A fatiga nómade

Rodrigo Osorio Guerrero. A Axencia da Organización das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (ACNUR), acaba de confirmar o primeiro caso da canseira nómade en territorio español. Foi antonte, na rolda de prensa na que Filippo Grandi, o alto comisionado das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas, presentou o informe que describe esta nova síndrome…

Xa podes inscribirte na futura Liga de relatos

En Biosbardia non temos paranza. Aínda acabamos hai un pedazo a Liga Maruxairas do Outono do 2021 e xa estamos deseñando novas competicións. En xaneiro celebraremos a primeira Copa Biosbardia, unha nova modalidade na que dous equipos de tres escritores competirán entre si durante case un mes. E en abril publicaremos os duelos da Liga…

Lois Z, campión da Liga Maruxairas do Outono 2021

Lois Z foi o campión da Liga Maruxairas do Outono 2021. Só perdeu un duelo, na derradeira xornada, fronte ao subcampión, Carlos Vega, cando xa tiña o título no peto. Na que foi considerada a edición máis complicada polos duelistas, por mor das trabas que complicaron a confección de relatos, o veterano autor ourensán coloca…

Dez libros recomendados para o día de Santa Lucía

César Lorenzo Gil. Esta listaxe baséase unicamente nos meus criterios críticos, formulados a través da ficha explicativa de cada título. Avalíanse unicamente obras publicadas durante os últimos doce meses. A lista publicarase todos os luns. Por razóns evidentes non se inclúen obras publicadas por Aira editorial. 1 Así naceu unha lingua, de Fernando Venâncio. Tradución…

Un falar sobre Emilio Lavandeira, o fotógrafo

Xosé Enrique Acuña. Ser era de Ortigueira, alí nacera no 1934, pero o seu foi ser de Compostela e exercer polas súas rúas oficios nos que se embarcou desde que nesta cidade asentara, vía familiar, nunha idade que tocaba facer a daquela obrigatoria e sacramental primeira comuñón. Bacharel dos do Instituto Xelmírez, co seu título…

‘Cela nova’ vs ‘Olladas de mica’

Xornada sétima e derradeira da Liga de Outono 2021. Duelo entre Pilar Vilaboy e Xerardo Méndez. Traba: Os relatos só poden usar palabras cuxas letras estean contidas na seguinte oración: “Xosé Luís Méndez Ferrín de Celanova”. As letras proscritas si poden utilizarse en conxuncións e preposicións. Cela nova Xerardo Méndez. Os micos óllanme na imaxe…

‘As devoradoras’ vs ‘Sir Eduard Whitelove e a princesa Sofía de Baviera…’

Xornada sétima e derradeira da Liga Maruxairas do Outono 2021. Duelo entre Lois Z e Carlos Vega. Traba: Os relatos deben utilizar as letras contidas na seguinte oración: “Eduardo Modesto Blanco Amor de Ourense”. As letras proscritas si poden usarse en conxuncións e preposicións. As devoradoras Carlos Vega. O conto botouse arredor da casa e…

‘Álvaro Patricio Cunqueiro Mora’ vs ‘A vía láctea’

Xornada sétima e derradeira da Liga de Outono 2021. Duelo entre Sofía Sicilia e Daniel Ugarte. Traba: Os relatos só poden usar palabras cuxas letras estean contidas na seguinte oración: “Álvaro Patricio Cunqueiro Mora de Mondoñedo”. As letras proscritas si poden utilizarse en conxuncións e preposicións. Álvaro Patricio Cunqueiro Mora Sofía Sicilia. Álvaro Patricio Cunqueiro…