8. Onde Penélope Trinta case perde o avión por culpa do seu grupo de whatsapp favorito

Letra C. DUNCAN C/FLICKR.

César Lorenzo Gil.

Quinta

O xurado que decidirá o premio estará composto por cinco membros, escollidos entre persoas de recoñecido prestixio cultural e civil. O membro de maior idade do xurado exercerá como portavoz e o de menos anos, como secretario. O xurado elixirá a obra gañadora de entre os 30 orixinais que sexan seleccionados de entre todos os recibidos.

 

Mónica Várzea

—@Penélope Trinta: Teremos que falar do do premio— 13:04

Helena Camba

—Foi velo e pensar en ti, Pe— 13:05

Romina Salgado

—Faríame mogollón de ilusión pero ese premio está dado— 13:05

Catia Rocha

—Eu tamén o vin. Esta historia fede fede. Ten que haber algunha trampa— 13:06

Penélope

—Un momen, please. 🛂— 13:08

Mónica Várzea

—🙏— 13:08

Catia Rocha

—Seguro que xa está feito un apaño para que o gañe un pixapodre deses que o gañan todo.— 13:08

Romina Salgado

—Total. E outorgado por un xurado todopirolos, 😁😁😁— 13:09

Helena Camba

—Pois non é xusto. Meréceo Pe máis ca ninguén. Preséntate, eh!— 13:11

Helena Camba

—Un millón! Como lle daría por aí— 13:11

Mónica Várzea

—O tipiño dixo na rolda de prensa que no confinamento se namorou da literatura galega. Dixo que quere poñer as nosas letras no mundo, igual que el fixo coa súa marca— 13:13

Romina Salgado

—Si, claro, como fixo el, explotando escravos en todo o planeta— 13:14

Catia Rocha

—Un premio para asegurarse a gloria cando morra. Deberiamos chamar ao boicot— 13:15

Romina Salgado

—É unha excelente idea. As letras galegas non queren esmola, queren xustiza e máis mulleres premiadas— 13:15

Mónica Várzea

—É moito money. Vai haber centos de libros presentados, talvez miles— 13:16

Helena Camba

—É lóxico. Se gañas, arranxas a vida. Xa non só polo millón. Gañar iso dáche un prestixio mundial— 13:17

Catia Rocha

—Non estou de acordo. Un premio do patriarcado que se repartirán entre señoros. Dígovos eu que non vai ter ningunha repercusión— 13:17

Romina Salgado

—Insisto: Boicot e aproveitarmos o foco para denunciar as prácticas do empresariado que vampiriza os dereitos laborais das mulleres. Nin unha palabra literaria para concursos organizados por sátrapas coma eses. A literatura é beleza e a beleza non se corrompe— 13:18

Penélope

—Xa acabei. Estou esperando na sala de embarque. Vin o do concurso. Penso que é unha artimaña patriarcal e colonial— 13:19

Penélope

—Mais acaso non o son todos os premios que outorgan institucións que intentan calmar a tensión social e económica co diñeiro do premio? Coido que debemos gañar ese premio e aproveitar toda a repercusión para facelo estourar desde dentro— 13:21

Romina Salgado

—Brillante idea, Pe. Xa tes pensada a novela que pode lograr gañar?— 13:22

Catia Rocha

—Calquera das que Pe xa publicou gañaría sobrada ese premio. O problema é outro. O chanchullo que terán preparado— 13:23

Penélope

—Xa chamaron ao embarque— 13:25

—Temos que asegurarnos que a escolla do xurado sexa democrática e feminista. Que non ocupen as poltronas os de sempre— 13:25

—Márchame o avión— 13:25

Mónica Várzea

—Tes que escribir sobre isto no próximo artigo— 13:27

Penélope

—Non. É mellor que diga algo na radio Helena. E na nosa web… Hai que invitar mulleres escritoras para que opinen. Hai que concienciar sobre a oportunidade deste premio para desterrar tópicos e opresións— 13:29

—Desconecto. Quérovos 💗💗💗💗💗— 13:29

Romina Salgado

—Esta tarde fago un post. Recordo aquel informe que publicamos sobre a desigualdade na concesión dos premios literarios— 13:32

Catia Rocha

—Moi boa idea, Romy. Eu teño unha charla nun insti mañá e vou enfocar a cousa por aí.— 13:34

Mónica Várzea

—@Helena Camba: Tes que averiguar na asociación en quen están pensando para o xurado. Incidir sobre a necesidade de que o poder se reparta. Este caso vén de marabilla para facernos entender, non cres?— 13:37

Helena Camba

—💪— 13:37

Catia Rocha

—E un change.org para que haxa unha escolla do xurado nas redes sociais por voto popular? A Xunta non pode ignorarnos por máis tempo!!— 13:39

Romina Salgado

—Cando volva Pe témonos que poñer todas á súa disposición. Ela saberá o que temos que facer— 13:40

Helena Camba

—🌚— 13:40

Catia Rocha

—🌚— 13:40

Mónica Várzea

—🌚— 13:40

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s