Lola

Muller tocando a tiorba canda un cabaleiro. GERARD TER BORCH, O MOZO/THE MET

Francisco Álvarez «Koki».

Nos teus ollos encontro o mar.

Es como un río de  esperanzas,

que acumula tempestades.

Nos teus peitos, escoito os teus silencios,

e falo con eles pra recordar,

o teu corpo de terra, e as túas correntes mariñas,

na flor do deserto.

Túa boca feita buguina de mar,

arrólame no berce do tempo.

Es nun intre, unha revelación austral,

no limbo da miña memoria.

Na sombra do carro, da fouce e dos panascos, escribiuse a túa historia.

Axeónllome diante da dor, dos que xa non están connosco,

e cerro os ollos de auga, que me afogan,

na tristura de cada día.

As nosas engurras son o cordón umbilical que nos ata,

aco e aló.

Non sei cantos cadáveres constrúen a nosa historia.

Beberemos do cáliz, das escuras felicidades,

que dormen no noso leito.

Aperto os teus dedos de cadeas,

o sal das nosas estatuas, mirando o infindo.

Hai encrucilladas que son camiños sen volta.

Non sei por que arrastro tanta dor comigo.

Non sei, amor, por que me doen tanto os corpos alleos,

as historias reprimidas.

Non sei por que son pel do mundo,

preso nesta terra.

E o ceo?, onde estaba o ceo ?

Cando, deitados na herba, mirabamos o infindo das estrelas.

Todas tiñan nome, pero a mais bonita chamábase Lola.

Agora só quero espertar amenceres,

o acubillo dos teus bicos,

volver inda que non poida.

Á nosa Primavera.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s