‘O Evento’ vs ‘A candidatura’

Xornada 1. David Botana fronte a Marcos López Concepción. O Evento David Botana. Os paxaros chiaron ao unísono. Eran moitos: gaivotas sobre todo, pombas, patos, gansos, algúns creron ver até carolos e só unha testemuña falou dun papagaio. Ninguén reparara até ese intre na gran cantidade de aves que ateigaban o río. Despois da brutal…

‘O corvo’ vs ‘A merenda’

Xornada 1. Duelo entre Carlos Vega e Natalia Otero. O corvo Natalia Otero. Continuaba a nevarada do inverno naquel primeiro día de escola despois de Reis, e Manoliño, o mangallón repetidor, xa era, coma sempre, o protagonista. —Matou o meu corvo! —Nin un chío! Mirando cara á parede, dixen! —berraba don Pepe mentres ía apiñando…

Listaxe de libros máis vendidos. 1ª quincena de xullo, 2020

Para confeccionar esta lista contamos coa colaboración da distribuidora Arnoia e das librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz). Iremos ampliando os establecementos colaboradores en futuras listaxes. Só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.…

Así queda a primeira xornada da Liga Maruxairas

Tras as votacións da xornada preliminar, a clasificación (que só serve para casos de empate e definir os duelos da primeira xornada) queda así: 1. Lois Z, por As lapas. 2. David Botana, por A sesta. 3. Carlos Vega, por Confesión do rei fratricida. 4. Xosé Carlos Carracedo, por Observatorio. 5. Ana Vigo, por O fuxitivo. 6. Natalia Otero, por Á…

Xornada preliminar da I Liga Maruxairas

Bota a andar a I Liga Maruxairas coa publicación dos primeiros oito relatos que compoñen a xornada preliminar. Este “todos contra todos” servirá para definir as posicións de inicio que definirán os emparellamentos da xornada 1 e desfacer duelos que acaben en empate. O sistema de votación nesta xornada será por puntos. Cada votante (autores/as…