‘Noruega’, cando xa non é posible facer a gran novela da cidade

Rafa Lahuerta.

Xesús González Gómez.

Collo na biblioteca do barrio a novela do valenciano Rafa Lahuerta Yúfera, Noruega, premio Lletraferit de novela 2020, publicada en decembro do mesmo ano pola editorial valenciana Drassana. A novela, primeira obra que escribe en valenciano (dialecto, ou variante, se se prefire do catalán) Lahuerta, está a ser un éxito de vendas en Valencia, xa que até o momento leva unhas 12 edicións, e estase a preparar a súa versión española. Versión que, ou cae en mans dun bo tradutor, ou vai perder toda a súa, digamos, «graza» idiomática, xa que o autor bota man do dialecto catalán da cidade de Valencia para facer verosímiles non só os personaxes, senón a «trama» da novela. Segundo declaracións, o autor afirma que empezou a escribir a novela en castelán, pero axiña se decatou de que nin era verosímil nin lle ía saír a novela: precisaba do valenciano. Iso acontece moito. Por exemplo, non vou dicir títulos, pero César Lorenzo nesta mesma páxina web ten «denunciado» algúns casos, de novelas escritas en español que están a ser publicadas por vez primeira en galego, sen que se mencione, por suposto, nome de tradutor ou tradutora. Novelas que a lectora ou lector galego (é dicir, habitual da literatura neste idioma) percibe axiña como traducións. (Tamén haberá que «denunciar» que moitas das obras, novelas, galegas traducidas ao castelán aparecen sen insinuar sequera que a novela foi escrita en galego.) E tamén hai novelas en castelán, escritas por autores ou autoras de nación galega, que perden certo grao de verosimilitude e potencia narrativa precisamente por iso, por estar escritas en castelán: Alguien bajo los párpados, de Cristina Sánchez-Andrade (Anagrama, 2017), é un bo exemplo, xa que a medida en que se avanza na súa lectura decatámonos de que a lingua do país en que se desenvolve a trama brilla pola súa ausencia; lingua que, estou seguro, e non é nin nacionalismo parvo nin nada polo estilo, lle daría máis forza, máis intensidade, quizais tamén máis ambigüidade á novela… e máis verosimilitude aos «personaxes» centrais, ás dúas mulleres, que cangan co peso da obra.

Mais deixémonos de teorías, ou laios, e vaiamos á novela de Rafa Lahuerta. A novela, narrada en primeira persoa, «conta» a vida e vicisitudes de Albert Sanchis (e tamén da súa familia). Segundo a contraportada, a novela son as «rachadoras memorias ficcionadas» que «relatan a traxectoria singular» do seu narrador» á vez que son «unha viaxe ao bandullo dunha Valencia que desapareceu»: «a cidade fluvial delimitada polas sombras da muralla islámica, o espírito do Mercat e unha percepción lúcida tráxica da existencia». Noutras palabras, a novela, á parte, ou ademais, da «narración» da vida de Albert Sanchis, é a narración da desaparición-destrución de Valencia nuns anos determinados: os que van de 1970 a máis ou menos 1990, é dicir, o tardo-franquismo e mais a transición e a democracia. Porque hai algo que semella que hai medo a dicir: a destrución das cidades tanto en Occidente, como en lugares de Oriente, foi máis rápida naqueles lugares, naquelas sociedades, onde triunfou non só o modo de produción capitalista avanzado, senón, sobre todo, e curiosamente (?), nas sociedades onde triunfou o que se denomina democracia liberal. A denominada democracia liberal, que quere ser global, propiciou a destrución das cidades porque a globalización da economía leva implícita a destrución e uniformización das cidades, e a democracia liberal –da que, por outra banda, cómpre non renegarmos xa que, até o momento, é a única que existe e existiu, fóra experiencias puntuais, caso da Comuna de París– é o alibí perfecto: todo se realiza dentro das «normas» democráticas, afírmannos.

A novela, como dixemos, trata da desaparición-destrución da cidade de Valencia, xa que como moi ben di o narrador, Albert Sanchis, xa que está narrada en primeira persoa do singular: «A gran novela da cidade xa non se pode escribir. Todas as cidades son a mesma cidade. Co seu Zara, o seu Mercadona, o seu intercambiábel equipo de fútbol escrito por hooligans ilustrados»; cidades, polo demais, cuxos vellos barrios e mais os barrios «históricos» ou foron «recuperados» para uso e desfrute das clases medias e dos turistas, ou foron degradados e tomados, primeiramente, polos chineses cos seus almacéns, logo polos musulmáns de diversas nacións e, finalmente, polos «hipsters co seu calculado amor polas sinestesias» (engadan lectoras e lectores os «negocios» e institucións que lles pete: macdonalds, ikeas, centros comerciais diversos, etc. etc.), como di o narrador da novela, sen que iso signifique ningún tipo de prexuízo cara a chineses, musulmáns e mesmo hipsters. Mais aínda que non se poida escribir xa a «gran novela da cidade» (do tema temos falado nesta mesma web a respecto da «soñada», e imposíbel, gran novela de Compostela), Lahuerta, ou Albert Sanchis, xa que é el que fala, percibe que quizais se puidese facer se non a gran novela sobre Valencia unha novela sobre Valencia. Para facer a novela de Valencia, e non só de Valencia, acho, senón de calquera cidade occidental, habería que escribir, ou imaxinar, ou «mimetizar», «Valencias oníricas e remotas, de ficción, Valencias imposíbeis, Valencias esbozadas en cadernos custodiados en estantes precintados que alguén toparía por casualidade, Valencias con todos os calendarios artísticos de Salazones Sanchis-El Salmón de Noruega. Todo ese material forxaría unha Valencia verosímil». A outra Valencia, a de poesía e narración de xogos florais, a Valencia nihilista da novela negra que a despoxa de maneira superficial, iso non é máis ca «unha literatura de franquías. Obedece ao canon do editorialmente correcto».

O narrador de Noruega, Albert Sanchis, quere ser escritor –un modo de se redimir: outro será o amor, pero sempre se equivocará, mesmo cando ama e é amado; mesmo nas relacións coa súa familia, agás a irmá e un dos avós– e intenta, con todo, a gran novela de Valencia, e para iso bota man da propia vida, do seu tránsito da nenez á mocidade, momento en que se relaciona con rapaces e rapazas que conformaran a pequena delincuencia dos anos da transición (unha transición «que non saía no Informe Semanal dos sábados á noite» e primeiros da democracia; unha delincuencia que desaparecerá porque non se decatará que aparecerá outra máis potente, máis organizada, con ganas de dominar a cidade…), aos anos de madurez até chegar á propia morte.  

Dos seus amigos de mozo, catro, percibirá Albert que el é o único que gozaba «de estabilidade familiar», cousa da que non era consciente. Quizais porque non se levaba co seu pai. Para o pai a predilecta era a irmá, Rocío, e para el os predilectos eran os avós: nunca entenderá a seus pais, até despois de mortos, e iso debido aos diarios que deixou a súa irmá Rocío, morta en plena mocidade. A historia da novela é tamén, ou pode lerse tamén, como a historia da familia do narrador ademais, claro, da historia da destrución da cidade. Se a destrución da familia a realizan o tempo, as doenzas e os accidentes, a destrución da cidade realizarana tanto uns políticos que, talvez, mal leron a Joan Fuster e foron maoístas sen sabelo, enfrontaron a Valencia «pura», é dicir, a campesiña, coa Valencia urbana, coa cidade de Valencia, a «gran puta» (como aconteceu na nosa nación coa Coruña e nalgúns anos coas vilas en xeral). Noutras palabras, a Valencia campesiña, como a Galicia campesiña con respecto á «vila podre», gozaba dunha superioridade moral con respecto á cidade de Valencia. E os outros (políticos) que chegaron despois, ambas clases non «eran máis bos ca os trileiros que coñecera no barrio chinés» e o único que os distinguía era «o nó da gravata, o brillo dos seus mocasíns, a trompeta enferruxada do protocolo que puña en marcha unha alcaldesa vestida de vermello». Uns e outros políticos foron os que acabaron coa cidade de Valencia, vén dicir o narrador. Uns e outros políticos crearon, ou reafirmaron, a supremacía, dunha «clase media con aspiracións, zume novo que percorría as rúas da cidade». E ese zume novo debía facer desaparecer do imaxinario urbano, xa que logo, tamén da literatura, todo o que non fose a «dinámica uniforme do turismo de masa e as súas cadeas». E dicir, debía facer desaparecer a memoria da cidade, ou sexa, a memoria das voces baixas desa cidade, nesta novela representadas por eses amigos e amigas de Albert que conformarían esa pequena delincuencia e cuxo único fogar non era outro, coma o de Susana, o seu primeiro amor xuvenil e irmá do seu amigo Charly, que «a lama», e polo avó e os amigos do avó, homes xa fora do tempo.

A novela divídese en dez capítulos e se ben en primeira instancia dá a impresión dunha narrativa lineal, esa impresión é enganosa. Non porque o autor bote man de analepses ou flash-backs, ou mesmo de prolepses –estas pouco desenvolvidas nun principio ampliadas cando chega o seu momento–, senón porque uns tempos son inseparábeis dos outros. O pasado está no presente, así como o futuro. E o presente condiciona non só o futuro, senón tamén o pasado, e talvez o pasado só sexa un erro, é dicir, unha forma de nostalxia. Para conseguir todo isto, Lahuerta vai cambiando (sic) en cada capítulo a forma narrativa sen apearse da primeira persoa. Se o primeiro capítulo, «A praia do Mercat», semella unha mestura de informe socio-económico e literatura, outros capítulos (como por exemplo «A familia» ou «Os adeuses») están narrados como se conformasen partes dunhas memorias, ou dunha autobiografía. Outros son «dietarios», dietarios escritos e orais; é dicir, Albert Sanchis, por enfermidade, non pode escribir e grava o que está a pensar, gravación que logo será transcrita (por Lahuerta?). Outros capítulos, case todos os últimos, se ben están narrados en primeira persoa, decatámonos de que lle son ditados a unha segunda persoa que nunca fala e, suponse, transcribira o que lle están a ditar. Ou en realidade Alberto Sanchis está a ditarlles eses capítulos aos lectores da novela? Neses capítulos, como é de esperar, é onde máis brilla, ou máis patente se fai, a oralidade procurada polo autor. Autor, por outra parte, que non ten medo a descubrir as influencias «sufridas», as súas lecturas, os amores literarios que son os seus… Porque a novela, tamén, está inzada de textos, parágrafos que poden semellar «teóricos», parágrafos dunha teoría da literatura, e en certo xeito sono. O autor, por medio da voz narrativa que é Albert Sanchis, entrégalles aos lectores toda unha poética da escrita e da novela en parágrafos intercalados aquí e acolá: «Escribir era despoxar a realidade e facela comprensíbel, defendela a base de insistencia e carácter, que as paixóns dos homes tomasen corpo no papel sen perderen a súa individualidade sagrada», «a literatura é unha arte menor que só serve para facer literatura. Nunca se debe contar nada a ninguén. Esta é a gran lección. Pórse a escribir é traizoar. A traizón está nas orixes da sociedade», á vez que o narrador, que, como se dixo, quere facer a novela de Valencia (en realidade catro novelas, cuxos argumentos, personaxes, investigacións, documentacións, etc., se inclúen en diferentes capítulos: «O fantasma da discoteca Sami», «O derradeiro calendario»; «Na cidade sen río» e «Non me esperes esperto», cada unha delas quere ser a novela de Valencia, ou dun lugar da cidade, mais tamén a novela de si mesmo – e tamén podía ser a novela que se está a ler), ten claro que para escribir as súas novelas necesita «un narrador que poida liberarme de min mesmo», xa que el é, como se autodefine, un «dietarista de baixo voo, un cazador de instantes banais», ademais de non saber «construír personaxes, nin armar tramas, nin por suposto erguer unha cidade da nada»; e talvez por iso, despois de intentar a redención por medio da escrita (véxase o capítulo VI, titulado, precisamente, «Redención»), redención que non consegue, pois o que escribía o «escribía para os actores dun mundo esgotado, escribía para esgotar a paisaxe, eu mesmo personalizaba ese esgotamento»; e, por outra parte, o narrador acaba de ser consciente de que a redención só se consegue mediante feitos e relacións humanas, nas que fallou: non soubo amar, non soubo interpretar os xestos dos amigos, de Susana, o seu primeiro amor, que acaba prostituta e morre desfeita pola droga, e que en certo modo se sacrificou para salvalo; nin mesmo soubo interpretar o amor que por ele tiña Helena, o seu grande amor.

Os «puntos» centrais de referencia da novela son, xa que logo, dous ben claros: a) o propio narrador e b) a cidade de Valencia. De aí que os personaxes existan tan só na medida en que o narrador –máis que o autor– os constrúe e na medida en que habitan, se moven, na cidade; en consecuencia, a novela vén ser a recuperación dunha serie de vivencias e ficcións que se integran nunha férrea estrutura lóxica que permite a converxencia de planos na orde temporal e espacial, como se dixo por aí atrás. Eses «puntos centrais» permiten ver as diferentes caras da cidade (os diferentes modos de destrución) a medida que avanza a narración; a medida que a vida do narrador vai cambiando, e acada a visión da cidade, coma a visión da propia vida, unha fonda intensidade poética. Intensidade que serve tanto para mostrar a desaparición/destrución da cidade (a relación dos nomes dos bares que desapareceron; a relación dos nomes amigos mortos, moitos pola droga, que «campaba por todas as partes»). Outras veces a destrución é mostrada mediante simples frases que semellan banais: «O 29 de agosto fomos ao Cine Oest, agora un Consum» –cadea de supermercados –; «as rúas que máis me agradaban xa non existen»; «A docilidade colectiva e mais o silencio administrativo evidenciaban os síntomas dunha cidade en decrúa. Todo respondía a un único patrón: o urbanismo de castigo, a inutilidade herdada das elites locais, a cobiza como única ideoloxía», etc. Talvez a cobiza non fose a «única ideoloxía» dos destrutores/restauradores da cidade (de toda cidade, non só de Valencia): detrás da cobiza, ou ao seu carón, está a destrución da memoria realizada en nome do «progreso» e da «cultura», por medio de practicas de aculturación e caso de Valencia, caso das cidades galegas, de hibridismos lingüísticos[1], e mediante sucesivas estratexias de sincretismos culturais e modernizacións institucionais.

Esgotamento e redención talvez sexan, en realidade, os puntos centrais da novela. Redención do narrador; esgotamento tanto da cidade –esgotamento/destrución realizado, curiosamente (?), en nome da «redención» (a redención polo «progreso», en nome do «progreso»): a restauración-reconstrución das nobres arquitecturas dos centros históricos das cidades, as vellas rúas pintorescamente restauradas e peonalizadas, os centros antigos completamente saneados, etc., é dicir, o que era, debía ser memoria da cidade e os seus moradores, converteuse en obxecto de culto e visita turística programada– como da novela sobre a cidade. Esgotamento que, por sorte, non é esgotamento da novela (da presente novela, de Noruega), aínda que nos tramos finais perda algo de forza –persoalmente penso que se puido aforrar o «Epílogo», un monólogo do seu grande amor, de Helena. Mais Lahuerta consegue facer unha excelente novela sobre unha cidade. Unha cidade secundaria, un tipo de cidade que «agochan nas súas rúas o tesouro dun xigante vencido». Unha excelente novela sobre unha cidade «sen categoría», porque unha cidade sen categoría «é sempre unha cidade inacabada. As cidades sen categoría acaban sendo réplicas mediocres das cidades con novela. Agora é tarde. A época en que unha novela inventaba unha cidade xa pasou».

Mais… quizais non todo estea perdido. E esta novela o demostra. Para iso, Lahuerta usa unha linguaxe baleirada de retóricas e de complicacións estéticas e sentimentais (non de sentimentos), consegue captar con mestría a fisionomía dun importante espectro cidadán. E a partir deste espectro, engulipado, expulsado, desterrado, sobre todo da memoria da cidade, porque «o río sen auga, o barqueiro do Aquarium, as murallas no subsolo, os regos silenciados, os xoguetes rotos. Esquecer, en Valencia, é un deporte que nin sequera chega a necesidade. Esquecer con alegría e a alegría prevalece». Mais o narrador non quere esquecer e así tómalle o pulso á cidade, ou aos seus barrios, mesmo aos que están alén do río, ao Ensanche, as súas xentes. E, por descontado, na súa memoria, na súa acta de destrución non prevalece a alegría.

En poucas palabras, que levamos escritas moitas, unha excelente novela, ben estruturada, ben medida case sempre, xa que, na miña opinión, o «Epílogo» (por vez primeira non fala o narrador) é algo así como unha concesión ao lector máis diletante. Esperemos que alguén, algún día, escriba a novela da destrución da Coruña, destrución na que certos odios do nacionalismo galego tamén contan, realizada, sobre todo polo franquismo e remachada por Francisco Vázquez, co apoio maioritario dos moradores da cidade. Por non falarmos da destrución de Ferrol ou de Vigo: as cidades galegas aínda esperan os seus novelistas, malia todo.


[1] Na novela, o pai do narrador, co que se leva mal, ten predilección pola filla, Rocío, para quen soña un futuro cheo de promesas. A esta fálalle en castelán, ao fillo en valenciano. Para o pai, e para tantos, o castelán é o idioma da cultura e dos triunfadores. O valenciano é o idioma dos perdedores.

3 comentarios en “‘Noruega’, cando xa non é posible facer a gran novela da cidade

  1. Felicitats a Rafa Lahuerta. Molt bona la novel·la. Una puntualisació: el valencià no és dialecte de cap altra llengua, sino una llengua reconeguda (de la mateixa manera que el gallec no és un dialecte del portugués). Compartix sistema o diasistema lingüístic amb el català, i això és una discussió acadèmica. És reconeguda com a idioma propi per l’Estatut valencià. I és sentida com a llengua diferent i diferenciada per la majoria, tant de valencians com de catalans, i això és un fet sociolingüístic. Més respecte per a la llengua valenciana. Gràcies.

    • els meus respectes per la llengua valenciana (variant del català que es parla a València; potser no vaig estar encertat al qualificar-la de “dialecte”) són inmensos, és clar. De Àusias March a Joan F. Mira, passant per Joanot Martorell, Vicent Andrés Estellès, Sanchis Guarner, Enric Valor, Joan Oleza, Ferran Torrent, Josep Piera, JOAN FUSTER -aquest amb totes les lletres en majúscula-, Joan Benessiu, Manuel Baixauli, Josep Iborra, Gómez Nadal, Enric Sòria, Josep Lozano, Jesús Tusón, etcétera etcétera, omplen les baldes de la meva biblioteca. Però aquest respecte, evidentment, no es pot traspassar a l’anomenada Acadèmia Valenciana de la Llengua (creada i mangoneada per polítics -mirin vostès l’entrada d’aquesta Acadèmia a la Wikipedia- que el que menys els interessava era la llengua, sino, simplement, fugir del català). El valencià és, vulguis no vulguis, una variant del català. (Que la majoria dels valencians neguin això, està molt bé, o molt malament, pero encara que la majoria dels habitants del planeta Terra neguessin que aquest gira al voltant del sol, no poden canviar la realitat). Com el brasiler és una variant del portuguès (i el gallec, una mica de història, és anterior al portugués, a la creació de Portugal com a reino independent, per la qual cosa, com tothom sap, aquest últim idioma neix del gallec, no a l’inrevès), o el mexicà una variant del castellà. És clar que es pot pertanyer a l’escola filològica de don Pablo Casado, segons la qual, el menorquins, el eivissencs, el mallorquins, no parlen el català, sino el menorquí, l’eivissenc o el mallorquí., Per la mateixa regla de tres, a Llatinoamerica hi ha com unes vint llenües que no són el castellà: el mexicà, l’argentí,el peruà, el guatemaltec, etc,. etc. I a Espanya unes quantes: l’estremeny, el manxeg, el santanderí o cantabric, el castellà-leonès, el madrileny, etc.
      salut

      • No era la meua intenció obrir un debat, sinó demanar respecte. Diu vosté respectar la llengua valenciana, pero la compara ab el mexicà, l’eivissenc o el madrileny. No sabia jo que eixos parlars havien tingut un segle d’Or de la literatura, i per descomptat que no tan prompte com el s. XV. Segurament per a vosté això no tindrà cap importància. De llengua valenciana es parla des del s XIV. El gironí Eiximenis, per eixemple. Gens important, tampoc. No conec cap gramàtica del madrileny o l’argentí, ni cap diccionari lleonés-castellà. En canvi tinc en ma casa facsímils del primer diccionari de valencià, el primer d’una llengua romànica, el Liber Elegantiarum (1472) on parla de llengua valenciana; d’una pàgina de la primera traducció a una llengua romànica de la Bíblia, per Bonifaci Ferrer, on parla de llengua valenciana (1478); del Tirant lo Blanch, primera novela moderna, on parla de llengua valenciana. Gramàtiques de llengua valenciana li’n puc facilitar un cabàs, i ben antigues. Antoni Canals ja diferenciava entre llengua catalana i llengua valenciana en 1395. Per posar alguns eixemples. Això són fets. I els fets són difícils d’amagar, en tot cas es poden disfrassar.
        Veent com destaca vosté el nom de Fuster, molt llegit pero políticament destarifat, que desijava vore Valéncia com a mera regió de Catalunya, veig per a on van els tirs. Un Fuster que cobrà bona cosa de diners per eixe pancatalanisme seu (fet que reconeix en les seues cartes a Sanchis Guarner). Com Joan F Mira, un altre per al qui ser valencià era «insuficient», i necessitava ser català perque tenia «més categoria» (rectificà en bona mida recentment).
        Imagine’s vosté un portugués que manifestara que dir-se portugués és la manera dels portuguesos de dir-se gallecs. I que el portugués és un gallec mal parlat. I que ser portugués és insuficient i ser gallec t’otorga més categoria. Sent vosté gallec provablement li agradaria, el subvencionaria i l’unflaria de premis en Galícia. Provablement la majoria de portuguesos el mirarien com a un “il·luminat” destarifat. Això passa en Valéncia: només quatre gats són fusterians, precissament gent que s’havien criat en castellà en famílies on el valencià estava vist com a parlar de gent baixa. Eixe és l’amor que li tenien al valencià i la valenciania. En tot cas ser valencià era “poca cosa” i hi havia que ser “catalans, més industrialisats i per tant més europeus” (encara no havien modificat la s de les bases de Castelló per a introduïr la tz).
        No li negue que la AVL és una acadèmia política creada per polítics, pero buscant resoldre un conflicte entre els valencians fidels a la seua acadèmia pròpia (la centenaria Real Acadèmia de Cultura Valenciana) i els que optaven per les bases ortogràfiques signades en Castelló en el 1932 (molt hi hauria que parlar d’eixe paripé), defeses per eixa universitat de l’alienació elitista. Ad alguns hi ha moltes coses que no nos agraden d’eixa acadèmia, pero si porta la pau, benvinguda siga. En tot cas, pels seus comentaris, veig que no acaba de conéixer ben bé la faena de l’AVL.
        Els valencians mai hem negat que la nostra llengua està emparentada ab el català (sobretot la varietat oriental), el mallorquí o els distints parlars occitans. Pero de la mateixa manera que els catalans varen decidir independitzar el català de l’occità (consultar el manifest antioccitanista), els valencians tenim tot el dret, com a nació històrica que som, a decidir sobre la nostra llengua i la seua normativa.
        Respecte de si català i valencià són varietats del mateix sistema lingüístic o llengües del mateix diasistema (debat que trobe també en el cas gallec-portugués), és deveres que la majoria dels acadèmics opten per la primera opció (la segona té moltes veus també, i està cada vegada més estesa entre els jóvens lingüistes, com pot comprovar en molts TFG i tesis doctorals). En tot cas, la seua referència a que la Terra gira al voltant del sol, comparant un fet físic ab una qüestió social pròpia de l’estudi humanístic com és la filiació o la formalització d’una llengua, està fora de lloc. Com li dia en la primera resposta, és un debat acadèmic. Pero sociolingüísticament el debat està tancat: siga el mateix sistema o no, llengua valenciana és el nom (tradicional, viu, legal i que apareix més o manco al mateix temps que la denominació de llengua catalana, per a uns parlars que fins el moment eren denominats “el nostre llatí” o “vulgar”), i els valencians tenen tot el dret a normativitzar-la al seu gust.
        El fusterianisme està mort en Valéncia (fins i tot l’únic partit que mantenia eixes tesis, el BNV, les va desestimar fa molts anys). Deixem el passat, ja caduc, i obrim les finestres, que córrega l’aire, que el valencians tenim futur i no passa per eixos PPCC tan segle XIX, tan posguerra, tan apolillats.
        Vixca Valéncia lliure i que tinga vosté molta salut. Coincidim en que Noruega és una molt bona novel·la. Quedem-se ab això i perdone el “mucho texto”. Deséxoche boa saúde.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s