‘As devoradoras’ vs ‘Sir Eduard Whitelove e a princesa Sofía de Baviera…’

Abadía.

Xornada sétima e derradeira da Liga Maruxairas do Outono 2021. Duelo entre Lois Z e Carlos Vega.

Traba: Os relatos deben utilizar as letras contidas na seguinte oración: “Eduardo Modesto Blanco Amor de Ourense”. As letras proscritas si poden usarse en conxuncións e preposicións.

As devoradoras

Carlos Vega.

O conto botouse arredor da casa e os cercos que a encerraban. O narrador non usaba sementes de todas as cores, pero traballaba coas que restaban. Cedo medraron. As letras maduras recenderon, atestando o ar. Con elas, non só contaran da casa e o cerco, senón que terán a lenda do mundo dentro delas. Era momento de recoller entón. 

Cedo, arrancou os nomes, e arrastrou o cesto só con eles. Porén, non todos estaban ben. abad a e cam o semellaban comestas, trabadas. Soubo entón que o rastrearan.

Coméranlle outros contos antes, cando as sementes maduraban, pero neste só morderan un ou dous nomes de momento. Ata o serán non atacaban. Dáballe oco para sal ar case todo o conto.

Enterrou un cordel de nomes baratos ante o cerco: A, agás, ante, até, baixo, cabo, canda, cara a, con, contra, de, deica, desde, en, entre. Eran letras de barbe to, coas que tenderlles un obstáculo ás de oradoras.

A areceron sen alarma, do outro lado do cordel. Con dous cornos e catro bandullos cada ser, cos dentes a roubar estrelas. Terror. Ao narrador caéronlle nomes ao correr,     cara á casa , recollendo no cesto letras recendentes e letras mortas na esca ada. 

Sementou untos.

e a artes.

pero elas.

saltaron.

sobre eles. Na casa colocou cadeado na entrada, e rebuscou no cesto. Rescatou cade ras trabadas, pero as táboas estaban case ente ras. Qu o t bloquear o resto de entradas, pero o medo esbarráballe as letras ao collelas. Non as daba ordenado. Mesturábanse anacos e nomes. Acuncou as mans con restos de nomes, e, sen orde, as acas esco tou como que sub an amentas


Sir Edward Whitelove e a princesa Sofía de Baviera paseaban entre as vacas que pacían diante da catedral de Salisbury, el, profesor de arquitectura na Royal Academy, sinalaba con porte digno a alta torre da basílica, e dicía: “Así se me pon cando te miro, Sofía, dereita e temperada coma a escintilante Excalibur desfondada da rocha do rei, ai, Sofía, Sofía, miña Xenebra, miña raíña, que feiticeiro te trouxo para incendiar este Lanzarote xa sen o brío da xuventude”, ela, tan allea ó idioma inglés coma o profesor ó seu alemán, envorcaba a mirada polas naves cubertas con arcos de cruzaría e mordía o seu beizo real cavilando na maneira de seducir ese aposto fillo da Gran Bretaña que a traía máis mollada ca o Rin

Lois Z.

Mal que mal como tocante a verbo de á beira de agás, que mediante xunta xunta caso de que catar se con tal de que, a non ser a non ser a non ser que, a fin de que por conseguinte como queira que onde queira que debaixo de, excepto que, salvo que, ben… ben? quer… quer? Con respecto a visto que senón que cando sempre que entre tanto a menos que perante malia despois de que, emporiso como queira que dado pois por cousa de que, conque daquela de aí que, conforme, conforme, conforme. Agora ben, agora ben, a a a a entón nin co gallo antes de que así así así decontado cada vez que logo tras tras, tras tras. Por mor de que a ante baixo cabo con contra a a a a a así ben así ben así ben, a mais e mais amais e mais cal… cal, nin… nin, volta… volta, xa… xa para para para mais mais mais ou que que que onde cando como a forza de a través, debaixo, de diante, detrás, darredor, dentro ben dentro quitado sacado quitado sacado quitado sacado alén alén, a rente a rente de cerca de cerca… Ora ben! Embora, embora, embora! A fin de que… a fin de que inda ben non asemade asemade, tan cedo? Tan axiña? Tan presto? Xa que logo apenas!

11 comentarios en “‘As devoradoras’ vs ‘Sir Eduard Whitelove e a princesa Sofía de Baviera…’

  1. Remato co comentario no duelo de Lois e Carlos, quen dominaron a liga desde o inicio. Parabéns a ambos. Foi un pracer ler os vosos relatos durante todo o torneo.

    As devoradoras
    Como comentei nos outros duelos, paréceme un tanto trampulleiro usar as letras proscritas mesmo se ocultas. Aínda así, dos relatos que optaron por ese recurso, neste cando menos fíxose con intención literaria. Dalgún xeito, están vinculadas á historia dese conto que fuxe. A historia en si non me apaixoou, mais pareceume orixinal. Tendo en conta a traba de escribir sen unha vogal e algunha consoante importante, bastante eh.

    Sir Edward…
    O relato é simpático, mais se “Todas as trabas” me parecía un combate de boxeo amañado, isto paréceme o escándalo do equipo español de baloncesto paralímpico en Sidney. Un título no que se conta media historia para esquivar a traba e un relato “prepositivo-conxuntivo” máis unha vez para esquivar a limitación das letras proscritas. Fíxome rir, mais non me parece suficiente para votar por el.

    Voto por “as devoradoras”.

  2. Boas a todos e todas. Xa ante a última xornada, que para servos sincera estaba desexando que chegase. A estas altura vou cansa tanto de ler comentarios semellantes sobre os meus relatos como cansa de crear semanalmente novas propostas. Quédome co positivo do que aprendín.
    A traba desta semana era complicada para todos. Eu tiven que refacer o meu texto 3 veces e penso que este duelo non cumpre o requisito establecido pola organización…

    As devoradoras
    Moi intelixente o de poñer espazo no sitio da letra prohibida (abadía, campo, puntos, apartes, devoradoras, salvar). Se entendo ben non se podía usar o v, daquela non debera usarse no título Devoradoras. Hai unha frase que non adiviño que falta “Qu o t ” bloquear… Aínda así paréceme un bo texto e moito mellor que o seu contrincante.

    Sir Edward Whitelove….
    Incumpre as trabas xa que usa as letras i, p, v, f (princesa, dereita, maneira, seducir, aposto, fillo, xuventude etc…) na parte que ten un tamaño de letra máis grande. Si me parece que está máis relacionado coa imaxe ca o primeiro texto. E demostra ter un coñecemento exhaustivo de preposicións e conxuncións pero a min non me enganchou moito esta parte.
    Voto por “As devoradoras” por cumprir moito máis coas trabas esixidas de non usar as letras pertinentes.

  3. Boas.
    No caso do primeiro relato agradoume a historia e encontro algo xustificada a argallada para poder empregar certas palabras que quizáis podían ter sido substituídas por outras pero iso quitaríalle incidencia na trama a esas ausencias.
    No segundo relato gustoume o título, pero encontro o texto algo redunreredundante.
    Como me ugsotumáis o prmeiro voto por “devoradoras”

  4. Último duelo. Uff. Este torneo pasoume factura!

    “As devoradoras”: Aprecio a idea e, aínda que non me convence a solución, de primeiras gústame. Pero, realmente, non o dou lido. Entendo a historia, está ben. Pero ainsh, non dou entendido, demasiado esforzo…

    “Sir Edward…”: Ai, paso. Demasiado truco, non me convence e, chegados a este punto, non sei por que, nin graza me fai. Serei eu.

    O meu voto vai para “As devoradoras”.

  5. Parabéns a Lois e a Carlos por dominar na táboa. Estivo a cousa imposible fronte a dous godzilas das letras coma vós. Xa o direi no comentario que penso facer, pero Carlos debeu gañar o duelo contra min. Este penso que foi o que máis me custou votar da xornada.

    “As devoradoras”. Encantoume a idea de intentar incluir a traba na historia e mesmo xuistificar a falta das letras como un efecto metaliterario da mesma historia. Moi orixinal e mesmo máxico. Ata a metade máis ou menos a cousa ía magníficamente. Pero a partir de aí veuse abaixo polas dúbidas, nótase na multiplicación de elementos, coma se o autor intentase meter algo de recheo por non dar abarcado a magnífica idea que xestou. Pero é que a traba… eu case choro coa miña e iso que tiña todas as vogais… isto, isto é imposible. Gustaríame ler este relato refeito, co tempo preciso para ir cuspindo a palabra exacta en cada sitio.

    “Sir Edward…” A solución estaba aí e non a vimos. Medio relato no título e despois a cópula conxuntiva máis hilarante que recordo. Dar construído unha escena de sexo que aguante, se entenda e inda enriba faga rir só con conxuncións ten un mérito enorme. Aproveitarse dos baleiros legais… Eu valoro a inventiva. Oxalá me dese conta eu tamén. Penso que o relato ten moito máis claro o que quere ser, conseguiuno e fíxome rir. Todos sabedes o dfícil que é facer rir cun relato, pero curiosamente nunca se valora nada iso, coma se fose literatura de serie B (É raro que eu compita con humor aquí polas derrotas que me ten traído).

    VOTO por “Sir Edward…” pero quero ler de novo ao seu rival refeito.

  6. Acabo comentando este duelo dicindo que me encantou como as compañeiras souberon saírse “por peteneras” no sentido de que eu, cando escribín, atopábame case en braco, e en ningún momento se me ocorreu esta picaresca do título que, por exemplo, é o elemento usado no segundo relato.

    Gustanme os dous, tanto As devoradoras co das palabras que non están en negriña, a historia e o ton como Sir Edward e o seu título infinito. Paréceme que este derradeiro duelo saca a relocir non tanto a capacidade literaria dos contrincantes senón en xeral o modo de supervivencia polo que cada un opta.
    Insisto en que eu, máis ca velo como unha fraqueza ou algo trampulleiro, véxoo coma algo de inxenio que me fascina.

    O meu voto vai para Sir Edward….

  7. Gustoume o relato de Vega, creo que eu mesmo tería votado por el e pareceme xusto ganador. É certo o que di Botana, a o acabado (non falo do final) non é perfecto, é como unha idea núa sen moito vestir, pero iso xa basta para prender na mente do lector. Imaxinar un monstro que come palabras dentro do propio relato ten un punto de terror lovecraftiano que me fascinou e que cadra xenial coa traba imposible que tiñamos (en serio, dadevos conta de que non tiñamos nin todas as vocais). E eses saltos de liña coas frases incompletas transmiten ben a ansiedade do narrador, que por certo, é moi curioso como neste relato coexisten un protagonista e un narrador que comparten o mesmo problema. Quen narra ó narrador?, que diria Alan moore.

    En canto ó meu, unha vez asumido que con só 13 letras non poderia abordar a escrita dun relato “normal” tiven que solucions creativas. Pregunteille á organizacion se o titulo tiña que cumplir coa traba e a resposta foi que non, asi que aproveiteino. Non era consciente de que os votantes ian ter o seu propio criterio sobre iso, a proxima vez preguntoo no grupo de wasap da Liga. Pero non queria que fose todo titulo, queria darvos algo mais, asi que me puxen mans á obra co que tiña: preposicions e conxuncions. Polo menos fixen rir a daniel, que é algo novo vindo de min.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s