Para confeccionar esta lista contamos coa colaboración da distribuidora Arnoia e das librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago), Paz (Pontevedra) e Aira das Letras (Allariz). Iremos ampliando os establecementos colaboradores en futuras listaxes. Só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.
INFANTIL
-
Os minimortos. Benvido ao outro barrio, de Ledicia Costas e Mar Villar. XERAIS.
-
Mortiña. O amigo pantasma, de Barbara Cantini. HÉRCULES.
-
A nena do vestido de flores, de Manuel Fontemoura. AIRA.
-
Ramona Órbita. A dona do tempo, de Pakolas. GALAXIA.
-
Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos. AIRA.