos límites da corrección comentando… para min na crítica son moi difusos e subxetivos, poño un exemplo. De todas os comentarios que me fixeron neste torneo o único que me sentou mal a nivel persoal foi o de que estos sentimentos que aquí deixei son de película de sobremesa de antena 3. Evidentemente o autor da crítica non ten porque saber que ese sentir xorde de imaxinar a meu avó coa miña cativa. De feito non falaría nin disto se non existise esta “polémica”. Eu escollo o que quero das críticas, por iso me gusta que veñan do profundo das tripas do comentarista. Penso que vale máis unha crítica desapiadada, pero argumentada, na se invertiron dez minútos e tres lecturas a unha crítica feble e amable (ou “chistosa”) medio feita ás carreiras para poder votar. E inda así non me sobra ninguén dos que estivestedes comentando, porque todas as visións, de tan distintas, foron incriblemente enriquecedoras. Acaso desde que riscades historias puidestes algunha vez interacturar con tantos voraces lectores e escritores? Como dixo moi ben Amador (agardo, polo que dixeches, que todo estea ben), collede o que vos guste e pasade do resto e, sobre todo, desfrutade. Pero non comecedes a pedir cabezas, nin a poñer cancelas. Penso que un portal de crítica non é lugar para iso.

    Pd: falouse de copas, birras e cafeces en varios momentos do torneo.

    • Acabada a intriga, permitídime, como coordinador da revista e, polo tanto, do torneo, darlles os parabéns a David e a Natalia. A David polo seu triunfo, que coido que é inapelable, con rolda exprés de clasificación e moito traballo en cada relato. Sinceramente, notei nel unha melloría moi grande a respecto dos anteriores torneos. Pode ser que sexa mercé a eses lectores previos, a que por fin madurou ou porque o confinamento o obrigou a estar na casa e non enredar multiplicándose a si mesmo nos xardíns de Bonaval. A Natalia polo gran logro de chegar a unha final nun contexto no que sei que, profesionalmente, foi un período moi esixente. Tiven a honra hai uns meses de entregarlle o premio BenComún de microrrelato e síntome en parte responsable de tela convencido para estar aquí. Graciñas por todo!

      Coincido na opinión xeral de que este torneo foi o máis igualado dos tres. Tamén coido que foi o que máis calidade atesourou en termos globais. Por suposto que houbo relatos mellores ca outros pero en case ningún caso tiven a sensación (e falo como lector, editor e crítico) de que ningún dos participantes non viñese aquí a dar o máximo, cada un no seu estilo e coas circunstancias persoais e ambientais de cada xornada. Pero houbo ganas de dar a cara e iso é algo que valoro moito porque, ao final, como din algúns, Biosbardia é un “wordpress” e participar neste torneo non vos vai abrir as portas de ningunha das grandes editoriais. E con todo, desde as marxes, penso que este torneo é exemplo do que se pode facer con vontade e imaxinación. Permitídeme que lles agradeza aos autores con obra publicada que nos acompañasen. Téñovos que confesar que houbo outros que xustamente alegaron que non querían participar porque non vían claro que beneficios lles podía dar estaren nun torneo que non supuña un gran premio ou unha posterior publicación, que non vían claro como ían xustificar se quedaban eliminados ás primeiras de cambio. Así que grazas a Amador, Marcos, Fran, Daniel, David, Álex, César, Leticia e Marisol. E a Miguel, Carlos, Elba, Diego, Mónica, Natalia. A todos e todas. Escribide. Se pode ser moito.
      Porque, persoalmente, coido que este torneo foi e debe seguir sendo unha cabeza de ponte para o exercicio literario. Debe ser a primeira pedra dunha auténtica escola de escritura, quizais cun esquema diferente ao das escolas que existen por aí pero penso que con elementos peculiares moi interesantes para unha aprendizaxe profunda. Dixemos moitas veces durante o torneo que non pode haber mellora sen crítica. Dígovos eu que sempre atoparedes unha amizade que vos pase a man polas costas e vos diga que escribides obras mestras. É o que lles ocorre á maioría dos escritores que publican actualmente. E así van os textos como van! O complicado é atopar quen che diga onde fallas, onde non te esforzaches o suficiente, onde tes que rillar para chegar a conseguir expresar o que estaba no teu cerebro mais non se trasladou ás túas frases. Se vos vale o consello dun vello, incluso as frases máis ferintes que sintades sobre un texto, co paso do tempo, se están expresadas con franqueza e ben argumentadas, seranvos útiles.
      Gustaríame que no futuro próximo Biosbardia afianzase esta faceta de escola literaria e argallaremos novas ideas máis alá de estender o torneo de duelos a unha cuarta edición, seguramente para o outono (sempre que haxa masa crítica que participe, claro).
      Xa sabedes onde estou. Encántame saber de vós. Falaime sempre!

    • Noraboa pola vitoria, David. Sinto moito que che sentara tan mal o meu comentario, todos sabedes que os meus comentarios sobre os relatos non levan nin sequera un chisco de mala intención. Cando digo que o autor “apela ás emocións como se fose un telefilm de A3” non me refiro a que sexan uns sentimentos “chabacanos” ou “sentimentaloides”. Quería dicir que eran redundantes e conservadores, xa se sabe a relación especial que tiñan Celso e a súa neta porque ela era a única que ve ó avó despois de morrer, non hai (pra min) por que mostralo de novo. Unha escena semellante aparecía en “Cona! Iso que é…” (cando a filla do prota non podía durmir porque lle faltaba a avoa) e pareceume moi tenra, pero o segundo párrafo de “Continuará” pra mín é superfluo.

      A mín o que me parece moi mal de ti é que, de 7 (sete!) relatos que escribiches, non fixeras un relato porco pero porco de verdade. No te lo perdonaré jamás.

      • Non tes que pedir perdón por nada, para min aquí hai liberdade para comentar o que sexa da maneira que sexa. Se o dixen foi só para demostrar que calquera comentario, por moi inocente que pareza, pode resultar ofensivo. Meu pai unha vez preguntoulle nun cabodano a unha tipa se estaba preñada, e non o estaba; non sei se me entendes. Ademais de que tal e como mo dixeches tampouco quedaba moi concreto, eu polo menos non entedía iso que me dis agora. De todas maneiras, refíreste ao segundo parágrafo? E que aí sae a nena, e se o quito…pois non hai nena nin nada, non entendo. A ver se vas pensar que eu escribín o da páxina do hipervínculo, iso ía en branco, o que está aí escribístelo vós. Ou ao mellor refíreste ao terceiro parágrafo, pero aí xa comeza o cambio de dinámica… non sei.

        Pd: Se volvo competir prometo facer única e exclusivamente relatos onde se coma o iogur. Aquí queda dito.

  19. Non vou engadir moito máis, porque creo que o protagonismo o ten que ter o monstro ó que me enfrontei que tan merecidísimamente se alzou co trunfo deste Torneo. Ademáis agradecerlle persoalmente a David a súa disposición, simpatía e bo facer. Tes unha xenialidade innata da que todos puidemos desfrutar e que quedou sentenciada con este último relato, que se xa me emocionou na primeira lectura, cando souben o trasfondo pareceume Cum Laude. Noraboa de corazón novamente! Xa sabes que me sinto moi afortunada de terme batido contigo na final do meu primeiro Torneo. Graciñas por todo!
    Gracias tamén a César por terme proposto esta tremenda experiencia, que para min en estas semanas tan raras supuxo un oasis no medio de todo este barullo que estamos aínda vivindo. Son tempos moi revoltos, de seguro que tanto Mónica, como moitos de vós polo que vin, sabedes do que falo.
    Estaba lendo agora a reseña de César, e a verdade é que medio me emocionei ó ler os vosos nomes, porque sen coñecervos, xa me resultades como familiares de tanto tempo que invertín en esta páxina. Estou superagradecida a todas e todos. Concordo co que dixo de que efectivamente, cando ti pides opinión á xente que che rodea, todo son boas palabras e todo está perfecto, pero o real é medirte ás críticas de persoas con un peso literario coma o voso. Con percorrido nas letras, con publicacións, incluso con premios… A verdade é que é un luxo, e sen ánimo de ser compracente, para min esta aprendizaxe exprés foi o verdadeiro premio, a parte de coñecervos a través de redes a algúns de vós cos que compartín moi bos momentos. Gracias por todas e cada unha das vosas palabras, e sobretodo ós que me votástes, que demostráchedes ter un gusto exquisito 😂

    Por último, pedir desculpas se este último relato non estivo de todo á altura dunha final. Sempre digo que en cada retazo artístico que se esculpe, se deixa un anaquiño de alma. A miña agora debe estar un pouco escangallada. A verdade é que, a pesares de que entendo a Ariza cando di que a espera se fixo moi longa, logrei redactalo en día e medio, e inda así quédanlle ben de voltas para darlle. Sen dúbida, non tiven os cinco sentidos postos nel 😉
    Grazas a tod@s por facerme partícipe dos vosos fermosos e curiosos anaquiños de alma.

    De seguro me esquezo de moitas cousas que quixera decirvos, pero do que non me olvido é das cañas e dos cafeses, que está por escrito, así que nadie se escaquee. Que metro e medio sí, pero tamén teño sede.

    Apertazas e agardo atoparvos a todos na próxima! (a 2 metros)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s