‘Suástica’ vs ‘Os nihilistas’

LEONID AFREMOV.

Xornada 2 da I Copa Biosbardia. Primeiro duelo entre o Teamdalos e Botánica Aplicada.

Traba: Os relatos deben inspirarse na película The Big Lebowski, de Joel Coen e Ethan Coen.

Suástica

Cando Jeff Lebansky acudiu á cita co concelleiro de cultura aínda estaba baixo os efectos dos psilocibios. A súa imaxe podería confundirse coa de alguén desaliñado, o que toda a vida se lle chamou un bladreu, pero que casaba ben aos ollos do edil coa estampa dun artista de prestixio mundial. 

Lebansky podería ser un dos protagonistas d’Os inútiles, de Fellini e considerábase a si mesmo un pintor de talento incomprendido; quizais a culpa era do público que non era capaz de ollar as súas creacións no mesmo estado psicotrópico nas que foran orixinadas.

No despacho do concelleiro atopábanse só eles dous, sentados un frente ao outro coma dous universos imposibles, un xerado por materia e outro por antimateria cun único destino probable, o de volatilizarse en cando se tocasen. 

—Para nós, señor Bansky, é unha honra que aceptase a nosa invitación para pintar a fachada do novo Museo de Arte contemporánea.

—Lebansky. É Lebansky. Vou ser moi claro: non penso pagar nada, a pintura téndela que pór vós e a que sobre quedo con ela. 

—Por suposto, señor Le Bansky. Terá todo o que necesite á súa disposición. 

Ao saír do Concello un coche negro agardaba por Lebansky. Un chofer e un gardacostas coidarían del.

—A onde lle gustaría ir, señor Bansky?

—Lebansky, é Lebansky. Pois a verdade é que é moi boa hora para tomar unha copa.

—Así que desfrutas pintando gardas civís morreando uns con outros e toda clase de merdas pacifistas, verdade?

—De que carallo me estás a falar, meu! Eu pinto… eu teño o meu estilo, sabes? É un estilo que é o meu. Ou iso é o que din todos, tío.

—Ímosche quitar a ansia de facer esa merda. Mira, agora sabemos quen es. Temos o teu puto enderezo, Le Bansky, e o teu maldito careto de imbécil, así que escoita.

—Mimadriña… frea meu, non fai falla faltarlle así á xente. Non teño nin puta idea do que me estades a falar. Merda! Recibo unha maldita carta do Concello que resulta que non é unha multa por vandalismo senón para facer non sei que carallo de historia e agora vindes vós a dicirme non sei que merda de pacifismo. De que carallo vai toda esta merda?

—Mira, mamalón. Tes dúas opcións. Ou pintas o que nós che digamos ou es home morto. Ti decides. Pero se queres volver mirarte ao espello e ver a túa cara de cona xa sabes o que tes que facer.

Dun golpe guindaron a Lebansky do coche en marcha mentres aínda miraba confuso o debuxo que lle deran os falsos funcionarios.

—Merda que os pariu. Malditos hinduístas do carallo.


Os nihilistas

—Hahahahaha! Lle tirou as cenizas por riba! Morro coa risa!

—A mellor película para ver fumados, eh?

—Xa te digo, mi madriña. Puto Nota! Oye, esta había que verla en gallego, eh…

—A boa hora te acordas ti do gallego, hehehehe… 

—No, tio en serio. Estas cosas en gallego te fan máis risa. 

—Enténdote. Coma en Star Wars cando lle di Han Solo a Luke que non poña o carro diante dos bois! Hahaha!

—Hahaha! No tengo puta idea de lo que falas pero me mexo, tio. Puta maría.

—Non viches Star Wars?

—No te tengo tiempo a esas mierdas, Marcial. Ya sabes de lo que choio.

—Xa temos plan para a tarde, entón. «Episodio IV» en galego e dobre ración de éxtase.

—Mejor, sí. La maría me la adormece toda y no me doy corrido. Para, neniña, vai facérteme unha copiña, anda.

—Quieeeta aí… axúdalle aquí a Yovana a ver se entre as dúas cantades bingo. 

Esto no tira, papito… 

—Hahahaha! No te gusta el coito, Marcial? Te repuna la perrecha? A ver, di: perrecha.

—A cagar. Ide por unhas copas, anda. Nós saímos agora.

—No te me enfades, ho! Saca unas raiucas desas que tú tienes. Eso te levanta un muerto.

—Vese que a ti non che fan falta…

—Esto? Esto no baja nunca. Es mi bastón de mando. Mucho la miras, te gusta?

—Admírame, non penses mal.

—No te van las pirolas?

—A ti si?

—A la gente como yo nos la pone dura todo, Marcial: mujer, hombre, animal, cadáver… contrato público.

—Hehehe! Putos nihilistas. E falando de contratos públicos…

—No pongas el carro delante de los bois… 

—Que? Que máis fai falta? Lévote ao Everest buscar a Buda ou imos cazar o lobo branco?

—Quieres el contrato? Entón te me vas estirar la raia desde la colloada hasta la punta. Medio gramo bien te debe cojer. Primero le pasas la nariz y luego la lambes.

—Vai cagar, maricón! Que fas? Non me toques!

—Xa te teño dito que non me levantes a voz. Sabes bien cuanto te aprecio. Lo que nos rimos… Estoy aquí, no? Porque piensas que estoy aquí? Y ser no serás homosexual, pero mira como te pos cuando te arrimo el aliento.

—Mamón.

—Mamar vas mamar tu… Veña, dálle. Aaasí… le das mejor a esto que a la cremita.

—E o congdrato, quecocda o congdrato? 

—O contrato, si ho. Ven, ponte así. Abre bien la boquiña. Chústale para que esvare, así, no te me manques. Canta el himno.

—O que?

—El himno, a ver. Pero que puto friki pone un puto cuadro así en el techo de un yate? Calor vai aquí! A seguinte en la nieve…

—Nnn mmm onnn rnmmmo…

—No, hostia. Ese no. O Xuntos, hombre… Aaaasí. Ahhh. Brilla el cuadro ese o es la puta maría que me fai mal? Oh… De cativiño quería el perro y la mujer, sabes? Sobre todo el perro. Pero después se me puso dura y… Aghhhh!

7 comentarios en “‘Suástica’ vs ‘Os nihilistas’

  1. Dúas achegas moi orixinais á imaxe e á traba. Para gustos, si, pero non se pode negar a inventiva!

    ‘Suástica’

    Un relato simpático e bastante ben narrado, para min. Gustoume que o título fose a chave para resolver o final. En xeral lese ben e é entretido, pero creo que non lle viría mal unha voltiña. Non sei se a errata do nome de Banksy é a propósito ou non, pero a verdade é que funciona ben igual. Neste caso os diálogos máis cinematográficos parécenme máis aceptables, aínda que non me convencen de todo.

    ‘Os nihilistas’

    Sentíndoo moito, un relato que non me di nada. O chiste está estirado de máis, non se sabe quen fala cando e a linguaxe que se emprega para caracterizar non é coherente.

    Vai o meu voto para ‘Suástica’.

  2. Dous relatos nos que o diálogo ten unha importancia primordial, cousa que non é de estrañar se pensamos no estilo dos irmáns Coen, e que dá a ambos relatos un ton moi propio do audiovisual.
    De “Suástica” gustoume a referencia case metacinematográfica a Fellini (unha película dentro dunha película) e a personaxe de Lebansky. Aínda que é un relato moi breve se cadra aos outros personaxes se lles podía dar máis xogo (p.ex. o concelleiro podería ser un corrupto, tamén facer máis diferentes os personaxes de gardacostas e chófer).
    De “Os nihilistas” gustoume a mestura de galego, castelán e castrapo nos diálogos, algo que semella que está (ou estaba) prohibido no mundo editorial galego pero que por outra parte non se pode negar que ten un puntiño de realismo. O que conta non é que teña maior importancia, podería ser unha escena nunha película dos devanditos Coen ou de Tarantino, e o relato ten un aquel de viñeta que na miña opinión non remata de funcionar de forma illada; parece en ocasións como unha especie de esbozo que fixo o autor para facerse cos personaxes ou co ton do diálogo.
    O meu voto é para “Suástica”, penso que “Os nihilistas” seguramente tome máis riscos pero podía estar máis traballado.

  3. Os dous relatos son orixinais e conseguen explicar ben o cinismo da sociedade, ainda sendo moi diferentes en estilo.
    O primeiro toma unha estampa cotiá do que é a política actual e as súas relacións coa arte e traza unha historia que parece normaliña pero dun final ben resolto.
    O segundo fai fincapé en empregar a burla, dunha forma moi similar ao grupo Rompente, aínda que a fórmula non acaba de convencer, porque parece que estamos diante de frases para facer o chiste fácil sen que se chegue a redondear unha historia.
    O meu voto vai para o primeiro, “Suástica”.

  4. Que dúas propostas tan distintas a partir da mesma peli! Parabéns ós artistas!

    ‘Suástica’: pareceume divertido o malentendido entre o apelido Lebansky e o famoso Bansky, así coma o resto de malentendidos que lle dan corpo e sustancia ó conto. Ben escrito e ben levado, aínda que a historia en si non me dixo moito.

    ‘Os nihilistas’: desta historia estruturada coma un diálogo gústanme os xiros inesperados que é capaz de dar sin recurrir a insercións, descripcións nin fragmentos narrados. Nos primeros parlamentos entre os personaxes parece que estamos ante dous novos, un galegofalante e o outro acastrapado, que están vendo unha peli… logo resulta que aquilo é un encontro orxiástico, que o uso do idioma é significativo para entendermos quen hai detrás dos dous figuras e que o detalle do barco remata de aclarar a complexidade de historia. Aínda que xa aborrecín o tema putas, coca e mala vida (e ollo, que gosto das historias sórdidas), creo que neste relato a cousa funciona mellor do esperado.

    O meu voto vai para ‘Os nihilistas’.

  5. Dous contos con sabor Lebowsky! Por dúas vías moi distintas entendo cal foi o referente e non me parecía nada sinxela a traba a verdade.

    Suástica
    Un conto que vai bastante sobre seguro. Colle un elemento cómico (o chiste de LeBansky) un elemento crítico (o concello e policía) e un xogo externo para introducir ao lector (o filme de Fellini) e sae a xogar con eles, o conto simplemente pivota. Gardándose un xiriño final como mandan os cánones. Non hai ningún exceso de estilo, colle un ritmo e vai con el ata o final, pim pam, nada sobra. Quizais visto desde a caixa de comentarios poderíase pedir algo máis de ambición, un pouco de risco, pero tamén hai veces que a traba é moi dura ou que non aparecen ideas atrevidas, e ser quen de sacar un conto sen grandes fallos e que funcione tamén é un mérito.

    Os nihilistas
    Estou en xeral de acordo coas compañeiras en que parece un pouco un conto fallido, ou un bosquexo do que sería un conto final. Aprecio o risco de mesturar idiomas para dar sabor e ata certo realismo, pero creo que atrae demasiada atención sobre iso mesmo, que se pensa só como chiste e toda a historia queda nun plano terciario como pouco. Creo que se intenta camuflar isto con certo delirio e surrealismo, pero ao final do conto nótase ata esta costura e custa un pouco de rematar. Non sei, penso que ten un punto interesante no ton que consegue, na maneira en que os personaxes falan entre si, pero non fai nada con iso.

    Voto por “Suástica”.

  6. Suástica

    Foi unha gran idea derivar o nome de Lebowsky a (Le)Bansky. A presentacion é potente, esa primeira escena é o relato. O texto poderia estar mais pulido pero case nin lle fai falta. O pintor e o conselleiro fan unha parella moi atractiva, pero claro, ese dialogo tiña unha data de caducidade mais curta que a dun iogur de oferta. Non se podía estirar mais nin ía ter un climax claro.
    A segunda escena é unha continuacion decente, pero no fondo tamén é como unha secuela de algo irrepetible. Por fortuna, o final volve deixar as cousas no seu sitio con outra metareferencia ideolóxica entre a realidade e a ficcion, e qeuda asi unha sensacion redonda que o relato necesitaba. É un relato mais dificil de idear e executar do que parece. Se o tomas demasiado en serio non resulta crible. Se o volves mais surrealista, xa non faría tanta gracia.

    Os nihilistas

    O primeiro que lle diría a Botana é que quite do relato as referencias ás trabas. É un relato moi especial e tanto a mencion á peli como ó cadro parecen 2 apéndices sen uso claro na historia (isto pode ser unha autosuxestion miña provocada por un crecente odio á doble traba).
    Pareceume moi curioso que ningún dos xurados se decatase de que as personaxes do relato son Feijoo e marcial dorado. Como autores estamos a veces tan cegos ante o que os lectores poden sacar do que escribimos como cegos están os lectores ante o qeu lle queriamos mostrar.
    Cando lin o relato supuxen que non ía ganar. Non era o torneo para este relato. Pero estou seguro de que é un dos que mais vou recordar (de feito xa o é). Ten unha forza literaria inusitada, cando a realidade e a ficcio nse tocan aparece unha chispa que non sabemos de onde ven pero que prende na nosa mente. E aquí hai unha forza bruta que supera ó texto literal. É un relato que nunca ganaría ningun premio, nin concurso nin duelo pero que está vivo e perdura. É coma unha pintada nun muro. Non podo dicir que me guste nun sentido clásico nin ten sentido analizalo frase a frase nin tampouco mirar o que dixo o xurado del. É un relato nihilista.

    • Wow Lois, volvín a lelo pensando que eran Feijoo e Marcial Dorao e quedei pampo con que non me decatase as veces que o lera antes. Concordo en que é un relato memorable eh? os riscos que toma e os camiños que toma fano destacar, sentes que liches algo máis único. Isto non lle quita os seus defectos, pero é certo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s