47. Onde se descobre unha outra alfaia literaria
César Lorenzo Gil. Mentres esperaban polo regreso de Rosendo Neves, os outros catro xurados volveron falar do insignificante, coma se pensasen que entrar en fariña precisaba un cerimonial para o que aínda non cumpriran todos os rituais. Pestanexou o móbil de Helena Camba, que estaba derriba da mesa. Discretamente comprobou que tiña un whatsapp de…