David Botana gaña a II Liga Maruxairas

David Botana.

David Botana é o gañador da segunda edición da Liga Maruxairas tras sete intensas xornadas nas que o autor se impuxo grazas ao valor de desempate que ten nesta competición a xornada preliminar. Botana gañou seis dos sete duelos, a mesma cifra ca Fran Fernández Davila, que acabou segundo. Completa o podio Carlos Vega, que gañou cinco roldas.

David Botana xa gañara o III Torneo Biosbardia, que ten formato de eliminatorias, e fora finalista na I LIga Maruxairas, que gañara Lois Z no pasado verán.

A II Liga Maruxairas desenvolveuse durante varios meses, cun duro calendario de competición, que obrigou os oito contendentes a escribir practicamente un relato de 500 palabras cada semana. Nesta edición probouse por primeira vez o modelo de liga pura, a unha volta, e utilizáronse os resultados da xornada preliminar para desempatar, tanto durante cada duelo coma na clasificación final.

Os convidados enmascarados

Outra novidade desta edición foi a figura do autor invitado enmascarado, unha modalidade improvisada perante a baixa dun dos participantes na liga por causa de forza maior. As firmas convidadas foron César Lorenzo Gil (autor de ‘Faco’), Lois Z (‘A carauta de Fernando’), Guillermo Rodicio Cimadevila (‘Un ángulo moi concreto’), Lois Pérez (‘Vaivén’) e Daniel Ugarte (‘A táboa de surf’).

Os e as participantes salientaron ao finalizar a liga a faceta lúdica da liga mais tamén o seu valor como “escola literaria”, tanto na área da creación (na que moitos dos participantes contan con lectores beta que lles fan as primeiras indicacións cando o relato aínda está inédito) coma na de crítica, xa que os comentarios sobre cada duelo forman parte intrínseca da competición e obrigan os autores a ser lectores dos e das súas compañeiras e tamén a enfrontarse co escrutinio dos demais sobre as súas composicións.

E acabada esta liga, Biosbardia pon en xogo a nova edición. Se hai suficientes autores e autoras interesadas, desenvolverase durante os meses de marzo e abril, tamén a sete xornadas. Proximamente publicaremos as bases desa nova competición.

CLASIFICACIÓN FINAL

  1. David Botana 6 VITORIAS

  2. Fran Fernández Davila 6

  3. Carlos Vega 5

  4. Marisol Gándara 3

  5. Xosé Duncan 2

  6. PIlar Vilaboy 2

  7. Ana Vigo 1

  8. Breogán Martínez (retirouse)

RESULTADOS HISTÓRICOS

Liga Verán 2020: Lois Z.

Liga Outono-Inverno 20-21: David Botana.

5 comentarios en “David Botana gaña a II Liga Maruxairas

  1. A miña noraboa a David Botana polo seu primeiro posto. Fágoo extensible a Fran e Carlos polas medallas de prata e bronce. E tamén ao resto: Marisol, Xosé e Ana. Foi un gusto e unha agonía participar.
    De feito en Alcohólica frustrada intentei transmitir, en clave de humor, como me sentía por veces. Pero quédome coa parte boa e con coñecer xente moi talentosa que descubrín grazas a esta Liga.
    En canto ao Convidado Enmascarado, desconfiei en principio de César Lorenzo e de Lois Z. Equivoqueime en que cambiase de persoa en cada xornada. E con respecto a Daniel Ugarte, coñecíao por twitter e encantoume descubrilo como autor detrás da Táboa de surf. Un duelo cheo de gratas sorpresas.
    Aquí me tedes para o que precidedes. Moita sorte nos vosos proxectos vitais!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s